Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Dereito Internacional Público Código 612G01019
Titulación
Grao en Dereito
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Segundo Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Galego
Inglés
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Dereito Público
Coordinación
Sobrino Heredia, Jose Manuel
Correo electrónico
j.sobrino@udc.es
Profesorado
Mkrtichyan , Artak
Oanta Oanta, Gabriela Alexandra
Quindimil Lopez, Jorge Antonio
Sobrido Prieto, Marta
Sobrino Heredia, Jose Manuel
Correo electrónico
a.mkrtichyan@udc.es
gabriela.oanta@udc.es
jorge.quindimil@udc.es
marta.sobrido@udc.es
j.sobrino@udc.es
Web http://https://campusvirtual.udc.es/moodle/course/view.php?id=41475&sesskey=9Zrftw1li
Descrición xeral Esta materia pretende posibilitar o ensino sistemático do Ordenamento xurídico que está destinado a regular a sociedade/comunidade internacional, facilitando a comprensión entre o alumnado dos problemas básicos que rodean aquel.

Desde unha perspectiva xurídico-formal, o Dereito internacional preséntaselle ao alumnado na súa dimensión positiva, ofrecendo o maior número posible de referencias á normativa en vigor. Esta perspectiva complétase cunha aproximación histórico-sociolóxica, expoñendo ao alumnado as realidades subxacentes ás normas e o medio concreto en que estas están chamadas a rexer, posto que para un ensino eficaz da materia é fundamental unha exposición dos acontecementos históricos e dos acontecementos sociolóxicos.

Así mesmo, ambos os enfoques acompáñanse dunha aproximación axiolóxica ao dereito internacional, coa finalidade de procurar unha constante valoración da norma co ideal de Xustiza. Desde logo, a dimensión finalista da actividade docente conduce a que o ensino non se reduza a unha descrición do ordenamento xurídico internacional, senón que debe facerse reflexionar o alumno sobre o conxunto de valores que inspiran e aos que aspira este ordenamento. Desta forma, ao ensinar e difundir o Dereito internacional preténdese contribuír, en boa medida, a facer progresar a Sociedade internacional e os suxeitos que a compoñen na vía da paz.

Tendo en conta o contido esencial desta disciplina científica, a súa docencia exponse desde unha visión realista, pero co firme propósito de facer partícipe o alumnado dos valores que inspiran o ordenamento xurídico internacional, apuntando, cando sexa posible, suxestións para a mellora das normas que o integran e insistindo, sobre todo, no seu cumprimento. Neste contexto sitúase unha das funcións máis importantes da docencia do Dereito internacional público: demostrarlle ao estudantado, e convencelo, de que esta é unha disciplina cada vez máis relevante na formación de todo xurista e que tomen conciencia da perspectiva internacional, que lles confire o coñecemento do Ordenamento xurídico internacional, como un elemento imprescindible do mundo interdependente.

A función docente universitaria, en que se combina unha función informativa e outra formativa, debe servir para formar xuristas que poidan atopar saídas profesionais vinculadas cos seus estudos pero, sobre todo, tamén debe servir para formar e potenciar as capacidades intelectuais dos estudantes para que poidan e saiban afrontar de forma crítica os valores e as actitudes sociais que se desenvolven nas sociedades nacionais e internacional de que eles forman parte.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos
A. Programa de Simultaneidade do Grao en ADE e o Grao en Dereito
- Non se realizarán cambios.

B. Grado en Dereito
- Non se realizarán cambios.

C. Bilingual degree
- Non se realizarán cambios.

2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
A. Programa de Simultaneidade do Grao en ADE e o Grao en Dereito
- - Sesión maxistral
- Proba final (computa na avaliación)
- Actividades iniciais
- Solución de problemas (computa na avaliación)
- Estudo de caso (computa na avaliación)
- Análise de fontes documentais (computa na avaliación)
- Eventos científicos ou divulgativos (computa na avaliación)

B. Grado en Dereito
- Sesión maxistral
- Proba final (computa na avaliación)
- Actividades iniciais
- Solución de problemas (computa na avaliación)
- Estudo de caso (computa na avaliación)
- Análise de fontes documentais (computa na avaliación)
- Eventos científicos ou divulgativos (computa na avaliación)

C. Bilingual degree:
- Sesión maxistral
- Proba final (computa na avaliación)
- Actividades iniciais
- Solución de problemas (computa na avaliación)
- Estudo de caso (computa na avaliación)
- Análise de fontes documentais (computa na avaliación)
- Eventos científicos ou divulgativos (computa na avaliación)

*Metodoloxías docentes que se modifican
A. Programa de Simultaneidade do Grao en ADE e o Grao en Dereito
- Mantense a metodoloxía docente, pero substitúese a docencia presencial por unha docencia virtual, e as actividades prácticas realizaranse, tamén, por medios virtuais.

B. Grao en Dereito
- Mantense a metodoloxía docente, pero substitúese a docencia presencial por unha docencia virtual, e as actividades prácticas realizaranse, tamén, por medios virtuais.

C. Bilingual degree
- Mantense a metodoloxía docente, pero substitúese a docencia presencial por unha docencia virtual, e as actividades prácticas realizaranse, tamén, por medios virtuais.

3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
A. Programa de Simultaneidade do Grao en ADE e o Grao en Dereito
- Microsoft Outlook, Moodle, TEAMS.

B. Grao en Dereito
- Moodle, TEAMS, FORMS, STREAM.

C. Bilingual degree
- TEAMS, Moodle, Microsoft Outlook.

4. Modificacións na avaliación
A. Programa de Simultaneidade do Grao en ADE e o Grao en Dereito
- A proba final desenvolverase virtualmente coas garantías de seguridade correspondente.

B. Grao en Dereito
- A proba final desenvolverase virtualmente coas garantías de seguridade correspondente.

C. Bilingual degree
- A proba final desenvolverase virtualmente coas garantías de seguridade correspondente.

*Observacións de avaliación:
A. Programa de Simultaneidade do Grao en ADE e o Grao en Dereito
- Suprímese a esixencia de obter unha cualificación numérica non inferior á de 5 sobre 10 na proba final.

B. Grao en Dereito:
- Mantense o indicado no Paso 7.

C. Bilingual degree:
- Mantense o indicado no Paso 7.

5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
A. Programa de Simultaneidade do Grao en ADE e o Grao en Dereito
- Non se realizarán cambios.

B. Grao en Dereito
- Non se realizarán cambios.

C. Bilingual degree
- Non se realizarán cambios.

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Coñecemento das principais institucións xurídicas.
A2 Coñecer a función do Dereito como sistema regulador das relacións sociais.
A3 Percepción do carácter sistemático do ordenamento xurídico.
A4 Percepción do carácter interdisciplinar dos problemas xurídicos.
A5 Coñecemento dos principios e valores constitucionais.
A6 Comprensión das distintas manifestacións do dereito na súa evolución histórica e na súa realidade actual.
A7 Coñecemento das estruturas xurídico-políticas de ámbito nacional e internacional.
A8 Coñecementos básicos de argumentación xurídica.
A9 Capacidade para o manexo de fontes xurídicas (legais, xurisprudenciais e doutrinais).
A10 Capacidade de interpretar e analizar críticamente o ordenamento xurídico.
A11 Capacidade de comprender e de redactar documentos xurídicos.
A12 Manexo da oratoria xurídica. (Capacidade de expresarse apropiadamente en público).
A13 Dominio das novas tecnoloxías aplicadas ao dereito.
A14 Capacidade de elaboración de normas.
A15 Capacidade de negociación e mediación.
B6 Aprender a aprender.
B7 Resolver problemas de forma efectiva, valorando a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.
B8 Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo, entendendo, tamén, a importancia da cultura emprendedora.
B9 Traballar de forma autónoma con iniciativa tendo en conta a importancia da aprendizaxe ao longo de toda a vida.
B10 Traballar de forma colaborativa.
B11 Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán e como profesional.
B12 Comunicarse de maneira efectiva nun entorno de traballo, amosando capacidade de expresión tanto oral como escrita en calquera das linguas oficiais da comunidade autónoma, así como nun idioma estranxeiro.
B13 Capacidade para utilizar a rede informática (internet) na obtención de información e na comunicación de datos e, en xeral, capacidade para empregar as ferramentas básicas das TIC necesarias para o exercicio da súa profesión.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C2 Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C5 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecemento da función do Dereito como sistema regulador das relacións sociais A1
A2
A3
A4
A5
A6
A7
A8
A9
A10
A11
A12
A13
A14
A15
B6
B7
B8
B9
B10
B11
B12
B13
C1
C2
C3
C4
C5
C6
C7
C8
Percepción do carácter sistemático do ordenamento xurídico A1
A2
A3
A4
A5
A6
A7
A8
A9
A10
A11
A12
A13
A14
A15
B6
B7
B8
B9
B10
B11
B12
B13
C1
C2
C3
C4
C5
C6
C7
C8

Contidos
Temas Subtemas
I. O ORDENAMENTO XURÍDICO INTERNACIONAL

Lección 1.- A sociedade internacional e o seu ordenamento xurídico
1. A sociedade internacional
A) Evolución histórica
B) Caracteres básicos
2. O Dereito Internacional Público como ordenamento xurídico da sociedade internacional
A) Concepto de Dereito Internacional Público
B) Caracteres do Dereito Internacional Público
C) Funcións do Dereito Internacional Público
Lección 2.- A formación do Dereito Internacional Público. 1. A creación e o desenvolvemento progresivo do Dereito Internacional Público
2. Os tratados internacionais
A) O procedemento de celebración de tratados
B) A aplicación dos tratados
3. O costume e os principios xerais
4. Os actos unilaterais dos estados e das organizacións internacionais
5. A recepción das normas internacionais nos ordenamentos internos
II. OS SUXEITOS DO DEREITO INTERNACIONAL PÚBLICO

A) O ESTADO

Lección 3.- O Estado como suxeito primario do Dereito internacional público
1. Os elementos constitutivos do Estado
2. O recoñecemento de estados e o recoñecemento de gobernos
3. As inmunidades do Estado
4. A sucesión de estados
Lección 4.- O territorio do Estado 1.Ideas xerais sobre o territorio do Estado
2.Competencias territoriais sobre o espazo mariño
3.Competencias territoriais sobre o espazo supraterrestre
4.Competencias territoriais sobre outros espazos

Lección 5.- A poboación do Estado.

1. A nacionalidade: competencias do Estado sobre os seus súbditos no estranxeiro
2. A condición xurídica do estranxeiro
3. Réximes cualificados de estranxeiría
Lección 6.- Os órganos do Estado nas relacións internacionais

1. Os órganos centrais
2. A representación diplomática
3. As oficinas consulares
B) LAS ORGANIZACIONES INTERNACIONALES

Lección 7.- Aspectos xerais das Organizacións internacionais

1. Antecedentes e evolución histórica
2. Concepto e clases
3. Estrutura e formación da vontade
4. Personalidade xurídica internacional
Lección 8.- A Organización das Nacións Unidas.

1. Antecedentes e evolución histórica
2. Propósitos e principios
3. Os membros
4. A estrutura institucional
Lección 9.- As principais funcións das Nacións Unidas.

1. A descolonización
2. O desenvolvemento e o comercio internacional
3. Dereitos humanos
4. Mantemento da paz e seguridade internacionais

C) A PERSONA HUMANA

Lección 10- A personas humana ante o Dereito internacional público.

1. A capacidade de actuar do individuo ante órganos internacionais
2. A responsabilidade internacional do individuo
3. A protección dos dereitos humanos
III. A APLICACIÓN DEL DEREITO INTERNACIONAL PÚBLICO

Lección 11.- A responsabilidade internacional.

1. Codificación e desenvolvemento progresivo do dereito sobre a responsabilidade internacional
2. A responsabilidade internacional por feitos internacionalmente ilícitos
3. A responsabilidade internacional polas consecuencias prexudiciais de feitos non prohibidos polo Dereito Internacional Público
Lección 12.- Os procedementos para asegurar a aplicación das normas internacionais.

1. A protección diplomática
2. As medidas de autotutela
3. Os procedementos institucionalizados

Lección 13.- Os procedementos pacíficos de solución de controversias internacionais.

1. As controversias internacionais
2. Os procedementos non xurisdicionais de solución de controversias
3. Os procedementos xurisdicionais de solución de controversias
Lección 14.- O control do uso da forza

1. A prohibición da ameaza ou do uso da forza
2. A regulamentación dos conflitos armados
3. O Dereito internacional humanitario


Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A1 A2 A3 A4 A5 A6 A7 A8 A9 A10 A11 A12 A13 A14 A15 B6 B7 B8 B9 B10 B11 B12 B13 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 28 28 56
Actividades iniciais A1 A2 A3 A4 A5 A6 A7 A8 A9 A10 A11 A12 A13 A14 A15 B6 B7 B8 B9 B10 B11 B12 B13 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 24 0 24
Solución de problemas A1 A2 A3 A4 A5 A6 A7 A8 A9 A10 A11 A12 A13 A14 A15 B8 B9 B10 B11 B12 B13 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 3 3 6
Estudo de casos A1 A2 A3 A4 A5 A6 A7 A8 A9 A10 A11 A12 A13 A14 A15 B6 B7 B8 B9 B10 B11 B12 B13 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 3 3 6
Análise de fontes documentais A1 A2 A3 A4 A5 A6 A7 A8 A9 A10 A11 A13 B6 B9 6 3 9
Proba obxectiva A1 A2 A3 A4 A6 A7 A8 A9 1 42 43
Eventos científicos e/ou divulgativos A1 A2 A3 A4 A5 A6 A7 3 3 6
 
Atención personalizada 0 0 0
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Docencia expositiva e orientativa sobre os contidos do programa.
Actividades iniciais As actividades dirixidas consistirán, fundamentalmente, en actividades de simulación ou de rol, en traballos de investigación, de reflexión ou en casos prácticos, para cuxa elaboración ou resolución os alumnos contarán coas correspondentes orientacións e instrucións metodolóxicas, bibliográficas e documentais.
Solución de problemas As actividades dirixidas consistirán, fundamentalmente, en actividades de simulación ou de rol, en traballos de investigación, de reflexión ou en casos prácticos, para cuxa elaboración ou resolución os alumnos contarán coas correspondentes orientacións e instrucións metodolóxicas, bibliográficas e documentais.
Estudo de casos As actividades dirixidas consistirán, fundamentalmente, en actividades de simulación ou de rol, en traballos de investigación, de reflexión ou en casos prácticos, para cuxa elaboración ou resolución os alumnos contarán coas correspondentes orientacións e instrucións metodolóxicas, bibliográficas e documentais.
Análise de fontes documentais As actividades dirixidas consistirán, fundamentalmente, en actividades de simulación ou de rol, en traballos de investigación, de reflexión ou en casos prácticos, para cuxa elaboración ou resolución os alumnos contarán coas correspondentes orientacións e instrucións metodolóxicas, bibliográficas e documentais.
Proba obxectiva O exame será final e consistirá en diversas preguntas baseadas en epígrafes do programa.
Eventos científicos e/ou divulgativos As actividades dirixidas consistirán, fundamentalmente, en actividades de simulación ou de rol, en traballos de investigación, de reflexión ou en casos prácticos, para cuxa elaboración ou resolución os alumnos contarán coas correspondentes orientacións e instrucións metodolóxicas, bibliográficas e documentais.

Atención personalizada
Metodoloxías
Actividades iniciais
Solución de problemas
Estudo de casos
Análise de fontes documentais
Proba obxectiva
Descrición
Na avaliación global tamén se terá en conta positivamente a asistencia e a activa participación do alumnado nas clases, nas tutorías e nas demais actividades que se desenvolvan durante o curso, de tal modo que o profesor poida levar a cabo un seguimento personalizado do estudante.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Actividades iniciais A1 A2 A3 A4 A5 A6 A7 A8 A9 A10 A11 A12 A13 A14 A15 B6 B7 B8 B9 B10 B11 B12 B13 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 As actividades dirixidas representarán o 40% o 60% (dependendo da titulación) da nota final e consistirán, fundamentalmente, en activdidades de simulación ou de rol, en traballos de investigación, de reflexión o en casos prácticos, para cuxa elaboración e resolución os estudantes contarán coas correspondentes orientacións e instruccións metodolóxicas, bibliográficas e documentais. 2
Solución de problemas A1 A2 A3 A4 A5 A6 A7 A8 A9 A10 A11 A12 A13 A14 A15 B8 B9 B10 B11 B12 B13 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 As actividades dirixidas representarán o 40% o 60% (dependendo da titulación) da nota final e consistirán, fundamentalmente, en activdidades de simulación ou de rol, en traballos de investigación, de reflexión o en casos prácticos, para cuxa elaboración e resolución os estudantes contarán coas correspondentes orientacións e instruccións metodolóxicas, bibliográficas e documentais. 30
Estudo de casos A1 A2 A3 A4 A5 A6 A7 A8 A9 A10 A11 A12 A13 A14 A15 B6 B7 B8 B9 B10 B11 B12 B13 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 As actividades dirixidas representarán o 40% o 60% (dependendo da titulación) da nota final e consistirán, fundamentalmente, en activdidades de simulación ou de rol, en traballos de investigación, de reflexión o en casos prácticos, para cuxa elaboración e resolución os estudantes contarán coas correspondentes orientacións e instruccións metodolóxicas, bibliográficas e documentais. 2
Análise de fontes documentais A1 A2 A3 A4 A5 A6 A7 A8 A9 A10 A11 A13 B6 B9 As actividades dirixidas representarán o 40% o 60% (dependendo da titulación) da nota final e consistirán, fundamentalmente, en activdidades de simulación ou de rol, en traballos de investigación, de reflexión o en casos prácticos, para cuxa elaboración e resolución os estudantes contarán coas correspondentes orientacións e instruccións metodolóxicas, bibliográficas e documentais. 2
Eventos científicos e/ou divulgativos A1 A2 A3 A4 A5 A6 A7 As actividades dirixidas representarán o 40% o 60% (dependendo da titulación) da nota final e consistirán, fundamentalmente, en activdidades de simulación ou de rol, en traballos de investigación, de reflexión o en casos prácticos, para cuxa elaboración e resolución os estudantes contarán coas correspondentes orientacións e instruccións metodolóxicas, bibliográficas e documentais. 3
Proba obxectiva A1 A2 A3 A4 A6 A7 A8 A9 A. Programa Simultaneidade ADE-Dereito:
O exame final será oral e suporá o 60% da nota total. Realizarase ao final do cuadrimestre sobre a base da docencia impartida durante o curso, e consistirá en diversas preguntas baseadas en epígrafes do programa.
O nivel mínimo esixido para a superación da proba é de 5 puntos sobre 10. En caso contrario, a materia non se considerará aprobada.

B. Grao en Dereito:
- Quenda de mañá: O exame final será combinado entre preguntas multi-opción e de resposta curta a través dalgunha plataforma virtual (Moodle, FORMS, etc.), que se realizará presencialmente en clase. O tempo estimado para responder será de 30 segundos por pregunta nas multi-opción e de 60 segundos por preguntas nas de resposta curta.
- Quenda de tarde: O exame final da materia será escrito e consistirá en varias preguntas baseadas en epígrafes do programa.

C. Bilingual degree:
O exame final será escrito e suporá o 40% da nota total. Realizarase ao final do cuadrimestre sobre a base da docencia impartida durante o curso, e consistirá en diversas preguntas baseadas en epígrafes do programa.
60
Sesión maxistral A1 A2 A3 A4 A5 A6 A7 A8 A9 A10 A11 A12 A13 A14 A15 B6 B7 B8 B9 B10 B11 B12 B13 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 Docencia expositiva e orientativa sobre os contidos do programa. 1
 
Observacións avaliación
A. PROGRAMA DE SIMULTANEIDADE GRAO ADE-ADERECHO:
Para superar a materia deberá alcanzarse un 5 sobre 10 no exame, que será final e oral, e suporá un 60% da nota final. Para que se poida sumar a nota das actividades prácticas, que suporá o 40% da nota final, deberá alcanzarse un 5 sobre 10 no exame final. Se non se alcanza unha nota mínima de 5 sobre 10 nas actividades prácticas, non se poderá sumar a cualificación do exame final.

B. GRAO EN DEREITO:
- Quenda de mañá: A docencia do grupo da mañá de Dereito Internacional Público desenvolverase co apoio das ferramentas postas a disposición pola propia Universidade, así como outras que se consideren adecuadas para adquirir as competencias da materia. En particular, farase un uso regular de Moodle, Teams, Forms e Stream, entre outras. A nota final da materia corresponderase nun 60% co exame final e nun 40% coas actividades dirixidas. Se non se alcanza unha nota mínima de 5 sobre 10 no exame, non se poderá sumar a cualificación das actividades dirixidas. Se non se alcanza unha nota mínima de 5 sobre 10 nas actividades dirixidas, non se poderá sumar a cualificación do exame. Haberá dous tipos de actividades dirixidas: 1. Sen cualificación autónoma, porque se utilizarán para explicar contidos que serán avaliados no exame final; 2. Con cualificación autónoma, que contabilizarán no 40% da nota final. Ambos os tipos de actividades será aplicables tanto á primeira como á segunda oportunidade.
- Quenda de tarde: O exame final da materia suporá o 60% da nota final e as actividades prácticas puntuarán o 40% restante.

Non se permitirá ningún cambio de quenda nin de grupo reducido que non fose autorizado previamente polo Centro. A participación nunha quenda ou nun grupo reducido que non fose autorizado determinará o suspenso automático na materia (0).

C. DOCENCIA EN INGLÉS / BILINGUAL DEGREE: O exame final da materia será escrito e suporá o 40% da nota final e as actividades prácticas puntuarán o 60% restante.

OBSERVACIÓN XERAL PARA O TRES TITULACIÓNS: Calquera intento de fraude ou plaxio en calquera actividades que se desenvolva durante o curso ou no exame final será penalizada cun suspenso automático na materia (0).

Fontes de información
Bibliografía básica CRAWFORD, J. (2015). Brownlie's Principles of Public International Law. Oxford: Oxford University Press
DIEZ DE VELASCO, M. (2013). Instituciones de Derecho Internacional Público, 18ª ed.. Madrid: Ed. Tecnos
DIEZ DE VELASCO, M. (SOBRINO HEREDIA, J.M. coord.) (2010). Las Organizaciones internacionales. Madrid: Ed. Tecnos
DIXON, M. (2013). Textbook on International Law. Oxford: Oxford University Press
SOBRINO HEREDIA, J.M. (2016). Textos para el estudio del Derecho internacional público,Derecho de la Unión Europea y Derecho internacional de los espacios. Valencia: Ed. Tirant lo Blanch
SOBRINO HEREDIA, J.M. (2016). Textos para el estudio del Derecho internacional público,Derecho de la Unión Europea y Derecho internacional de los espacios. Valencia: Ed. Tirant lo Blanch

Bibliografía complementaria PASTOR RIDRUEJO, J.A. (2015). Curso de Derecho internacional público y Organizaciones internacionales, 19ª ed.. Madrid: Ed. Tecnos
TORRES CAZORLA, M.I. (dir.) (2019). Derecho internacional público y Organizaciones internacionales. Actividades prácticas / Public International Law and International Organizations. Practical activities. Valencia: Tirant lo Blanch
MARIÑO MENENDEZ, F. (2005). Derecho internacional público. Parte general, 4ª ed. revisada. Madrid: Ed. Trotta
REMIRO BROTONS, A. Y OTROS (2014). Derecho internacional: curso general, 2ª ed.. Valencia: Ed. Tirant lo Blanch
RODRIGUEZ CARRIÓN, A. (2009). Lecciones de Derecho internacional público, 6ª ed., 2ª reimpresión . Madrid: Ed. Tecnos
SÁENZ DE SANTAMARÍA, P.A. (2018). Sistema de Derecho Internacional Público, 5ª ed.. Pamplona: Ed. Civitas-Thomson Reuters


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario
Dereito da Unión Europea/612G01021
Traballo fin de Grao/612G01031
Dereito internacional dos espazos/612G01047

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías