Datos Identificativos 2022/23
Asignatura (*) Comunicación oral e escrita Código 612G01004
Titulación
Grao en Dereito
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
1º e 2º Ciclo 2º cuadrimestre
Primeiro Formación básica 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Letras
Socioloxía e Ciencias da Comunicación
Coordinación
González Neira, Ana María
Correo electrónico
ana.gneira@udc.es
Profesorado
Comesaña Comesaña, Patricia
Fonseca Blanco, Xavier
Formoso Barro, Maria Josefa
González Neira, Ana María
Correo electrónico
p.comesanac@udc.es
xavier.fonseca@udc.es
m.formoso@udc.es
ana.gneira@udc.es
Web
Descrición xeral O propósito desta asignatura é mellorar a capacidade do alumnado para expresarse de xeito oral e por escrito en calquera contexto, especialmente no que ten que ver coas rutinas e prácticas profesionais do Dereito, ademais de coñecer as sinerxias e necesidades expresivas dos diferentes medios de comunicación -escritos, audiovisuais e multimedia-, con especial atención ao léxico, á capacidade de argumentación e á necesidade de simplificación e modernización da linguaxe xurídica.

Competencias do título
Código Competencias do título
A8 Coñecementos básicos de argumentación xurídica.
A11 Capacidade de comprender e de redactar documentos xurídicos.
A12 Manexo da oratoria xurídica. (Capacidade de expresarse apropiadamente en público).
A13 Dominio das novas tecnoloxías aplicadas ao dereito.
B2 Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo
B4 Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado
B10 Traballar de forma colaborativa.
B12 Comunicarse de maneira efectiva nun entorno de traballo, amosando capacidade de expresión tanto oral como escrita en calquera das linguas oficiais da comunidade autónoma, así como nun idioma estranxeiro.
B13 Capacidade para utilizar a rede informática (internet) na obtención de información e na comunicación de datos e, en xeral, capacidade para empregar as ferramentas básicas das TIC necesarias para o exercicio da súa profesión.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Capacidade de expresión tanto oral como escrita, con especial atención á linguaxe xurídica A8
A11
A12
B2
B4
C1
Capacidade de se expresar axeitadamente en público e de manexar a oratoria e a argumentación xurídica A8
A12
B12
B2
B4
C1
Capacidade para empregar internet e as ferramentas básicas das TIC necesarias para o exercicio da súa profesión A13
B13
C6
C7
Traballar de forma colaborativa e comunicarse de maneira efectiva nun entorno de traballo A11
A12
B10
B12
B4
C1

Contidos
Temas Subtemas
TEMA 1. A Comunicación 1.1. Definición.
1.2. Características
1.3. Tipos de comunicación
TEMA 2. Linguaxe xurídica 2.1 Definición
2.2 Características
TEMA 3. Escribir para falar. 3.1. Organización do texto escrito.
3.2. Técnicas de comunicación escrita aplicadas ao Dereito.
3.3. O proceso de redacción.
3.4. Documentación e bases especializadas.
TEMA 4. Modernización e simplificación da linguaxe xurídica. 4.1. A Comisión de Modernización da Linguaxe
Xurídica.
4.2. Informe da Comisión de Modernización da Linguaxe
Xurídica.
4.3. O dereito para comprender.
4.4. Recomendacións aos profesionais.
4.5. Recomendacións ás institucións.
4.6. Recomendacións aos medios de comunicación.
TEMA 5. Locución, entoación e presentación 5.1. Audiencia e medo a falar en público.
5.2. Principios básicos da exposición oral.
5.3. Clases e xéneros de discurso.
5.4. A exposición.
TEMA 6. Oratoria, elocuencia e argumentación. 6.1. Retórica, Oratoria e Dialéctica.
6.2. Os recursos retóricos. A persuasión
6.3. A argumentación: tese, argumentos e conclusión
6.4. Técnicas argumentativas
TEMA 7. Comunicación non verbal. 7.1. Definición e concepto.
7.2. Características.
7.3. A linguaxe corporal: posta en escena.
7.4. Ethos, pathos e logos.
7.5. Kinesia, paralingüística e proxémica.
7.6. Casuística de cada medio de comunicación.
7.7. Conceptos básicos: márketing, público obxectivo, posicionamento.
7.8. Comunicación imaxe: cualidades do orador/a.
TEMA 8. Aplicación aos medios de comunicación 8.1. Xornalismo xudicial.
8.2. Protocolo de Comunicación da Xustiza.
8.3. Contorna legal, normativa orgánica e regulamentaria.
8.4. As oficinas de comunicación do Poder Xudicial.
8.5. Información xudicial: límites.
8.6. Información xudicial e transparencia.
8.7. Uso das linguas cooficiais.
TEMA 9. Utilización de apoios multimedia 9.1 Comunicación Web.
9.2. Redes sociais: Facebook, Twitter e Instagram.
9.3 Presentación con Power Point

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A8 A11 A12 A13 C7 26 12 38
Obradoiro A11 A13 B10 B12 B13 B2 B4 C1 12 24 36
Presentación oral A8 A12 B10 B12 B13 B2 B4 C1 C6 11 22 33
Traballos tutelados A8 A11 A12 A13 B10 B12 B13 B2 B4 C1 C6 C7 0 21 21
Proba práctica A8 A11 A13 B13 B2 B4 C1 C6 7 12 19
Proba mixta A8 A13 B13 C1 C6 2 0 2
 
Atención personalizada 1 0 1
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Clases expositivas sobre o temario da materia.
Obradoiro Actividades que se realizarán individualmente ou en grupo. Clases prácticas.
Presentación oral Probas de comunicación oral.
Traballos tutelados Traballo tutelado seguindo as pautas definidas polo/a docente.
Proba práctica Traballo escrito.
Proba mixta Proba na que se avalía a asimilación dos contidos e a capacidade de pór en práctica as destrezas propias da materia.

Atención personalizada
Metodoloxías
Obradoiro
Presentación oral
Traballos tutelados
Descrición
A atención personalizada ao alumnado realizarase a través do seguimento e corrección dos traballos tutelados, así como das diversas prácticas que terán que realizar durante o cuadrimestre.

Para o desenvolvemento desta atención personalizada contémplanse titorías presenciais, xunto co seguimento continuo na aula e a través de Moodle.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Presentación oral A8 A12 B10 B12 B13 B2 B4 C1 C6 Probas de comunicación oral. A parte de comunicación oral avaliarase ao 100% con estas probas. 25
Traballos tutelados A8 A11 A12 A13 B10 B12 B13 B2 B4 C1 C6 C7 Traballo para avaliar a competencia en comunicación escrita. 25
Proba práctica A8 A11 A13 B13 B2 B4 C1 C6 Prácticas de escritura. 10
Proba mixta A8 A13 B13 C1 C6 Exame final da materia no que serán avaliados os coñecementos teóricos e prácticos de expresión escrita adquiridos durante a mesma. 40
 
Observacións avaliación

Dado que é unha materia eminentemente práctica, o peso maioritario desta recae, sobre todo, nos traballos realizados polo alumnado. O 40% da avaliación total procede da proba obxectiva sobre a teoría impartida nas clases maxistrais que está nos apuntes da materia. Esta proba realizarase na data establecida pola Facultade. O 60% restante responde á avaliación das prácticas de Organización e Producción Audiovisual realizadas ao longo do curso. 

Para superar a materia é necesario aprobar todos os traballos prácticos plantexados na clase e obter un 2 (20 sobre 100) no exame final.

Penalizarase o plaxio de calquer traballo coa anulación da proba entregada.

O alumnado que goce de dispensa académica deberá porse en contacto ca profesora da asignatura antes do día 15 de setembro, a fin de acordar un itinerario personalizado que supla as ausencias nas aulas. Fóra desta data non serán atendidas peticións deste tipo. 

Os/as alumnos/as deberán consultar semanalmente o Campus Virtual (Moodle), pois será o espazo a través do cal se lles comunicará toda a información necesaria sobre a materia: documentos, avisos e calificacións.


Fontes de información
Bibliografía básica Carretero (2019). Comunicación para juristas. Tirant Lo Blanch
RAE (Real Academia de la Lengua Española) (2014). Diccionario de la lengua española : [Edición del Tricentenario]. Madrid : Espasa Calpe
CASADO, Manuel (2012). El castellano actual. Usos y normas. Pamplona: EUNSA
Ministerio de Justicia (2011). Informe de la Comisión de modernización del lenguaje jurídico. Mnisterio de Justicia
RAE (Real Academia de la Lengua Española) (2012). Ortografía básica de la lengua española. Madrid: RAE
Consejo General del Poder Judicial (2018). Protocolo de Comunicación de la Justicia. Madrid: Consejo General del Poder Judicial

Bibliografía complementaria JIMÉNEZ YÁÑEZ DE BARBER, Ricardo; MANTECÓN SANCHO, Joaquín (2012). Escribir bien es de justicia : técnicas de expresión escrita para juristas. Cizur Menor : Aranzadi-Thomson Reuters
CASSANY, Daniel (2007. 14ª ed.). La cocina de la escritura. Barcelona : Anagrama
BOEGLIN NAUMOVIC, Martha (2007). Leer y redactar en la universidad : del caos de las ideas al texto estructurado. Sevilla : MAD
VILCHES VIVANCOS, Fernando (2010). Manual de lenguaje jurídico-administrativo. Madrid : Dykinson
MONTOLÍO, Estrella (coordinadora) (2000). Manual práctico de escritura académica. Barcelona : Ariel
FIGUERAS, Carolina (2001). Pragmática de la puntuación. Barcelona : Octaedro

  • Cascón Martín, E. (2004). Manual del buen uso del español. Madrid: Castalia.

  • Cazorla Prieto, L. (2014). El lenguaje jurídico actual. Thomson Aranzadi.

  • Davis, F. (2006). La comunicación no verbal. Madrid: Alianza. 

  • García Carbonell, R. (2001). Todos pueden hablar bien en público. Madrid: Edaf. 

  • Gómez Quijano, A. (2009). Comunicación para ejecutivos. Las tres distancias de la comunicación en las organizaciones. Madrid: Ediciones Internacionales Universitarias.  

  • Instituto Cervantes. El libro del español correcto. Claves para hablar y escribir bien en español. Barcelona: Espasa, 2012. 

  • Lázaro Carreter, F. (1997). El dardo en la palabra. Barcelona: Círculo de lectores. 

  • Merayo, A. (1998). Curso práctico de técnicas de comunicación oral. Madrid: Tecnos.

  • Montolío, E. (2018).Manual de escritura académica y profesional (col. I y II). Ariel
  • Muñoz Machado, S. Libro de estilo de la justicia. RAE-Espasa.
  • Puchol, L. (2008). Hablar en público. Madrid: Editorial Díaz de Santos. 

  • Ribeiro, L. (2011). La comunicación eficaz. Urano 

  • Seco, Manuel: Diccionario de dudas y dificultades de la lengua española. Espasa Calpe, Madrid, 1990. 


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

Recoméndase visitar periódicamente o Campus Virtual co fin de estar atentos ás novidades da materia.

Green Campus

1. A entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia: 

  • Solicitarase en formato virtual e/ou soporte informático. 
  • A entrega realizarase  a  través  de  Moodle,  en  formato  dixital  sen  necesidade  de imprimilos.
  • De se realizar en papel: 
    • Non se empregarán plásticos. 
    • Realizaranse impresións a dobre cara. 
    • Empregarase papel reciclado. 
    • Evitarase a impresión de borradores. 

2. Débese  facer  un  uso  sostible  dos  recursos  e  a  prevención  de  impactos  negativos sobre o medio natural. 

3. Débese ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sostenibilidade nos comportamentos persoais e profesionais. 

4. Segundo  se  recolle  nas  distintas  normativas  de  aplicación  para  a  docencia  universitaria  deberase  incorporar  a  perspectiva  de  xénero  nesta  materia  (usarase  linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores de ambos os sexos, propiciarase a intervención en clase de alumnos e alumnas…). 

5. Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas, e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade. 

6. Deberanse detectar situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas. 

7. Facilitarase  a  plena  integración  do  alumnado  que  por  razón  físicas,  sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten dificultades a un acceso axeitado, igualitario e proveitoso á vida universitaria.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías