Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Dereito do Traballo Código 612G01023
Titulación
Grao en Dereito
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Terceiro Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Galego
Inglés
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Dereito Público
Coordinación
Martinez Giron, Jesus
Correo electrónico
jesus.martinez.giron@udc.es
Profesorado
Arufe Varela, Alberto
Martinez Giron, Jesus
Vizcaíno Ramos, Iván
Correo electrónico
alberto.arufe.varela@udc.es
jesus.martinez.giron@udc.es
i.vizcaino@udc.es
Web
Descrición xeral Pretendemos coa nosa materia:

- Incrementar a autoestima do estudante, facéndolle comprender todas as súas potencialidades.

- Facilitar ao estudante o coñecemento e manexo das fontes xurídicas laborais, tanto normativas como xurisprudenciais.

- Facilitar ao estudante o uso de terminoloxia xurídica laboral específica (por exemplo, contrato de traballo, sindicato, convenio colectivo ou proceso laboral).

- Aproximar ao estudante á solución de verdadeiros problemas xurídicos laborais.

- Implicar aos estudantes nas actividades científicas do Instituto de Investigación da Asociación Coruñesa de Dereito Comparado do Traballo e da Seguridade Social, coa finalidade de axudalos a mellorar os seus curricula vitarum, por medio de contribucións ao seu “Anuario”, e da presentacion de comunicacións ao Congreso Internacional que se organizará durante o curso académico.

- Aproximar ao estudante ás técnicas do Dereito comparado do Traballo, para que caia na conta de que resultan aproveitables as solucións ensaiadas noutros países, a efectos de resolver os problemas xurídico laborais que temos en España.

- Incrementar a potencial empregabilidade dos estudantes.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos
Non hai modificacións.

2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
Reforzarase a utilización de moodle e de teams, especialmente para a realización síncrona da docencia expositiva, nos horarios asignados.

*Metodoloxías docentes que se modifican
Reforzamiento da "solución de problemas", en relación coa docencia interactiva.

3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
Planificación do traballo semanal, con notificación a través de moodle.

4. Modificacións na avaliación
*Observacións de avaliación:
A asistencia pondérase en función do tempo de presencialidade.

5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Non hai modificacións.

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Coñecemento das principais institucións xurídicas.
A2 Coñecer a función do Dereito como sistema regulador das relacións sociais.
A7 Coñecemento das estruturas xurídico-políticas de ámbito nacional e internacional.
A9 Capacidade para o manexo de fontes xurídicas (legais, xurisprudenciais e doutrinais).
A10 Capacidade de interpretar e analizar críticamente o ordenamento xurídico.
A13 Dominio das novas tecnoloxías aplicadas ao dereito.
B2 Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo
B3 Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
B4 Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado
B7 Resolver problemas de forma efectiva, valorando a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.
B8 Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo, entendendo, tamén, a importancia da cultura emprendedora.
B11 Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán e como profesional.
B13 Capacidade para utilizar a rede informática (internet) na obtención de información e na comunicación de datos e, en xeral, capacidade para empregar as ferramentas básicas das TIC necesarias para o exercicio da súa profesión.
C2 Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
- Fluidez no manexo da terminoloxía xurídica inglesa, para perder o medo a usar a lingua inglesa no eido xurídico laboral. C2
- Profundizar na crítica do carácter inxusto da realidade socio-laboral actual, co punto de vista de que é posible unha solución no futuro. A10
B11
C6
- Capacidade individual para levar a cabo todas as tarefas e actividades relativas ó Dereito do Traballo cun alto nivel de calidade. B7
B13
- Dominar os principios e conceptos básicos do Dereito do Traballo. A1
- Completar a visión dos estudantes do noso ordenamento xurídico, pero tendo en conta que están estudando un tema directamente afectante en España a millóns de traballadores e ás súas familias. A10
C4
A2
A7
A9
A13
B8
B2
B3
B4
C3
C8

Contidos
Temas Subtemas
Tema 1. AS FONTES DO DEREITO DO TRABALLO
Tema 2. OS PRINCIPIOS DO DEREITO DO TRABALLO
Tema 3. O ÁMBITO SUBXETIVO DO DEREITO DO TRABALLO
Tema 4. O MODELO ESPAÑOL DE SERVIZOS PÚBLICOS DE EMPREGO
Tema 5. O CONTRATO DE TRABALLO COMÚN OU ORDINARIO E AS SÚAS MODALIDADES
Tema 6. A PRESTACIÓN DE TRABALLO
Tema 7. A XORNADA DE TRABALLO
Tema 8. O SALARIO
Tema 9. A PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS
Tema 10. A MODIFICACIÓN DO CONTRATO DE TRABALLO
Tema 11. A SUSPENSIÓN DO CONTRATO DE TRABALLO
Tema 12. A EXTINCIÓN DO CONTRATO DE TRABALLO, POR CAUSAS INDEPENDENTES DA VONTADE DO TRABALLADOR
Tema 13. A EXTINCIÓN DO CONTRATO DE TRABALLO, POR CAUSAS DEPENDENTES DA VONTADE DO TRABALLADOR
Tema 14. OS REPRESENTANTES LEGAIS OU UNITARIOS DOS TRABLLADORES NA EMPRESA
Tema 15. OS SINDICATOS
Tema 16. OS CONVENIOS COLECTIVOS SECTORIAIS ESTATUTARIOS
Tema 17. OS CONVENIOS COLECTIVOS «EXTRAESTATUTARIOS»
Tema 18. O DEREITO DE FOLGA
Tema 19. A INSPECCIÓN DE TRABALLO
Tema 20. OS TRIBUNAIS LABORAIS
Tema 21. OS PROCESOS LABORAIS DE INSTANCIA

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Proba obxectiva A9 3 0 3
Seminario A7 A13 C3 C6 14 28 42
Sesión maxistral A1 A7 A13 C3 C6 28 56 84
Solución de problemas A10 B7 0 11 11
 
Atención personalizada 10 0 10
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Proba obxectiva Dous exames. O primeiro, sobre a base de preguntas curtas, en lingua inglesa. O segundo, sobre a base de preguntas longas, coa posibilidade de eligir entre as linguas inglesa, castela ou galega.
Seminario Asistir as clases, co deber de comprobar os diversos powerpoints explicados nelas, e de estudar a correspondente lección do manual.
Sesión maxistral Asistir as clases, co deber de comprobar os diversos powerpoints explicados nelas, e de estudar a correspondente lección do manual.
Solución de problemas Facer informes (polo menos, un sobre a localización a traves de Internet das fontes do Dereito do Traballo).

Atención personalizada
Metodoloxías
Proba obxectiva
Sesión maxistral
Solución de problemas
Seminario
Descrición
A facerse sobre a base dun grupo pequeno. Na clase, no despacho do Profesor ou por correo-e. Coa finalidade de preparar as comunicacions que se defenderán no Congreso Internacional de Dereito Comparado do Traballo o final do cuadrimestre.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba obxectiva A9 Aprobar os exames. 40
Sesión maxistral A1 A7 A13 C3 C6 Asistencia regular. 15
Solución de problemas A10 B7 Entregar os informes. 30
Seminario A7 A13 C3 C6 Asistencia regular. 15
 
Observacións avaliación
<p>Darase&nbsp;o máximo número de Matrículas de Honra legalmente permitido. </p>

Fontes de información
Bibliografía básica J. MARTÍNEZ GIRÓN - A. ARUFE VARELA (2016). DERECHO CRÍTICO DEL TRABAJO. CRITICAL LABOR LAW. BARCELONA: ATELIER

Bibliografía complementaria

&nbsp;


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario
Dereito da Seguridade Social/612G01037

Observacións
&lt;p&gt;Non hai cuotas no que se refire as cualificacions eventualmente obtenibles, salvo no tocante as Matriculas de Honra.&lt;/p&gt;


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías