Datos Identificativos 2019/20
Asignatura (*) Dereito da Unión Europea Código 612G01021
Titulación
Grao en Dereito
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Terceiro Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Dereito Público
Coordinación
Sobrino Heredia, Jose Manuel
Correo electrónico
j.sobrino@udc.es
Profesorado
Aba Catoira, Ana Maria
Fachal Noguer, Nuria
Garcia Vazquez, Sonia
Jove Villares, Daniel
Mkrtichyan , Artak
Neira Pena, Ana
Oanta Oanta, Gabriela Alexandra
Quindimil Lopez, Jorge Antonio
Roura Gomez, Santiago Antonio
Sobrino Heredia, Jose Manuel
Correo electrónico
ana.abac@udc.es
nuria.fachal@udc.es
sonia.garcia.vazquez@udc.es
d.jove.villares@udc.es
a.mkrtichyan@udc.es
ana.neira@udc.es
gabriela.oanta@udc.es
jorge.quindimil@udc.es
santiago.roura.gomez@udc.es
j.sobrino@udc.es
Web
Descrición xeral O estudo desta materia permitirá ó estudante coñecer mellor a súa condición de cidadán europeo e, sobre todo, ampliará a súa comprensión da dimensión xurídica da Unión Europea. Esto último permitiralle constatar a importancia que pode acadar o dereito nos procesos de integración.

A impartición desta materia é responsabilidade de 3 áreas de coñecemento: Dereito internacional público (temas 1-2, 5-13), Dereito constitucional (temas 3-4) e Dereito procesual (tema 14).

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Coñecemento das principais institucións xurídicas.
A3 Percepción do carácter sistemático do ordenamento xurídico.
A5 Coñecemento dos principios e valores constitucionais.
A6 Comprensión das distintas manifestacións do dereito na súa evolución histórica e na súa realidade actual.
B1 Que os estudantes demostrasen posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adóitase atopar a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo
B2 Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo
B5 Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía
B6 Aprender a aprender.
B10 Traballar de forma colaborativa.
B13 Capacidade para utilizar a rede informática (internet) na obtención de información e na comunicación de datos e, en xeral, capacidade para empregar as ferramentas básicas das TIC necesarias para o exercicio da súa profesión.
C2 Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C5 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Adquisición do coñecemento dos principios e valores constitucionais. A5
Adquisición do coñecemento das principais institucións xurídicas. A1
Percepción, polo alumno, do carácter sistemático do ordenamento xurídico. A3
Comprensión, polo alumno, das distintas manifestacións do dereito na súa evolución histórica e na súa realidade actual. A6
Comprensión, polo alumno, de coñecementos nunha área de estudo como é esta que parte da base da educación secundaria xeral, e adóitase atopar a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda deste campo de estudo B1
Aplicación, polo alumno, dos seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional. Adquisición das competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro desta área de estudo B2
Traballo dos estudiantes de forma colaborativa. B10
Adquisición, e exercicio, da competencia de aprender a aprender. B6
Adquisición, polo alumno, da competencia para desenvolver aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía B5
Capacidade para utilizar a rede informática (internet) na obtención de información e na comunicación de datos e, en xeral, capacidade para empregar as ferramentas básicas das TIC necesarias para o exercicio da súa profesión. B13
Dominio da expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro. C2
Utilización das ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida. C3
Capacidade para desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. C4
Entendemento da importancia da cultura emprendedora e coñecimento dos medios ao alcance das persoas emprendedoras. C5
Capacidade do alumno para valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que debe enfrontarse. C6

Contidos
Temas Subtemas
Tema 1. Orixe e evolución histórica da Unión Europea. 1. Antecedentes históricos da UE
2. O proceso de profundización da UE
3. O proceso de ampliación da UE
Tema 2. Natureza xurídica e caracteres da Unión Europea. 1.Configuración xurídica: a UE como Organización internacional
2.Valores, obxectivos e principios
3.O sistema de competencias
Tema 3. A integración europea. Fundamento e alcance constitucional da pertenza á UE. 1. Bases constitucionais da pertenza á UE
2. A pertenza á UE e as súas consecuencias sobre o sistema constitucional de fontes do Dereito.
3. A pertenza á UE e as súas consecuencias sobre a organización territorial do Estado español.
4. Cidadanía e dereitos. 1. A cidadanía europea: concepto e contido
2. A tutela dos dereitos no espazo comunitario
3. A Carta dos Dereitos fundamentais da UE: proceso constitucional?
4. A adhesión da UE ao Convenio Europeo de Dereitos Humanos.
Tema 5. Sistema institucional da Unión Europea (I). 1. Consideracións xerais: principios e medios
2. O Consello Europeo
3. O Consello
Tema 6. Sistema institucional da Unión Europea (II). 1. O Parlamento Europeo
2. A Comisión
3. Outras institucións e órganos
Tema 7. Ordenamento xurídico da Unión Europea (I): Fontes.
1. O Dereito orixinario
2. O Dereito derivado
3. O proceso de formación do Dereito derivado
Tema 8.Ordenamento xurídico da Unión Europea (II): Aplicación no Ordenamento xurídico interno. 1. As relacións entre o Dereito da UE e os Dereitos interno dos Estados membros
2. Os principios de efecto directo, primacía e responsabilidade do Estado
3. Desenvolvemento e execución do Dereito da UE
Tema 9. Sistema xurisdicional da UE (I): Organización e funcionamento do TJUE. 1.O Tribunal de Xustiza: organización e funcionamento
2. O Tribunal Xeral: organización e funcionamento
3. Os tribunais especializados: o Tribunal da Función Pública.
4. Caracteres xerais do procedemento ante o TJUE.
Tema 10. Sistema xurisdicional da UE (II): as competencias do TJUE. 1. A competencia contenciosa
2. A competencia prejudicial
3. As competencias consultiva
Tema 11. Políticas e liberdades da UE. 1. As liberdades fundamentais do mercado interior
2. As políticas comúns da Unión
3. As políticas compartidas da Unión
4. As políticas en que a Unión dispón de competencias de cooperación, apoio, complemento ou axuda
Tema 12. Acción exterior da Unión Europea: as relacións exteriores. 1. A subxectividade xurídica internacional da UE
2. As principais manifestacións da subxectividade internacional da UE
3. A dimensión internacional das políticas civís da UE
Tema 13: Acción exterior da Unión Europea: a Política exterior e de Seguridade Común e a Política de Seguridade e Defensa Común. 1. A articulación da Política Exterior e de Seguridade Común
2. A dimensión institucional e os ámbitos materiais da Política Exterior e de Seguridade Común
3. A articulación da Política de Seguridade e Defensa Común
Tema 14: Espazo de Liberdade, Seguridade e Xustiza: a tutela xudicial e procesual na Unión Europea. 1. A cooperación xudicial en materia civil
2. A cooperación xudicial en materia penal
3. O principio de recoñecemento mutuo en materia penal
4. A orde europea de detención e entrega

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A1 A3 A5 A6 C5 39 60 99
Seminario B6 B10 B13 B1 B2 B5 C2 C3 C4 C5 C6 19 25 44
Proba obxectiva A1 A3 A5 A6 B6 B10 B1 B2 B5 C4 C5 C6 2 0 2
 
Atención personalizada 5 0 5
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Sesión maxistral
Seminario Seminario
Proba obxectiva Proba obxectiva

Atención personalizada
Metodoloxías
Seminario
Descrición
O alumno terá a posibilidade de consultar cos profesores todas aquelas dúbidas que lle xurdan tanto respecto das clases maxistrais como das actividades prácticas.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Seminario B6 B10 B13 B1 B2 B5 C2 C3 C4 C5 C6 Actividades prácticas: traballos en grupos, análise de textos... 30
Proba obxectiva A1 A3 A5 A6 B6 B10 B1 B2 B5 C4 C5 C6 Examen final da materia, poderá ser escrito ou oral. 70
 
Observacións avaliación

ORGANIZACIÓN DA MATERIA – ÁREAS DE COÑECEMENTO. A
impartición e avaliación da materia é responsabilidade de 3 Áreas de
coñecemento: 1) Área de Dereito internacional público. Temas: 1-2 e
5-13.
Profesorado: en Dobre Grao Dereito ADE, Profa. Gabriela A. Oanta
(gabriela.oanta@udc.es) y Doctoranda Ana Maestro Cortizas (a.maestro@udc.es); en Grao Dereito, Profa. Marta Sobrido
(marta.sobrido@udc.es) y Prof. Jorge Antonio Quindimil López
(jorge@udc.es). 2)
Área de Dereito constitucional. Temas: 3-4. Profesorado: Profa. Sonia
García Vázquez (soniagv@udc.es) e Prof. Ana Aba Catoira
(ana.abac@udc.es). 3) Área de Dereito procesual: Prof. Juan Cámara
(camara@udc.es), Profa. Nuria Fachal (nuria.fachal@udc.es) e Prof. David
Soto (david.sdiaz@udc.es). Tema 14.

CÁLCULO DA
NOTA FINAL DA MATERIA: Cada unha das Áreas de coñecemento que participan
na
materia ten un peso, na avaliación final, proporcional á súa carga
docente:
Dereito internacional público: 78 % da nota final Dereito
constitucional: 15%
da nota final Dereito procesual: 7% da nota final .

DOBRE
GRAO
DERECHO-ADE: En relación coa parte relativa a Dereito internacional
público, é necesario aproba-lo examen final para que poidan terse en
conta
as notas das prácticas. É dicir: no caso dos alumnos que obteñan unha
calificación numérica de 5 ou superior (sobre 10) no examen final da
parte de
DIP, se lles calculará a nota da parte de DIP do seguinte modo: o 20% da
nota
mediante a evaluación das actividades de seminario (en clase, entregas
de
traballos...) e o 80% restante mediante o examen final; no caso dos
alumnos que
obteñan unha calificación numérica inferior ó 5 (sobre 10) no examen
final da
parte de DIP, só se lles terá en conta o examen final de DIP -cun peso
do 80%-
a efectos do cálculo da nota de DIP. Aqueles alumnos que
non se presenten ó examen final de DIP, serán considerados como NP polo
que se
refiere á parte de DIP. No caso das outras materias do DOBRE GRAO EN DEREITO (Constitucional e Procesual) é necesario aprobar o exame final para que poidan ser tidas en
conta as notas das prácticas. É dicir: • Alumnos que obteñan unha cualificación
numérica de 5 ou superior (sobre 10) no exame final,
calcularáselles a nota do seguinte modo: 30% da nota mediante
avaliación de actividades prácticas (en clase, entregas de traballos …), e
70% restante mediante o exame final; • Alumnos que obteñan unha cualificación
numérica inferior a 5 (sobre 10) no exame final, suspenderán a materia sen que se lles poida ter en conta a nota das prácticas.

GRAO EN DEREITO (tódalas materias) é necesario aprobar o exame final para que poidan ser tidas en
conta as notas das prácticas. É dicir: • Alumnos que obteñan unha cualificación
numérica de 5 ou superior (sobre 10) no exame final,
calcularáselles a nota do seguinte modo: 30% da nota mediante
avaliación de actividades prácticas (en clase, entregas de traballos …), e
70% restante mediante o exame final; • Alumnos que obteñan unha cualificación
numérica inferior a 5 (sobre 10) no exame final, suspenderán a materia sen que se lles poida ter en conta a nota das prácticas.


Fontes de información
Bibliografía básica BARNARD, C.; PEARS, S. (eds.) (2014). European Union law . Oxford: Oxford University Press
MANGAS MARTÍN, A. y LIÑÁN NOGUERAS, D.J. (2016). Instituciones y Derecho de la Unión Europea. Madrid: Tecnos
DIEZ DE VELASCO, M. (COORDINADO POR J.M. SOBRINO) (2010). Las Organizaciones internacionales. Madrid:Tecnos
ORTEGA GÓMEZ, M. (2016). Las políticas de la Unión Europea en el siglo XXI. Barcelona: Bosch
FAIRHURST, J. (2016). Law of the European Union (11th ed.). Edinburgh: Pearson
ABELLÁN HONRUBIA, V.; VILÁ COSTA, B. y OLESTI RAYO, A. (2011). Lecciones de Derecho comunitario europeo. Barcelona: Ariel
SOBRINO HEREDIA, J.M. (2016). Textos para el estudio del Derecho Internacional Público, Derecho de la Unión Europea y Derecho Internacional de los Espacios. Valencia: Tirant lo Blanch
SOBRINO HEREDIA, J.M. (2016). Textos para el estudio del Derecho Internacional Público, Derecho de la Unión Europea y Derecho Internacional de los Espacios. Valencia: Tirant lo Blanch

BIBLIOGRAFÍA RECOMENDADA PARA A PARTE DO PROGRAMA IMPARTIDA POLO AREA DE DEREITO CONSTITUCIONAL RUIPEREZ ALAMILLO, J.: La "Constitución Europea" y la teoría del Poder Constituyente, Ed. Biblioteca Nueva, Madrid, 2000. *CARMONA CONTRERAS, A. (Ed.), La Unión Europea en perspectiva constitucional, Aranzadi, Navarra, 2008. *GOIZUETA VÉRTIZ, J. y CIENFUEGOS, M. (Dirs.), La eficacia de los derechos fundamentales de la UE, Thomson Reuters Aranzadi, Navarra, 2014. *JIMENA QUESADA, L., Fundamentos constitucionales de la Unión Europea, Biblioteca Nueva, Madrid, 2006. *JIMENA QUESADA, L., Jurisdicción nacional y control de convencionalidad. A propósito del diálogo judicial global y de la tutela multinivel de derechos, Aranzadi, Navarra, 2013. *JIMENA QUESADA, L., Sistema europeo de derechos fundamentales, Colex, Madrid, 2006. *PÉREZ TREMPS, P. (Dr.), Constitución europea y Constituciones nacionales, Tirant lo Blanch, Valencia, 2005. *RODRÍGUEZ, A., Integración europea y derechos fundamentales, Civitas, Madrid, 2001. *UGARTEMENDÍA, J.I., Derecho Constitucional Europeo, Tirant lo Blanch, Valencia, 2011. *UGARTEMENDÍA, J.I., GARCÍA VÁZQUEZ, S., GOIZUETA VÉRTIZ, J. (Dirs.), La Carta de los Derechos Fundamentales de la Unión Europea, Thomson Reuters Aranzadi, Navarra, 2012.

Bibliografía complementaria MANGAS, A. (Dir.); GONZÁLEZ, L.N. (Coord.); LÓPEZ ESCUDERO, M.; MARTIN PÉREZ DE NANCLARES, J. y SOBR (2008). Carta de los Derechos Fundamentales de la Unión Europea. Comentario artículo por artículo. Madrid: Fundación BBVA
ALCAIDE FERNÁNDEZ, J. y CASADO RAIGÓN, R. (2018). Curso de Derecho de la Unión Europea, 3ª ed.. Madrid: Tecnos
SÁNCHEZ RAMOS, B. (Ed.) (2012). La Unión Europea como actor global. Valencia: Tirant lo Blanch
GUTIERREZ ESPADA, C. e.a (2015). La Unión Europea y su Derecho. Madrid: Trotta
ALDECOA LUZARRAGA, F.; SOBRINO HEREDIA, J.M. e.a. (2008). Los Tratados de Roma en su cincuenta aniversario. Perspectivas desde la Asociación Española de Profesores de Derecho internacional y Relaciones internacionales. Madrid: M. Pons

PAXINAS WEB Páxina oficial da Unión Europea: http://europa.eu/ EUROPOL: http://europol.europa.eu/ EUROJUST: http://eurojust.eu/ Rede xudicial europea en materia civil e mercantil: http://ec.europa.eu/civiljustice Atlas xudicial europeo: http://ec.europa.eu/justice_home/judicialatlascivil/html/index_es.htm Rede xudicial europea en materia penal: http://www.ejn-crimjust.europa.eu/ejn/


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Dereito Internacional Público/612G01019

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario
Traballo fin de Grao/612G01031
Dereito internacional dos espazos/612G01047

Observacións
Curso do posgrado "Política marítima integrada da Unión Europea" (4ª ed.).


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías