Datos Identificativos 2021/22
Asignatura (*) Principios económico-contables da empresa Código 612G01005
Titulación
Grao en Dereito
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
1º e 2º Ciclo 1º cuadrimestre
Primeiro Formación básica 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Economía
Coordinación
Novo Corti, Maria Isabel
Correo electrónico
isabel.novo.corti@udc.es
Profesorado
Cendán Castillo, María
Nieto Mengotti, Manuel Vicente
Novo Corti, Maria Isabel
Picatoste Novo, José María
Correo electrónico
maria.cendan.castillo@udc.es
m.nieto1@udc.es
isabel.novo.corti@udc.es
j.pnovo@udc.es
Web
Descrición xeral Esta materia está dirixida aos estudantes de primeiro curso do Grao en Dereito. Ten a consideración de materia básica porque nela estúdanse conceptos fundamentais de economía e de contabilidade nacional, útiles non só para os estudantes de Dereito como tales, senón tamén como cidadáns que consomen, invisten, reciben subvencións públicas, pagan impostos e adoptan outras moitas decisións en materia económica.
Tendo en conta que a materia é parte fundamental de toda actividade financeira, empresarial, social, xurídica ou política a disciplina resulta necesaria e imprescindible dentro do contexto da titulación.
A materia consta de seis créditos ECTS. Nela, explícanse os conceptos básicos, instrumentos e criterios necesarios para ter un coñecemento xeral sobre as cuestións económicas máis relevantes. O seu desenvolvemento está pensado para alumnos que se inician no estudo da economía e contabilidade nacional, e que necesitan ter unha visión global das mesmas e das diferentes cuestións e problemática que a integran.
Exponse o coñecemento dos principios económicos contables dende un enfoque multidisciplinar e como tal non pretendemos estudar o tema en toda a súa extensión e profundidade, senón simplemente ofrecer ao alumno unha visión panorámica da mesma, como corresponde á idea dun programa ao nivel dunha materia integrada nun grao de Dereito.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos
Non se realizarán cambios

2. Metodoloxías
As sesións maxistrais realizaranse virtualmente, preferentemente a través da plataforma TEAMS, e serán substituidas por videoconferencias, sesións grabadas en TEAMS, Zoom, Youtube ou calquera outra plataforma accesible aos estudantes.
A proba mixta realizarase de forma virtual, preferentemente a través da plataforma Moodle.
A proba obxectiva realizarase de forma virtual, preferentemente a través da plataforma Moodle.

3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
Os estudantes serán atendidos a través do correo electrónico, plataforma Moodle, Teams ou calquera outra vía que a Univesidade poña a disposición da comunidade universitaria.

4. Modificacións na avaliación
Non se realizarán cambios.
Requisitos para superar a materia:
Obter unha puntuación mínima global do 50% do total das actividades avaliadas.
Asistencia e participación nas actividades que o requiran (aprendizaje servicio, aprendizaje colaborativo)

5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Non se realizarán cambios. O alumnado ten acceso á documentación dixitalizada a través da biblioteca e da plataforma Moodle.

Competencias do título
Código Competencias do título
A4 Percepción do carácter interdisciplinar dos problemas xurídicos.
A7 Coñecemento das estruturas xurídico-políticas de ámbito nacional e internacional.
A9 Capacidade para o manexo de fontes xurídicas (legais, xurisprudenciais e doutrinais).
A15 Capacidade de negociación e mediación.
B1 Que os estudantes demostrasen posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adóitase atopar a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo
B3 Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
B4 Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado
B5 Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía
B6 Aprender a aprender.
B7 Resolver problemas de forma efectiva, valorando a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.
B8 Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo, entendendo, tamén, a importancia da cultura emprendedora.
B9 Traballar de forma autónoma con iniciativa tendo en conta a importancia da aprendizaxe ao longo de toda a vida.
B10 Traballar de forma colaborativa.
B11 Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán e como profesional.
B12 Comunicarse de maneira efectiva nun entorno de traballo, amosando capacidade de expresión tanto oral como escrita en calquera das linguas oficiais da comunidade autónoma, así como nun idioma estranxeiro.
B13 Capacidade para utilizar a rede informática (internet) na obtención de información e na comunicación de datos e, en xeral, capacidade para empregar as ferramentas básicas das TIC necesarias para o exercicio da súa profesión.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C5 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecer os fundamentos básicos da economía, tanto na súa vertente macroeconómica como microeconómica, adquirindo coñecementos das principais fontes de referencia en economía, que lle faciliten ao estudante coñecer o funcionamento da economía nun contexto social e xurídico global, mediante unha aprendizaxe significativa. Contribuír a comprender o funcionamento real da economía e da contabilidade na sociedade contemporánea. Paralelamente formularse a obriga de todo cidadán de contribuír cos seus coñecementos a tratar de resolver as necesidades colectivas e unha mellor comprensión da natureza e problemática destas últimas. Coñecer a armazón financeiro, empresarial, social, xurídico ou político e alcanzarase unha percepción xeral dos problemas macreconómicos e microeconómicos, en entronos internacionais globalizados, así como dende o punto de vista dun país en concreto, para poder desenvolverse axeitadamente dentro do ámbito económico-xurídico, tendo presente o enfoque da economía ao servizo das persoas, como fonte de xeración de benestar. Así mesmo, o alumnado familiarizarase coa aprendizaxe e a resolución de problemas, de forma reflexiva crítica e autónoma. A4
A7
A9
B1
B5
B6
B7
B8
C2
C4
C5
C6
C7
C8
Capacidade de análise crítica dos coñecementos adquiridos. Capacidade de síntese e capacidade de aplicación práctica dos conceptos teóricos. Capacidade de expresión oral e escrita. Utilización de técnicas informáticas para obtención da información e tratamento dos problemas económicos. A4
A7
A9
A15
B6
B7
B8
B9
B11
B12
B13
B1
B5
C3
C4
C5
C7
Capacidade de traballo en equipo e de xeito colaborativo A4
A7
B6
B10
B12
B13
B3
B4
B5
C3
C6
Valorar o esforzo, o traballo, a iniciativa personal e a cultura emprendedora B6
B9
B3
B5
C4
C5
C7

Contidos
Temas Subtemas
INTRODUCIÓN. OS PRINCIPIOS DA ECONOMÍA 1. Introdución. Conceptos básicos
2. Os principios básicos da economía
MICROECONOMIA, MERCADOS E COMPETENCIA 1. Modelos económicos e intercambio: oferta e demanda
2. Os consumidores: teoría do consumo
3. A empresa: teoría da producción e dos custos
4. Os mercados competitivos
5. A competencia imperfecta: monopolio, competencia monopolítisca e oligopolio
6. Externalidades e bens públicos
MACROECONOMÍA 1. Macroeconomía: unha visión global
2. Crecemeento, desemprego e inflación
3. A oferta y la demanda agregadas
4. A política fiscal
5. A política monetaria, o diñeiro e los bancos centrais
6. Comercio internacional, globalización e crise económica

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral B6 B7 B8 B13 B1 B5 C4 C5 30 30 60
Solución de problemas A4 A15 A4 A7 A9 B9 B10 B6 B7 B8 C5 C7 6 6 12
Lecturas A7 A9 C2 C7 0 10 10
Prácticas a través de TIC B11 B12 B5 C3 C4 C2 C6 C8 0 5 5
Proba obxectiva B7 B8 B1 B1 B5 3 0 3
Aprendizaxe servizo B8 B6 B7 B3 B4 B5 C6 C4 C8 5 5 10
Traballos tutelados A4 A15 A4 A7 B3 C4 C4 C5 5 10 15
Aprendizaxe colaborativa A4 A4 A7 B5 B4 C4 C6 C7 C8 5 10 15
Proba mixta B7 B12 B1 B5 1 4 5
 
Atención personalizada 15 0 15
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral O profesorado explicará cada un dos temas do programa, insistindo nos conceptos fundamentais e as súas relacións. A exposición oral do profesorado poderá ser complementada co uso de medios audiovisuais e coa formulación de algunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe e facilitar a participación.
Solución de problemas Mediante esta metodoloxía trátase de que os estudantes busquen solución a unha situación problemática concreta, a partir dos coñecementos que se traballaron, que pode ter máis dunha solución. Esta situación plantexarase en forma de problemas ou cuestións prácticas que deben ser respondidas. É un complemento ao coñecemento teórico adquirido. Trátase de que os estudantes apliquen ditos coñecementos en contornas prácticas, nas que a intervención e aportación persoal do alumnado é o eixo central.
Lecturas Recomendarase a lectura de textos académicos ou de actualidade, relacionados co contido da asignatura para que os estudantes os analicen, interpreten e comprendan en base ás ferramentas da análise económica, que se estudan na materia.
Prácticas a través de TIC O alumnado tratará de aplicar o uso das TIC para aprender de forma efectiva, a través de actividades de carácter práctico, baseadas en documentación escrita, audiovisual e de calquera índole, relacionada coa materia, mediante a utilización das tecnoloxías da información e as comunicacións. Trátase de ampliar coñecementos e obter información para facilitar a aprendizaxe autónoma e o razoamento crítico. A plataforma Moodle será un vehículo importante para a aplicación desta metodoloxía.
Proba obxectiva Trátase dunha proba para a avaliación da aprendizaxe, pode combinar distintos tipos de preguntas: preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación. Tamén pode construirse con un só tipo dalgunha destas preguntas. Poderá incluir tanto preguntas de carácter teórico como práctico ou problemas.
Poderase realizar online a través de la plataforma Moodle ou de forma presencial.
Aprendizaxe servizo Proposta educativa que combina procesos de aprendizaxe e de servizo á comunidade nun só proxecto ben articulado onde os participantes aprenden ao traballar en necesidades reais da contorna coa finalidade de melloralo. Baixo o paraguas da sustentabilidade de da Axenda 2030, o alumnado participará con diferentes entidades da cidade co fin de coñecer diferentes problemas socioeconómicos e unir o compromiso social coa aprendizaxe de coñecementos, habilidades, actitudes e valores.
Traballos tutelados Estudo autónomo e en profundidade dalgún dos problemas socioeconómicos detectados, a partir dun traballo de investigación e a consecuente fundamentación en fontes bibliográficas, baixo a tutela da persoa docente.
Aprendizaxe colaborativa Metodoloxía de ensinanza-aprendizaxe que permite a división da clase en grupos pequenos fomentando o traballo en conxunto para a resolución de tarefas académicas de forma non competitiva. A persoa docente guiará o proceso de resolución de tarefas ben de forma presencial ben apoiándose nas TIC.
Proba mixta Podera constar de resolución de problemas, preguntas breves, preguntas de ensaio ou de preguntas de opción múltiple.
Forma parte da avaliación continua.
Poderase realizar online a través de la plataforma Moodle ou de forma presencial. O equipo docente informará da modalidade no momento oportuno.

Atención personalizada
Metodoloxías
Solución de problemas
Lecturas
Prácticas a través de TIC
Aprendizaxe servizo
Traballos tutelados
Aprendizaxe colaborativa
Descrición
A equipa docente estará dispoñible para á atención personalizada aos estudiantes, sempre que eles o requiran, para aqueles temas que estimen oportuno, en relación co temario da asignatura. Particularmente para a resolución problemas, lecturas, etc.
Esta atención poderá ser online a través dos mecanismos facilitados pola universidade.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta B7 B12 B1 B5 Valoraranse os coñecementos e capacidades mostradas polo alumnado nas probas propostas pola equipa docente.
Forman parte da avaliación continua.
30
Proba obxectiva B7 B8 B1 B1 B5 Valoraránse coñecementos adquiridos ao longo do curso. A proba poderá consistir en cuestións de tipo teórico ou práctico.
70
 
Observacións avaliación

A) NORMATIVA DE AVALIACIÓN:

1. Condicións de avaliación: está prohibido acceder á
sala de exames con calquera dispositivo que permita a comunicación co exterior
e / ou o almacenamento de información, agás no caso de exames en liña ou así o
indique a equipa docente.

2. Identificación do alumno/a: o alumno/a deberá
demostrar a súa personalidade segundo a normativa vixente.

B) TIPOS DE VALORACIÓN:

1. Cualificación de non presentado/a:
corresponde ao alumno/a, cando só participa en actividades de avaliación que teñan
unha ponderación inferior ao 20% sobre a cualificación final, independentemente
da cualificación acadada.

2. Estudantes con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e
dispensa académica de exención de asistencia:
os estudantes con
recoñecemento de dedicación a tempo parcial, aínda que estean exentos de
asistencia, serán avaliados cos mesmos criterios que os estudantes a tempo
completo.

C) OPORTUNIDADES DE AVALIACIÓN:

Primeira oportunidade: aplicaranse os criterios de
avaliación indicados anteriormente nesta sección.

Segunda oportunidade: os criterios de avaliación son
os mesmos para todas as oportunidades de avaliación. Na avaliación da segunda
oportunidade (artigo 18, sección 5, das Normas de avaliación, revisión e
reclamacións de cualificacións de estudos de bacharel e máster) os estudantes
terán a oportunidade de realizar unha proba final, consistente nun
cuestionario. Mixto, equivalente ao 100% da avaliación, na que os estudantes
deberán demostrar que acadaron as competencias da materia.

Convocatoria adiantada: as condicións de avaliación da
oportunidade adiantada (art. 19 das Normas de avaliación, revisión e
reclamacións das cualificacións dos estudos de grao e mestrado) serán
específicas para esta oportunidade. Avaliarase mediante unha proba mixta que
representará o 100% da nota final.

D) OUTRAS OBSERVACIÓNS DE AVALIACIÓN:

Para aprobar a materia será necesario acadar unha nota de 5 sobre
10.

Se se obtén a nota 5 de 10 na avaliación continua (CE) realizada
durante o curso, non será necesario realizar os exames finais. Os estudantes
que non superen a avaliación continua poderán presentarse ao exame final,
consistente nunha proba mixta (100% da avaliación total), na que deberán
demostrar que adquiriron os coñecementos e habilidades necesarios para acreditar
as competencias relacionadas coa materia.

En caso de plagio aplicarase a correspondente penalización.

OUTRAS RECOMENDACIÓNS:

1. A entrega dos traballos documentais realizados nesta materia:

a. Solicitarase en formato virtual e / ou soporte informático

b. Farase a través de Moodle, en formato dixital sen necesidade de
imprimilos

2. Débese ter en conta a importancia dos principios éticos
relacionados cos valores de sustentabilidade no comportamento persoal e
profesional.

3. Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes
sexistas e influirase o ambiente para modificalos e promover valores de
respecto e igualdade.

4. Facilitarase a plena integración de estudantes que,
por razóns físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimentan
dificultades para un acceso adecuado, igual e rendible á vida universitaria.

5. Nas clases sosterase o principio de debate democrático, escoitando e respetando todas as opinións diversas en torno aos temas tratados, tanto de parte do profesorado como do alumnado.


Fontes de información
Bibliografía básica Krugman, P & Wells, R. (2004). Economics. Worth Publishers
Krugman, P. Wells, R. & Graddy, K. (2014). Fundamentos de Economía. Reverté

Bibliografía complementaria Picatoste, X. (2019). Análisis Económico del Mercado de Trabajo. INC
Pindyck, R.S. & Rubinfeld, D.L. (2018). Introducción a la Economía: Microeconomía. Pearson. Prentice Hall
Krugman, P., & Wells, R. (2012). Macroecnomics. Worth Publishers.
Blanchard, O., Amighini A. & Giavazzi, F (2012). Macroeconomía. Pearson Education
Krugman, P., & Wells, R. (2007). Macroeconomía: Introducción a la economía. Reverté
Krugman, P., & Wells, R. (2007). Microeconomía: Introducción a la economía. Reverté
Krugman, P., & Wells, R. (2012). Microeconomics. Worth Publishers


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

Recoméndase seguir con asiduidade as indicacións e novidades da plataforma MOODLE, xa que esta plataforma, xunto coas clases presenciais, constitúe un sistema esencial de comunicación entre a equipa docente e o estudantado.

Ademáis, fanse as seguintes observacións e recomendacións, con carácter xeral:

1. A entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia:

a. Solicitarase en formato virtual e/ou soporte informático 

b. Realizarase a través de Moodle, en formato dixital sen necesidade de imprimilos

2. Débese ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores de sostenibilidade nos comportamentos persoais e profesionais.

3. Traballaráse para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas, e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade.

4. Facilitarase a plena integración do alumnado que por razón físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten dificultades a un acceso axeitado, igualitario e proveitoso á vida universitaria.





(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías