Datos Identificativos 2017/18
Asignatura (*) Comunicación oral e escrita Código 612G01004
Titulación
Grao en Dereito
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Primeiro Formación básica 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Letras
Socioloxía e Ciencias da Comunicación
Coordinación
Formoso Barro, Maria Josefa
Correo electrónico
m.formoso@udc.es
Profesorado
Formoso Barro, Maria Josefa
Martínez Costa, Sandra
Osorio Iglesias, Olga
Correo electrónico
m.formoso@udc.es
s.martinez@udc.es
olga.osorio@udc.es
Web
Descrición xeral O propósito desta materia é mellorar a capacidade de expresión de xeito oral e por escrito en calquera contexto, con especial atención ao léxico e a argumentación xurídicos.

Competencias do título
Código Competencias do título
A8 Coñecementos básicos de argumentación xurídica.
A10 Capacidade de interpretar e analizar críticamente o ordenamento xurídico.
A11 Capacidade de comprender e de redactar documentos xurídicos.
A12 Manexo da oratoria xurídica. (Capacidade de expresarse apropiadamente en público).
A13 Dominio das novas tecnoloxías aplicadas ao dereito.
A15 Capacidade de negociación e mediación.
B1 Que os estudantes demostrasen posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adóitase atopar a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo
B2 Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo
B3 Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
B4 Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado
B5 Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía
B6 Aprender a aprender.
B7 Resolver problemas de forma efectiva, valorando a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.
B8 Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo, entendendo, tamén, a importancia da cultura emprendedora.
B12 Comunicarse de maneira efectiva nun entorno de traballo, amosando capacidade de expresión tanto oral como escrita en calquera das linguas oficiais da comunidade autónoma, así como nun idioma estranxeiro.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Capacidade de expresión tanto oral como escrita, con especial atención á linguaxe xurídica A11
B7
B12
B1
B3
B4
C1
Capacidade de se expresar axeitadamente en público e de manexar a oratoria e a argumentación xurídica A8
A10
A12
B6
B1
B3
C1
C4
C6
Traballar de forma colaborativa e comunicarse de maneira efectiva nun entorno de traballo A12
A15
B6
B7
B2
B3
B5
C4
Capacidade para empregar internet e as ferramentas básicas das TIC necesarias para o exercicio da súa profesión. A13
B8
C3
C6
C7

Contidos
Temas Subtemas
1. Concepto de comunicación 1.1.Concepto
1.2. Elementos
1.3. Funcións
2. O valor das palabras 2.1. Introducción á semiótica
2.2. Características da linguaxe xurídica
3. Comunicación escrita I 3.1. Ortografía
4. Comunicación escrita II 4.1. Sintaxis
4.2. Puntuación
5. Tipoloxía dos escritos 5.1. Tipos de texto escrito
5.2. A argumentación
5.2.1 Estructura dos textos argumentativos
5.2.2 Tipos de argumentación
5.3. O Uso das figuras retóricas
6. Comunicación verbal e non verbal 6.1. Qué se di e cómo se di
6.2. A importancia da imaxe e do son
6.3. posta en escena e materiais de apoio
6.4. Casuística de cada medio de comunicación
7. Comunicación oral 7.1. Oratoria
7.2. Persuasión
7.3. Problemas na expresión oral

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Actividades iniciais B6 B5 1.5 0 1.5
Discusión dirixida A10 A11 A12 A13 A15 B7 B8 B12 B3 B4 C7 11 0 11
Obradoiro A8 B6 C3 13.5 27 40.5
Presentación oral A12 C1 12 24 36
Traballos tutelados A13 B6 B2 C1 C6 0 27 27
Proba práctica A11 A13 A15 4 0 4
Proba mixta A11 A12 B1 B2 C4 C1 2 24 26
 
Atención personalizada 4 0 4
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais Presentación dos obxectivos, contidos, dinámica e bibliografía da materia, ben como a realización de probas de avaliación inicial.
Discusión dirixida Clases expositivas presenciais en que se presentarán conceptos cuxo coñecemento será esixido tanto para a realización das prácticas como nas probas escritas.
Obradoiro Actividades que se realizarán individualmente ou en grupo.
Presentación oral Actividades de comunicación oral.
Traballos tutelados Traballo tutelado seguindo as pautas definidas polo/a docente.
Proba práctica Traballo escrito
Proba mixta Proba na que se avalía a asimilación dos contidos e a capacidade de por en práctica as destrezas propias da materia.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Proba mixta
Presentación oral
Descrición
A atención personalizada ao alumnado realizarase a través do seguimento e corrección dos traballos tutelados, así como das diversas prácticas que terán que realizar durante o cuadrimestre.
Para o desenvolvemento desta atención personalizada contémplanse ora tutorías presenciais, ora o seguimento continuo a través das ferramentas que as TIC poñen ao servizo da educación.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba práctica A11 A13 A15 Práctica de escritura 15
Traballos tutelados A13 B6 B2 C1 C6 Traballo para avaliar a competencia en comunicación escrita. 20
Proba mixta A11 A12 B1 B2 C4 C1 Proba de carácter teórico-práctico na que se mostrará que foron adquiridos os coñecementos e as competencias da materia. Valorarase tamén a corrección e a adecuación lingüística. 40
Presentación oral A12 C1 Probas de comunicación oral. 25
 
Observacións avaliación

Dado que é unha materia eminentemente práctica, o peso
maioritario desta recae sobre todo nos traballos realizados polos alumnos.
O 40% da avaliación total procede da proba obxectiva sobre a teoría impartida
nas clases maxistrais e exercicios prácticos. Esta proba realizarase na data
esablecida pola Facultade.

O 60% restante responde a avaliación das prácticas de comunicación
oral e escrita realizadas ao longo do curso. 


Fontes de información
Bibliografía básica (). .
(). .

CASADO, M., El castellano actual: usos y normas ( Argumentación). EUNSA. 2016.

CASSANY, D., La cocina de la escritura, Anagrama. Barcelona. 2013.

JIMENEZ, R., Escribir bien es de justicia, Thompon Reuters Aranzadi, 2016.

REAL ACADEMIA ESPAÑOLA ,Ortografía de la Lengua Española. Espasa Calpe, Madrid. 2003.

MONTOLÍO, E., Manuela práctico de escritura académica, Ariel, 2002.

PERELMAN, CH.,  Tratado de la argumentación. Gredos. 2009.

VVAA. Ejercicios de gramática y de expresión con nociones teóricas. Madrid: CERA,2014.

VILCHES VIVANCOS, F., Manual de lenguaje jurídico-administrativo. Madrid: Dykinson, 2010.

       

Bibliografía complementaria

Alcaraz Varó, Enrique e Brian Hughes (2009). El español jurídico. Barcelona: Ariel.

Atkinson, Max (2005). Claves para hablar en público. Barcelona: Gestión 2000.

Cassany, Daniel (2007. 14.ª ed.). La cocina de la escritura. Barcelona: Anagrama.

Galanes Santos, I., A Gómez Méixome, A. González Montañés e M. Souto González (2000): «A lingua dos documentos xurídicos», Cadernos de Lingua, 22, páx. 5-37. En liña en http://consellodacultura.gal/arquivos/cdsg/kit/docs/bibliografia/cd/docs/aldx.pdf

Regueiro Rodríguez, Mª Luisa e Daniel M. Sáez Rivera (2013). El español académico. Guía práctica para la elaboración de textos académicos. Madrid: Arco Libros

Stuger, Jürg (2008). Oratoria. El arte de hablar en público. Madrid: Drac.


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías