Datos Identificativos 2019/20
Asignatura (*) Dereito da Empresa Código 612G01011
Titulación
Grao en Dereito
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Segundo Formación básica 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Dereito Privado
Coordinación
Vazquez Pena, Manuel Jose
Correo electrónico
manuel.jose.vazquez.pena@udc.es
Profesorado
Cachafeiro Garcia, Fernando
Vazquez Pena, Manuel Jose
Correo electrónico
fernando.garcia@udc.es
manuel.jose.vazquez.pena@udc.es
Web
Descrición xeral Nesta asignatura analízanse, en primeiro lugar, os elementos esenciais do Dereito Mercantil. Non soamente se estudan o concepto e as fontes desta disciplina, senon tamén ó estatuto xurídico da empresa, do empresario, a súa contabilidade, a súa necesaria publicidade legal, así como o réxime xurídico dos seus colaboradores. Nunha segunda parte, nesta asignatura examínase o Dereito da Propiedade Intelectual e da Competencia. En particular, estúdanse os diferentes dereitos sobre creacións industriais, os signos distintivos, o Dereito de Autor e dereitos afíns, a libre competencia e, finalmente, a competencia desleal e a publicidade comercial ou económica.

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Coñecemento das principais institucións xurídicas.
A2 Coñecer a función do Dereito como sistema regulador das relacións sociais.
A3 Percepción do carácter sistemático do ordenamento xurídico.
A4 Percepción do carácter interdisciplinar dos problemas xurídicos.
A5 Coñecemento dos principios e valores constitucionais.
A6 Comprensión das distintas manifestacións do dereito na súa evolución histórica e na súa realidade actual.
A8 Coñecementos básicos de argumentación xurídica.
A9 Capacidade para o manexo de fontes xurídicas (legais, xurisprudenciais e doutrinais).
A10 Capacidade de interpretar e analizar críticamente o ordenamento xurídico.
A11 Capacidade de comprender e de redactar documentos xurídicos.
B2 Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo
B3 Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
B4 Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado
B5 Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía
B7 Resolver problemas de forma efectiva, valorando a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.
B8 Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo, entendendo, tamén, a importancia da cultura emprendedora.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C5 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecemento dos conceptos fundamentais do estatuto xurídico do empresario e dos problemas prácticos que o mesmo plantexa. A1
A2
A4
A8
A9
A10
A11
B7
B8
B2
B3
B5
C3
C4
C5
C6
C7
C8
Coñecemento dos conceptos fundamentais do estatuto xurídico da empresa e dos problemas prácticos que o mesmo plantexa. A1
A2
A4
A8
A9
A10
A11
B7
B8
B2
B3
B5
C3
C4
C5
C6
C7
C8
Destrezas básicas no funcionamento do Rexistro Mercantil. A1
A2
A9
A10
A11
B7
B8
B2
B3
B5
C3
C6
Coñecemento básico do réxime xurídico propio da contabilidade do empresario. A1
A4
A9
A10
B7
B8
B2
B3
B5
C3
Coñecemento do réxime xurídico dos distintos colaboradores do empresario e dos problemas prácticos que o mesmo plantexa. A1
A2
A8
A9
A10
A11
B7
B8
B2
B3
B5
C3
C5
Manexo adecuado das fontes do Dereito Mercantil. A1
A2
A3
A4
A6
A8
A9
A10
B7
B8
B2
B3
B5
C3
C4
C5
C7
Coñecemento do concepto e da evolución histórica do Dereito Mercantil. A1
A2
A3
A4
A5
A6
B8
C3
C4
C5
C7
Destrezas básicas na Teoría Xeral da Propiedade Intelectual e da Competencia. A1
A2
A3
A4
A5
A6
A10
B7
B8
B2
B3
B4
B5
C3
C4
C5
C7
Manexo adecuado das categorías xurídicas propias dos dereitos sobre creacións industriais. A1
A2
A3
A4
A6
A8
A9
A10
A11
B7
B8
B2
B3
B4
B5
C3
C4
C5
C6
C7
C8
Manexo adecuado das categorías xurídicas propias do dereito dos signos distintivos. A1
A2
A4
A6
A8
A9
A10
A11
B7
B8
B2
B3
B4
B5
C3
C4
C5
C6
C7
C8
Coñecemento do Dereito de Autor e dos dereitos afíns, así como dos problemas prácticos que plantexan. A1
A2
A4
A6
A8
A9
A10
A11
B7
B8
B2
B3
B4
B5
C3
C4
C5
C6
C7
C8
Manexo adecuado das categorías xurídicas propias do Dereito da Libre Competencia ou Dereito antitrust. A1
A2
A4
A6
A8
A9
A10
A11
B7
B8
B2
B3
B4
B5
C3
C4
C5
C6
C7
C8
Manexo adecuado das categorías xurídicas propias do Dereito da Competencia Desleal e da Publicidade Económica. A1
A2
A4
A6
A8
A9
A10
A11
B7
B8
B2
B3
B4
B5
C3
C4
C5
C6
C7
C8

Contidos
Temas Subtemas
Lección 1.- Concepto e evolución histórica do Dereito Mercantil 1.- O concepto de Dereito Mercantil.
2.- O Dereito Mercantil como categoría histórica: Orixe e evolución.
3.- A codificación mercantil.
4.- O Dereito Mercantil contemporáneo.
Lección 2.- As fontes do Dereito Mercantil. 1.- Plantexamento xeral.
2.- A Lei mercantil.
3.- Os usos de comercio.
4.- O Dereito común.
Lección 3.- A empresa. 1.- O concepto de empresa.
2.- Problemática xeral da transmisión "inter vivos" da empresa.
3.- A compraventa da empresa.
4.- O arrendamento e o usufructo da empresa.
Lección 4.- O empresario. 1.- O concepto de empresario.
2.- Clases de empresarios.
3.- A responsabilidade do empresario.
4.- O empresario individual.
5.- O exercizo da actividade mercantil por persoa casada.
6.- O empresario persoa xurídica.
Lección 5.- O Rexistro Mercantil. 1.- Nocións fundamentais sobre o Rexistro Mercantil.
2.- Suxeitos e actos inscribibles.
3.- Os Rexistros Mercantís Territoriais e as súas funcións.
4.- O Rexistro Mercantil Central e as súas funcións.
Lección 6.- A contabilidade do empresario. 1.- Nocións introductorias.
2.- A contabilidade formal: O deber de contabilidade, o segredo contable e a contabilidade como medio de proba.
3.- A contabilidade material: As contas anuais, os principios contables e a auditoría de contas.
Lección 7.- A representación do empresario. 1.- Nocións introductorias.
2.- O apoderado xeral ou factor.
3.- Os apoderados singulares.
Lección 8.- Teoría xeral da Propiedade Intelectual e da Competencia. 1.- A Propiedade Intelectual e o Dereito da Competencia.
2.- Características do réxime da Propiedade Intelectual.
3.- Características do réxime do Dereito da Competencia.
4.- Modalidades.
Lección 9.- As patentes. 1.- A patente de invención: Concepto, natureza e clases.
2.- A regulación española das patentes de invención.
3.- O Dereito supranacional de patentes.
Lección 10.- Outras creacións industriais. 1.- O modelo de utilidade.
2.- O deseño industrial.
3.- Outras modalidades.
Lección 11.- As marcas. 1.- Concepto e funcións da marca.
2.- O nacemento do dereito sobre a marca: Prohibicións.
3.- Contido do dereito sobre a marca.
4.- Nulidade e caducidade da marca rexistrada.
5.- Marcas internacionais e marcas da Unión Europea.
Lección 12.- Outros signos distintivos. 1.- O nome comercial.
2.- As denominacións xeográficas dos productos.
3.- Os nomes de dominio.
Lección 13.- O Dereito de Autor. 1.- O dereito de autor de obras literarias, artísticas e científicas.
2.- Os dereitos afíns.
3.- A protección do dereito de autor.
Lección 14.- A libre competencia. 1.- Réxime xurídico da libre competencia: Regulación española e Dereito Comunitario.
2.- Acordos e prácticas concertadas. Abuso de posición dominante.
3.- Falseamento da competencia por actos desleais. Control das concentracións empresariais.
4.- Axudas públicas.
5.- Órganos e sancións.
Lección 15.- Competencia desleal e publicidade económica. 1.- A lealtade na concurrencia mercantil e a Lei de Competencia Desleal.
2.- A cláusula xeral de prohibición.
3.- Os actos de competencia desleal.
4.- A publicidade económica.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Estudo de casos A1 A2 A3 A4 A5 A6 A8 A9 A10 A11 B7 B8 B2 B3 B4 B5 C3 C4 C5 C6 C7 C8 26 0 26
Discusión dirixida A1 A2 A3 A4 A5 A6 A8 A9 A10 A11 B7 B8 B2 B3 B4 B5 C3 C4 C5 C6 C7 C8 16 0 16
Sesión maxistral A1 A2 A3 A4 A5 A6 A8 A9 A10 A11 C4 C5 C6 C7 28 0 28
Proba mixta A1 A2 A3 A4 A5 A6 A8 A9 A10 A11 B7 B8 B2 B3 B4 B5 C4 C5 C6 C7 2 40 42
Proba de ensaio A1 A2 A3 A4 A5 A6 A8 A9 A10 A11 B7 B8 B2 B3 B4 B5 C4 C5 C6 C7 2 12 14
 
Atención personalizada 24 0 24
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Estudo de casos Se analizarán sentenzas dos tribunais e, especialmente, se resolverán problemas xurídicos plantexados en supostos de feito concretos (casos prácticos).
Discusión dirixida O profesor plantexará en clase un problema xurídico e se procurará chegar á solución do mesmo cas intervencións dos alumnos.
Sesión maxistral Exposición oral de cada unha das leccións que integran os contidos da asignatura, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
Proba mixta Método de evaluación consistente nunha proba escrita (examen) que debe realizar individualmente cada alumno.
Proba de ensaio Ao longo do curso, cada certo tempo, os alumnos realizarán unha proba que terán que entregar ao profesor para a súa evaluación. A mesma servirá tamén para que os alumnos podan comprobar os seus avances na materia obxeto da asignatura.

Atención personalizada
Metodoloxías
Proba mixta
Descrición
A atención personalizada xenérica consiste na tradicional tutoría mediante a cal o profesor ponse a disposición dos alumnos nun momento temporal concreto, co obxeto de que éstes podan consultar ou solventar calquer problema con él de forma individualizada.

A atención personalizada na proba mixta ten lugar tras a súa evaluación. Na tradicional revisión, o profesor atenderá persoalmente ao alumno que o solicite, mostrándolle a proba xa realizada e explicándolle a corrección da mesma.

As MEDIDAS DE ATENCIÓN PERSONALIZADA ESPECÍFICAS PARA O ALUMNADO CON RECOÑECEMENTO DE DEDICACIÓN A TEMPO PARCIAL centraranse, sempre tendo en conta a disponibilidade do alumnado, en establecer opcións sustitutorias daquelas partes de avaliación que, por mor das súas especiais circunstancias, non poden ser plenamente desenvolvidas. Deste xeito, a avaliación continua do alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial non será exactamente a mesma ca dos alumnos con dedicación plena, sendo modulada e adaptada a cada caso concreto, en atención ás circunstancias personais de cada un.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba de ensaio A1 A2 A3 A4 A5 A6 A8 A9 A10 A11 B7 B8 B2 B3 B4 B5 C4 C5 C6 C7 Proba, de moi variada índole (test, análise xurisprudencial, estudo e análise xurídico de casos concretos, elaboración de contratos ou documentos, discusións dirixidas, etc.), que realizan os alumnos ao longo do curso para comprobar os coñecementos adquiridos. 30
Proba mixta A1 A2 A3 A4 A5 A6 A8 A9 A10 A11 B7 B8 B2 B3 B4 B5 C4 C5 C6 C7 Exame que combinará preguntas "tipo test" con preguntas de redacción, todas elas relacionadas con calquer materia incluida no programa de contidos da asignatura. 70
Estudo de casos A1 A2 A3 A4 A5 A6 A8 A9 A10 A11 B7 B8 B2 B3 B4 B5 C3 C4 C5 C6 C7 C8 Os alumnos durante as sesións presenciais intervirán oralmente expoñendo a súa solución aos casos propostos, debatendo, no seu caso, co profesor e cos seus compañeiros. 0
Discusión dirixida A1 A2 A3 A4 A5 A6 A8 A9 A10 A11 B7 B8 B2 B3 B4 B5 C3 C4 C5 C6 C7 C8 Os alumnos intervirán na discusión plantexada, tratando de mostrar os seus coñecementos e habilidades. 0
 
Observacións avaliación

IMPORTANTE: AS PROBAS DE ENSAIO, QUE PERMITEN A AVALIACIÓN CONTINUA DO ALUMNADO, SOAMENTE PODERÁN SER REALIZADAS POR AQUELES ALUMNOS QUE ASISTAN E PARTICIPEN REGULARMENTE NAS CLASES OU AULAS DA ASIGNATURA.

No caso do alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial terase en conta para a súa avaliación, de maneira obrigatoria, a proba mixta e as probas de ensaio. A proba mixta, como ocorre cos demáis estudantes, terá un valor do setenta por cento da nota final. No seu caso tamén as probas de ensaio
suporán o trinta por cento da nota final da asignatura. Mais neste último caso se terá en conta a disponibilidade do alumnado, poidéndose establecer datas sustitutorias daquelas inicialmente previstas para o resto do alumnado.


Fontes de información
Bibliografía básica Aurelio MENÉNDEZ & Ángel ROJO (directors) (Last edition). Lecciones de Derecho Mercantil, vol. I. Thomson Reuters

É absolutamente necesario manexar as Leis mercantís relativas aos contidos da asignatura.

Bibliografía complementaria BERCOVITZ RODRÍGUEZ-CANO, A. (Last edition). Apuntes de Derecho Mercantil. Aranzadi
JIMÉNEZ SANCHEZ, G. J./DÍAZ MORENO, A. (coordinators) (Last edition). Derecho Mercantil, vols. I y II. Marcial Pons
SÁNCHEZ CALERO, F./SÁNCHEZ-CALERO GUILARTE, J. (Last edition). Instituciones de Derecho Mercantil, t. I. Aranzadi
VICENT CHULIÁ, F. (Last edition). Introducción al Derecho Mercantil. Tirant lo Blanch
BROSETA PONT, M./MARTÍNEZ SANZ, F. (Last edition). Manual de Derecho Mercantil, t. I. Tecnos


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario
Dereito Mercantil: Dereito de sociedades e de títulos-valores/612G01022
Dereito Mercantil: Contratos empresariais. Dereito concursal e dereito marítimo/612G01035

Observacións

  É aconsellable o estudo continuo, e dende o inicio do curso, da asignatura.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías