Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Constitución e poder xudicial Código 612G01014
Titulación
Grao en Dereito
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Segundo Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Inglés
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Dereito Público
Coordinación
Soto Díaz, David José
Correo electrónico
david.sdiaz@udc.es
Profesorado
Aba Catoira, Ana Maria
Caamaño Domínguez, Francisco Manuel
Camara Ruiz, Juan
Ferreiro Baamonde, Xulio
Neira Pena, Ana
Soto Díaz, David José
Correo electrónico
ana.abac@udc.es
f.caamano@udc.es
juan.camara@udc.es
xulio.ferreiro@udc.es
ana.neira@udc.es
david.sdiaz@udc.es
Web http://moodle.udc.es/
Descrición xeral A docencia que se imparte nesta materia procura principalmente a adquisición polo estudantado dun coñecemento básico sobre a Constitución e o Poder Xudicial. Concretamente: a) os principios constitucionais relativos ao Poder Xudicial, á súa organización e o exercicio da función xurisdiccional; b) A tutela xudicial efectiva; c) O fenómeno do proceso; d) os tribunais con xurisdición en España e a súa competencia; e) As profesións que interveñen na Administración de Xustiza e as súas funcións f) Os dereitos fundamentais de natureza procesual; g) Os principios procesuais e a súa incidencia nas distintas clases de procesos; h) Os actos procesuais e a súa eficacia; i) As principais leis procesuais.
Plan de continxencia 1. Contidos
Non se producirán modificacións nos contidos

2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
Continuarase coas sesións maxistrais a través de Teams

*Metodoloxías docentes que se modifican
Realizaranse traballos tutelados por cada parte da asignatura, que permitan a avaliación continua e que teñan un valor do 35% do total da cualificación final

3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
Utilización dos foros de Moodle para resolver dúbidas sobre os contidos, as tarefas a entregar e os métodos de avaliación por parte do alumnado
Utilización do correo electrónico para resolver dúbidas persoais por parte do alumnado

4. Modificacións na avaliación
Non se producen modificacións na avaliación

5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
En caso de aplicar o plan de continxencia, a Lei Orgánica do Poder Xudicial, así como o manual recomendado serán os principais materiais de estudo, xunto coa documentación que o profesorado poña a disposición do alumnado en Moodle.

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Coñecemento das principais institucións xurídicas.
A2 Coñecer a función do Dereito como sistema regulador das relacións sociais.
A3 Percepción do carácter sistemático do ordenamento xurídico.
A5 Coñecemento dos principios e valores constitucionais.
A7 Coñecemento das estruturas xurídico-políticas de ámbito nacional e internacional.
A8 Coñecementos básicos de argumentación xurídica.
A9 Capacidade para o manexo de fontes xurídicas (legais, xurisprudenciais e doutrinais).
A10 Capacidade de interpretar e analizar críticamente o ordenamento xurídico.
A11 Capacidade de comprender e de redactar documentos xurídicos.
A12 Manexo da oratoria xurídica. (Capacidade de expresarse apropiadamente en público).
A13 Dominio das novas tecnoloxías aplicadas ao dereito.
A14 Capacidade de elaboración de normas.
A15 Capacidade de negociación e mediación.
B2 Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo
B3 Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
B5 Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía
B8 Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo, entendendo, tamén, a importancia da cultura emprendedora.
B10 Traballar de forma colaborativa.
B12 Comunicarse de maneira efectiva nun entorno de traballo, amosando capacidade de expresión tanto oral como escrita en calquera das linguas oficiais da comunidade autónoma, así como nun idioma estranxeiro.
B13 Capacidade para utilizar a rede informática (internet) na obtención de información e na comunicación de datos e, en xeral, capacidade para empregar as ferramentas básicas das TIC necesarias para o exercicio da súa profesión.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecemento das principais institucións xurídicas. Coñecer a función do Dereito como sistema regulador das relacións sociais. Coñecemento dos principios e valores constitucionais. Coñecementos básicos de argumentación xurídica. Capacidade para o manexo de fontes xurídicas (legais, xurisprudenciais e doutrinais). Capacidade de interpretar e analizar críticamente o ordenamento xurídico. Capacidade de comprender e de redactar documentos xurídicos. Manexo da oratoria xurídica. (Capacidade de expresarse apropiadamente en público). Dominio das novas tecnoloxías aplicadas ao dereito. Capacidade de elaboración de normas. Capacidade de negociación e mediación. Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo, entendendo, tamén, a importancia da cultura emprendedora. Traballar de forma colaborativa. Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida. Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. A1
A2
A3
A5
A7
A8
A9
A10
A11
A12
A13
A14
A15
B8
B10
B12
B13
B2
B3
B5
C3
C4
C6
C7

Contidos
Temas Subtemas
Constitución e Poder Xudicial 1. Significado constitucional da función xudicial.
2. O goberno do Poder Xudicial.
3. As esixencias do bo goberno.
4. O dereito á tutela xudicial efectiva.
5. As garantías xurisdicionais dos dereitos fundamentais.
6. Xurisdición. Límites da xurisdición.
7. Independencia xudicial.
8. Principio de unidade. Principio de exclusividade. Dereito ao xuíz legal.
9. Os tribunais ordinarios.
10. Outros tribunais con xurisdición en España.
11. Xuíces e maxistrados.
12. Persoal auxiliar. A oficina xudicial.
13. Persoal colaborador.
14. Principios do proceso. Clases de procesos.
15. Actos procesuais.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Discusión dirixida A1 A2 10 0 10
Presentación oral A3 A5 6 18 24
Proba mixta A7 A8 A9 A10 A11 A12 A13 A15 B8 B10 B12 B13 B2 B3 B5 C3 C4 C6 C7 5 68 73
Sesión maxistral A1 A3 A5 A7 A8 21 0 21
Traballos tutelados A9 A10 A11 A13 A14 6 6 12
 
Atención personalizada 10 0 10
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Discusión dirixida A discusión dirixida é una ferramenta que propicia a intervención do alumnado en clase a partir dun tema proposto sobre as materias que se están a impartir e, normalmente, de actualidade. Así mesmo provoca que o alumnado busque solucións de xeito rápida a partir do coñecemento adquirido nas sesions anteriores
Presentación oral A presentación oral é unha técnica tanto para exposición oral dos casos resoltos coma para exposición oral de partes da materia.
Proba mixta Para a evaliación do alumnado ademais do que supón a avaliación continua durante o desenvolvemento do modulo tense en conta o resultado dunha proba mixta que, se ben pode variar dun curso a outro, basicamente está composta de preguntas tipo test, preguntas curtas, algunha pregunta a desenrolar e a resolución de casos prácticos.
Sesión maxistral As clases presenciais desenrólanse a partir dunhas sesións teóricas baseadas na lección maxistral. Despois utilízanse outras técnicas como as discusións dirixidas ou as presentacións orais
Traballos tutelados Coa preparación de traballos polo alumnado pretendese que vaia adquirendo a tecnica da investigación e o aprendizaxe autonomo.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Proba mixta
Presentación oral
Descrición
Normalmente, para a preparación da presentación oral dos traballos de investigación ou dos casos resoltos é aconsellable a participación do profesorado para a supervisión, a resolución de dúbidas, a corrección dos borradores, etc.
Así mesmo en vistas á preparación da proba mixta é moi conveniente a consulta e o asesoramento do profesorado, o cal require unha atención personalizada.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A9 A10 A11 A13 A14 A valoración dos traballos tutelados dependerá da calidade, interese, rigor e corrección dos mesmos 20
Sesión maxistral A1 A3 A5 A7 A8 A valoración da sesión maxistral consistirá na asistencia habitual ás clases presenciais e na participación nos debates dirixidos e na resposta ás cuestións formuladas 2
Proba mixta A7 A8 A9 A10 A11 A12 A13 A15 B8 B10 B12 B13 B2 B3 B5 C3 C4 C6 C7 Tal e como se expuxo no apartado das metodoloxías a proba conxunta pode estar constituída por varios capítulos: preguntas tipo test, curtas, a desenrolar, caso práctico, etc. Dependendo da configuración do exame concreto farase unha ponderación dos resultados de todas as cuestións 65
Presentación oral A3 A5 Para a cualificación da presentación oral valorarase, principalmente, a calidade do traballo presentado ou a do caso resolto. Así mesmo, terase en conta a claridade na exposición e a corrección na argumentación e nas respostas ás cuestións formuladas 10
Discusión dirixida A1 A2 A valoración da discusión dirixida consistirá na asistencia habitual as clases presenciais e na participación dos mesmos 3
 
Observacións avaliación

Para a superación da materia será
requisito imprescindible aprobar a proba mixta. A nota resultante servirá para facer a media co resto das puntuacións.

A nota dos estudantes a tempo parcial con dispensa
académica de asistencia recoñecida calcularase únicamente sobre a puntuación da proba mixta. 

O primeiros catro temas serán impartidos por membros da Área de Dereito constitucional e os restantes por profesorado da área de Dereito procesual.


Fontes de información
Bibliografía básica

Bibliografía básica:

- PÉREZ-CRUZ MARTÍN, A.J.; Constitución y Poder Judicial, 2ª edición, Ed. Atelier, 2016.

- ORTELLS RAMOS, M. (Dir.); Introducción al Derecho Procesal, 10ª edición; Ed. Aranzadi, 2020.

- Lei Orgánica 6/1985 do Poder Xudicial e leis complementarias. Dispoñíbel en varias editoriais: Tecnos, Civitas, Aranzadi, etc.

Bibliografía complementaria

Bibliografía complementaria:

- NIEVA FENOLL, J.; Derecho procesal I. Introducción, 2ª edición, Ed. Tirant Lo Blanch, 2020

- GIMENO SENDRA, V., Introducción al Derecho Procesal, 4ª edición; Ed. Castillo de Luna, 2020.

Recursos web:

BIBLIOTECA UDC: http://www.udc.es/biblioteca/

BOE: http://www.boe.es/

DOGA: http://www.xunta.es/dog/

BASE DE DATOS ARANZADI: http://www.westlaw.es/westlaw/ (só pode consultarse a través da UDC)


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías