Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Dereito da persoa Código 612G01007
Titulación
Grao en Dereito
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Primeiro Formación básica 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Dereito Privado
Coordinación
Rovira Sueiro, Maria Esther
Correo electrónico
maria.rovira@udc.es
Profesorado
Díaz Teijeiro, Carlos María
Legeren Molina, Antonio
Pérez Dios, Carmen
Rovira Sueiro, Maria Esther
Correo electrónico
carlos.diaz.teijeiro@udc.es
antonio.legeren@udc.es
carmen.perez.dios@udc.es
maria.rovira@udc.es
Web
Descrición xeral Nesta materia pretendemos o estudo da persoa, a súa situación xurídica na sociedade. A capacidade, nacionalidade, dereitos da personalidade son materias fundamentais, pero non se trata dun coñecemento detallado e pormenorizado senón da adquisición de nocións básicas implicadas nos temas sinalados que colocarán ao alumno en situación de poder estudar aspectos máis concretos que son obxecto de estudo e avaliación en cursos posteriores.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos
Non se realizou ningún cambio no contido da materia: mantense integramente. O cronograma de clases presenciais será respectado: nos días de docencia expositiva desenvolverase o contido do programa a través da plataforma Microsoft Teams, o temario será subido a Moodle UDC para que poidan seguilas as explicacións e para atender ás necesidades dos alumnos que teñan problemas de conexión. Nos días de docencia interactiva igualmente respectaranse os horarios dos grupos reducidos e impartiranse as clases a través da plataforma Microsoft Teams.
Os materiais serán facilitados a través de Moodle UDC.

2. Metodoloxías

*Metodoloxías docentes que se manteñen
Prácticas a través de TIC
*Metodoloxías docentes que se modifican

Sesión maxistral: toda a docencia levarase a cabo a través das plataformas Moodle UDC e Microsoft Teams..
* Estudo de casos: adaptarase á docencia online por medio de Teams
* Simulación: adaptarase á docencia online por medio de Teams.
* Proba de ensaio/desenvolvo: é o método de avaliación. Máis abaixo indícase en que consiste a modificación

3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
Ferramenta Temporalización
Moodle y Teams
Titorías: Desde o momento en que non se poida impartir a docencia presencial as titorías non se limitarán ás establecidas inicialmente, polo que non terán un día nin un horario en concreto e comprenderá todos os días e horas lectivas, realizaranse a través do correo electrónico e/ou mediante reunións en liña por Microsoft Teams dependendo do seu contido
4. Modificacións na avaliación
QUENDA DE MAÑÁ E TARDE
Metodoloxía Peso na cualificación Descrición
Prácticas 30% Estudo de casos e traballos tutelados que se se realicen durante o curso calquera que sexa a modalidade de impartición. Suprimirase o requisito da presencialidade para a avaliación continua desde o momento no que non se poida impartir a docencia presencial e para evitar prexuízos ao alumnado que teña problemas de conexión á plataforma Teams.
Proba tipo test en moodle 70% Prepararase en Moodle UDC un exercicio de resposta múltiple por medio da ferramenta “cuestionario” para avaliar aos alumnos.


SIMULTANEIDADE GRAO EN DEREITO E ADE
Metodoloxía Peso na cualificación Descrición
Prácticas 30% Estudo de casos e traballos tutelados que se se realicen durante o curso calquera que sexa a modalidade de impartición. Suprimirase o requisito da presencialidade para a avaliación continua desde o momento no que non se poida impartir a docencia presencial para evitar prexuízos ao alumnado que teña problemas de conexión á plataforma Teams.

Proba tipo test en Moodle UDC (20%) e exame oral en Teams (50%) total do valor das probas é de 70% Mantense a data orixinal do exame.

*Observacións de avaliación:
Respéctase a data e hora do calendario académico aprobado pola Xunta de Facultade do Centro. No caso da simultaneidade de estudos de grao en dereito e ADE esa data será a da proba tipo test e a do comezo do exame oral que se levará a cabo según o calendario que se fixe coas convocatorias das sesións.
Se algún alumno ten problemas de conexión deberá comunicalo con suficiente antelación e proveranse as medidas que sexan oportunas para que se poida levar a cabo na modalidade previstas, só se isto non fose posible levará a cabo un exame oral a través do teléfono móbil

5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Non hai modificacións na bibliografía. Realizarase un esforzo similar ao levado a cabo durante o pasado estado de alarma para procurar aos alumnos materiais elaborados, links e outros documentos necesarios para que poidan levar a cabo os seus traballos.

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Coñecemento das principais institucións xurídicas.
A2 Coñecer a función do Dereito como sistema regulador das relacións sociais.
A3 Percepción do carácter sistemático do ordenamento xurídico.
A4 Percepción do carácter interdisciplinar dos problemas xurídicos.
A5 Coñecemento dos principios e valores constitucionais.
A6 Comprensión das distintas manifestacións do dereito na súa evolución histórica e na súa realidade actual.
A7 Coñecemento das estruturas xurídico-políticas de ámbito nacional e internacional.
A8 Coñecementos básicos de argumentación xurídica.
A9 Capacidade para o manexo de fontes xurídicas (legais, xurisprudenciais e doutrinais).
A10 Capacidade de interpretar e analizar críticamente o ordenamento xurídico.
A11 Capacidade de comprender e de redactar documentos xurídicos.
A12 Manexo da oratoria xurídica. (Capacidade de expresarse apropiadamente en público).
A13 Dominio das novas tecnoloxías aplicadas ao dereito.
A14 Capacidade de elaboración de normas.
B3 Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
B4 Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado
B6 Aprender a aprender.
B7 Resolver problemas de forma efectiva, valorando a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.
B8 Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo, entendendo, tamén, a importancia da cultura emprendedora.
B9 Traballar de forma autónoma con iniciativa tendo en conta a importancia da aprendizaxe ao longo de toda a vida.
B10 Traballar de forma colaborativa.
B11 Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán e como profesional.
B12 Comunicarse de maneira efectiva nun entorno de traballo, amosando capacidade de expresión tanto oral como escrita en calquera das linguas oficiais da comunidade autónoma, así como nun idioma estranxeiro.
B13 Capacidade para utilizar a rede informática (internet) na obtención de información e na comunicación de datos e, en xeral, capacidade para empregar as ferramentas básicas das TIC necesarias para o exercicio da súa profesión.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C2 Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Manexo adecuado das categorías xurídicas propias do Dereito da persoa, o que abrangue o que é a persoa física, a persoa xurídica, os dereitos da personalidade e demáis situación xurídicas relevantes, básicamente os distintos estados civís A1
A2
A3
A4
A5
A6
A7
A8
A12
B7
B9
B10
B12
C1
C2
C3
C7
O alumno debe adquirir as competencias e as destrezas suficientes para abordar e resolver con éxito calqueira cuestión conflictiva referente aos bens da personalidade ou os estados civís da persoa. A8
A9
A10
B6
B8
B11
B12
B13
B3
B4
C2
Elaborar e comprender correctamente os documentos e negocios necesarios para constituír unha persoa xurídica (fudacións e asociacións) A9
A10
A11
A13
A14
B10
C2
C4
C6
Destrezas básicas das novidades do Rexistro Civil rematado o período de "vacatiolegis" da Nova Ley do Rexistro Civil A11
B13
C1
C2
C3
C8

Contidos
Temas Subtemas
Lección 1.- O Dereito da Persoa 1.- A posición funcional e institucional da persoa no Ordenamento xurídico
2- O deber xeral de respeto á persoa
3.- A capacidade xurídica: concepto e características
4.- A capacidade de obrar: concepto, caracteres e clases
Lección 2.-A Persoa física e a persoa xurídica 1.- Requisitos esixidos no Ordenamento xurídico español para a adquisición da personalidade.
2.-A extinción da personalidade da persoa física.
3.- A declaración de falecemento.
4.- A persoa xurídica: Concepto e clases de persoas xurídicas
Lección 3.- O concibido 1.- Situación xurídica do concibido non nacido ante o Dereito civil.
2.- Contido da protección xurídica do concibido no Dereito positivo
Lección 4.- Os bens ou dereitos da personalidade 1.- Concepto, natureza xurídica e características.
2.- A protección dos bens da personalidade
Lección 5.- Os bens da personalidade na esfera física 1.- A tutela civil da vida e da integridade física.
2.- Delimitación do poder interno do seu titular:
a) Autorizacións en orde ao cambio de sexo.
b) Cesión e trasplante de órganos.
c) Esterilización.
Lección 6.- Os bens da personalidad na esfera moral ou espiritual 1.- A tutela civil do honor, da intimidade persoal e familiar e da propia imaxe.
2.- A tutela civil do nome da persoa. O cambio de nome e apelidos.
3.- O dereito moral de autor: delimitacións, contido, natureza e protección.
Lección 7.- O estado civil da persoa 1.- Concepto e caracteres do estado civil no Ordenamento xurídico español.
2.- Estados civís admitidos no Dereito español.
3.- O título do estado civil.
4.- Contido e eficacia do estado civil
Lección 8.- O Rexistro civil 1.- Concepto, fundamento e antecedentes históricos. A nova Lei de Rexistro Civil.
2.- Organización actual
3.- Feitos e actos inscribibles.
4.- Valor xurídico dos asentos
Lección 9.- A idade da persoa 1.- A súa significación xurídica. Cómputo da idade.
2.- A maioría de idade.
3.- A menor idade e a súa significación xurídica.
4.- Determinación do ámbito de poder e capacidade do menor.
5.- A responsabilidade civil do menor
Lección 10.- A emancipación 1.- Concepto e tipos.
2.- Efectos da emancipación en xeral: as restriccións.
3.- O menor de vida independente.
Lección 11.- Outros supostos de capacidade de obrar restrinxida 1.- A persoa coa capacidade xudicialmente modificada (incapacitación): Título de atribución do estado civil de incapacitado.
2.- Efectos.
3.- Modificación e extinción da incapacitación.
4.- A prodigalidade.
Lección 12.- A nacionalidade e veciñanza civil 1.- Nacionalidade: O seu significado e vicisitudes; Adquisición e perda da nacionalidade
2.- A veciñanza civil: significado xurídico e vicisitudes; Adquisición e modificación
Lección 13. A ausencia 1.- Concepto e significado.
2.- Natureza xurídica.
3.- A defensa provisional dos intereses do desaparecido.
4.- A declaración de ausencia: Requisitos, significado e alcance.
5.- A representación legal do ausente.
6.-A terminación da situación de ausencia legal.
7.-A ausencia non declarada na Lei de Dereito Civil de Galicia

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A1 A2 A3 A4 A5 C2 21 0 21
Estudo de casos A8 A10 A11 A13 A14 B6 B8 B3 C2 7 21 28
Prácticas a través de TIC A9 A13 B13 C2 C3 C6 C8 7 7 14
Simulación A1 A3 A6 A7 A12 B10 B11 B12 C1 C2 C7 7 14 21
Proba de ensaio B7 B9 B3 B4 C2 C4 1 23 24
 
Atención personalizada 42 0 42
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición oral complementada coa introdución de algunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
A clase maxistral é tamén coñecida como “conferencia”, “método expositivo” ou “lección maxistral”. Esta última modalidade adoita reservarse a un tipo especial de lección impartida por un profesor en ocasións especiais, cun contido que supón unha elaboración orixinal e baseada no uso case exclusivo da palabra como vía de transmisión da información á audiencia

Estudo de casos Metodoloxía onde o suxeito se enfronta ante a descrición dunha situación específica que suscita un problema que ten que ser comprendido, valorado e resolto por un grupo de persoas, a través dun proceso de discusión. O alumno sitúase ante un problema concreto (caso), que lle describe unha situación real da vida profesional, e debe ser capaz de analizar unha serie de feitos, referentes a un campo particular do coñecemento ou da acción, para chegar a unha decisión razoada a través dun proceso de discusión en pequenos grupos de traballo.
Prácticas a través de TIC Realización de traballos tutelados en materias relacionadas co contido da asignatura. como pode ser o comentario dun film durante as horas presenciais asignadas á materia, nesta actividade os alumnos poderán consultar en todo momento co profesor e utilizar as TIC
Simulación Elaboración de documentos de carácter xurídico como por exemplo unha solicitude perante o Rexistro Civil (cambio de nome e apelidos, nacionalidade, cambio de sexo), a creación dunha persoa xurídica, demandas, recursos de apelación, etc no eido de materias propias da asignatura.
Proba de ensaio Método de evaluación consistente nunha proba escrita (examen).

Atención personalizada
Metodoloxías
Prácticas a través de TIC
Descrición
A atención personalizada relativa á metodoloxía e prácticas a través de TIC levarase a cabo conforme ao descrito no apartado Metodoloxías.
A atención personalizada xenérica consiste na tradicional tutoría mediante a cal o profesor ponse a disposición dos alumnos nun momento temporal concreto co obxecto de que estes poidan consultar ou solucionar calquera problema de xeito individualizado.
Así mesmo virtualmente o/a alumno/a poderá poñerse en contacto co profesor en calquera momento e formularlle preguntas ou concertar reunións e tutorías, cando sexan cuestións puntuais poderán ser solventadasonline pero sempre estará aberta a posiblidade do seu tratamento convencional e presencial. Non se atenderá correos que procedan dun dominio distinto da UDC
En relación aos/ás alumnos/as con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa de asistencia progamarase unha primeira xuntanza para concretar o cronograma do curso e as especialidades da modalidade na entrega de traballos, prazo, formato, etc

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas a través de TIC A9 A13 B13 C2 C3 C6 C8 Os traballos realizados polo alumno, logo de concluír as sesións presenciales serán entregados ou expostos na propia aula, segundo as circunstancias e, en todo caso, evaluados polo profesor tendo en conta basicamente a capacidade argumentativa demostrada e sobre todo a orixinalidade (a detección dun traballo plaxiado, en todo ou en parte, con ou sen permiso do titular da obra orixinal suporá automáticamente o suspenso na asignatura). 10
Simulación A1 A3 A6 A7 A12 B10 B11 B12 C1 C2 C7 Durante as sesións presenciales nos grupos reducidos os alumnos deberán expoñer os seus traballos a través dun portavoz, entregando ademais o orixinal escrito ao profesor. Ambos orixinal e intervención oral serán obxecto de avaliación. 10
Proba de ensaio B7 B9 B3 B4 C2 C4 Consistirá nunha proba escrita ao rematar o cuatrimestre.
A proba poderá consistir nun un exame de desenvolvemento, nun exame tipo test ou nun examen de preguntas cortas. A opción concreta será especificada polo responsable de cada grupo o primeiro día de clase na presentación da materia.
70
Estudo de casos A8 A10 A11 A13 A14 B6 B8 B3 C2 Os alumnos durante as sesións presenciais intervirán oralmente expoñendo a súa solución aos casos propostos debatendo, no seu caso, co profesor e os seus compañeiros. Os coñecementos, competencias e habilidades demostradas durante esta exposición serán obxecto de avaliación polo profesor. 10
 
Observacións avaliación

As calificacións obtidas durante o cuatrimestre a través
dos traballos (prácticas, simulacións, estudo de casos etc )
teránse en conta só cando o alumno asista ás clases con regularidade,
o que se traduce nunha asistencia mínima do 70% das clases en grupos reducidos. Os que non cumplan
con ese mínimo de presencialidade terán unicamente como cualificación a da
proba de ensaio. 

A devandita presencialidade non se terá en conta en
relación aos/ás alumnos/as a tempo parcial que solicitaran e lles fora concedida a dispensa de asistencia á clase (vid. normativa que regula o réxime de estudos a tempo parcial). Estes/as alumnos/as deberán poñerse en contacto para planificar o cronograma dos traballos que se levarán a cabo ao longo do cuadrirmestre.

No caso de que modelo de exame sexa de preguntas cortas,
si non se especifica presumirase que teñen todas o mesmo
valor. A cualificación de cero en duas das preguntas cortas suporá
o suspenso automático da asignatura. En todo caso para superar a materia deberá susperarse a proba escrita o que supón obter como mínimo 3.5 puntos na devandita proba.

No caso
de que o exame sexa de desenvolvemento se publicitará con antelación suficiente antes da súa realización o número de preguntas e o
valor de cada unha delas, de non determinarse presumirase que teñen un valor
idéntico. En todo caso deberá superarse a proba escrita obtendo como mínimo a cualificación de 3.5 puntos


Fontes de información
Bibliografía básica

Os manuais que se recollen a continuación son a tíu meramente de exemplo, o máis importante á hora de escoller un libro deste tipo é que esté ao día, sobre todo nos temas que foron obxecto de reforma recentemente.

ABALADEJO GARCÍA, M. Derecho civil. Introducción y parte general, Edti. Edisofer, Madrid, 2013

BERCOVITZ RODRÍGUEZ-CANO, R., Manual de derecho Civil. Derecho de la persona, Edit.Bercal, 2016

DÍEZ PICAZO, L Sistema de derecho civil. I. Edit.Tecnos, Madrid, 2016

MARTÍNEZ DE AGUIRRE, C., DE PABLO CONTRERAS, P.,PARRA LUCÁN, MªA.,  PÉREZ ÁLVAREZ, M., Curso de Derecho Civi, Tomo l.Volumen I Derecho de la persona, Edt. Edisofer, Madrid, 2016

LACRUZ BERDEJO, J.L., Elementos de derecho civil. Parte General, Edit.Dykinson, 2010

LASARTE ÁLVAREZ, C., Principios de Derecho Civil. Tomo I: Parte General y Derecho de la Persona, Edit.Dykinson, Madrid 2017

VVAA , Cuadernos prácticos Bolonia, Persona Cuaderno II La falta de capacidad. Instituciones protectoras,  Edti.Dykinson, Madrid, 2009

-Cuadernos prácticos Bolonia, Persona Cuaderno III La persona física y sus derechos, Edti.Dykinson, Madrid, 2009

Tamén é importante manexar un Código Civil da última edición (esperar pola de setembro 2020)

Bibliografía complementaria

Ao longo do curso cando se trate cada tema específico recomendaránse lecturas sobre o mesmo tanto de artigos de revistas como de monografías que se poden atopar na biblioteca do centro.


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario
Fundamentos romanísticos da cultura xurídica occidental/612G01001
Dereito Constitucional: Fontes e Dereitos/612G01003
Comunicación oral e escrita/612G01004
Teoría do Dereito/612G01006

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías