Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Dereito Penal. Parte xeral Código 612G01010
Titulación
Grao en Dereito
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Dereito Público
Coordinación
Ramos Vazquez, Jose Antonio
Correo electrónico
jose.ramos.vazquez@udc.es
Profesorado
Martínez-Buján Pérez, Carlos
Ramos Vazquez, Jose Antonio
Correo electrónico
c.martinez-bujan@udc.es
jose.ramos.vazquez@udc.es
Web
Descrición xeral Estudo da norma penal e da teoría xurídica do delito
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos
Non haberá

2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
Todas
*Metodoloxías docentes que se modifican
As sesións maxistrais e tódalas actividades formativas prácticas desenvolveranse por Teams.
A proba obxectiva pasará a realizarse por moodle, mantendo a súa estrutura.

3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
Os profesores da materia estarán dispoñibles polas canles habituais nestes casos: moodle, teams e email.
4. Modificacións na avaliación
Non hai.
*Observacións de avaliación:
Mantense o peso que a proba obxectiva terá no conxunto da cualificación global da materia.
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Non hai

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Coñecemento das principais institucións xurídicas.
A3 Percepción do carácter sistemático do ordenamento xurídico.
A8 Coñecementos básicos de argumentación xurídica.
A9 Capacidade para o manexo de fontes xurídicas (legais, xurisprudenciais e doutrinais).
A10 Capacidade de interpretar e analizar críticamente o ordenamento xurídico.
A11 Capacidade de comprender e de redactar documentos xurídicos.
A12 Manexo da oratoria xurídica. (Capacidade de expresarse apropiadamente en público).
A14 Capacidade de elaboración de normas.
B3 Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
B5 Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía
B8 Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo, entendendo, tamén, a importancia da cultura emprendedora.
B11 Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán e como profesional.
B12 Comunicarse de maneira efectiva nun entorno de traballo, amosando capacidade de expresión tanto oral como escrita en calquera das linguas oficiais da comunidade autónoma, así como nun idioma estranxeiro.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecer o papel do Dereito penal como medio formal de control social integrado nun ordenamento xurídico complexo A1
A3
A9
A11
A12
A14
B11
B12
B3
B5
C3
C4
C7
Coñecer a norma penal na súa estrutura interna, a súa interpretación e a súa aplicación tempo-espacial A8
Coñecer a infracción penal nos seus elementos constitutivos A10
Analizar uns feitos concretos e argumentar a existencia ou non de responsabilidade penal B8

Contidos
Temas Subtemas
TEMA 1 O DEREITO PENAL: CONCEPTO E FUNCIÓNS 1. Concepto de Dereito penal
2. Funcións do Dereito penal

TEMA 2: PRINCIPIOS INFORMADORES DO DEREITO PENAL 1. O principio de legalidade
2. O principio de proporcionalidade
3. O principio "ne bis in idem"
4. Outros principios
TEMA 3
FONTES DO DEREITO PENAL
1. A lei penal
2. O problema das leis penais en branco
3. ¿Outras fontes do Dereito penal?
TEMA 4
INTERPRETACIÓN DA NORMA PENAL
1. Concepto de interpretación
2. Tipos de interpretación
TEMA 5
APLICACIÓN DA NORMA PENAL NO ESPAZO E NO TEMPO
1. A retroactividade en Dereito penal
2. O principio de territorialidade da Lei penal
TEMA 6: TEORÍA XURÍDICA DO DELITO : PRANTEXAMENTO XERAL



1. MetodoloXía seguida
2. Estrutura da teoría Xurídica dO delito
TEMA 7: ACCIÓN E TIPICIDADE 1. O concepto de acción
2. O tipo penal
TEMA 8: EL PROBLEMA DA ADECUACIÓN A TIPO NOS DELITOS DE RESULTADO 1. Causalidade
2. Imputación obxectiva
TEMA 9
A ANTIXURIDICIDADE MATERIAL.
1. Concepto
2. O ben xurídico
TEMA 10
A OMISIÓN
1. Omisión propia
2. Omisión impropia
TEMA 11
A ANTIXURIDICIDADE FORMAL
1. Dolo e imprudencia
2. As causas de xustificación
TEMA 12
A CULPABILIDADE
1. Concepto de inculpabilidade
2. Causas de exclusión da culpabilidade
TEMA 13
A PUNIBILIDADE. OUTROS PRESUPOSTOS DA PENA ALLEOS Ó DELITO
1. Condiciones obxectivas de punibilidade

2. Causas personais de exclusión da pena
TEMA 14
O ITER CRIMINIS
1. Actos preparatorios punibles
2. A tentativa
TEMA 15
AUTORÍA E PARTICIPACIÓN
1. Autoría
2. Participación

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Discusión dirixida A3 A9 A11 A12 A14 B8 B11 B12 B3 B5 C3 C4 C7 10 0 10
Aprendizaxe colaborativa A10 10 0 10
Estudo de casos A1 10 10 20
Eventos científicos e/ou divulgativos A8 10 0 10
Lecturas A1 0 20 20
Presentación oral A10 1 10 11
Proba obxectiva A8 2 0 2
Proba oral B8 1 0 1
Saídas de campo A1 5 0 5
Sesión maxistral B8 21 0 21
Solución de problemas B8 5 0 5
Análise de fontes documentais B8 5 0 5
Traballos tutelados B8 2 18 20
 
Atención personalizada 10 0 10
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Discusión dirixida Nas clases prácticas, o docente organizará debates sobre temas penais de actualidade.
Aprendizaxe colaborativa Os estudantes traballarán en grupo diversos temas, debendo mostrarse activos e colaboradores cos compañeiros do seu grupo.
Estudo de casos A praxe é un dos elementos clave da nosa disciplina. Por el, a formulación e resolución de casos prácticos en clase será un dos elementos basilares do desenvolvemento da docencia.
Eventos científicos e/ou divulgativos Ao longo do curso, a Área organizará diversas xornadas, conferencias, etc. sobre temas de interese para o estudante, complementándose así a súa formación.
Lecturas Ao longo do curso poderá proxectarse un filme, que será a base para a análise dalgunhas cuestións penais básicas.
Presentación oral A lo largo del curso, los estudiantes deberán presentar ante sus compañeros las conclusiones del trabajo tutelado al que se hace referencia infra.
Proba obxectiva Formulación de preguntas acerca dos temas do programa da materia
Proba oral Non haberá proba oral.
Saídas de campo Organizaranse visitas aos diversos xulgados e tribunais da cidade, co fin de que o estudante poida ver in situ o desenvolvemento da praxe xudicial.
Sesión maxistral Tendo en conta que o programa vén dividido en 21 leccións, a metodoloxía docente discorrerá do seguinte modo: a cada lección corresponderalle unha hora teórica na que -mediante o sistema de lección maxistral- o docente introducirá o estudante nos aspectos básicos de cada tema. Como soporte ás súas explicacións, o docente poderá proporcionar materiais (sentenzas, extractos de obras doutrinais...) e, eventualmente, un esquema-guía cos puntos clave do desenvolvemento da súa explicación. En todo caso, a explicación do docente deberá ser complementada polo estudante tanto cos materiais que lle fosen proporcionados ao efecto como pola consulta dos manuais que aparecen na bibliografía recomendada.
Solución de problemas O docente formulará tanto nas horas teóricas coma nas prácticas problemas conceptuais de certo calado, debendo o alumno, apoiado polos materiais ofrecidos e o razoamento xurídico, ofrecer posibles solucións (en todo caso, sempre deberán ser fundamentadas e razoadas).
Análise de fontes documentais Análise das principais fontes de Dereito penal
Traballos tutelados Ao longo do curso, o docente poderá tutorizar traballos sobre aspectos particularmente interesantes do programa co fin de que o estudante adquira certas nocións de como se investiga nas disciplinas xurídicas, manexo de bibliografía etc.
As conclusións do devandito traballo deberán ser presentadas ante os seus compañeiros, fomentándose así o intercambio de ideas.

Atención personalizada
Metodoloxías
Sesión maxistral
Descrición
A atención personalizada ao estudante non estará vinculada a só unha metodoloxía, senón que será constante. Neste sentido, tanto o contido das clases teóricas, como o estudo persoal do alumno, coma calquera das actividades que integran o curso contarán coa posibilidade dunha tutorización por parte do docente, co fin de que o estudante poida formular as súas dúbidas e dificultades e que o docente poida axustar as súas metodoloxías ás especificidades da persoa concreta. Para estes efectos, o estudante poderá contar con atención personalizada (sempre, loxicamente, dun modo organizado) tanto nas horas lectivas coma nos horarios de titorías.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Estudo de casos A1 Análise de casos reais 30
Proba obxectiva A8 Examen teórico práctico sobre a materia 70
 
Observacións avaliación

Ao longo de curso avaliaranse os coñecementos prácticos e teóricos do alumno. Para iso establécese o seguinte sistema de avaliación. As probas oficiais de maio e xullo terán un valor máximo de 7 puntos sobre 10 en ambos os dous casos. As probas oficiais realizaranse na data estipulada no calendario de exames aprobado por Xunta de Facultade. Poderán realizarse examéns parciais ao longo do curso, cuxa nota se ponderará coa dos exames finais de maio e xuño. As distintas actividades que se realicen ao longo do curso, antes das probas de maio e xullo, terán un valor de ata 3 puntos. O alumno superará a materia en 1ª oportunidade cando sumadas as notas sobre 3 (das actividades realizadas ao longo do curso) e a obtida na proba de maio se alcance o mínimo de 5 puntos sobre 10 sempre que se alcanzase polo menos  3,5 puntos sobre 7 no exame oficial. De non superar a materia en 1ª oportunidade, a nota alcanzada nas actividades realizadas ao longo do curso resérvanse para a súa suma á nota que se obteña na proba de mes de xullo. O alumno superará, polo tanto, a materia en 2ª oportunidade cando sumadas as notas sobre 3 (das actividades realizadas ao longo do curso) e a obtida na proba de xullo se alcance o mínimo de 5 puntos sobre 10, sempre que se alcanzase polo menos 3,5 puntos sobre 7 no exame oficial. As notas alcanzadas coas actividades que se realicen ao longo do curso só serán tidas en conta se o alumno se presenta ás probas oficiais de maio ou xullo. Só así procederase á súa suma para os efectos de cualificación. Tanto as probas de maio e xullo coma as actividades que se realicen ao longo do curso poderán adoptar formas diversas, isto é, actividades tipo test, pregunta curta, pregunta longa, etc.

No caso de que o estudante teña dispensa de asistencia a clase concedida pola comisión de docencia, a súa avaliación realizarase exclusivamente a través do exame, que terá un valor do 100% da materia.


Fontes de información
Bibliografía básica ORTS BERENGUER, E./GONZÁLEZ CUSSAC, J.L. (2019). Compendio de Derecho Penal (Parte General y Parte Especial). Valencia. Tirant Lo Blanch
DÍEZ RIPOLLÉS, J. L. (2016). Derecho Penal Español Parte General . Valencia. Tirant lo Blanch
MIR PUIG, S. (2015). Derecho penal. parte general.

Bibliografía complementaria QUINTERO OLIVARES, G. (2011 ). Comentarios al Código penal español. Cizur Menor. Thomson Aranzadi
ZUGALDÍA ESPINAR, J.M. et al. (2010). Fundamentos de Derecho penal. Parte general . Valencia. Tirant Lo Blanch
CRIMIMEDIA (). http://crimimedia.uab.cat/index.php?option=com_content&task=view&id=13&Itemid=28.
CRIMINET (). http://criminet.ugr.es/.
CONGRESO DE LOS DIPUTADOS (). http://www.congreso.es.
ECRIM Criminalidade e Xustiza Penal no século XXI (). http://www.ecrim.es.
MINISTERIO DE JUSTICIA (). http://www.mjusticia.es.
ASOCIACIÓN INTERNACIONAL DE DERECHO PENAL (). http://www.penal.org/new/index.php?langage=es.
CONSEJO GENERAL DEL PODER JUDICIAL (). http://www.poderjudicial.es.
TRIBUNAL CONSTITUCIONAL (). http://www.tribunalconstitucional.es.
ÁREA DERECHO PENAL. UPF (). http://www.upf.edu/bibtic/es/dret/penal.html.


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Dereito Constitucional: Fontes e Dereitos/612G01003
Comunicación oral e escrita/612G01004

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Teoría do Dereito/612G01006
Organización constitucional do Estado/612G01009
Teoría e práctica da argumentación xurídica/612G01041

Materias que continúan o temario
Dereito Sancionador/612G01020
Dereito Penal. Parte especial/612G01025
Traballo fin de Grao/612G01031
Criminoloxía/612G01038
Dereito Penitenciario/612G01039
Prácticas externas/612G01048

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías