Datos Identificativos 2023/24
Asignatura (*) Dereito da Unión Europea Código 612G01021
Titulación
Grao en Dereito
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
1º e 2º Ciclo 1º cuadrimestre
Terceiro Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Inglés
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Dereito Público
Coordinación
Sobrido Prieto, Marta
Correo electrónico
marta.sobrido@udc.es
Profesorado
Fernández Gómez, Martín
Garcia Vazquez, Sonia
Mkrtichyan , Artak
Oanta Oanta, Gabriela Alexandra
Quindimil Lopez, Jorge Antonio
Sobrido Prieto, Marta
Correo electrónico
martin.fgomez@udc.es
sonia.garcia.vazquez@udc.es
a.mkrtichyan@udc.es
gabriela.oanta@udc.es
jorge.quindimil@udc.es
marta.sobrido@udc.es
Web
Descrición xeral O estudo desta materia permitirá ao alumnado coñecer mellor a súa condición de cidadáns europeos e, sobre todo, ampliará a súa comprensión da dimensión xurídica da Unión Europea. Esto último permitiralle constatar a importancia que pode acadar o dereito nos procesos de integración.

A impartición desta materia é responsabilidade de 2 áreas de coñecemento: Dereito internacional público (leccións 1-2, e 5-13), e Dereito constitucional (leccións 3-4 e 14).

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Coñecemento das principais institucións xurídicas.
A3 Percepción do carácter sistemático do ordenamento xurídico.
A5 Coñecemento dos principios e valores constitucionais.
A6 Comprensión das distintas manifestacións do dereito na súa evolución histórica e na súa realidade actual.
B1 Que os estudantes demostrasen posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adóitase atopar a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo
B2 Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo
B5 Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía
B6 Aprender a aprender.
B10 Traballar de forma colaborativa.
B13 Capacidade para utilizar a rede informática (internet) na obtención de información e na comunicación de datos e, en xeral, capacidade para empregar as ferramentas básicas das TIC necesarias para o exercicio da súa profesión.
C2 Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C5 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Adquisición do coñecemento dos principios e valores constitucionais. A5
Adquisición do coñecemento das principais institucións xurídicas. A1
Percepción, polo alumnado, do carácter sistemático do ordenamento xurídico. A3
Comprensión, polo alumnado, das distintas manifestacións do dereito na súa evolución histórica e na súa realidade actual. A6
Comprensión, polo alumnado, de coñecementos nunha área de estudo como é esta que parte da base da educación secundaria xeral, e adóitase atopar a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda deste campo de estudo B1
Aplicación, polo alumnado, dos seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional. Adquisición das competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro desta área de estudo B2
Traballo do alumnado de forma colaborativa. B10
Adquisición, e exercicio, da competencia de aprender a aprender. B6
Adquisición, polo alumnado, da competencia para desenvolver aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía B5
Capacidade para utilizar a rede informática (internet) na obtención de información e na comunicación de datos e, en xeral, capacidade para empregar as ferramentas básicas das TIC necesarias para o exercicio da súa profesión. B13
Dominio da expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro. C2
Utilización das ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida. C3
Capacidade para desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. C4
Entendemento da importancia da cultura emprendedora e coñecimento dos medios ao alcance das persoas emprendedoras. C5
Capacidade do alumnado para valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que debe enfrontarse. C6

Contidos
Temas Subtemas
Tema 1. Orixe e evolución histórica da Unión Europea. 1. Antecedentes históricos da UE
2. O proceso de profundización da UE
3. O proceso de ampliación da UE
Tema 2. Natureza xurídica e caracteres da Unión Europea. 1.Configuración xurídica: a UE como Organización internacional
2.Valores, obxectivos e principios
3.O sistema de competencias
Tema 3. A integración europea. Fundamento e alcance constitucional da pertenza á UE. 1. Bases constitucionais da pertenza á UE
2. A pertenza á UE e as súas consecuencias sobre o sistema constitucional de fontes do Dereito.
3. A pertenza á UE e as súas consecuencias sobre a organización territorial do Estado español.
Tema 4. Cidadanía e dereitos. 1. A cidadanía europea: concepto e contido
2. A tutela dos dereitos no espazo comunitario
3. A Carta dos Dereitos fundamentais da UE: proceso constitucional?
4. A adhesión da UE ao Convenio Europeo de Dereitos Humanos.
Tema 5. Sistema institucional da Unión Europea (I). 1. Consideracións xerais: principios e medios
2. O Consello Europeo
3. O Consello
Tema 6. Sistema institucional da Unión Europea (II). 1. O Parlamento Europeo
2. A Comisión
3. Outras institucións e órganos
Tema 7. Ordenamento xurídico da Unión Europea (I): Fontes.
1. O Dereito orixinario
2. O Dereito derivado
3. O proceso de formación do Dereito derivado
Tema 8.Ordenamento xurídico da Unión Europea (II): Aplicación no Ordenamento xurídico interno. 1. As relacións entre o Dereito da UE e os Dereitos interno dos Estados membros
2. Os principios de efecto directo, primacía e responsabilidade do Estado
3. Desenvolvemento e execución do Dereito da UE
Tema 9. Sistema xurisdicional da UE (I): Organización e funcionamento do TJUE. 1.O Tribunal de Xustiza: organización e funcionamento
2. O Tribunal Xeral: organización e funcionamento
3. Os tribunais especializados: o Tribunal da Función Pública.
4. Caracteres xerais do procedemento ante o TJUE.
Tema 10. Sistema xurisdicional da UE (II): as competencias do TJUE. 1. A competencia contenciosa
2. A competencia prejudicial
3. As competencias consultiva
Tema 11. Políticas e liberdades da UE. 1. As liberdades fundamentais do mercado interior
2. As políticas comúns da Unión
3. As políticas compartidas da Unión
4. As políticas en que a Unión dispón de competencias de cooperación, apoio, complemento ou axuda
Tema 12. Acción exterior da Unión Europea: as relacións exteriores. 1. A subxectividade xurídica internacional da UE
2. As principais manifestacións da subxectividade internacional da UE
3. A dimensión internacional das políticas civís da UE
Tema 13: Acción exterior da Unión Europea: a Política exterior e de Seguridade Común e a Política de Seguridade e Defensa Común. 1. A articulación da Política Exterior e de Seguridade Común
2. A dimensión institucional e os ámbitos materiais da Política Exterior e de Seguridade Común
3. A articulación da Política de Seguridade e Defensa Común
Tema 14: Espazo de Libertade, Seguridade e Xustiza. Aproximación ao marco xeneral. Políticas de inmigración e asilo, control fronterizo, cooperación xudicial e policial.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A1 A3 A5 A6 C5 39 60 99
Seminario B6 B10 B13 B1 B2 B5 C2 C3 C4 C5 C6 19 25 44
Proba obxectiva A1 A3 A5 A6 B6 B10 B1 B2 B5 C4 C5 C6 2 0 2
 
Atención personalizada 5 0 5
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Actividade lectiva desenvolvida polo profesorado seguindo o programa da asignatura.
Seminario Actividade de contidos prácticos relacionados coa asignatura.
Proba obxectiva Exame do contido da asignatura.

Atención personalizada
Metodoloxías
Seminario
Descrición
O alumnado terá a posibilidade de consultar co profesorado todas aquelas dúbidas que lle xurdan tanto respecto das clases maxistrais como das actividades prácticas.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Seminario B6 B10 B13 B1 B2 B5 C2 C3 C4 C5 C6 Avaliación da actividade práctica. Dependendo da titulación (Dobre grao Dereito+ADE / Grao en Dereito en castelán / Grao en Dereito bilingüe), representará unha porcentaxe diferente da nota final da asignatura. Véanse "Observacións avaliación". 40
Proba obxectiva A1 A3 A5 A6 B6 B10 B1 B2 B5 C4 C5 C6 Exame do contido da materia. Dependendo da titulación (Dobre grao Dereito+ADE / Grao en Dereito en castelán / Grao en Dereito bilingüe), representará unha porcentaxe diferente da nota final de asignatura. Véanse "Observacións avaliación". 60
 
Observacións avaliación

ORGANIZACIÓN DA MATERIA SEGÚN ÁREAS DE COÑECEMENTO

 A impartición e avaliación da materia é
responsabilidade de 2 Áreas de coñecemento: Área de Dereito internacional
público (DIP), Leccións 1-2 e 5-13; e Área de Dereito constitucional (DC),
Leccións 3-4 e 14.

PROFESORADO

Dobre Grao Dereito + ADE

Área DIP: Profa. Marta Sobrido
(marta.sobrido@udc.es)

Área DC: Profa. Sonia García
(sonia.garcia.vazquez@udc.es) 

Grao Dereito—Quenda de mañá

Área DIP: Prof. Jorge A. Quindimil
(jorge.quindimil@udc.es)

Área DC: Profa. Sonia García
(sonia.garcia.vazquez@udc.es) 

Grao Dereito—Quenda de Tarde

Área DIP: Profa. Marta Sobrido
(marta.sobrido@udc.es)

Área DC: Profa. Sonia García (sonia.garcia.vazquez@udc.es) 

 Grao
bilingüe

Área DIP: Profa. Gabriela A. Oanta
(gabriela.oanta@udc.es) e Prof. Artak Mkrtichyan (artak@udc.es).  

Área DC:

CÁLCULO DA NOTA FINAL DA MATERIA

  Cada unha das Áreas de coñecemento que participa
na materia ten un peso na avaliación final, proporcional á súa carga docente:

  • Dereito internacional público: 75
    %
    da nota final;
  • Dereito constitucional: 25 %
    da nota final;

PLAXIO OU COPIA

 Calquera intento de plaxio ou copia, tanto nas
actividades prácticas como no exame, suporá un suspenso automático nada
materia con un 0.

AVALIACIÓN: NO DOBRE GRAO DEREITO+ADE; E NO GRAO EN
DEREITO

  • En relación coa parte de Dereito
    internacional público (DIP)
    teranse en conta o exame final e as actividades
    prácticas realizadas ao longo do curso. EXAME
    FINAL
    . O exame representará o 80% da nota da parte DIP. O exame será escrito. Se no exame non se
    consegue un 5 sobre 10, a nota das actividades prácticas non se engadirá á nota
    final da parte DIP. ACTIVIDADES
    PRÁCTICAS
    . As actividades prácticas representarán o 20% da nota DIP;
    pero só se terán en conta no cálculo da nota DIP se se acadou un 5 sobre 10 no
    exame final DIP. O alumnado que non se presente ao exame final DIP
    considerarase non presentado no que se refire á parte DIP. Ao comezo do curso,
    informarase ao alumnado sobre a organización das actividades prácticas. Non se
    permitirá a defensa e/ou entrega de actividades prácticas fóra dos prazos
    establecidos. ALUMNADO CON DISPENSA
    ACADÉMICA DE ASISTENCIA A CLASE
    . O alumnado a tempo parcial ao que, previa solicitude
    ao Decanato, se lle conceda dispensa académica para asistir ás clases (pódese
    consultar a normativa que regula o réxime de estudos a tempo parcial), pode
    escoller entre dúas opcións: 1) que o exame final represente o 100% da nota
    DIP; 2) que o exame final represente o 80% da nota DIP, e o 20% restante a
    través de actividades prácticas que o alumnado defenderá oralmente ao longo do
    curso (presencial ou por Teams; modalidade e datas fixadas polo profesorado
    segundo ás circunstancias do caso). O alumnado poderá escoller un dentro do
    prazo fixado polo profesorado a este efecto. O/a estudante que non opte pola
    segunda opción no prazo fixado polo profesorado, entenderase que opta pola
    primeira opción. SEGUNDA OPORTUNIDADE. A modalidade de exame será a mesma nas dúas oportunidades.
    Como regra xeral, non se permite a recuperación das actividades prácticas na
    2ª oportunidade. A
    2ª oportunidade é para a realización do exame ou exames non superados
    na 1ª oportunidade. Por exemplo: un alumno/a que na 1ª oportunidade
    suspenda a materia tendo aprobada a parte de DC pero non a parte de DIP,
    na 2ª oportunidade solo poderá presentarse á parte de DIP; respecto da
    parte de DC, terase en conta a cualificación que obtivo na 1ª
    oportunidade.
  • En relación coa parte de Dereito
    constitucional (DC)
    teranse en conta o exame final e as actividades
    prácticas realizadas ao longo do curso. EXAME
    FINAL E ACTIVIDADES PRÁCTICAS.
    É necesario que se aprobe o exame final para
    que poidan ser tidas en conta as notas das prácticas. Os alumnos que obteñan
    unha cualificación numérica de 5 ou superior (sobre 10) no exame final que será
    escrito, calcularáselles a nota do seguinte modo: 30% da nota mediante
    avaliación de actividades prácticas (en clase, entregas de traballos, …), e 70%
    restante mediante o exame final. Os alumnos que obteñan unha cualificación
    numérica inferior a 5 (sobre 10) no exame final, suspenderán a materia sen que
    se lles poida ter en conta a nota das prácticas.  ALUMNADO
    CON DISPENSA ACADÉMICA DE ASISTENCIA A CLASE.
    Os estudantes con dedicación
    ou dispensa a tempo parcial, é dicir, que solicitaran e lles fose concedida
    polo Decano da Facultade de Dereito a exención de asistencia ás aulas
    presenciais (pódese consultar a normativa que regula o réxime de estudos a
    tempo parcial), poderán ser avaliados mediante unha proba obxectiva que
    representará o 100% da nota final da materia, sen necesidade de que entreguen
    as prácticas ou actividades interactivas. Non obstante, se o alumno desexa
    optar polo sistema de avaliación continua, deberá facelo constar por escrito ao
    profesor e obter a súa aprobación tamén por escrito. SEGUNDA OPORTUNIDADE. A modalidade de exame será a mesma nas dúas oportunidades.
    Como regra xeral, non se permite a recuperación das actividades prácticas na
    segunda oportunidade. A
    2ª oportunidade é para a realización do exame ou exames non superados
    na 1ª oportunidade. Por exemplo: un alumno/a que na 1ª oportunidade
    suspenda a materia tendo aprobada a parte de DC pero non a parte de DIP,
    na 2ª oportunidade sólo poderá presentarse á parte de DIP; respecto da
    parte de DC, terase en conta a calificación que obtivo na 1ª
    oportunidade.

 EVALUACIÓN NO GRAO BILINGÜE

  •  En relación coa parte de Dereito
    internacional público (DIP)
    , o exame final da materia será escrito e suporá
    o 50% da nota final, e as actividades prácticas puntuarán o 50% restante. Polo
    que se refire á segunda oportunidade de exames, o sistema de avaliación será
    similar ao da primeira oportunidade. Para o alumnado con recoñecemento de
    dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, a
    avaliación consistirá nun exame final sobre os contidos da materia cuxa
    cualificación máxima será de 10 puntos sobre 10.
  • En relación coa parte de Dereito
    constitucional (DC)
    teranse en conta o exame final e as actividades
    prácticas realizadas ao longo do curso. EXAME
    FINAL E ACTIVIDADES PRÁCTICAS.
    É necesario que se aprobe o exame final para
    que poidan ser tidas en conta as notas das prácticas. Os alumnos que obteñan
    unha cualificación numérica de 5 ou superior (sobre 10) no exame final que será
    escrito, calcularáselles a nota do seguinte modo: 30% da nota mediante
    avaliación de actividades prácticas (en clase, entregas de traballos, …), e 70%
    restante mediante o exame final. Os alumnos que obteñan unha cualificación
    numérica inferior a 5 (sobre 10) no exame final, suspenderán a materia sen que
    se lles poida ter en conta a nota das prácticas.  ALUMNADO
    CON DISPENSA ACADÉMICA DE ASISTENCIA A CLASE.
    Os estudantes con dedicación
    ou dispensa a tempo parcial, é dicir, que solicitaran e lles fose concedida
    polo Decano da Facultade de Dereito a exención de asistencia ás aulas
    presenciais (pódese consultar a normativa que regula o réxime de estudos a
    tempo parcial), poderán ser avaliados mediante unha proba obxectiva que
    representará o 100% da nota final da materia, sen necesidade de que entreguen
    as prácticas ou actividades interactivas. Non obstante, se o alumno desexa
    optar polo sistema de avaliación continua, deberá facelo constar por escrito ao
    profesor e obter a súa aprobación tamén por escrito. SEGUNDA OPORTUNIDADE. A modalidade de exame será a mesma nas dúas oportunidades.
    Como regra xeral, non se permite a recuperación das actividades prácticas na
    segunda oportunidade.

Fontes de información
Bibliografía básica SHAHID, M. & SAID, L. (2021). Cases and Materials: European Union Law . The Hague/Chicago: Eleven International Publishing
FOSTER, N. (2020). EU law (7th ed.) . Oxford: Oxford University Press
MANGAS MARTÍN, A. y LIÑÁN NOGUERAS, D.J. (2020). Instituciones y Derecho de la Unión Europea. Madrid: Tecnos
RUIPÉREZ, J. (2018). La “ciudadanía europea” y sus implicaciones para el derecho constitucional. Ciudad de México: Universidad Nacional Autónoma de México
DIEZ DE VELASCO, M. (coordinado por J.M. SOBRINO) (2010). Las Organizaciones internacionales. Madrid:Tecnos
ORTEGA GÓMEZ, M. (2016). Las políticas de la Unión Europea en el siglo XXI. Barcelona: Bosch
ABELLÁN HONRUBIA, V.; VILÁ COSTA, B. y OLESTI RAYO, A. (2011). Lecciones de Derecho comunitario europeo. Barcelona: Ariel
SOBRINO HEREDIA, J.M. (2016). Textos para el estudio del Derecho Internacional Público, Derecho de la Unión Europea y Derecho Internacional de los Espacios. Valencia: Tirant lo Blanch
SOBRINO HEREDIA, J.M. (2016). Textos para el estudio del Derecho Internacional Público, Derecho de la Unión Europea y Derecho Internacional de los Espacios. Valencia: Tirant lo Blanch
DAVIES, K. (2019). Understanding European Union law. London: Routledge

BIBLIOGRAFÍA RECOMENDADA PARA A PARTE DO PROGRAMA IMPARTIDA POLO AREA DE DEREITO CONSTITUCIONAL

  • RUIPEREZ ALAMILLO, J.: La "Constitución Europea" y la teoría del Poder Constituyente, Ed. Biblioteca Nueva, Madrid, 2000.
  • CARMONA CONTRERAS, A. (Ed.), La Unión Europea en perspectiva constitucional, Aranzadi, Navarra, 2008.
  • GOIZUETA VÉRTIZ, J. y CIENFUEGOS, M. (Dirs.), La eficacia de los derechos fundamentales de la UE, Thomson Reuters Aranzadi, Navarra, 2014.
  • JIMENA QUESADA, L., Fundamentos constitucionales de la Unión Europea, Biblioteca Nueva, Madrid, 2006.
  • JIMENA QUESADA, L., Jurisdicción nacional y control de convencionalidad. A propósito del diálogo judicial global y de la tutela multinivel de derechos, Aranzadi, Navarra, 2013.
  • JIMENA QUESADA, L., Sistema europeo de derechos fundamentales, Colex, Madrid, 2006.
  • PÉREZ TREMPS, P. (Dr.), Constitución europea y Constituciones nacionales, Tirant lo Blanch, Valencia, 2005.
  • RODRÍGUEZ, A., Integración europea y derechos fundamentales, Civitas, Madrid, 2001.
  • UGARTEMENDÍA, J.I., Derecho Constitucional Europeo, Tirant lo Blanch, Valencia, 2011.
  • UGARTEMENDÍA, J.I., GARCÍA VÁZQUEZ, S., GOIZUETA VÉRTIZ, J. (Dirs.), La Carta de los Derechos Fundamentales de la Unión Europea, Thomson.
Bibliografía complementaria MANGAS, A. (Dir.); GONZÁLEZ, L.N. (Coord.); LÓPEZ ESCUDERO, M.; MARTIN PÉREZ DE NANCLARES, J. y SOBR (2008). Carta de los Derechos Fundamentales de la Unión Europea. Comentario artículo por artículo. Madrid: Fundación BBVA
ALCAIDE FERNÁNDEZ, J. y CASADO RAIGÓN, R. (2020). Curso de Derecho de la Unión Europea, 3ª ed.. Madrid: Tecnos
SÁNCHEZ RAMOS, B. (Ed.) (2012). La Unión Europea como actor global. Valencia: Tirant lo Blanch
GUTIERREZ ESPADA, C. e.a (2019). La Unión Europea y su Derecho. Madrid: Trotta
ALDECOA LUZARRAGA, F.; SOBRINO HEREDIA, J.M. e.a. (2008). Los Tratados de Roma en su cincuenta aniversario. Perspectivas desde la Asociación Española de Profesores de Derecho internacional y Relaciones internacionales. Madrid: M. Pons

PAXINAS WEB

  • Páxina oficial da Unión Europea: http://europa.eu/
  • Tribunal de Xustiza da Unión Europea: https://curia.europa.eu/jcms/jcms/j_6/es/
  • EUROPOL: http://europol.europa.eu/
  • EUROJUST: http://eurojust.eu/
  • Rede xudicial europea en materia civil e mercantil: https://www.ejn-crimjust.europa.eu/ejn/Ejn_Home/ES/
  • Atlas xudicial europeo: http://ec.europa.eu/justice_home/judicialatlascivil/html/index_es.htm
  • Rede xudicial europea en materia penal: http://www.ejn-crimjust.europa.eu/ejn/

Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Dereito Internacional Público/612G01019

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario
Traballo fin de Grao/612G01031
Dereito internacional dos espazos/612G01047

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías