Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Comunicación oral e escrita Código 612G01004
Titulación
Grao en Dereito
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Primeiro Formación básica 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Humanidades
Letras
Socioloxía e Ciencias da Comunicación
Coordinación
Puentes Rivera, Iván
Correo electrónico
i.puentes@udc.es
Profesorado
Formoso Barro, Maria Josefa
López Golán, Mónica
Puentes Rivera, Iván
Correo electrónico
m.formoso@udc.es
monica.lopez.golan@udc.es
i.puentes@udc.es
Web
Descrición xeral O propósito desta asignatura é mellorar a capacidade do alumnado para expresarse de xeito oral e por escrito en calquera contexto, especialmente no que ten que ver coas rutinas e prácticas profesionais do Dereito, ademais de coñecer as sinerxias e necesidades expresivas dos diferentes medios de comunicación -escritos, audiovisuais e multimedia-, con especial atención ao léxico, á capacidade de argumentación e á necesidade de simplificación e modernización da linguaxe xurídica.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos
Non hai modificacións.

2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
Sesións maxistrais síncronas e asíncronas e realización dos traballos fóra da aula.

*Metodoloxías docentes que se modifican
As sesións interactivas presenciais pasan á modalidade non presencial, síncrona ou asíncrona.

3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
Resolución de dúbidas a través do correo electrónico e titorías personalizadas a través de Microsoft Teams e Moodle, previa concertación de día e hora por e-mail.

4. Modificacións na avaliación
Non hai modificacións, manténdose, particularmente, a necesidade de aprobar ambas partes da materia (teoría e práctica) para facer media e aprobar definitivamente a asignatura.

*Observacións de avaliación:
O examen final da materia, no caso de que non se poda realizar presencialmente, consistirá nunha proba online, realizada na data oficial de exame que fixe a Facultade, que combinará preguntas tipo test con outra/s de redacción, respostadas en directo, cun tempo máximo taxado, a través de Moodle e/ou Microsoft Teams. Ao igual que na modalidade presencial, cada pregunta do test respostada correctamente suma x puntos e cada unha das erradas resta ½ x, é dicir, dúas falladas anulan unha acertada; as non contestadas nin suman nin restan. Cada falta de ortografía (incluídos acentos) desconta 0,5 puntos da nota global e con tres faltas non se corrixirá o exame.

Para a realización da proba habilitarase unha reunión específica de Microsoft Teams á que todos os alumnos/as deben estar conectados na hora exacta de comezo do exame (recoméndase unirse con suficiente antelación), non podendo sumarse ninguén unha vez se inicie este. Desde o inicio ata o final do mesmo, cada alumno/a manterá activo o seu micrófono e a súa cámara web, a fin de garantir a correcta supervisión por parte do profesorado. Toda a sesión será grabada e arquivada como proba da realización do exame.

5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Non se realizan cambios, pero, en todo caso, facilitaranse fontes bibliográficas e audiovisuaies online específicas.

Competencias do título
Código Competencias do título
A8 Coñecementos básicos de argumentación xurídica.
A11 Capacidade de comprender e de redactar documentos xurídicos.
A12 Manexo da oratoria xurídica. (Capacidade de expresarse apropiadamente en público).
A13 Dominio das novas tecnoloxías aplicadas ao dereito.
B2 Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo
B4 Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado
B10 Traballar de forma colaborativa.
B12 Comunicarse de maneira efectiva nun entorno de traballo, amosando capacidade de expresión tanto oral como escrita en calquera das linguas oficiais da comunidade autónoma, así como nun idioma estranxeiro.
B13 Capacidade para utilizar a rede informática (internet) na obtención de información e na comunicación de datos e, en xeral, capacidade para empregar as ferramentas básicas das TIC necesarias para o exercicio da súa profesión.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Capacidade de expresión tanto oral como escrita, con especial atención á linguaxe xurídica A8
A11
A12
B2
B4
C1
Capacidade de se expresar axeitadamente en público e de manexar a oratoria e a argumentación xurídica A8
A12
B12
B2
B4
C1
Capacidade para empregar internet e as ferramentas básicas das TIC necesarias para o exercicio da súa profesión A13
B13
C6
C7
Traballar de forma colaborativa e comunicarse de maneira efectiva nun entorno de traballo A11
A12
B10
B12
B4
C1

Contidos
Temas Subtemas
TEMA 1. La Comunicación: Del origen la actualidad. 1.1. Definición.
1.2. Modalidades de Comunicación.
1.3. Evolución: Da orixe á imprenta.
1.4. O sistema comunicativo moderno.
1.5. A sociedade en rede.
1.6. A era da transparencia.
TEMA 2. Comunicación non verbal. 2.1. Definición e concepto.
2.2. Características.
2.3. Comunicación interna e externa.
2.4. A linguaxe corporal: posta en escena.
2.5. Casuística de cada medio de comunicación.
2.6. Conceptos básicos: márketing, público obxectivo, posicionamento.
2.7. Comunicación imaxe: cualidades do orador/a.
TEMA 3. Comunicación e emoción. 3.1. Ethos, pathos e logos.
3.2. Vestimenta.
3.3. Kinesia, paralingüística e proxémica.
TEMA 4. Modos da Comunicación. 4.1. Información.
4.2. Publicidade.
4.3. Propaganda.
4.4. Relacións Públicas.
4.5. Evolución: Da razón á emoción.
TEMA 5. Fundamentos da comunicación oral e escrita. 5.1. Lingua estándar e variedades dialectais.
5.2. Retórica clásica.
5.3. Argumentación.
5.4. Retórica xudicial.
5.5. Retórica dixital.
TEMA 6. Comunicación oral aplicada ao Dereito. 6.1. Retórica, Oratoria e Dialéctica.
6.2. Audiencia e medo a falar en público.
6.3. Principios básicos da exposición oral.
6.4. Clases e xéneros de discurso.
6.5. A exposición.
TEMA 7. Comunicación escrita aplicada ao Dereito. 7.1. Organización do texto escrito.
7.2. Técnicas de comunicación escrita aplicadas ao Dereito.
7.3. O proceso de redacción.
7.4. Documentación e bases especializadas.
TEMA 8. Modernización e simplificación da linguaxe xurídica. 8.1. A Comisión de Modernización da Linguaxe
Xurídica.
8.2. Informe da Comisión de Modernización da Linguaxe
Xurídica.
8.3. O dereito para comprender.
8.4. Recomendacións aos profesionais.
8.5. Recomendacións ás institucións.
8.6. Recomendacións aos medios de comunicación.
TEMA 9. Comunicación pública e Xustiza. 9.1. Xornalismo xudicial.
9.2. Protocolo de Comunicación da Xustiza.
9.3. Contorna legal, normativa orgánica e regulamentaria.
9.4. As oficinas de comunicación do Poder Xudicial.
9.5. Información xudicial: límites.
9.6. Información xudicial e transparencia.
9.7. Uso das linguas cooficiais.
TEMA 10. Comunicación 2.0. 10.1 Comunicación Web.
10.2. Redes sociais: Facebook, Twitter e Instagram.
10.3. Comunicación móbil.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A8 A11 A12 A13 C7 24 12 36
Obradoiro A11 A13 B10 B12 B13 B2 B4 C1 12 24 36
Presentación oral A8 A12 B10 B12 B13 B2 B4 C1 C6 11 22 33
Traballos tutelados A8 A11 A12 A13 B10 B12 B13 B2 B4 C1 C6 C7 0 27 27
Proba práctica A8 A11 A13 B13 B2 B4 C1 C6 4 12 16
Proba mixta A8 A13 B13 C1 C6 2 0 2
 
Atención personalizada 0 0 0
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Clases expositivas sobre o temario da materia.
Obradoiro Actividades que se realizarán individualmente ou en grupo. Clases prácticas.
Presentación oral Probas de comunicación oral.
Traballos tutelados Traballo tutelado seguindo as pautas definidas polo/a docente.
Proba práctica Traballo escrito.
Proba mixta Proba na que se avalía a asimilación dos contidos e a capacidade de pór en práctica as destrezas propias da materia.

Atención personalizada
Metodoloxías
Obradoiro
Presentación oral
Traballos tutelados
Descrición
A atención personalizada ao alumnado realizarase a través do seguimento e corrección dos traballos tutelados, así como das diversas prácticas que terán que realizar durante o cuadrimestre.

Para o desenvolvemento desta atención personalizada contémplanse titorías presenciais, xunto co seguimento continuo na aula e a través de Moodle.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Presentación oral A8 A12 B10 B12 B13 B2 B4 C1 C6 Probas de comunicación oral. A parte de comunicación oral avaliarase ao 100% con estas probas, sendo necesario aprobar cada unha das prácticas que se realicen. 30
Traballos tutelados A8 A11 A12 A13 B10 B12 B13 B2 B4 C1 C6 C7 Traballo para avaliar a competencia en comunicación escrita. 20
Proba práctica A8 A11 A13 B13 B2 B4 C1 C6 Prácticas de escritura. 10
Proba mixta A8 A13 B13 C1 C6 Exame final da materia no que serán avaliados os coñecementos teóricos e prácticos de expresión escrita adquiridos durante a mesma. 40
 
Observacións avaliación

Dado que é unha materia eminentemente práctica, o peso maioritario desta recae, sobre todo, nos traballos realizados polo alumnado. O 40% da avaliación total procede da proba obxectiva sobre a teoría impartida nas clases maxistrais e exercizos prácticos. Esta proba realizarase na data establecida pola Facultade.

O 60% restante responde á avaliación das prácticas de comunicación oral e escrita realizadas ao longo do curso. 

Para superar a materia é necesario aprobar tanto a parte práctica como a teórica, é dicir, obter polo menos un 3 (30 sobre 100) no conxunto das prácticas realizadas e un 2 (20 sobre 100) no exame final.

Tres faltas de ortografía (incluidos os tils) implican que non se corrixirá ese traballo, exercicio ou exame.

O alumnado que goce de dispensa académica deberá porse en contacto cos dous profesores da asignatura antes do día 15 de febreiro, a fin de acordar un itinerario personalizado que supla as ausencias ás aulas. Fóra desta data non serán atendidas peticións deste tipo. 

Os/as alumnos/as deberán consultar semanalmente o Campus Virtual (Moodle), pois será o espazo a través do cal se lles comunicará toda a información necesaria sobre a materia: documentos, avisos e cualificacións.


Fontes de información
Bibliografía básica RAE (Real Academia de la Lengua Española) (2014). Diccionario de la lengua española : [Edición del Tricentenario]. Madrid : Espasa Calpe
CASADO, Manuel (2012). El castellano actual. Usos y normas. Pamplona: EUNSA
Ministerio de Justicia (2011). Informe de la Comisión de modernización del lenguaje jurídico. Mnisterio de Justicia
RAE (Real Academia de la Lengua Española) (2012). Ortografía básica de la lengua española. Madrid: RAE
Consejo General del Poder Judicial (2018). Protocolo de Comunicación de la Justicia. Madrid: Consejo General del Poder Judicial

Bibliografía complementaria JIMÉNEZ YÁÑEZ DE BARBER, Ricardo; MANTECÓN SANCHO, Joaquín (2012). Escribir bien es de justicia : técnicas de expresión escrita para juristas. Cizur Menor : Aranzadi-Thomson Reuters
CASSANY, Daniel (2007. 14ª ed.). La cocina de la escritura. Barcelona : Anagrama
BOEGLIN NAUMOVIC, Martha (2007). Leer y redactar en la universidad : del caos de las ideas al texto estructurado. Sevilla : MAD
VILCHES VIVANCOS, Fernando (2010). Manual de lenguaje jurídico-administrativo. Madrid : Dykinson
MONTOLÍO, Estrella (coordinadora) (2000). Manual práctico de escritura académica. Barcelona : Ariel
FIGUERAS, Carolina (2001). Pragmática de la puntuación. Barcelona : Octaedro


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

Green Campus

1. A entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia: 

  • Solicitarase en formato virtual e/ou soporte informático. 
  • A entrega realizarase  a  través  de  Moodle,  en  formato  dixital  sen  necesidade  de imprimilos.
  • De se realizar en papel: 
    • Non se empregarán plásticos. 
    • Realizaranse impresións a dobre cara. 
    • Empregarase papel reciclado. 
    • Evitarase a impresión de borradores. 

2. Débese  facer  un  uso  sostible  dos  recursos  e  a  prevención  de  impactos  negativos sobre o medio natural. 

3. Débese ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sostenibilidade nos comportamentos persoais e profesionais. 

4. Segundo  se  recolle  nas  distintas  normativas  de  aplicación  para  a  docencia  universitaria  deberase  incorporar  a  perspectiva  de  xénero  nesta  materia  (usarase  linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores de ambos os sexos, propiciarase a intervención en clase de alumnos e alumnas…). 

5. Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas, e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade. 

6. Deberanse detectar situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas. 

7. Facilitarase  a  plena  integración  do  alumnado  que  por  razón  físicas,  sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten dificultades a un acceso axeitado, igualitario e proveitoso á vida universitaria.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías