Datos Identificativos 2021/22
Asignatura (*) Constitución e poder xudicial Código 612G01014
Titulación
Grao en Dereito
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
1º e 2º Ciclo 1º cuadrimestre
Segundo Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Galego
Inglés
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Dereito Público
Coordinación
Ferreiro Baamonde, Xulio
Correo electrónico
xulio.ferreiro@udc.es
Profesorado
Aba Catoira, Ana Maria
Anguita Juega, Luis
Caamaño Domínguez, Francisco Manuel
Camara Ruiz, Juan
Ferreiro Baamonde, Xulio
Garcia Vazquez, Sonia
Soto Díaz, David José
Correo electrónico
ana.abac@udc.es
luis.anguita.juega@udc.es
f.caamano@udc.es
juan.camara@udc.es
xulio.ferreiro@udc.es
sonia.garcia.vazquez@udc.es
david.sdiaz@udc.es
Web http://moodle.udc.es/
Descrición xeral A docencia que se imparte nesta materia procura principalmente a adquisición polo estudantado dun coñecemento básico sobre a Constitución e o Poder Xudicial. Concretamente: a) os principios constitucionais relativos ao Poder Xudicial, á súa organización e o exercicio da función xurisdiccional; b) A tutela xudicial efectiva; c) O fenómeno do proceso; d) os tribunais con xurisdición en España e a súa competencia; e) As profesións que interveñen na Administración de Xustiza e as súas funcións f) Os dereitos fundamentais de natureza procesual; g) Os principios procesuais e a súa incidencia nas distintas clases de procesos; h) Os actos procesuais e a súa eficacia; i) As principais leis procesuais.
Plan de continxencia 1. Contidos
Non se producirán modificacións nos contidos

2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
Continuarase coas sesións maxistrais a través de Teams

*Metodoloxías docentes que se modifican
Realizaranse traballos tutelados por cada parte da asignatura, que permitan a avaliación continua e que teñan un valor do 35% do total da cualificación final

3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
Utilización dos foros de Moodle para resolver dúbidas sobre os contidos, as tarefas a entregar e os métodos de avaliación por parte do alumnado
Utilización do correo electrónico para resolver dúbidas persoais por parte do alumnado

4. Modificacións na avaliación
Non se producen modificacións na avaliación

5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
En caso de aplicar o plan de continxencia, a Lei Orgánica do Poder Xudicial, así como o manual recomendado serán os principais materiais de estudo, xunto coa documentación que o profesorado poña a disposición do alumnado en Moodle.

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Coñecemento das principais institucións xurídicas.
A2 Coñecer a función do Dereito como sistema regulador das relacións sociais.
A3 Percepción do carácter sistemático do ordenamento xurídico.
A5 Coñecemento dos principios e valores constitucionais.
A7 Coñecemento das estruturas xurídico-políticas de ámbito nacional e internacional.
A8 Coñecementos básicos de argumentación xurídica.
A9 Capacidade para o manexo de fontes xurídicas (legais, xurisprudenciais e doutrinais).
A10 Capacidade de interpretar e analizar críticamente o ordenamento xurídico.
A11 Capacidade de comprender e de redactar documentos xurídicos.
A12 Manexo da oratoria xurídica. (Capacidade de expresarse apropiadamente en público).
A13 Dominio das novas tecnoloxías aplicadas ao dereito.
A14 Capacidade de elaboración de normas.
A15 Capacidade de negociación e mediación.
B2 Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo
B3 Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
B5 Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía
B8 Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo, entendendo, tamén, a importancia da cultura emprendedora.
B10 Traballar de forma colaborativa.
B12 Comunicarse de maneira efectiva nun entorno de traballo, amosando capacidade de expresión tanto oral como escrita en calquera das linguas oficiais da comunidade autónoma, así como nun idioma estranxeiro.
B13 Capacidade para utilizar a rede informática (internet) na obtención de información e na comunicación de datos e, en xeral, capacidade para empregar as ferramentas básicas das TIC necesarias para o exercicio da súa profesión.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecemento das principais institucións xurídicas. Coñecer a función do Dereito como sistema regulador das relacións sociais. Coñecemento dos principios e valores constitucionais. Coñecementos básicos de argumentación xurídica. Capacidade para o manexo de fontes xurídicas (legais, xurisprudenciais e doutrinais). Capacidade de interpretar e analizar críticamente o ordenamento xurídico. Capacidade de comprender e de redactar documentos xurídicos. Manexo da oratoria xurídica. (Capacidade de expresarse apropiadamente en público). Dominio das novas tecnoloxías aplicadas ao dereito. Capacidade de elaboración de normas. Capacidade de negociación e mediación. Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo, entendendo, tamén, a importancia da cultura emprendedora. Traballar de forma colaborativa. Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida. Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. A1
A2
A3
A5
A7
A8
A9
A10
A11
A12
A13
A14
A15
B8
B10
B12
B13
B2
B3
B5
C3
C4
C6
C7

Contidos
Temas Subtemas
Constitución e Poder Xudicial 1. Significado constitucional da función xudicial.
2. O goberno do Poder Xudicial.
3. As esixencias do bo goberno.
4. O dereito á tutela xudicial efectiva.
5. As garantías xurisdicionais dos dereitos fundamentais.
6. Xurisdición. Límites da xurisdición.
7. Independencia xudicial.
8. Principio de unidade. Principio de exclusividade. Dereito ao xuíz legal.
9. Os tribunais ordinarios.
10. Outros tribunais con xurisdición en España.
11. Xuíces e maxistrados.
12. Persoal auxiliar. A oficina xudicial.
13. Persoal colaborador.
14. Principios do proceso. Clases de procesos.
15. Actos procesuais.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A1 A3 A5 A7 A8 40 40 80
Proba obxectiva A1 A2 A3 A5 A7 A9 A10 2 0 2
Traballos tutelados A9 A10 A11 A13 A14 15 45 60
 
Atención personalizada 8 0 8
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral As clases presenciais desenrólanse a partir dunhas sesións teóricas baseadas na lección maxistral. Despois utilízanse outras técnicas como as discusións dirixidas ou as presentacións orais
Proba obxectiva Ao final do curso realizarase unha proba de carácter obxectivo para avaliar o nivel de comprensión e asunción dos contidos e competencias adquiridos polo estuantado.
Traballos tutelados Coa preparación de traballos polo alumnado pretendese que vaia adquirendo a tecnica da investigación e o aprendizaxe autonomo. Estes traballos serán propostos polo profesorado nas clases interactivas, onde se traballarán conxuntamente co estudantado.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Sesión maxistral
Proba obxectiva
Descrición
Normalmente, para a preparación da presentación oral dos traballos de investigación ou dos casos resoltos é aconsellable a participación do profesorado para a supervisión, a resolución de dúbidas, a corrección dos borradores, etc.
Así mesmo en vistas á preparación da proba obxectiva é moi conveniente a consulta e o asesoramento do profesorado, o cal require unha atención personalizada.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A9 A10 A11 A13 A14 Durante o curso iranse avaliando os traballos encomendados e que o estudantado debe presentar nas datas que se indicarán. A valoración dos traballos tutelados dependerá da calidade, interese, rigor e corrección dos mesmos, así como da participación activa nas clases.
No caso de detección de plaxio nos traballos entregados a cualificación dos mesmos será de 0 puntos.
30
Proba obxectiva A1 A2 A3 A5 A7 A9 A10 A proba obxectiva consisitrá nun exame tipo test, de resposta múltiple, onde se avaliarán os contidos expostos durante o curso. 70
 
Observacións avaliación

Para a superación da materia será
requisito imprescindible aprobar a proba mixta. A nota resultante servirá para facer a media co resto das puntuacións.

A nota dos estudantes a tempo parcial con dispensa
académica de asistencia recoñecida calcularase únicamente sobre a puntuación da proba mixta, así como os traballos que especificamente se lles podan encomendar a estes estudantes. 

O primeiros catro temas serán impartidos por membros da Área de Dereito constitucional e os restantes por profesorado da área de Dereito procesual. O peso na avaliación destes temas será o do 30% correspondente á materia de Dereito Constitucional e un 70% correspondente á materia de Dereito Procesual. 

Para a segunda oportunidade, conservaranse as cualificacións dos traballos tutelados entregados durante o curso, que computarán para a cualificación xunto coa proba obxectiva, que terá as mesmas características que na primeira oportunidade. Será posible recuperar as notas das prácticas e traballos tutelados, no caso de que sexa pertinente, nos prazos indicados polo profesorado e, en todo caso, entregando unha nova versión destes traballos con anterioridade á data do exame da segunda oportunidade. 

No caso de detección de plaxio nos traballos entregados a cualificación dos mesmos será de 0 puntos.


Fontes de información
Bibliografía básica

Bibliografía básica:

- PÉREZ-CRUZ MARTÍN, A.J.; Constitución y Poder Judicial, 2ª edición, Ed. Atelier, 2016.

- ORTELLS RAMOS, M. (Dir.); Introducción al Derecho Procesal, 10ª edición; Ed. Aranzadi, 2020.

- Lei Orgánica 6/1985 do Poder Xudicial e leis complementarias. Dispoñíbel en varias editoriais: Tecnos, Civitas, Aranzadi, etc.

Bibliografía complementaria

Bibliografía complementaria:

- NIEVA FENOLL, J.; Derecho procesal I. Introducción, 2ª edición, Ed. Tirant Lo Blanch, 2020

- GIMENO SENDRA, V., Introducción al Derecho Procesal, 4ª edición; Ed. Castillo de Luna, 2020.

Recursos web:

BIBLIOTECA UDC: http://www.udc.es/biblioteca/

BOE: http://www.boe.es/

DOGA: http://www.xunta.es/dog/

BASE DE DATOS ARANZADI: http://www.westlaw.es/westlaw/ (só pode consultarse a través da UDC)


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías