Datos Identificativos 2023/24
Asignatura (*) Constitución e poder xudicial Código 612G01014
Titulación
Grao en Dereito
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
1º e 2º Ciclo 1º cuadrimestre
Segundo Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Galego
Inglés
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Dereito Público
Coordinación
Neira Pena, Ana
Correo electrónico
ana.neira@udc.es
Profesorado
Anguita Juega, Luis
Camara Ruiz, Juan
Neira Pena, Ana
Correo electrónico
luis.anguita.juega@udc.es
juan.camara@udc.es
ana.neira@udc.es
Web http://moodle.udc.es/
Descrición xeral A docencia que se imparte nesta materia procura principalmente a adquisición polo estudantado dun coñecemento básico sobre a Constitución e o Poder Xudicial. Concretamente: a) os principios constitucionais relativos ao Poder Xudicial, á súa organización e o exercicio da función xurisdiccional; b) A tutela xudicial efectiva; c) O fenómeno do proceso; d) os tribunais con xurisdición en España e a súa competencia; e) As profesións que interveñen na Administración de Xustiza e as súas funcións f) Os dereitos fundamentais de natureza procesual; g) Os principios procesuais e a súa incidencia nas distintas clases de procesos; h) Os actos procesuais e a súa eficacia; i) As principais leis procesuais.

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Coñecemento das principais institucións xurídicas.
A2 Coñecer a función do Dereito como sistema regulador das relacións sociais.
A3 Percepción do carácter sistemático do ordenamento xurídico.
A5 Coñecemento dos principios e valores constitucionais.
A7 Coñecemento das estruturas xurídico-políticas de ámbito nacional e internacional.
A8 Coñecementos básicos de argumentación xurídica.
A9 Capacidade para o manexo de fontes xurídicas (legais, xurisprudenciais e doutrinais).
A10 Capacidade de interpretar e analizar críticamente o ordenamento xurídico.
A11 Capacidade de comprender e de redactar documentos xurídicos.
A12 Manexo da oratoria xurídica. (Capacidade de expresarse apropiadamente en público).
A13 Dominio das novas tecnoloxías aplicadas ao dereito.
A14 Capacidade de elaboración de normas.
A15 Capacidade de negociación e mediación.
B2 Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo
B3 Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
B5 Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía
B6 Aprender a aprender.
B8 Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo, entendendo, tamén, a importancia da cultura emprendedora.
B9 Traballar de forma autónoma con iniciativa tendo en conta a importancia da aprendizaxe ao longo de toda a vida.
B10 Traballar de forma colaborativa.
B11 Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán e como profesional.
B12 Comunicarse de maneira efectiva nun entorno de traballo, amosando capacidade de expresión tanto oral como escrita en calquera das linguas oficiais da comunidade autónoma, así como nun idioma estranxeiro.
B13 Capacidade para utilizar a rede informática (internet) na obtención de información e na comunicación de datos e, en xeral, capacidade para empregar as ferramentas básicas das TIC necesarias para o exercicio da súa profesión.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecemento das principais institucións xurídicas. Coñecemento sobre a función do Dereito como sistema regulador das relacións sociais. Coñecemento dos principios e valores constitucionais. Coñecementos básicos de argumentación xurídica. Capacidade para o manexo de fontes xurídicas (legais, xurisprudenciais e doutrinais). Capacidade de interpretar e analizar críticamente o ordenamento xurídico. Capacidade de comprender e de redactar documentos xurídicos. Manexo da oratoria xurídica. (Capacidade de expresarse apropiadamente en público). Dominio das novas tecnoloxías aplicadas ao dereito. Capacidade de elaboración de normas. Capacidade de negociación e mediación. Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo, entendendo, tamén, a importancia da cultura emprendedora. Traballar de forma colaborativa. Traballar de forma autónoma na resolución de casos. Presentar, tanto por escrito como oralmente, as conclusións da materia explicada, así como dos casos resoltos. Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida. Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. A1
A2
A3
A5
A7
A8
A9
A10
A11
A12
A13
A14
A15
B6
B8
B9
B10
B11
B12
B13
B2
B3
B5
C1
C3
C4
C6
C7

Contidos
Temas Subtemas
Constitución e Poder Xudicial 1.- O Dereito procesual
2.- A xurisdición. Concepto e careacteres
3.- Extensión e límites da xurisdición
4.- O xuíz ordinario predeterminado pola lei
5.- Órganos xudiciais do Estado
6.- Xulgados e Tribunais non integrados no Poder Xudicial
7.- O goberno do poder xudicial
8.- Persoal xurisdiccional e persoal ao servizo da administración de xustiza
9.- Acción e tutela xudicial efectiva
10.- Dereito á asistencia xurídica gratuíta
11.- O proceso. Os principios do proceso
12.- Actos procesuais

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A1 A3 A5 A7 A8 A12 B6 B11 B12 B3 B5 C4 C6 C7 40 40 80
Proba obxectiva A1 A2 A3 A5 A7 A9 A10 B6 B8 B9 B2 C1 2 0 2
Traballos tutelados A9 A10 A11 A13 A14 A15 B6 B9 B10 B13 C1 C3 15 45 60
 
Atención personalizada 8 0 8
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral As clases presenciais desenrólanse a partir dunhas sesións teóricas baseadas na lección maxistral. Despois utilízanse outras técnicas como as discusións dirixidas ou as presentacións orais
Proba obxectiva Ao final do curso realizarase unha proba de carácter obxectivo para avaliar o nivel de comprensión e asunción dos contidos e competencias adquiridos polo estuantado.
Traballos tutelados Coa preparación dos traballos por parte do alumnado preténdese que este se inicie na técnica da investigación e que desenvolva habilidades para a aprendizaxe autónoma. Estes traballos serán propostos polo profesorado para a súa resolución polo alumnado, traballándose posteriormente de forma conxunta nas clases interactivas.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Sesión maxistral
Proba obxectiva
Descrición
As titorías son importantes para facer un axeitado seguimento da materia, resolvendo as dúbidas sobre os contidos explicados polo profesorado ao longo do curso.
Para a preparación da presentación oral dos traballos de investigación e para a resolución dos casos é aconsellable a participación do profesorado para a supervisión e a resolución de dúbidas.
Así mesmo en vista á preparación da proba obxectiva é moi conveniente a consulta e a solicitude de asesoramento ao profesorado.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A9 A10 A11 A13 A14 A15 B6 B9 B10 B13 C1 C3 Durante o curso iranse avaliando os traballos encomendados e que o estudantado debe presentar nas datas que se indicarán. A valoración dos traballos tutelados dependerá da calidade, interese, rigor e corrección dos mesmos, así como da participación activa nas clases.
No caso de detección de plaxio nos traballos entregados a cualificación dos mesmos será de 0 puntos.
35
Proba obxectiva A1 A2 A3 A5 A7 A9 A10 B6 B8 B9 B2 C1 A proba obxectiva consisitrá nun exame tipo test, de resposta múltiple, onde se avaliarán os contidos expostos durante o curso. Esta proba poderá completarse con algunha pregunta de resposta curta se o profesor/a o considera. 65
 
Observacións avaliación

Para a superación da materia será requisito imprescindible aprobar a proba obxectiva. A nota resultante servirá para facer a media co resto das puntuacións. De non superarse a proba obxectiva, a nota final que figurará no expediente será a obtida nesta.

Para a segunda oportunidade, conservaranse as cualificacións dos traballos tutelados entregados durante o curso, que computarán para a cualificación xunto coa proba obxectiva, que terá as mesmas características que na primeira oportunidade.

A nota do alumnado a tempo parcial con dispensaacadémica de asistencia recoñecida calcularase únicamente sobre a puntuación da proba mixta, así como os traballos que especificamente se lles poida encomendar a este alumnado.

No caso de detección de plaxio ou realización dos traballos utilizando ferramentas de intelixencia artificial, suspenderase a materia na convocatoria ordinaria, cunha cualificación de suspenso (nota numérica 0).


Fontes de información
Bibliografía básica

Bibliografía básica:

- ORTELLS RAMOS, Manuel (Dir.). Introducción al Derecho Procesal, 10ª edición; Ed. Aranzadi, 2020.

- PÉREZ-CRUZ MARTÍN, Agustín-Jesús. Constitución y Poder Judicial, 2ª edición, Ed. Atelier, 2015.

- Lei Orgánica 6/1985 do Poder Xudicial e leis complementarias. Dispoñíbel en varias editoriais: Tecnos, Civitas, Aranzadi, etc.

Bibliografía complementaria

Bibliografía complementaria:

- SANCHÍS CRESPO, Carolina. Derecho procesal I. Jurisdicción, acción y proceso. Ed. Aranzadi. 2021

- GIMENO SENDRA, Vicente. Introducción al Derecho Procesal, Tirant Lo Blanch, 2020.

- NIEVA FENOLL, Jordi. Derecho procesal I. Introducción, 2ª edición, Ed. Tirant Lo Blanch, 2019.

- ASENCIO MELLADO, J.M., Introducción al Derecho Procesal, Tirant Lo Blanch, Valencia, 2019.

- PÉREZ-CRUZ MARTÍN, Agustín-Jesús. Constitución y Poder Judicial, 2ª edición, Ed. Atelier, 2015.


Recursos web:

BIBLIOTECA UDC: http://www.udc.es/biblioteca/

BOE: http://www.boe.es/

DOGA: http://www.xunta.es/dog/

BASE DE DATOS ARANZADI: http://www.westlaw.es/westlaw/ (só pode consultarse a través da UDC)


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

No desenvolvemento desta materia débese incentivar un uso sostible dos recursos, orientado a previr impactos negativos no medio natural, procurando que a entrega dos traballos sexa por medios virtuais ou, cando deban de ser impresos, que se fagan en papel reciclado e a dobre cara.

Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria, deberase incorporar a perspectiva de xénero nesta materia. Isto implica que se usará linguaxe non sexista tanto nos traballos entregados polo alumnado como nos materiais preparados polo profesorado, utilizarase bibliografía de autores de ambos os sexos, propiciarase a intervención en clase de alumnos e alumnas...). Así mesmo, traballaráse para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas, así como situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías