Datos Identificativos 2023/24
Asignatura (*) Organización constitucional do Estado Código 612G01009
Titulación
Grao en Dereito
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
1º e 2º Ciclo 2º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Dereito Público
Coordinación
Fernández Gómez, Martín
Correo electrónico
martin.fgomez@udc.es
Profesorado
Fernández Gómez, Martín
Ruiperez y Alamillo, Javier
Vázquez Fernández, María del Rosario
Correo electrónico
martin.fgomez@udc.es
javier.ruiperez@udc.es
r.vazquez.fernandez@udc.es
Web
Descrición xeral O estudo da materia "organización constitucional" ten o obxectivo de continuar facilitando ao futuro graduado en Dereito a formación necesaria para se desenvolver no ámbito xurídico da organización estatal. Coñecidos no primeiro cuatrimestre os contidos fundamentais da noción de Estado Constitucional, democrático, liberal e social de Dereito, a Constitución española de 1978 e a súa natureza, a súa función como fonte do Dereito así como a parte dogmática (dereitos fundamentais) da mesma, compre agora analisar a estrutura territorial do Estado español, estudando a forma de Estado –politicamente descentralizado- que se organiza en tres instancias territoriais fundamentais: a organización política central, as Comunidades Autónomas e os entes locais, as relacións entre estas –con especial referencia aos litixios constitucionais de defensa da autonomía de cada unha delas-, ofrecendo unha visión de conxunto da dinámica propia dos modelos descentralizados ou federais.
Asemade, neste curso estudase o conxunto de órganos constitucionais que plasman a división horizontal de poderes establecida na Constitución española, isto é, as Cortes Xerais (Poder Lexislativo), o Goberno da Nación e a Administración Pública (Poder Executivo) e os xulgados e Tribunais e o Consello Xeral do Poder Xudicial (Poder Xudicial) e o Tribunal Constitucional.

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Coñecemento das principais institucións xurídicas.
A2 Coñecer a función do Dereito como sistema regulador das relacións sociais.
A3 Percepción do carácter sistemático do ordenamento xurídico.
A5 Coñecemento dos principios e valores constitucionais.
A7 Coñecemento das estruturas xurídico-políticas de ámbito nacional e internacional.
A8 Coñecementos básicos de argumentación xurídica.
A9 Capacidade para o manexo de fontes xurídicas (legais, xurisprudenciais e doutrinais).
A10 Capacidade de interpretar e analizar críticamente o ordenamento xurídico.
A11 Capacidade de comprender e de redactar documentos xurídicos.
B2 Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo
B3 Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
B7 Resolver problemas de forma efectiva, valorando a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.
B8 Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo, entendendo, tamén, a importancia da cultura emprendedora.
B10 Traballar de forma colaborativa.
B11 Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán e como profesional.
B13 Capacidade para utilizar a rede informática (internet) na obtención de información e na comunicación de datos e, en xeral, capacidade para empregar as ferramentas básicas das TIC necesarias para o exercicio da súa profesión.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecemento das estruturas xurídico-políticas de ámbito nacional e internacional A1
A7
B8
B11
B2
B3
C6
C7
Coñecer a función do Dereito como sistema regulador das relacións sociais. A2
A5
Coñecemento dos principios e valores constitucionais. A5
Percepción do carácter sistemático do ordenamento xurídico. A3
Coñecementos básicos de argumentación xurídica. A8
Capacidade de interpretar e analizar críticamente o ordenamento xurídico. A10
Capacidade de comprender e de redactar documentos xurídicos A11
Capacidade para o manexo de fontes xurídicas (legais, xurisprudenciais e doutrinais). A9
Resolver problemas de forma efectiva, valorando a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade. B7
Traballar de forma colaborativa B10
Capacidade para utilizar a rede informática (internet) na obtención de información e na comunicación de datos e, en xeral, capacidade para empregar as ferramentas básicas das TIC necesarias para o exercicio da súa profesión. B13
Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. C4

Contidos
Temas Subtemas
TEMA 1: A DIVISIÓN DO PODER NUN ESTADO DE DEREITO 1) Contexto histórico 2) Formulación constitucional e significado actual.
TEMA 2: A XEFATURA DO ESTADO 1) A monarquía parlamentaria 2) A Corona
TEMA 3: CORTES XERAIS (I) 1) Sistemas electorais 2) O procedemiento electoral en España 3) Representación política. O papel dos partidos políticos
TEMA 4: CORTES XERAIS (II) 1) Sistemas bicameraisS 2) Congreso dos Diputados e Senado 3) Organización, Funcións, Autonomía das cámaras
TEMA 5: CORTES XERAIS (III) 1) Suxeitos parlamentarios: parlamentario individual e grupos parlamentarios 2) Prerrogativas dos parlamentarios 3) Órganos parlamentarios
TEMA 6: O PODER EXECUTIVO. O GOBERNO 1) Elección, control e cese do goberno 2) o presidente do goberno 3) O gobierno como órgano 4) Funcións e prerrogativas 5) O goberno en funcións
TEMA 7: O PODER XUDICIAL 1) O poder de xuzgar e faccer executar o xuzgado. 2) o tribunal do xurado. 3) o Consello Xeneral do Poder Xudicial
TEMA 8: O TRIBUNAL CONSTITUCIONAL 1) A dificultade contramaioritaria. Modelos de xustiza constitucional 2) A elección de maxistrados 3) Recurso de inconstitucionalidade 4) Cuestión de inconstitucionalidade 5) Recurso de amparo 6) Conflictos ante o Tribunal Constitucional (de competencias; de atribucións e en defensa da autonomía local)
TEMA 9: ORGANIZACIÓN TERRITORIAL DO ESTADO 1) Os distintos níveis de goberno: local, autonómico y xeral do estado 2) Dereito de acceso a autonomía das nacionalidades e rexións. 3) Constitución e Estatuto de Autonomía 4) Diferencias entre autonomía local e a autonomía política das Comunidades Autónomas
5) A distribución de competencias no estado autonómico

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Actividades iniciais A1 A2 A3 A5 A7 A8 A9 A10 A11 B7 B8 B10 B11 B13 B2 B3 C4 C6 C7 1 1 2
Sesión maxistral A1 A2 A3 A5 A7 A8 19 38 57
Seminario B7 B8 B10 11 22 33
Estudo de casos B7 B8 B10 B2 B3 10 10 20
Análise de fontes documentais A9 A10 A11 3 6 9
Discusión dirixida A11 B7 B2 B3 3 3 6
Lecturas A1 A2 A3 A5 A7 3 0 3
Proba obxectiva B2 B3 1 0 1
Proba oral B7 B8 B3 1 0 1
Traballos tutelados A9 A11 B7 B3 7 7 14
 
Atención personalizada 4 0 4
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais O primeiro día de clase, cada un dos profesores responsables dos diferentes grupos procederá a explicar aos seus alumnos/ as a estrutura da guía docente personalizada, así como as materias concretas obxecto de estudo, a distribución aproximada do cronograma e as fontes documentais máis útiles para seguir o curso académico.
Sesión maxistral As sesións maxistrais constituirán a base teórica que facilite os coñecementos esenciais ao alumno sobre a materia
Seminario Os seminarios son sesións de traballo cun perfil teórico-práctico especializadas nun tema concreto.
Estudo de casos Estudo de casos prácticos, análises de textos xurídicos ou de xurisprudencia que os docentes expoñan aos alumnos/ as. Esta actividade poderá ser presencial ou non presencial.
Análise de fontes documentais Estudar ou comentar documentos xurídicos, documentos doctrinales ou xurisprudencia do Tribunal Constitucional, Tribunal Europeo de Dereitos Humanos, etc...
Discusión dirixida Esta actividade será realizada de modo presencial e consistirá na posta en común de opinións sobre unha materia, ou ben, na resolución común de problemas actuais que estean directamente relacionados co obxecto de estudo
Lecturas Lecturas en sesións presenciais ou non presenciais
Proba obxectiva Exame final e, no seu caso, exame parcial (se así o establece o profesor encargado dese grupo).
Durante a primeira semana lectiva do cuadrimestre, o profesor responsable do grupo tamén poñerá de manifesto os mecanismos concretos de avaliación que serán empregados durante o cuadrimestre.
Proba oral Posibilidade de proba final ou parcial oral (establecerase por cada profesor)
Traballos tutelados Os profesores das diferentes materias integradas no Módulo poderán suxerir o desenvolvemento de traballos individuais ou por grupos sobre un tema concreto.

Devanditos traballos poderán influír positivamente, no seu caso, na avaliación global do cuadrimestre.

Atención personalizada
Metodoloxías
Estudo de casos
Traballos tutelados
Descrición
A atención personalizada ao estudante non estará vinculada a só unha metodoloxía, senón que será constante. Neste sentido, tanto o contido das clases teóricas, como o estudo persoal do alumno, coma calquera das actividades que integran o curso contarán coa posibilidade dunha tutorización por parte do docente, co fin de que o estudante poida formular as súas dúbidas e dificultades e que o docente poida axustar as súas metodoloxías ás especificidades da persoa concreta.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Análise de fontes documentais A9 A10 A11 Lecturas / Estudo de Casos / Discusión dirixida / Traballos prácticos individuais ou colectivos 25
Proba obxectiva B2 B3 Prueba obxetiva: oral, escrita ou tipo test 75
 
Observacións avaliación


SITUACIÓN DOS ESTUDANTES CON
DEDICACIÓN OU DISPENSA A TEMPO PARCIAL:



 



Os estudantes con dedicación ou dispensa a
tempo parcial, é dicir, que solicitaran e lles fose concedida polo Decano da
Facultade de Dereito a exención de asistencia ás aulas presenciais (pódese
consultar a normativa que regula o réxime de estudos a tempo parcial), poderán
ser avaliados mediante unha proba obxectiva que representará o 100% da nota
final da materia, sen necesidade de que entreguen as prácticas ou actividades
interactivas. Non obstante, se o alumno desexa optar polo sistema de avaliación
continua, deberá facelo constar por escrito ao profesor e obter a súa
aprobación tamén por escrito.



 



SANCIÓN POR COPIA OU PLAXIO:



 



Calquera intento de copiar nos exames ou
plaxiar os traballos ou as prácticas pode ser penalizado cunha nota directa de
"SUSPENSO: 0 puntos", independentemente do desenvolvemento do resto
do exercicio ou exame.



 



PREVISIÓNS PARA A PRIMEIRA
OPORTUNIDADE:



 



Para aprobar o curso, os estudantes deberán
acadar unha nota mínima de 5 sobre 10 nas probas obxectivas. Así as cousas,
calcularase o 85% e engadiranse as puntuacións obtidas nas tarefas prácticas e
interactivas, no seu caso.



 



O tipo de exame será confirmado, con
antelación suficiente, por cada un dos profesores responsables aos seus alumnos
na aula. En todo caso, a tipoloxía e datas constarán no calendario oficial de exámenes aprobado na Xunta de Facultade.



 



PREVISIÓNS PARA A SEGUNDA
OPORTUNIDADE:



 



Para aprobar o curso, os estudantes deberán
acadar unha nota mínima de 5 sobre 10 puntos nas probas obxectivas. Así as
cousas, calcularase o 85% desa cualificación e engadiranse as puntuacións
obtidas nas tarefas prácticas e interactivas, no seu caso.



O tipo de exame será confirmado por cada un
dos profesores responsables de cada grupo aos seus alumnos na aula. En todo caso, a tipoloxía e datas constarán no calendario oficial de exámenes aprobado na Xunta de Facultade.



 



As cualificacións das actividades prácticas e
interactivas manteranse para a segunda oportunidade (xullo).



 



Como
regra xeral, non está permitida a recuperación de actividades prácticas para a
segunda oportunidade. Atendendo a circunstancias graves ou excepcionais
previstas na normativa e debidamente acreditadas, o persoal docente podería
permitir esta recuperación.

Fontes de información
Bibliografía básica
  • Alzaga Villaamil, Derecho Político Español según la Constitución de 1978 (2 vols),CERA, Madrid, 2007 y 2008
  • Balaguer Callejón, Francisco (Coordinador), Manual de Derecho Constitucional, Tecnos, Madrid, 2005. Volumen I y II.
  • Caamaño, Francisco, Jove, Daniel y Roura Gómez, Santiago (2019): Bases para el estudio del Derecho Constitucional. Organización Constitucional del Estado. Kindle, versiones online y papel.
  • Portero Molina, José Antonio, Constitución y jurisprudencia constitucional, Tirant lo Blanch, Valencia, 2005.
  • Ruipérez Alamillo, Javier, Reforma constitucional y supresión del Senado como Cámara territorial, Porrúa, Ciudad de México,2018.
  • Ruipérez Alamillo, Javier, División de competencias y forma territorial del Estado, Reus, Madrid, 2012.
Bibliografía complementaria

· José Antonio Portero Molina, “Contribución al debate sobre la reforma del Senado”, Revista de Estudios Políticos, n.º 87 (1995), págs. 81-105.

· Javier Ruipérez, La protección constitucional de la autonomía, Tecnos, Madrid, 1993

. Javier Ruipérez, Constitución y Autodeterminación, Tecnos, Madrid, 1995

. Javier Ruipérez, El constitucionalismo democrático en los tiempos de la globalización, UNAM, México, 2005

· Santiago Roura Gómez, Federalismo y Justicia Constitucional. El Tribunal Constitucional y las Comunidades Autónomas, Biblioteca Nueva, Madrid, 2003

Santiago Roura y Javier Tajadura (Dir.), La reforma constitucional, Bilioteca Nueva, Madrid, 2005.

· Sonia Garcìa Vàzquez, La controvertida reforma de la Ley Orgànica del Tribunal Constitucional, Andavira, A Coruña, 2009.

· Francisco Tomás y Valiente, El reparto competencial en la jurisprudencia del Tribunal Constitucional, Tecnos, Madrid, 1998.






Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Dereito Constitucional: Fontes e Dereitos/612G01003

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías