Datos Identificativos 2018/19
Asignatura (*) Comunicación oral e escrita Código 612G01004
Titulación
Grao en Dereito
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Primeiro Formación básica 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Humanidades
Letras
Socioloxía e Ciencias da Comunicación
Coordinación
Diaz Gonzalez, Maria Jesus
Correo electrónico
m.j.diaz@udc.es
Profesorado
Diaz Gonzalez, Maria Jesus
Formoso Barro, Maria Josefa
Paz Otero, Héctor
Correo electrónico
m.j.diaz@udc.es
m.formoso@udc.es
hector.paz.otero@udc.es
Web
Descrición xeral O propósito desta asignatura é mellorar a capacidade do alumno para expresarse de xeito oral e por escrito en cualquera contexto e coñecer as sinerxias e necesidades expresivas dos diferentes medios de comunicación -escritos, audiovisuais e multimedia-, con especial atención ao léxico e a argumentación xurídicos.

Competencias do título
Código Competencias do título
A8 Coñecementos básicos de argumentación xurídica.
A11 Capacidade de comprender e de redactar documentos xurídicos.
A12 Manexo da oratoria xurídica. (Capacidade de expresarse apropiadamente en público).
A13 Dominio das novas tecnoloxías aplicadas ao dereito.
B2 Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo
B4 Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado
B10 Traballar de forma colaborativa.
B12 Comunicarse de maneira efectiva nun entorno de traballo, amosando capacidade de expresión tanto oral como escrita en calquera das linguas oficiais da comunidade autónoma, así como nun idioma estranxeiro.
B13 Capacidade para utilizar a rede informática (internet) na obtención de información e na comunicación de datos e, en xeral, capacidade para empregar as ferramentas básicas das TIC necesarias para o exercicio da súa profesión.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Capacidade de expresión tanto oral como escrita, con especial atención á linguaxe xurídica A8
A11
A12
B2
B4
C1
Capacidade de se expresar axeitadamente en público e de manexar a oratoria e a argumentación xurídica A8
A12
B12
B2
B4
C1
Capacidade para empregar internet e as ferramentas básicas das TIC necesarias para o exercicio da súa profesión. A13
B13
C6
C7
Traballar de forma colaborativa e comunicarse de maneira efectiva nun entorno de traballo A11
A12
B10
B12
B4
C1

Contidos
Temas Subtemas
TEMA 1. Introdución Introdución xeral
TEMA 2. Comunicación escrita I: A puntuación 2.1. Puntuación e articulación das unidades informativas do texto.
2.2. Signos de puntuación e significado das unidades textuais.
2.3. Tipoloxía dos signos de puntuación.
2.4. Usos e normas dos signos de puntuación.
TEMA 3. Comunicación escrita II: A planificación do texto 3.1. Obxectivos do texto.
3.2. O texto como relación.
3.3. Organización das ideas.
3.4. Xéneros textuais.
3.5. Secuencias textuais básicas: argumentación, exposición, narración, descrición.
TEMA 4. Comunicación escrita III: A argumentación 4.1. Obxectivo.
4.2. Destinatario da argumentación.
4.3. Compoñentes básicos da secuencia argumentativa.
4.4. Outros elementos do razoamento argumentativo.
4.5. Estratexias argumentativas.
TEMA 5. Comunicación escrita IV: A exposición 5.1. Obxectivo.
5.2. A estrutura do texto expositivo.
5.3. Estratexias discursivas do texto expositivo.
TEMA 6. Comunicación escrita V: A linguaxe xurídica. Técnicas de expresión escrita aplicadas a textos xurídicos.
TEMA 7. Comunicación oral I: A comunicación verbal e non verbal. 7.1. Qué se di e cómo se di.
7.2. A importancia da imaxe e do son.
7.3. Posta en escena e materiais de apoio.
7.4. Casuística de cada medio de comunicación.
TEMA 8. Comunicación oral II 8.1. Oratoria.
8.2. Persuasión.
8.3. Problemas na expresión oral.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A8 A11 A12 A13 C7 12 12 24
Obradoiro A11 A13 B10 B12 B13 B2 B4 C1 14 5 19
Proba de ensaio A8 A11 B12 B2 B4 C1 C6 6 30 36
Proba mixta A8 A11 B4 C1 2 25 27
Presentación oral A8 A12 B10 B12 B13 B2 B4 C1 C6 14 30 44
 
Atención personalizada 0 0 0
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Leccións expositivas sobre o temario da materia
Obradoiro Prácticas de comunicación escrita sobre cada un dos temas do programa
Proba de ensaio Probas de comunicación escrita nas que se evaluan os coñecementos adquiridos sobre as partes principais do programa.
Trátase de 2 ou 3 probas ás que é obrigatorio presentarse para poder optar á avaliación de comunicación escrita.
Proba mixta Exame final de comunicación escrita
Presentación oral Probas de comunicación oral.
O feito de non facer unha práctica de comunicación oral sen causa xustificada, suporá ter un non presentado na materia.

Atención personalizada
Metodoloxías
Descrición
A atención personalizada ao alumnado realizarase a través do seguimento e corrección dos traballos tutelados, así como das diversas prácticas que terán que realizar durante o cuadrimestre.
Para o desenvolvemento desta atención personalizada contémplanse ora tutorías presenciais, ora o seguimento continuo a través das ferramentas que as TIC poñen ao servizo da educación.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Obradoiro A11 A13 B10 B12 B13 B2 B4 C1 Exercicios prácticos realizados nas clases de comunicación escrita
10
Presentación oral A8 A12 B10 B12 B13 B2 B4 C1 C6 Probas de comunicación oral. A parte de comunicación oral avaliarase ao 100% con estas probas. É necesario aprobar cada unha das prácticas que se realicen. 30
Proba mixta A8 A11 B4 C1 Exame final de comunicación escrita.
É obrigatorio presentarse a este exame para optar á avaliación de comunicación escrita.
30
Proba de ensaio A8 A11 B12 B2 B4 C1 C6 Probas obrigatorias de comunicación escrita. 30
 
Observacións avaliación
<p>Para superar a materia é necesario aprobar tanto a parte de Comunicación Escrita como a parte de Comunicación Oral.</p><p>Unha falta de ortografía (incluidos os acentos) implica que non se corrixirá ese traballo, exercicio ou exame.</p><p>Os alumnos deberán consultar semanalmente o Campus Virtual (moodle), porque a través deste espazo docente virtual comunicaráselles toda a información necesaria sobre a materia: documentos, avisos e cualificacións.</p>

Fontes de información
Bibliografía básica RAE (Real Academia de la Lengua Española) (2014). Diccionario de la lengua española : [Edición del Tricentenario]. Madrid : Espasa Calpe
CASADO, Manuel (2012). El castellano actual. Usos y normas. Pamplona: EUNSA
RAE (Real Academia de la Lengua Española) (2012). Ortografía básica de la lengua española. Madrid: RAE

Bibliografía complementaria JIMÉNEZ YÁÑEZ DE BARBER, Ricardo; MANTECÓN SANCHO, Joaquín (2012). Escribir bien es de justicia : técnicas de expresión escrita para juristas. Cizur Menor : Aranzadi-Thomson Reuters
CASSANY, Daniel (2007. 14ª ed.). La cocina de la escritura. Barcelona : Anagrama
BOEGLIN NAUMOVIC, Martha (2007). Leer y redactar en la universidad : del caos de las ideas al texto estructurado. Sevilla : MAD
VILCHES VIVANCOS, Fernando (2010). Manual de lenguaje jurídico-administrativo. Madrid : Dykinson
MONTOLÍO, Estrella (coordinadora) (2000). Manual práctico de escritura académica. Barcelona : Ariel
FIGUERAS, Carolina (2001). Pragmática de la puntuación. Barcelona : Octaedro


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións
Lémbrase a importancia de facer e entregar as prácticas no tempo acordado.

Unha falta de ortografía suporá a non calificación do exercicio, traballo ou exame.


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías