Datos Identificativos 2015/16
Asignatura (*) Organización constitucional do Estado Código 612G01009
Titulación
Grao en Dereito
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Dereito Público
Coordinación
Ruiperez y Alamillo, Javier
Correo electrónico
javier.ruiperez@udc.es
Profesorado
Aba Catoira, Ana Maria
Garcia Vazquez, Sonia
Ruiperez y Alamillo, Javier
Correo electrónico
ana.abac@udc.es
sonia.garcia.vazquez@udc.es
javier.ruiperez@udc.es
Web
Descrición xeral O estudo da materia "organización constitucional" ten o obxectivo de continuar facilitando ao futuro graduado en Dereito a formación necesaria para se desenvolver no ámbito xurídico da organización estatal. Coñecidos no primeiro cuatrimestre os contidos fundamentais da noción de Estado Constitucional, democrático, liberal e social de Dereito, a Constitución española de 1978 e a súa natureza, a súa función como fonte do Dereito así como a parte dogmática (dereitos fundamentais) da mesma, compre agora analisar a estrutura territorial do Estado español, estudando a forma de Estado –politicamente descentralizado- que se organiza en tres instancias territoriais fundamentais: a organización política central, as Comunidades Autónomas e os entes locais, as relacións entre estas –con especial referencia aos litixios constitucionais de defensa da autonomía de cada unha delas-, ofrecendo unha visión de conxunto da dinámica propia dos modelos descentralizados ou federais.
Asemade, neste curso estudase o conxunto de órganos constitucionais que plasman a división horizontal de poderes establecida na Constitución española, isto é, as Cortes Xerais (Poder Lexislativo), o Goberno da Nación e a Administración Pública (Poder Executivo) e os xulgados e Tribunais e o Consello Xeral do Poder Xudicial (Poder Xudicial) e o Tribunal Constitucional.

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Coñecemento das principais institucións xurídicas.
A2 Coñecer a función do Dereito como sistema regulador das relacións sociais.
A3 Percepción do carácter sistemático do ordenamento xurídico.
A5 Coñecemento dos principios e valores constitucionais.
A7 Coñecemento das estruturas xurídico-políticas de ámbito nacional e internacional.
A8 Coñecementos básicos de argumentación xurídica.
A9 Capacidade para o manexo de fontes xurídicas (legais, xurisprudenciais e doutrinais).
A10 Capacidade de interpretar e analizar críticamente o ordenamento xurídico.
A11 Capacidade de comprender e de redactar documentos xurídicos.
B2 Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo
B3 Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
B7 Resolver problemas de forma efectiva, valorando a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.
B8 Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo, entendendo, tamén, a importancia da cultura emprendedora.
B10 Traballar de forma colaborativa.
B11 Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán e como profesional.
B13 Capacidade para utilizar a rede informática (internet) na obtención de información e na comunicación de datos e, en xeral, capacidade para empregar as ferramentas básicas das TIC necesarias para o exercicio da súa profesión.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecemento das estruturas xurídico-políticas de ámbito nacional e internacional A1
A7
B8
B11
B2
B3
C6
C7
Coñecer a función do Dereito como sistema regulador das relacións sociais. A2
A5
Coñecemento dos principios e valores constitucionais. A5
Percepción do carácter sistemático do ordenamento xurídico. A3
Coñecementos básicos de argumentación xurídica. A8
Capacidade de interpretar e analizar críticamente o ordenamento xurídico. A10
Capacidade de comprender e de redactar documentos xurídicos A11
Capacidade para o manexo de fontes xurídicas (legais, xurisprudenciais e doutrinais). A9
Resolver problemas de forma efectiva, valorando a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade. B7
Traballar de forma colaborativa B10
Capacidade para utilizar a rede informática (internet) na obtención de información e na comunicación de datos e, en xeral, capacidade para empregar as ferramentas básicas das TIC necesarias para o exercicio da súa profesión. B13
Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. C4

Contidos
Temas Subtemas
TEMA 1: A DIVISIÓN DE PODERES NUN ESTADO DE DEREITO.

1) Formulación e significado actual.

TEMA 2: A COROA.

1) A forma política do Estado: a monarquía parlamentaria. 2) A figura e posición do Rei como Xefe do Estado. Estatuto persoal: inviolabilidade e irresponsabilidade. 3) Importancia que outorga a Constitución española á institución monárquica. Legitimación da monarquía. 4) A sucesión na Coroa. A figura da Princesa herdeira. A Regencia. 5) As facultades e funcións do Rei. 6) O referendo dos actos do Rei.

TEMA 3: O PODER LEXISLATIVO. CORTES XERAIS I.

1) A orixe histórica do Parlamento e a súa organización: sistemas monocamerales e bicamerales. 2) O bicameralismo imperfecto. Sistemas electorais. A composición das Cámaras parlamentarias en España: Congreso dos Deputados e Senado.

TEMA 4: A PARTICIPACIÓN POLÍTICA E O ACCESO A CARGOS PÚBLICOS.

1) Introdución. 2) A participación política. 2a) Soberanía nacional e soberanía popular. 2b) A democracia representativa. 2c) Titular ou suxeito da participación representativa. 2d) Contido do dereito. 3) O dereito de sufraxio activo e pasivo. 4) O dereito de acceso a funcións e cargos públicos. 5) As formas de participación directa dos cidadáns. 5a) Iniciativa lexislativa popular. 5b) Referendo: concepto e tipos.

TEMA 5: Os PARTIDOS POLÍTICOS.

1) A constitucionalización dos partidos políticos. 2) Concepto e natureza dos partidos. 3) Funcións dos partidos políticos na Constitución. 4) A articulación xurídica dos partidos. A Lei de partidos (L.Ou. 6/2002, de 27 de xuño)

TEMA 6: O PODER LEXISLATIVO. CORTES XERAIS II.

1) A organización interna do Parlamento. 2) O estatuto xurídico dos parlamentarios. 2a) O mandato parlamentario. 2b) Incompatibilidades. 2c) Prerrogativas dos parlamentarios: inviolabilidade, inmunidade e foro especial.

TEMA 7: O PODER LEXISLATIVO. CORTES XERAIS III.

1) Funcións do Parlamento: 1a) A función representativa: o Parlamento como órgano de representación política. 1b) A función financeira e orzamentaria. 1c) A función de impulso e dirección política. 1d) A función de control: as relacións entre o Parlamento e o Goberno: a) Preguntas, interpelacións e comparecencias. b) Comisións parlamentarias de investigación. c) A cuestión de confianza. d) A moción de censura. e) A disolución das Cámaras. 2) Os órganos auxiliares do Parlamento: Tribunal de Contas e Defensor do Pobo.

TEMA 8: O PODER EXECUTIVO. O GOBERNO E A ADMINISTRACIÓN.

1) Composición do Goberno. 2) A Presidencia do Goberno e o procedemento de investidura. 3) As funcións do Goberno. 4) O estatuto xurídico dos membros do Goberno. 5) O Goberno e a Administración Pública: principios organizativos e de funcionamento.

TEMA 9: O PODER XUDICIAL I.

1) O significado constitucional da función xudicial. 2) Os principios organizativos e de funcionamento do Poder Xudicial. 3) A estrutura do Poder Xudicial e a posición constitucional do Tribunal Supremo. 4) O estatuto xurídico dos xuíces. 4a) A independencia e a inamovilidad xudicial. 4b) Prohibicións e incompatibilidades.

TEMA 10: O PODER XUDICIAL II.

1) O Consello Xeral do Poder Xudicial. 1a) Composición, estrutura e funcionamento. 1b) Funcións. 2) A participación dos cidadáns na Administración de Xustiza: O Tribunal do Xurado. 3) O Ministerio Fiscal como órgano independente.

TEMA 11: A XURISDICIÓN CONSTITUCIONAL. O TRIBUNAL CONSTITUCIONAL ESPAÑOL I.

1) A xurisdición constitucional. Antecedentes históricos. 2) O Tribunal Constitucional español: Natureza. 3) Composición e organización do Tribunal Constitucional español.

TEMA 12: O TRIBUNAL CONSTITUCIONAL.
FUNCIÓNS (art. 161 CE).

1) O control de constitucionalidade das normas. 1a) Os modelos ou sistemas de control de constitucionalidade (americano-difuso vs. europeo-concentrado). 1b) O recurso de inconstitucionalidade. 1c) A cuestión de inconstitucionalidade. 2) A garantía dos dereitos fundamentais e liberdades públicas (arts. 14-29 30.2 CE). 3) Os conflitos territoriais. 3a) Conflitos entre o Estado e as Comunidades Autónomas (positivos ou negativos). 3b) Conflitos das Comunidades autónomas entre si (positivos ou negativos). 3c) Conflitos en defensa da autonomía local. 4) Os conflitos entre órganos constitucionais do Estado. 5) O control preventivo dos tratados internacionais.

TEMA 13: A ORGANIZACIÓN TERRITORIAL DO ESTADO.

1) A indefinición do modelo de Estado: O Estado das Autonomías. 2) A autonomía de nacionalidades e rexións: O artigo 2 CE. 3) O proceso de formación das Comunidades Autónomas. O principio dispositivo como criterio constitucional para a distribución territorial do poder. 4) As Comunidades Autónomas: organización interna e competencias. A distribución de competencias entre o Estado e as Comunidades Autónomas. 5) Os entes territoriais. 6) Algunhas reflexións sobre as reformas estatutarias.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Actividades iniciais A1 A2 A3 A5 A7 A8 A9 A10 A11 B7 B8 B10 B11 B13 B2 B3 C4 C6 C7 1 1 2
Sesión maxistral A1 A2 A3 A5 A7 A8 21 42 63
Seminario B7 B8 B10 11 22 33
Estudo de casos B7 B8 B10 B2 B3 10 10 20
Análise de fontes documentais A9 A10 A11 3 6 9
Discusión dirixida A11 B7 B2 B3 3 3 6
Lecturas A1 A2 A3 A5 A7 3 0 3
Proba obxectiva B2 B3 0 0 0
Proba oral B7 B8 B3 0 0 0
Traballos tutelados A9 A11 B7 B3 7 7 14
 
Atención personalizada 0 0
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais El primer día de clase, cada uno de los profesores responsables de los diferentes grupos procederá a explicar a sus alumnos/as la estructura de la guía docente personalizada, así como las materias concretas objeto de estudio, la distribución aproximada del cronograma y las fuentes documentales más útiles para seguir el curso académico.
Sesión maxistral Las sesiones magistrales constituirán la base teórica que facilite los conocimientos esenciales al alumno sobre la materia
Seminario Los seminarios son sesiones de trabajo con un perfil teórico-práctico especializadas en un tema concreto.
Estudo de casos Estudio de casos prácticos, análisis de textos jurídicos o de jurisprudencia que los docentes planteen a los alumnos/as. Esta actividad podrá ser presencial o no presencial.
Análise de fontes documentais Estudiar o comentar documentos jurídicos, documentos doctrinales o jurisprudencia del Tribunal Constitucional, Tribunal Europeo de Derechos Humanos, etc...
Discusión dirixida Esta actividad será realizada de modo presencial y consistirá en la puesta en común de opiniones sobre una materia, o bien, en la resolución común de problemas actuales que estén directamente relacionados con el objeto de estudio
Lecturas Lecturas en sesiones presenciales o no presenciales
Proba obxectiva Examen final y, en su caso, examen parcial (si así lo establece el profesor encargado de ese grupo).

Durante la primera semana lectiva del cuatrimestre, el profesor responsable del grupo también pondrá de manifiesto los mecanismos concretos de evaluación que serán empleados durante el cuatrimestre.
Proba oral Posibilidad de prueba final o parcial oral (se establecerá por cada profesor)
Traballos tutelados Los profesores de las diferentes materias integradas en el Módulo podrán sugerir el desarrollo de trabajos individuales o por grupos sobre un tema concreto.

Dichos trabajos podrán influir positivamente, en su caso, en la evaluación global del cuatrimestre.

Atención personalizada
Metodoloxías
Descrición


Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Sesión maxistral A1 A2 A3 A5 A7 A8 0
Actividades iniciais A1 A2 A3 A5 A7 A8 A9 A10 A11 B7 B8 B10 B11 B13 B2 B3 C4 C6 C7 0
Seminario B7 B8 B10 0
Estudo de casos B7 B8 B10 B2 B3 0
Análise de fontes documentais A9 A10 A11 Lecturas / Estudio de Casos / Discusión dirigida / Trabajos prácticos individuales o colectivos 20
Discusión dirixida A11 B7 B2 B3 0
Lecturas A1 A2 A3 A5 A7 0
Proba obxectiva B2 B3 Prueba objetiva: oral, escrita o tipo test 80
Proba oral B7 B8 B3 0
Traballos tutelados A9 A11 B7 B3 0
 
Observacións avaliación


Fontes de información
Bibliografía básica
  • José Antonio Portero Molina, Constitución y jurisprudencia constitucional, Tirant lo Blanch, Valencia, 2005.
  • Balaguer Callejón, Francisco (Coordinador), Manual de Derecho Constitucional, Tecnos, Madrid, 2005. Volumen I y II.
  • Alzaga Villaamil, Derecho Político Español según la Constitución de 1978 (2 vols),CERA, Madrid, 2007 y 2008
Bibliografía complementaria

· José Antonio Portero Molina, “Contribución al debate sobre la reforma del Senado”, Revista de Estudios Políticos, n.º 87 (1995), págs. 81-105.

· Javier Ruipérez, La protección constitucional de la autonomía, Tecnos, Madrid, 1993

. Javier Ruipérez, Constitución y Autodeterminación, Tecnos, Madrid, 1995

. Javier Ruipérez, El constitucionalismo democrático en los tiempos de la globalización, UNAM, México, 2005

· Santiago Roura Gómez, Federalismo y Justicia Constitucional. El Tribunal Constitucional y las Comunidades Autónomas, Biblioteca Nueva, Madrid, 2003

Santiago Roura y Javier Tajadura (Dir.), La reforma constitucional, Bilioteca Nueva, Madrid, 2005.

· Sonia Garcìa Vàzquez, La controvertida reforma de la Ley Orgànica del Tribunal Constitucional, Andavira, A Coruña, 2009.

· Francisco Tomás y Valiente, El reparto competencial en la jurisprudencia del Tribunal Constitucional, Tecnos, Madrid, 1998.






Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Constitución e poder xudicial/612G01014
Dereito da Unión Europea/612G01021
Dereito Público Autonómico/612G01030

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Comunicación oral e escrita/612G01004

Materias que continúan o temario
Dereito Constitucional: Fontes e Dereitos/612G01003

Observacións



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías