Datos Identificativos 2022/23
Asignatura (*) Dereito de familia Código 612G01013
Titulación
Grao en Dereito
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
1º e 2º Ciclo 1º cuadrimestre
Segundo Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Dereito Privado
Coordinación
Rovira Sueiro, Maria Esther
Correo electrónico
maria.rovira@udc.es
Profesorado
Naveira Zarra, Maita María
Raposo Arceo, Juan Jesus
Rovira Sueiro, Maria Esther
Correo electrónico
maita.naveira@udc.es
juan.raposo.arceo@udc.es
maria.rovira@udc.es
Web
Descrición xeral A asignatura Dereito de Familia se ubica no primero cuadrimestre do segundo curso do grao en Dereito da Facultade de Dereito da Universidade de A Coruña. A localización de esta materia neste punto do plano de estudio concibese como unha proxeción específica no ámbito das relacións de familia dos coñecementos previamente adquiridos sobre o Dereito da persona en xeral. O Dereito de familia trata de acercar ao estudante á realidade social e xurídica da familia para que coñeza íntegramente a dimensión dos problemas que xurden nas relacións familiares e a resposta que ofrece o ordenamento xurídico dende a perspectiva dos dereitos e liberdades da persoa no marco do Estado Social que consagra a vixente Constitución española. Esta materia pretende fomentar as capacidades que permitan aos estudantes adquirir o coñecemento das principais solucións xurídicas, a súa lóxica interna e a técnica que se utiliza coa finalidade de situalos en condicións de resolver os conflictos e controversias que poidan xurdir no marco das relacións de familia. Para alcanzar os fines e obxectivos propostos nesta asignatura abordarase o estudo do matrimonio como regulación xurídica paradigmática das relacións de parella, hoxe extendida a persoas do mismo sexo, así como a diferencia entre os efectos personais e patrimoniais do matrimonio e o sentido das institucións relativas as crisis matrimoniais.Respecto a transformación do modelo tradicional de familia, se acercará ao estudante a análise doutras realidades familiares e o seu tratamento xurídico, diferenciando os argumentos de oportunidade política e os estrictamente xurídicos. En canto ás relacións paterno-filiais, se persigue que os estudantes asuman unha percepción real dos conflictos de intereses a que responden as normas que regulan esta materia, dende a perspectiva dos dereitos do menor e o seu interese preferente e prevalente. Se examinan igualmente neste contexto, as institucións de garda legal, as cuales se ubican nesta sede non solo polo remarcable carácter familiar que presentan, senón tamén para non recargar en exceso os contidos que se comprenden no primeiro curso de Dereito Civil relativo á persoa.

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Coñecemento das principais institucións xurídicas.
A2 Coñecer a función do Dereito como sistema regulador das relacións sociais.
A3 Percepción do carácter sistemático do ordenamento xurídico.
A4 Percepción do carácter interdisciplinar dos problemas xurídicos.
A5 Coñecemento dos principios e valores constitucionais.
A6 Comprensión das distintas manifestacións do dereito na súa evolución histórica e na súa realidade actual.
A7 Coñecemento das estruturas xurídico-políticas de ámbito nacional e internacional.
A8 Coñecementos básicos de argumentación xurídica.
A9 Capacidade para o manexo de fontes xurídicas (legais, xurisprudenciais e doutrinais).
A10 Capacidade de interpretar e analizar críticamente o ordenamento xurídico.
A11 Capacidade de comprender e de redactar documentos xurídicos.
A13 Dominio das novas tecnoloxías aplicadas ao dereito.
A14 Capacidade de elaboración de normas.
A15 Capacidade de negociación e mediación.
B2 Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo
B3 Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
B4 Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado
B5 Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía
B6 Aprender a aprender.
B7 Resolver problemas de forma efectiva, valorando a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.
B8 Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo, entendendo, tamén, a importancia da cultura emprendedora.
B9 Traballar de forma autónoma con iniciativa tendo en conta a importancia da aprendizaxe ao longo de toda a vida.
B10 Traballar de forma colaborativa.
B11 Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán e como profesional.
B13 Capacidade para utilizar a rede informática (internet) na obtención de información e na comunicación de datos e, en xeral, capacidade para empregar as ferramentas básicas das TIC necesarias para o exercicio da súa profesión.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecer a función do Dereito de Familia como sistema regulador das relacións familiares tanto no ámbito personal como patrimonial. A1
A2
A3
A4
A7
B6
B8
B9
B10
B2
B3
B5
Coñecer os dereitos, principios e valores constitucionais que resultan de aplicación á familia a ás relacións entre familiares. A1
A2
A3
A4
A5
A8
B6
B8
B9
B10
B2
B3
B5
Comprender a evolución social e xurídica do modelo de familia comparando a súa realidade histórica e actual. A1
A2
A3
A4
A5
A6
B6
B8
B9
B10
B2
B3
B5
C8
Manexar as leis, a xurisprudenza e a doctrina existente en materia de Dereito de Familia. A9
A14
B6
B10
Interpretar e analizar críticamente as normas integrantes do Dereito de Familia no seu correspondente entorno casuístico. A10
B4
C4
C7
Utilizar os métodos alternativos de solución de conflitos familiares. A8
A15
Resolver de xeito efetivo os conflitos de familia fomentando o mantemento das relacións intersubxetivas entre familiares. B7
Afrontar os conflitos de familia cumplindo coas exixencias éticas propias da profesión e asumindo a responsabilide derivada da actuación profesional. B11
Comprender e redactar os documentos xurídicos cuxo otorgamento exixen as relacións de familia. A11
Dominar as novas tecnoloxías aplicables ao Dereito de Familia. A13
B13

Contidos
Temas Subtemas
A FAMILIA E O DEREITO DE FAMILIA Composición da Familia
Dereito de Familia, Código e Constitución.
Caracteres do Dereito de Familia.
Evolución da Familia.
TEMA 2
A OBRIGA DE ALIMENTOS
Natureza e caracteres.
Suxeitos
Obxeto e contido
Nacemento e extinción
TEMA 3
O MATRIMONIO
Concepto e natureza
A evolución da regulación do matrimonio en España.
O matrimonio entre persoas do mesmo sexo.
A promesa de matrimonio.
As parellas de feito
TEMA 4
REQUISITOS DO MATRIMONIO
O expediente matrimonial.
A capacidade matrimonial.
O consentemento matrimonial.
A forma do matrimonio.
A inscrición do matrimonio no Rexistro Civil.
TEMA 5
OS EFECTOS DO MATRIMONIO
Os efectos personais e patrimoniais do matrimonio.
O principio de igualdade xurídica entre os cónxuxes.
Os deberes conxugais
O domicilio conxugal
TEMA 6
A NULIDADE E SEPARACIÓN
As crises matrimoniais
A nulidade do matrimonio
A separación matrimonial
A disolución do matrimonio. O divorcio.
A mediación familiar
TEMA 7
EFECTOS COMÚNS Á NULIDADE, SEPARACIÓN E DIVORCIO
Medidas previas á presentación da demanda
Medidas provisionais derivadas da admisión da demanda
Medidas definitivas: contido
TEMA 8
O MATRIMONIO E A SUA ECONOMIA
Os aspectos patrimoniais do matrimonio
O réxime económico matrimonial primario
As capitulacións matrimoniais
Oas doazóns por razón do matrimonio
TEMA 9
A SOCIEDADE DE GANANCIAIS (PARTE PRIMEIRA)
Concepto e natureza e comezo
Masas patrimoniais: bens gananciais e privativos
A autonomía da vontade na determinación dos bens da sociedade de gananciais.
A proba da pertenza dos bens: A presunción de ganancialidade
TEMA 10
A SOCIEDADE DE GANANCIAIS (PARTE SEGUNDA)
Cargas da sociedade de gananciais
Réxime de responsabilidade dos bens gananciais
Xestión e disposición dos bens gananciais
Actos anómalos e irregulares
O deber de información
TEMA 11
A SOCIEDADE DE GANANCIAIS (PARTE TERCEIRA)
Causas de disolución da sociedade de gananciais
Comunidade posterior a disolución
Liquidación e división da sociedade de gananciais
As atribucións preferentes
Liquidación en caso de pluralidade de sociedades
Os bens gananciais e o Rexistro da Propiedade
TEMA 12
O RÉXIME DE SEPARACIÓN DE BENS
Concepto e caracteres.
Vixencia
Publicidade
Principios inspiradores.
O deber de contribución ás cargas do matrimonio.
A presunción muciana de carácter concursal.
TEMA 13
O RÉXIME DE PARTICIPACIÓN
Concepto e características.
Regulación aplicable ao réxime de participación.
Vixencia e extinción.
Normas de liquidación.
TEMA 14
A FILIACIÓN
Concepto, clases e efectos.
Determinación da filiación matrimonial.
Determinación da filiación non matrimonial.
Accións de filiación.
Accións de impugnación.
Filiación derivada de técnicas de reproducción asistida.
TEMA 15
A PATRIA POTESTADE
Concepto, natureza e caracteres.
Elementos subxetivos.
Contido.
Modificación, suspensión e extinción.
TEMA 16
AS INSTITUCIÓNS DE GARDA
Descripción do sistema.
As novas institucións de garda na Lei 8/2021
TEMA 17
O ACOLLEMENTO
Tipos.
Procedemento.
Extinción.
TEMA 18
A ADOPCIÓN
Características xerais
Adoptantes.
Adoptado.
Procedemento.
Efectos.
Extinción.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Actividades iniciais A8 A10 A12 B10 B11 B12 B2 B4 C4 6 3 9
Discusión dirixida A1 A2 A3 A4 A5 A6 A9 A15 B6 B7 B8 B9 B3 C7 3 3 6
Lecturas A1 A2 A3 A4 A6 A9 A11 B3 B5 3 3 6
Prácticas a través de TIC A9 A13 B6 B13 B5 2 4 6
Sesión maxistral A1 A2 A4 A5 A6 A7 B2 B3 21 20 41
Estudo de casos A1 A2 A3 A4 A6 A9 A10 B7 B10 B11 B12 B2 B3 12 16 28
Proba obxectiva A1 A2 A3 A5 A6 A12 2 20 22
Traballos tutelados A1 A2 A3 A4 A6 A10 A11 A14 B9 B10 B2 B3 B4 B5 C8 2 19 21
 
Atención personalizada 11 0 11
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais Esta actividade consistirá na explicación por parte do profesor e durante a primeira aula do curso, da Guía Docente, de xeito que os estudantes poidan ter una idea clara da forma na que vaise desenrrolar o cuadrimestre.
Discusión dirixida Esta actividade será realizada de xeito presencial e consistirá na posta en común de opinións sobre unha materia ou ben na resolución común de problemas actuais que estean directamente relacionados con obxecto de estudo.
Lecturas Lecturas de libros, artigos ou sentencias en sesións presenciales ou non presenciais.
Prácticas a través de TIC Trátase de que os estudantes manexen as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e comunicación precisas para o exercicio da sua profesión e para a aprendizaxe. Esta actividade require atención personalizada en traballo presencial e traballo no presencial.
Sesión maxistral As sesións maxistrais constituirán un apoio ao estudo do manual recomendado, co obxecto de facilitar a comprensión dos conceptos, figuras e cuestións esenciais da asignatura.
Estudo de casos Se propondrán casos prácticos que deberá resolver o alumno. O obxetivo dos casos será colocar ao alumno en situacións parecidas as que sobreveñen na práctica cotidián das distintas profesións xurídicas.
Proba obxectiva Cando remate o cuatrimestre realizarase un examen escrito de preguntas para desenrrolar ou ben un examen tipo test, a elección do profesor. O examen versará sobre os contidos da materia expostos e explicados durante o cuatrimestre.
Traballos tutelados O profesor suxerirá o desenrrolo de traballos tutelados, individuais ou en grupo, sobre un tema concreto. Estos traballos deberán ser expostos oralmente na clase, si o profesor así o especifica. Esta actividade precisa de traballo non presencial e atención personalizada.

Atención personalizada
Metodoloxías
Prácticas a través de TIC
Traballos tutelados
Estudo de casos
Descrición
No referente as practicas mediante TICS, preténdese que cada un dos estudantes poida realizar a sua labor nun posto informático, en donde despois de impartir unhas explicacións xerais sobre o manexo da ferramenta tecnolóxica, o profesor encargará a realización de concretas actividades que serán supervisadas persoalmente. Durante a actividade do estudo de casos, parte do traballo do alumno debe desenrrolarse co profesor presente; de tal modo que se poidan plantexar consultas personalizadas ao mesmo.
Se prevé que o estudo final e global dos distintos contidos da asignatura plantee dúbidas razoables, que deberán ser resoltas persoalmente polo profesor. Mediante a realización dos traballos tutelados, a atención personalizada do profesor é necesaria para encauzar e orientar o tema a tratar, ensinar sobre os aspectos metodolóxicos, seleccionar a biliografía, resolver as dúbidas que vaian surxindo e asesorar en todas aquelas cuestións que requiran os estudantes.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba obxectiva A1 A2 A3 A5 A6 A12 Consistirá nun examen escrito de preguntas para desenrrolar, ou ben nun examen tipo test, según decida o profesor da asignatura. 90
Estudo de casos A1 A2 A3 A4 A6 A9 A10 B7 B10 B11 B12 B2 B3 Resolución de casos prácticos. Esta actividade poderá ser sustituida pola realización doutra actividade proposta polo profesor da asignatura.
10
 
Observacións avaliación

 A nota de fora de examen se garda ata a segunda convocatoria.
- Os alumnos que teñan solicitado e concedido o "recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia" poderán realizar o examen sobre 10 puntos.

No caso de que o alumno copie no exame o plaxie algún traballo , terá a calificación de  0 presentarase a oportuna solicitud para a incoación dun procedemento disciplinario.


Fontes de información
Bibliografía básica Martínez de Aguirre Aldaz, C. (coord.) (2021). Curso de Derecho Civil IV: Derecho de familia. Edisofer, Madrid
Lasarte Álvarez, Carlos (2021). Derecho de Familia. Principios de Derecho Civil VI. Marcial Pons
Bercovitz Rodríguez-Cano (coord.) (2021). Manual de Derecho civil. Derecho de famlia. Bercal
Recoméndase a utilización de calquera manual que estea actualizado a setembro de 2021 debido a que debe conter as importantes reformas intrroducidas pola Lei 8/2021, do 2 de xuño pola que se reforma a lexislación civil y procesual para o apoio das persoas con discapacidade no exercicio da súa capacidade xurídica.
.
Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Dereito da persoa/612G01007

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Dereito de obrigas e danos/612G01016

Materias que continúan o temario
Dereito da Contratación/612G01024
Dereitos Reais/612G01027
Dereito de Sucesións/612G01034

Observacións
Se aconsella aos estudantes seguir o sistema de avaliación continua asistindo regularmente as aulas (teóricas e prácticas) e realizando os traballos non presenciais que sexan encargados polo profesor. Só os alumnos que soliciten e se lle conceda o "recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia" poderán realizar o examen sobre 10 puntos.


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías