Datos Identificativos 2018/19
Asignatura (*) Filosofía do Dereito Código 612G01026
Titulación
Grao en Dereito
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Terceiro Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Galego
Inglés
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Dereito Privado
Dereito Público
Coordinación
Serna Bermudez, Pedro
Correo electrónico
pedro.serna@udc.es
Profesorado
Ballesteros Soriano, Alfonso
Martínez Doallo, Noelia
Pereira Saez, Maria Carolina
Rivas Pala, Pedro
Seoane Rodriguez, Jose Antonio
Serna Bermudez, Pedro
Correo electrónico
alfonso.ballesteros@udc.es
noelia.doallo@udc.es
c.pereira.saez@udc.es
pedro.rivas@udc.es
jose.antonio.seoane@udc.es
pedro.serna@udc.es
Web
Descrición xeral A materia tenta proporcionar unha comprensión global dos fundamentos históricos, políticos e científicos da paradigma dominante no pensamento xurídico contemporáneo, así como unha comprensión máis profunda do fundamento de moitas das nocións, institucións, procesos e estruturas centrais estudados ao longo da carreira, unificando e sintetizando mentalmente eses coñecementos; neste sentido, aspira a efectuar un traballo de síntese e de profundización histórica e conceptual. Ademais, preténdese introducir aos estudantes no coñecemento e a comprensión das transformacións que afectan ao dereito actual e que obrigan a revisar a paradigma dominante constituído polo positivismo xurídico.
Por outra banda, téntase mediante esta materia pór a disposición dos estudantes algúns instrumentos para a crítica da visión do Dereito recibida de modo implícito a través da aprendizaxe das diferentes materias da carreira, é dicir, da paradigma dominante.

Competencias do título
Código Competencias do título
A2 Coñecer a función do Dereito como sistema regulador das relacións sociais.
A3 Percepción do carácter sistemático do ordenamento xurídico.
A4 Percepción do carácter interdisciplinar dos problemas xurídicos.
A5 Coñecemento dos principios e valores constitucionais.
A6 Comprensión das distintas manifestacións do dereito na súa evolución histórica e na súa realidade actual.
A8 Coñecementos básicos de argumentación xurídica.
A10 Capacidade de interpretar e analizar críticamente o ordenamento xurídico.
A11 Capacidade de comprender e de redactar documentos xurídicos.
A12 Manexo da oratoria xurídica. (Capacidade de expresarse apropiadamente en público).
A14 Capacidade de elaboración de normas.
B1 Que os estudantes demostrasen posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adóitase atopar a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo
B2 Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo
B3 Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
B5 Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía
B6 Aprender a aprender.
B8 Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo, entendendo, tamén, a importancia da cultura emprendedora.
B9 Traballar de forma autónoma con iniciativa tendo en conta a importancia da aprendizaxe ao longo de toda a vida.
B11 Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán e como profesional.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Adquirir unha visión global do Dereito moderno e das profundas transformacións experimentadas polos sistemas xurídicos contemporáneos. A2
A3
A4
A6
A10
A12
B9
B1
B2
B3
B5
C4
C6
C7
Desenvolver instrumentos conceptuais e metodolóxicos para a crítica da visión global do Dereito recibida de modo implícito ao longo de toda a carreira. A2
A5
A6
A8
A11
A14
B6
B8
B11
B1
B2
B3
C4
C6
C8
Desenvolver e avaliar con sentido crítico e de modo creativo a capacidade de argumentación xurídica. A4
A8
A10
A11
A12
B8
C1
C4
C6
Coñecer os diferentes debates actuais sobre problemas relacionados coa xustiza na organización da sociedade, e desenvolver críticamente unha posición persoal en relación con eles. A2
A4
A6
A8
A10
A12
B6
B8
B11
B2
C1
C4
C6
C7
C8

Contidos
Temas Subtemas
1. A Filosofía do Dereito como comprensión e como crítica do Dereito contemporáneo. 1. O mundo, os mundos e as nosas ideas acerca do mundo.
2. A Filosofía como realidade cultural e histórica.
3. Pensar o propio tempo, tarefa da Filosofía do Dereito.
4. Por onde comezar? O problema do punto de partida. O paradigma dominante como punto de partida
2. Modernidade xurídica e positivismo xurídico. 1. Xénese e evolución do paradigma do positivismo xurídico.
2. A bases teóricas e ideolóxicas do Estado moderno.
3. As transformaciones do Dereito a partires da codificación.
4. A aspiración de facer do Derecho unha ciencia: a ciencia xurídica nos séculos XIX e XX.
3. As deficiencias do paradigma positivista. 1. As dificuldades do positivismo para explicar a práctica xurídica e para proporcionar instrumentos que permitan operar nela.
2. A unilateralidade do concepto positivista de Dereito.
3. O carácter ideolóxico do cientificismo e a índole necesariamente valorativa da ciencia xurídica.
4. A evolución dos sistemas xurídicos occidentais desde a segunda metade do século XX. 1. Constitucionalización dos sistemas xurídicos e neo-constitucionalismo.
2. Superación do marco do Estado e da ecuación Estado-Dereito.
5. Os intentos de superación ou revisión actual do positivismo xurídico. 1. As teorías da argumentación. Aportacións e dificuldades.
2. As teorías críticas. Aportacións e dificuldades.
6. Bases para a construción dunha filosofía xurídica capaz de dar conta do Dereito actual. 1. Unha perspectiva hermenéutica fundada ontoloxicamente.
2. O Dereito como forma de coexistencia.
3. Os paradigmas contemporáneos sobre a xustiza.
7. Algunhas cuestións particulares sobre xustiza e dereitos. 1. Os fundamentos do debate sobre a xustiza: utilitarismo, libertarismo, ética da virtude e kantismo.
2. Mercado e moral.
3. A ética socialdemócrata contemporánea (Rawls).
4. Os argumentos a favor e en contra da discriminación positiva. Políticas de xénero.
5. A cuestión dos méritos.
6. Virtude cidadá e as esixencias e límites da lealdade o que nos debemos uns a outros.
7. Xustiza e ben común.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A2 A3 A4 A5 A6 B6 B3 C4 C6 21 42 63
Lecturas A2 A4 A5 A6 A10 B8 B1 B2 B5 C7 14 14 28
Seminario A3 A4 A5 A8 A10 A11 A12 A14 B8 B11 B2 B3 B5 C1 C4 C8 14 28 42
Proba de ensaio A2 A3 A5 A6 A8 A10 B8 B9 B2 B3 C1 C6 3 6 9
 
Atención personalizada 8 0 8
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Terán un carácter introductorio aos principais temas da materia, ou ben de recapitulación.
Esta metodoloxía relaciónase coas competencias A4, A6, A8 e A14.
Lecturas O desenvolvemento do pensamento crítico e da aprendizaxe autónoma aconsellan que o estudo estea baseado nunha reflexión directa das/vos estudantes a partir da lectura de textos clásicos e contemporáneos, así como textos normativos -lexislativos e jurisprudenciales-, referidos a parte dos contidos temáticos da materia.
Esta actividade relaciónase coas competencias A4, A6, A10, B1, B3, B4 e C6.
Seminario Os seminarios celebraranse en grupos reducidos para analizar e debater as cuestións referidas á teoría da xustiza indicadas no tema 7.
Esixen participación activa dos estudantes, quen deberán expor e analizar críticamente os textos e as cuestións obxecto de cada sesión.
Serven para dearrollar as habilidades argumentativas, orais e escritas, e para desenvolver un pensamento sistemático, creativo e crítico.
Esta metodoloxía relaciónase coas competencias A4, A5, A8, A10, B3, B6, C1, C4 e C6.
Proba de ensaio Serán obxecto de avaliación mediante este tipo de proba os contidos de sesións maxistrais, incluíndo as lecturas relacionadas coas diversas cuestións do temario.
Esta actividade relaciónase coas competencias B1, B3, C1 e C6.

Atención personalizada
Metodoloxías
Sesión maxistral
Lecturas
Seminario
Descrición
Os estudantes deberán consultar ao profesor as dúbidas ou dificultades que xurdan nas sesións maxistrais, lecturas ou seminarios.
Poderán facelo en tutorías individuais ou en sesións de grupo.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba de ensaio A2 A3 A5 A6 A8 A10 B8 B9 B2 B3 C1 C6 A proba de ensaio empregarase para avaliar a aprendizaxe dos contidos das clases maxistrais e das lecturas. 70
Seminario A3 A4 A5 A8 A10 A11 A12 A14 B8 B11 B2 B3 B5 C1 C4 C8 A avaliación da participación nas sesións de grupo reducido terá en conta a fluidez expositiva, a habilidade argumentativa e a capacidade de análise e avaliación crítica. Tamén se tomará en consideración o dominio dos contidos temáticos e a capacidade de responder as obxeccións ou preguntas expostas.
O principal criterio de avaliación será a calidade das intervencións, aínda que tamén se terá en conta a frecuencia das intervencións.
30
 
Observacións avaliación

Para aprobar a materia cómpre obter na cualificación referida aos
seminarios (grupos reducidos) un mínimo de 1,5 puntos sobre o total de 3
puntos.

 

Tal puntuación referida aos seminarios (3 puntos) só se sumará á
cualificación final se o estudante obtén como mínimo un aprobado (3.5 sobre un
total de 7 puntos) na proba de ensaio/desenvolvemento.

 

O estudante deberá obter a cualificación mínima de aprobado tanto
no exame parcial (opcional) como no exame final.

 

Para o alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e
dispensa académica de exención de asistencia que non poida participar nos
grupos reducidos, a avaliación das competencias correspondentes aos
seminarios-grupos reducidos (30% da cualificación da materia) será substituída
por un traballo escrito sobre a materia obxecto de dita metodoloxía e polas
respostas ás preguntas orais do profesorado. Esta avaliación alternativa será
realizada o día do exame, ao remate do prazo concedido para o exame.

 

A esta modalidade de avaliación alternativa á participación nas
sesións de grupo reducido poderá acollerse tamén o alumnado que por causas
xustificadas non poida asistir as sesións de grupo reducido. Para analizar
estas solicitudes e tomar unha decisión os estudantes deberán comunicar a súa
situación aos profesores na primeira semana lectiva do cuadrimestre.

 

Os estudantes que se presenten á proba de ensaio na segunda
convocatoria (xullo) conservarán a cualificación obtida no exame/proba de
ensaio parcial (opcional) e nos seminarios de grupo reducido.

 

Os estudantes que suspendan a materia na primeira convocatoria
(maio-xuño) e non alcancen o aprobado (1.5) na avaliación de grupo reducido
correspondente á primeira convocatoria poderán acollerse á avaliación
alternativa dos grupos reducidos na segunda convocatoria (xullo).

 

Na avaliación terase en conta a corrección na
expresión tanto oral como escrita.

Materias que se recomenda ter cursado previamente
España na configuración histórico-xurídica de Europa/612G01002
Dereito Constitucional: Fontes e Dereitos/612G01003
Teoría do Dereito/612G01006
Dereito da persoa/612G01007
Dereito Penal. Parte xeral/612G01010
Dereito de obrigas e danos/612G01016
Dereito Internacional Público/612G01019

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario
Dereito e biomedicina/612G01040
Teoría e práctica da argumentación xurídica/612G01041

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías