Datos Identificativos 2018/19
Asignatura (*) Institucións e ordenamento xurídico-administrativo Código 612G01015
Titulación
Grao en Dereito
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Segundo Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Dereito Público
Coordinación
Dios Vieitez, Maria Victoria
Correo electrónico
victoria.dios.vieitez@udc.es
Profesorado
Aymerich Cano, Carlos Ignacio
Barrio Garcia, Gonzalo
Dios Vieitez, Maria Victoria
Rodríguez Martín-Retortillo, María del Carmen
Correo electrónico
carlos.aymerich.cano@udc.es
gonzalo.barrio@udc.es
victoria.dios.vieitez@udc.es
maria.rodriguez.martin-retortillo@udc.es
Web
Descrición xeral Introducción ao Dereito administrativo examinando os seus elementos estructurais, principios e o réxime xurídico que, con carácter xeral, goberna as actuacións das administracións públicas e outras entidades de dereito público nas súas relacións coa cidadanía así como no ámbito interadministrativo.

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Coñecemento das principais institucións xurídicas.
A2 Coñecer a función do Dereito como sistema regulador das relacións sociais.
A3 Percepción do carácter sistemático do ordenamento xurídico.
A5 Coñecemento dos principios e valores constitucionais.
A8 Coñecementos básicos de argumentación xurídica.
A9 Capacidade para o manexo de fontes xurídicas (legais, xurisprudenciais e doutrinais).
A10 Capacidade de interpretar e analizar críticamente o ordenamento xurídico.
A11 Capacidade de comprender e de redactar documentos xurídicos.
A12 Manexo da oratoria xurídica. (Capacidade de expresarse apropiadamente en público).
A13 Dominio das novas tecnoloxías aplicadas ao dereito.
A14 Capacidade de elaboración de normas.
B2 Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo
B3 Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
B5 Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía
B9 Traballar de forma autónoma con iniciativa tendo en conta a importancia da aprendizaxe ao longo de toda a vida.
B10 Traballar de forma colaborativa.
B12 Comunicarse de maneira efectiva nun entorno de traballo, amosando capacidade de expresión tanto oral como escrita en calquera das linguas oficiais da comunidade autónoma, así como nun idioma estranxeiro.
B13 Capacidade para utilizar a rede informática (internet) na obtención de información e na comunicación de datos e, en xeral, capacidade para empregar as ferramentas básicas das TIC necesarias para o exercicio da súa profesión.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Manexo das principais ferramentas xurídico-administrativas en Internet A5
A8
A10
A13
Manexo das fontes do Dereito administrativo A1
A2
A3
A9
A14
B13
B2
B3
C4
C6
C7
Acceso ás normas administrativas básicas con facilidade e soltura A11
B9
B12
Comprensión e resolución de casos prácticos A3
A8
A9
A10
A11
A12
A14
B13
B3
B5
C7
Redacción de documentos administrativos A9
A10
A11
A13
A14
B10
B13
B3
B5
Técnicas de exposición oral A8
A9
A12
B9
B5
C4
Lectura crítica A1
A2
A5
A9
B9
B3
B5
C4
Preténdese que o estudante adquira un coñecemento e comprensión dos principios xurídicos básicos e a habilidade para aplicar ese coñecemento a resolución das cuestións e problemas derivados da actuación das administracións públicas A1
A2
A3
A5
B9
B2
B5
C4
C6
C7

Contidos
Temas Subtemas
O dereito administrativo: evolución histórica e concepto. Evolución histórica
Concepto de dereito administrativo
A administración pública: natureza xurídica
O Ordenamiento xurídico administrativo. As fontes do dereito administrativo A Constitución española de 1978
As leis e as normas con forza de lei
O regulamento
O principio de legalidade e as potestades administrativas. O principio de legalidade e o dereito administrativo
As potestades regradas e discrecioanais e os conceptos xurídicos indeterminados
Os suxeitos xurídico-públicos. A organización das administracións públicas
O sector publico institucional
A posición xurídica do cidadán Dereitos e deberes da cidadanía nas súas relacións coas administracións públicas
O acto administrativo. Concepto.
Elementos
Validez e eficacia
Vicios do acto administrativo
O procedemento administrativo Fases do procedemento administrativo
Estudo do silencio administrativo
A revision non xurisdicional da actividade administrativa Recursos administrativos
Revisión de oficio

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A1 A2 A3 A5 A9 30 60 90
Estudo de casos A8 A10 A11 A12 A13 A14 B9 B10 B12 B13 B2 B3 B5 C4 C6 C7 10 30 40
Proba mixta B9 B5 2 0 2
 
Atención personalizada 18 0 18
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral O recurso á lección maxistral considérase imprescindible para explicar as cuestiones esenciais do Programa da asignatura. As clases maxistrais servirán de foro de reflexión e análise sobre cuestións actuais do Dereito administrativo e servirán de apoio ao estudo que deberá realizar o estudante para preparar as probas de avaliación.
Estudo de casos A realización de casos prácticos constitúe un dos aspectos máis relevantes na organización do traballo nesta asignatura. Formarán parte das explicacións do profesor e dos traballos individuais ou en grupo dos alumnos. As aprendizaxes prácticas serán unha das principais ferramentas de calificación da asignatura tanto na proba mixta como nos debates virtuais.
Proba mixta Os estudantes deberán realizar ao remate do cuatrimestre unha proba que poderá ser de preguntas abertas de desenvolvento dunha concreta materia do progrma da asignatura ou preguntas obxectivas, ben de combinación e resposta multiple, ben de respostas breves ou de completar contidos teóricos. Esta proba poderá completarse coa realización dun caso práctico sobre os contidos do programa. Na resolución do caso práctico poderán empregarse todos os materiais docentes traballados ao longo do curso.

Atención personalizada
Metodoloxías
Estudo de casos
Descrición
Os estudantes poderán dirixirse aos profesores da asignatura nos días e horas sinalados para titorías e a través dos correos electrónicos que figuran nesta guía, facendo constar no asunto a palabra TITORÍA. Non se admitirán mensaxes de contas de correo que non sexan da UDC.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta B9 B5 E requisito necesario aprobar esta proba para superar a asignatura, que ten un valor sobre o total de ata un 80%. Consistirá nunha proba escrita que poderá ser de preguntas abertas de desenvolvemento sobre os contidos da materia ou preguntas obxectivas ben tipo test, ben de respostas breves ou de completar contidos teóricos. Esta proba poderá complementarse coa realización dun caso práctico sobre os contidos do programa. 80
Estudo de casos A8 A10 A11 A12 A13 A14 B9 B10 B12 B13 B2 B3 B5 C4 C6 C7 As actividades prácticas realizadas nas sesións de grupos reducidos deberán ser realizadas nos prazos e coas condicións que para cada caso se estableza. As actividades prácticas podrán ter un valor de ata un 10% do total de cualificación da asignatura 10
Sesión maxistral A1 A2 A3 A5 A9 Dos contidos expostos ao longo das sesións maxistrais e correspondentes a cada tema do programa, os estudantes atoparán actividades na Plataforma Moodle ou entregadas no desenvolvemento da sexión que complementarán as explicacións de clase e poderán ter un valor de ata un 10 % da cualificación da asignatura. 10
 
Observacións avaliación

Fontes de información
Bibliografía básica RODRIGUEZ-ARANA MUÑOZ, J., (2009). Código da Administración Galega. Netbiblo, A Coruña
SÁNCHEZ MORÓN, Miguel (Ultima edición). Derecho Administrativo. Tecnos, Madrid
RODRIGUEZ-ARANA MUÑOZ, J., (Ultima edición). Derecho administrativo español. Introducción al Derecho administrativo constitucional. Netbiblo, A Coruña
BLANQUER, David (Ultima edición). Derecho Administrativo, I y II. Tirant lo Blanch
ESTEVE PARDO, J. (Ultima edición). Lecciones de Derecho Administrativo. Ed. Marcial Pons
MARTÍN REBOLLO, Luis (Ultima edición). Leyes Administrativas. Ed. Aranzadi
GAMERO CASADO, Eduardo, FERNÁNDEZ RAMOS, S. (Ultima edición). Manual Básico de Derecho Administrativo. Ed. Tecnos
SANTAMARÍA PASTOR, Juan Alfonso (Ultima edición). Principios de Derecho Administrativo General. Iustel
RECURSOS NA INTERNET LEXISLACIÓN. 1. Fontes oficiais. A. Unión Europea: Diario Oficial da Unión Europea(antes DOCE), pódese consultar a texto completo, así como casi toda a normativa comunitaria vixente na páxina:http://www.europa.eu.int/eur-lex/es Para todo tipo de información sobre a Unión Europea e as suas Instituciones resulta fundamental a páxina: http://www.europa.eu.int/ B. Estado español: Gaceta de Madrid e Boletín Oficial do Estado (este último nome dende o 25 de xullo de 1936), coleccións; é o texto oficial. A consulta das normas máis recentes está disponible na internet: http://www.boe.es Para o seguimento da tramitación parlamentaria dos proxectos de lei estatais poden consultarse as direcciones de internet do Congreso dos Diputados e do Senado: http://www.congreso.es y http://www.senado.es/ Para contactar e consultar información (tamén lexislativa) das institucións e órganos do Estado existen varios portais públicos entre os que cabe destacar: http://www.map.es/">http://www.minhap.gob.es http://www.administracion.gob.es C. Comunidades Autónomas: Diarios Oficiais das distintas Comunidades Autónomas. A súa maior parte están disponibles en internet. Para a búsqueda de textos normativos nos diferentes boletíns oficialis resulta moi útil a páxina (privada) de internet:http://www.todalaley.com; e tamén http://www. boe.es 2. Recopilacións privadas. - Repertorio cronológico de Lexislación Aranzadi dispoñible “on line”, previa suscripción ou a través da Aula Aranzadi: http://www.westlaw.es - Bases de datos de lexislación vigente de La Ley: disponible “on line”, previa suscripción, na páxina de internet:http://www.laley.net - Asimismo, existen outras editoriais xurídicas que ofrecen a información normativa –moitas veces gratuita- a través de internet como por exemplo: http://www.elderecho.com/;http://www.juridicas.com/;http://noticias.juridicas.com/;http://v2.vlex.com/es/ Para a consulta de diversos aspectos constitucionais, legais, institucionais do Dereito Público españolé sumamente interesante a gran base de datos mantida desde fai anos pola Área de Derecho Constitucional da Universidad de Oviedo, que se puede localizar en: hytp://constitucion.rediris.es/Princip.html II. XURISPRUDENCIA. A colección máis coñecida é a comúnmente denominada de Aranzadi. Está disponible “on line” ou a través da Aula Aranzadi: http://www.westlaw.es/ Asimismo, a editorial xurídica La Ley ofrece en soporte informático a xurisprudencia dos Tribunais españois, previa suscripción; cfr. http://www.laley.net/ Non obstante, nos últimos tempos o Poder Xudicial español realizou un gran esforzo para informatizar os tribunais e a sua producción xurisprudencial. Grazas a ese esforzo, é posible dispoñer en internet un pleno acceso as resolucións xudiciais a través da páxina do Consello Xeral do Poder Xudicial que incorpora un útil buscador de xurisprudencia: http://www.poderjudicial.es/tribunalsupremo/ Dende fai más tiempo, es posible consultar los últimos autos y sentencias del Tribunal Constitucional desde 1980)así como de un buscador temático de todas as emitidas polo Alto Tribunal na páxina: http://www.tribunalconstitucional.es/ En canto a xurisprudencia comunitaria europea, en especial do Tribunal de Xustiza da Unión Europea, sito en Luxemburgo, pode accederse a través do seguinte enlace:http://curia.eu.int/es/content/juris/index.htm Por último, tamén están dispoñiible en internet as últimas resolución do Tribunal Europeo de Derechos Humanos, sito en Estrasburgo, na dirección: http://www.echr.coe.int/ III. PORTAIS E BASES DE DATOS (dispoñibles a través da páxina web da Biblioteca da UDC, pero sólo cos ordenadores conectados a rede universitaria): IUSTEL: http://www.iustel.com/;TIRANT ON LINE:http://www.tirantonline.com/; ADMIWEB: http://www.admiweb.org/
Bibliografía complementaria COSCULLUELA MONTANER, L (Ultima edición). Manual de Derecho Administrativo. Civitas
MORELL OCAÑA, L (Ultima edición). Curso de Derecho Administrativo. Aranzadi
GARCÍA ENTERRÍA, E. y FERNÁNDEZ-RODRIGUEZ, T. R. (Ultima edición). Curso de Derecho Administrativo. Civitas
ENTRENA CUESTA, R. (Ultima edición). Curso de Derecho Administrativo. Tecnos
PARADA VÁZQUEZ, J.R. (Ultima edición). Derecho Administrativo. Marcial Pons


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías