Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Dereito da Contratación Código 612G01024
Titulación
Grao en Dereito
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Terceiro Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Dereito Privado
Dereito Público
Coordinación
Vara Parra, Jose Joaquin
Correo electrónico
joaquin.vara@udc.es
Profesorado
Arevano Fuentes, Mª de la Cruz
Collado Rodríguez, Noelia
Díaz Teijeiro, Carlos María
Gayan Rodriguez, Eloy Miguel
Legeren Molina, Antonio
Peña Lopez, Fernando
Pernas Garcia, Juan Jose
Rodríguez Martín-Retortillo, María del Carmen
Vara Parra, Jose Joaquin
Correo electrónico
m.arevano@udc.es
noelia.collado@udc.es
carlos.diaz.teijeiro@udc.es
e.gayan@udc.es
antonio.legeren@udc.es
fernando.pena@udc.es
jose.pernas@udc.es
maria.rodriguez.martin-retortillo@udc.es
joaquin.vara@udc.es
Web
Descrición xeral A docencia que se imparte nesta materia persigue principalmente a adquisición polo estudante dun grado adecuado de coñecementos sobre o Dereito da Contratación. Concretamente, e por unha parte, as nocións xerais dos contratos: formación, elementos esenciais, eficacia, interpretación e forma.
Por outra, e en especial, se estudan as garantías na contratación e os contratos en particular tanto desde o sector privado como desde o público.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos:
Non haberá modificacións nos contidos en caso de suspensión da actividade presencial.
2. Metodoloxías:
*Metodoloxías docentes que se manteñen:
A docencia pasará a ser telemática (síncrona ou non) na súa totalidade, mediante o uso das plataformas Moodle.
*Metodoloxías docentes que se modifican:
As metodoloxías docentes reforzaranse coas seguintes actuacións, de acordo co criterio de cada un dos profesores responsables de grupo:
- Realización de presentacións de Powerpoint con apuntes ou notas de apoio para facilitar a súa comprensión e suplir as carencias de manuais de apoio.
- Realización de titorías grupais non presenciais para solventar dúbidas sobre as diferentes materias.
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado:
Reforzarase o uso dos medios de atención personalizada non presencial xa previstos na Guía Docente.
Durante os horarios de titorización, ou cando así se sinale polo profesorado, os estudantes terán a posibilidade de programar titorías personalizadas mediante a plataforma Teams.
4. Modificacións na avaliación:
Con carácter xeral, manterase a estrutura da avaliación tanto en primeira como en segunda oportunidade.
*Observacións de avaliación:
Ningunha.
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía:
Ningunha.

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Coñecemento das principais institucións xurídicas.
A2 Coñecer a función do Dereito como sistema regulador das relacións sociais.
A3 Percepción do carácter sistemático do ordenamento xurídico.
A4 Percepción do carácter interdisciplinar dos problemas xurídicos.
A5 Coñecemento dos principios e valores constitucionais.
A7 Coñecemento das estruturas xurídico-políticas de ámbito nacional e internacional.
A8 Coñecementos básicos de argumentación xurídica.
A9 Capacidade para o manexo de fontes xurídicas (legais, xurisprudenciais e doutrinais).
A10 Capacidade de interpretar e analizar críticamente o ordenamento xurídico.
A11 Capacidade de comprender e de redactar documentos xurídicos.
A14 Capacidade de elaboración de normas.
B2 Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo
B3 Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
B5 Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía
B6 Aprender a aprender.
B7 Resolver problemas de forma efectiva, valorando a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.
B8 Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo, entendendo, tamén, a importancia da cultura emprendedora.
B9 Traballar de forma autónoma con iniciativa tendo en conta a importancia da aprendizaxe ao longo de toda a vida.
B10 Traballar de forma colaborativa.
B11 Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán e como profesional.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Razoar xurídicamente empregando as nocións e conceptos fundamentais do dereito de contratos. A2
C4
C7
Coñecer as normas reguladoras de contratos en xeral, así coma o contido básico dos demáis contratos en particular. A1
A3
A9
A10
A14
Recoñecer as especifidades da contratación nos distintos sectores do Dereito A4
A9
A10
Redactar corectamente contratos e documentos relacionados coa súa formación e execución, respecto de cualquiera dos tipos contractuais explicados na clase A11
B6
B9
B10
B2
B5
C3
Redactar demandas, contestaciones e recursos xudicacias nos que expoñer e defender unha determinada posición xurídica en materia de Dereito de contratos. Recoñecer os elementos básicos do proceso de contratación administrativa. A5
A7
A8
A11
B7
B8
B11
B3

Contidos
Temas Subtemas
I. O CONTRATO E OS SEUS REQUISITOS 1. Concepto de contrato 2. Principio da autonomía privada 3. Requisitos do contrato: esenciais, naturais e accidentais 4. Consentimento, obxeto, causa e forma 5. Autocontrato
II. A FORMACIÓN DO CONTRATO 1. Tratos preliminares 2. Oferta e aceptación 3. Oferta e aceptación distanciadas no tempo e no espazo 4. Condicións xerais da contratación
III. A CLASIFICACIÓN DOS CONTRATOS 1. Consensuais e formais 2. Unilaterais e bilaterais 3. Onerosos e gratuitos 4. Conmutativos e aleatorios 5. Ejecución periódica, instantánea e duradera 6. Típicos e atípicos 7. Contrato de opción
IV. A EFICACIA DO CONTRATO 1. Obligatoriedade 2. Irrevocabilidade 3. Relatividade 4. Contrato en favor de terceiro
V. A INTERPRETACIÓN DO CONTRATO 1 Os principios xerais de interpretación 2. Interpretación subxetiva e obxetiva 3. Outros criterios de interpretación: gramatical, sistemática, histórica, auténtica e finalista
VI. A INEFICACIA DO CONTRATO 1. Inexistencia 2. Nulidade 3. Anulabilidade 4. Rescisión 5. Resolución
VII. NORMAS XERAIS SOBRE AS OBRIGAS MERCANTIS 1. A evolución e concepto da obriga mercantil. 2. Especialides no réximen xeral das obligacións mercantis.
VIII. O CONTRATO MERCANTIL. CONSIDERACIÓNS XERAIS 1. Fonte das obligacións mercantís. 2. Determinación da mercantilidade dos contratos. 3. Autonomía contractual: ámbito, transferencia e límites. 4. Réxime xeral dos contratos mercantís. 5. Contratación fóra do establecemento mercantil 6. Outras especialidades dos contratos mercantís en materia de cumprimento e alteración da economía do contrato
IX. O CONTRATO DE COMPRAVENTA 1. Concepto e caracteres do contrato de compraventa 2. Elementos do contrato: as partes, o ben vendido, o precio e a forma da compraventa 3. Os efectos do contrato de compraventa 3.1. As obligacións do vendedor: A) A entrega da cosa e a transmisión da propiedade B) A obligación de saneamiento e a Ley de Garantías na venta de bens de consumo 3.2. As obligacións do comprador: o pago do precio 3.3. O cumprimento das obligacións de entrega e pago do precio 4. Os riscos na compraventa 5. A extinción do contrato de compraventa
X. A COMPRAVENTA INTERNACIONAL DE MERCADORÍAS 1. A compraventa internacional de mercadorías 1.1. Concepto e características. 1.2. Modelos uniformes de contratos e cláusulas tipo 2. Convenio de Viena de 11 abril de 1980 2.1. Estructura, natureza e contido 2.2. A interpretación do Convenio (art. 7) A. Principio de internacionalidade: a autonomía interpretativa B. Principio de uniformidade C. Principio de boa fe 2.3. Ámbito de aplicación territorial e material A. Conceptos: establecimento. Parte B. Compraventas excluidas 2.4. Formación e perfección do contrato 2.5. Obligacións das partes 2.6. Incumprimento 2.7. Integración das lagunas do Convenio 3. Os Incoterms
XI. OS ARRENDAMENTOS URBANOS 1. Ámbito de aplicación da LAU 2. Réximen xurídico aplicable 3. Arrendamento de vivenda: a) Duración do contrato. Prazo mínimo e prórrogas. Desestimento b) A atribución xudicial da vivenda arrendada nas crisis matrimoniais c) A cesión inter vivos do contrato d) O subarriendo e) A subrogación mortis causa f) A renta g) Dereitos e obligacions das partes h) O dereito de tanteo e retracto i) Suspensión, extinción e resolución do contrato 4. Arrendamento para uso distinto do de vivenda: a) Cesión e subarriendo b) Subrogacións c) Renta 5. Disposicións comúns a ambas clases de arrendamento 6. Os procesos arrendaticios
XII. OS ARRENDAMENTOS RÚSTICOS 1. Ámbito de aplicación da LAR. 2. Os elementos do contrato. 3. Contido imperativo e dispositivo das obrigas nadas de arrendamentos rústicos. 4. A aparcería.
XIII. O PRÉSTAMO 1. Concepto, obxeto e perfección do préstamo. 2. O comodato. 3. O mutuo: definición e caracteres A) Capacidade das partes B) Obligacións do prestatario C) O préstamo con interés: caracteres da deuda de intereses e límites ó pacto de intereses
XIV. OUTROS CONTRATOS ESPECÍFICOS 1. A doación 2. O contrato de obra 3. O contrato de sociedade 4. O mandato 5. O depósito 6. Os contratos aleatorios 7. A transacción 8. O convenio arbitral 9. A fianza
XV. A REGULACIÓN DOS CONTRATOS DO SECTOR PÚBLICO 1. As novas Directivas de Contratación Pública 1.1. Directiva 2014/23/UE, do Parlamento Europeo e do Consello, de 26 de febreiro de 2014, relativa á adxudicación de contratos de concesión 1.2. Directiva 2014/24/UE, do Parlamento Europeo e do Consello, de 26 de febreiro de 2014, sobre contratación pública e pola que se deroga a Directiva 2004/18/CE 1.3. Directiva 2014/25/UE, do Parlamento Europeo e do Consello, de 26 de febreiro de 2014, relativa á contratación por entidades que operan nos sectores da auga, a enerxía, os transportes e os servizos postais e pola que se deroga a Directiva 2004/17/CE 2. Lei 9/2017, de 8 de novembro, de Contratos do Sector Público, pola que se transponen ó ordenamento xurídico español as Directivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014/23/UE e 2014/24/UE, de 26 de febreiro de 2014

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Estudo de casos A2 A4 A8 A9 A10 A11 A14 B8 B9 B10 B2 B3 B5 C3 15 60 75
Sesión maxistral A1 A2 A5 A7 A8 C7 48 0 48
Proba obxectiva A1 A2 A3 A5 A7 B6 B7 B11 C4 2 20 22
 
Atención personalizada 5 0 5
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Estudo de casos Resolución de supostos prácticos na aplicación dos coñecementos adquiridos.
Sesión maxistral Exposición dos contidos fundamentais da materia por parte dos profesores.
Proba obxectiva Proba tipo test que levará a cabo o alumno como unha das formas de avaliación global dos coñecementos adquiridos.

Atención personalizada
Metodoloxías
Estudo de casos
Sesión maxistral
Descrición
Os diferentes profesores encargados da materia que propoñan a actividade atenderán os alumnos de maneira individual ou grupal intentando resolver os problemas que se plantean e fomentando a consecución das competencias específicas da materia.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Estudo de casos A2 A4 A8 A9 A10 A11 A14 B8 B9 B10 B2 B3 B5 C3 Resolución de supostos practicos en aplicación dos coñecementos adquiridos. 30
Proba obxectiva A1 A2 A3 A5 A7 B6 B7 B11 C4 Proba tipo test que levará a cabo o alumno como unha das formas de evaluación global dos coñecementos adquiridos. 70
 
Observacións avaliación
O exame será tipo test e terá:

30 preguntas de Dereito civil;

10 preguntas de Dereito administrativo;

10 preguntas de Dereito mercantil;

10 preguntas de Dereito internacional privado.

Cada pregunta terá catro respostas; unha soa será a resposta correcta. As preguntas correctas suman 0,5 pts. e as preguntas incorrectas restan 0,20 pts.

A nota final da asignatura Dereito da contratación se obterá a partir da ponderación das notas finais obtidas en cada unha das catro materias, en atención a seguinte proporción: Dereito civil suporá un 55%, e o outro 45% se repartirá a partes iguais entre as outras tres materias (Dereito mercantil, Dereito internacional privado e Dereito administrativo). 

Para poder aprobar a asignatura é necesario superar cada unha das catro materias que a integran (e dicir en Dereito civil hay que obter, ó menos, 2.75 puntos e nas outras tres materias hay que alcanzar, ó menos, 0.75 puntos). 

En caso de non superar algunha das materias na primeira oportunidade, manterase o aprobado nas partes superadas para a segunda oportunidade. Dese modo, o alumno/a só realizará o exame da segunda oportunidade en relación ás materias que non superase na primeira.


Fontes de información
Bibliografía básica (). .
MARTÍNEZ DE AGUIRRE Y ALDAZ, C. (coord) (2018). Curso de Derecho Civil II-I. Edisofer, Madrid
J.C. FERNÁNDEZ ROZAS (Edición actualizada). Derecho de los Negocios Internacionales. Madrid, Iustel
AA.VV. (Edición actualizada). Derecho del Comercio internacional. Tirant lo Blanch. Valencia
- C. ESPLUGUES MOTA Y D. HARGAIN (Edición actualizada). Derecho del Comercio Internacional. Edisofer S.L. Madrid
SANCHEZ CALERO-J. SANCHEZ CALERO (). Instituciones de derecho Mercantil. Cizur Menor, Aranzadi
AVILA DE LA TORRE e I. MORALEJO FERNÁNDEZ (Edición Actualizada). Lecciones de Derecho de los contratos en el comercio internacional. Ratio Legis. Salamanca
GAMERO CASADO, E. y FERNÁNDEZ RAMOS, S. (2019). Manual Básico de Derecho Administrativo. Tecnos, Madrid
BERCOVITZ RODRÍGUEZ-CANO, R. (Coord.) (Edición actualizada). Manual de Derecho Civil. Contratos. Madrid, Bercal
BROSETA PONT M, MARTINEZ SANZ F (). Manual de Derecho Mercantil, vol II. Madrid, Tecnos

Bibliografía complementaria (). .
CARRASCO PERERA, A. (Edición actualizada). Derecho de Contratos. Cizur Menor, Aranzadi-Thomson Reuters
GARCIA PITA Y LASTRES JL (Edición actualizada). Derecho Mercantil de obligaciones (T.I). Madrid, Bosch
GIMENO FELIU, JOSÉ MARÍA (Edición actualizada). Estudio sistemático de la Ley de Contratos del Sector Público. Cizur Menor (Navarra): Thomson Reuters Aranzadi
CAMPUZANO DÍAZ (Edición actualizada). La Repercusión del Convenio de Viena de 11 abril de 1980 en el Ambito de la compraventa internacional de mercaderías. Universidad de Sevilla – Secretariado de Publicaciones
A. ORTEGA GIMÉNEZ (Edición actualizada). Modelos de Contratos Internacionales. Grupo difusión. Madrid
BUSTO LAGO, ÁLVAREZ LATA, PEÑA LÓPEZ (Edición actualizada). Reclamaciones de consumo. 3ªed.. Cizur Menor, Aranzadi-Thomson Reuters
BERCOVITZ RODRÍGUEZ-CANO, R. (DIR.) (Edición actualizada). Tratado de Contratos. Valencia, Tirant lo Blanch
MORENO MOLINA, JOSÉ ANTONIO (Edición actualizada). Una nueva contratación pública social, ambiental, eficiente, transparente y electrónica. Bomarzo


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Dereito de obrigas e danos/612G01016

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario
Actuación e bens das administracións públicas/612G01017
Dereitos Reais/612G01027
Dereito Internacional Privado/612G01032

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías