Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Dereito Mercantil: Dereito de sociedades e de títulos-valores Código 612G01022
Titulación
Grao en Dereito
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Terceiro Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Dereito Privado
Coordinación
Garcia Perez, Rafael
Correo electrónico
rafael.garcia.perez@udc.es
Profesorado
Arean Lalin, Manuel
Cernadas Lázare, Marta
Garcia Perez, Rafael
Correo electrónico
manuel.arean@udc.es
marta.cernadas.lazare@udc.es
rafael.garcia.perez@udc.es
Web
Descrición xeral Na materia estúdase o Dereito de sociedades, con especial atención ás sociedades de capital, e o Dereito dos títulos-valores, facendo particular fincapé no réxime xurídico da letra de cambio.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos
- Non se realizarán cambios.

2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen:
- Sesión maxistral.
- Lecturas.
- Estudo de casos.
- Solución de problemas.
- Proba obxectiva.


*Metodoloxías docentes que se modifican:
- Eventos científicos e/ou divulgativos: celebraranse únicamente se son virtuais.
- Proba de ensaio.

3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
- Correo electrónico: segundo necesidade. Empregarase para facer consultas, solicitar titorías virtuais, resolver dúbidas e demáis cuestións relativas á materia.

- Moodle: segundo necesidade. Tanto en situación de presencialidade como de non presencialidade, esta ferramenta utilizarase para comunicarnos co alumnado e facilitarlles o material e as prácticas da materia. Ademáis, habilitaranse os foros pertinentes para recoller as dúbidas.

-Teams: empregarase segundo a solicitude do alumnado. Esta ferramenta será utilizada para realizar as titorías de forma virtual.

- Bloc de notas de clase de Microsoft OneNote: segundo necesidade.

4. Modificacións na avaliación
A proba obxectiva representa o 50% da cualificación e consiste nun exame tipo test. Esta proba test segue a contar do mesmo número de preguntas, 30, e os mesmos criterios de puntuación, cada 3 respostas mal contestadas, réstase unha correcta. O test ten carácter eliminatorio pero, en caso de ter que aplicar o plan de continxencia, a puntuación mínima desta proba é de 12 puntos sobre 30.
O exame tipo test realizarase a través da plataforma de Moodle.

A proba de ensaio, que consiste na resolución dun caso práctico coa utilización dun código de leis non comentado e que representa o 30% da cualificación, suprímese. O peso da avaliación continua, que representa o 20% da cualificación e consiste na resolución de casos prácticos e na asistencia e participación nas clases interactivas, modifícase para aumentalo, en caso de ter que aplicar o plan de continxencia, ao 50%.


*Observacións de avaliación:
Requisitos para superar a materia:
1. Obter unha puntuación mínima de 12 puntos sobre 30 no test.
2. Que a suma da nota obtida no test e na avaliación continua sexa de 5 o máis puntos, sobre 10.

5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
- Non se realizarán cambios na bibliografía recollida na guía docente. O alumnado terá dispoñible en Moodle o material empregado en clase, que é o necesario para o estudo da materia.

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Coñecemento das principais institucións xurídicas.
A2 Coñecer a función do Dereito como sistema regulador das relacións sociais.
A3 Percepción do carácter sistemático do ordenamento xurídico.
A4 Percepción do carácter interdisciplinar dos problemas xurídicos.
A9 Capacidade para o manexo de fontes xurídicas (legais, xurisprudenciais e doutrinais).
A10 Capacidade de interpretar e analizar críticamente o ordenamento xurídico.
A11 Capacidade de comprender e de redactar documentos xurídicos.
B2 Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo
B3 Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
B5 Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía
B7 Resolver problemas de forma efectiva, valorando a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.
B8 Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo, entendendo, tamén, a importancia da cultura emprendedora.
B11 Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán e como profesional.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C5 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecemento dos aspectos fundamentais do Dereito de sociedades e dos títulos-valores. A1
A2
A3
A4
A9
A11
B7
B8
B2
B3
B5
C5
C7
C8
Capacidade para o manexo de fontes xurídicas (legais, xuurisprudenciais e doctrinais) relacionadas coa materia da asignatura. A9
A11
B11
C1
C3
Capacidade para interpretar e analizar críticamente as normas relacionadas coa materia da asignatura. A9
A10
A11
B11
C1
C3
Capacidade para comprender e redactar documentos xurídicos relacionados coa materia da asignatura. A11
Resolver casos prácticos relacionados coa materia da asignatura. A9
A11
B7
B11
C1
C3
Aplicar un pensamiento crítico ás materias da asignatura. A9
A11
B8
B11
C1
C3
Reflexionar sobre o papel e a importancia das institucións xurídicas obxecto da asignatura no mundo moderno. A9
A11
B11
Expresarse correctamente, tanto de xeito oral como escrito. C1
Utilizar las ferramentas básicas das novas tecnoloxías para a resolución de problemas xurídicos. C3

Contidos
Temas Subtemas
1. Teoría xeral das sociedades mercantiles. A sociedade colectiva e a sociedade comanditaria. -
2. As sociedades de capital: nocións fundamentais. -
3. A fundación das sociedades de capital: achegas sociais e prestacións accesorias.
-
4. As accións, as participacións e as obrigas das sociedades de capital.
-
5. Os órgaos das sociedades de capital. -
6. Outros aspectos das sociedades de capital: contas anuais, modificación de estatutos, separación e exclusión de socios, modificacións estructurais, disolución e liquidación.
-
7. Outros tipos de sociedades: especial atención ás sociedades cooperativas e ás sociedades profesionais.
-
8. Teoría xeral dos títulos-valores. -
9. A letra de cambio. .
10. O cheque e o pagarei. .

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Proba de ensaio A1 A2 A3 A4 A9 A10 A11 B7 B8 B11 C1 C3 2 0 2
Sesión maxistral A1 A11 B7 B8 C1 C3 26 0 26
Lecturas A1 A2 A3 A4 A9 A10 A11 B7 B8 B11 B2 B3 B5 C1 C3 C5 C7 C8 0 10 10
Estudo de casos A1 A9 A10 A11 40 0 40
Eventos científicos e/ou divulgativos A1 A9 A10 8 0 8
Solución de problemas A1 A9 A10 A11 B7 B8 B11 C1 C3 35 15 50
Proba obxectiva A1 A9 A10 A11 B7 B8 B11 C1 C3 2 0 2
 
Atención personalizada 12 0 12
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Proba de ensaio Consiste nun caso práctico que pode resolverse utilizando un código de leis non comentado.
Sesión maxistral Os temas iniciaranse cunha exposición teórica.
Lecturas Proporcionaranse textos aos alumnos para a súa lectura atenta.
Estudo de casos As clases prácticas dedicaranse, en boa medida, ao estudo de casos e sentenzas.
Eventos científicos e/ou divulgativos Organizaranse xornadas ou impartirase algunha conferencia por algún especialista nun tema relacionado coa materia.
Solución de problemas O alumno aprenderá a resolver problemas xurídicos.
Proba obxectiva Consistirá nun exame teórico.

Atención personalizada
Metodoloxías
Estudo de casos
Solución de problemas
Descrición
Os profesores da materia axudarán aos alumnos a resolver as dúbidas referentes á resolución dos casos prácticos, identificando os problemas máis comúns que mostren os alumnos ao longo do curso.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Estudo de casos A1 A9 A10 A11 Avaliarase a actividade dos estudantes nas clases prácticas, en función da súa asistencia e participación.
10
Solución de problemas A1 A9 A10 A11 B7 B8 B11 C1 C3 Avaliarase a actividade dos estudantes nas clases prácticas, en función da súa asistencia e participación. 10
Proba obxectiva A1 A9 A10 A11 B7 B8 B11 C1 C3 A proba consiste nun exame final teórico preferentemente tipo test. Será necesario aprobar esta proba para superar a materia.
50
Proba de ensaio A1 A2 A3 A4 A9 A10 A11 B7 B8 B11 C1 C3 A proba consiste na resolución dun caso práctico coa utilización dun código de leis non comentado. 30
 
Observacións avaliación

Será en todo caso necesario obter como mínimo un 5 sobre 10 na proba obxectiva final para aprobar la asignatura.


Fontes de información
Bibliografía básica EMBID IRUJO y otros (Última). Derecho de sociedades de capital. Marcial Pons
GARCÍA CRUCES (Última). Derecho de sociedades mercantiles. Tirant
SÁNCHEZ CALERO (Última). Instituciones de Derecho Mercantil. Aranzadi
MENÉNDEZ/ROJO (Última). Lecciones de Derecho Mercantil. Civitas Tomson Reuters
BROSETA PONT/MARTÍNEZ SANZ (Última). Manual de Derecho Mercantil. Tecnos

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Dereito da Empresa/612G01011

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario
Dereito Mercantil: Contratos empresariais. Dereito concursal e dereito marítimo/612G01035

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías