Identifying Data 2019/20
Subject (*) Property Law Code 612G01027
Study programme
Grao en Dereito
Descriptors Cycle Period Year Type Credits
Graduate 2nd four-month period
Third Obligatory 6
Language
Spanish
Galician
Teaching method Face-to-face
Prerequisites
Department Dereito Privado
Coordinador
Busto Lago, José Manuel
E-mail
jose.busto.lago@udc.es
Lecturers
Blanco Gonzalez, Aurelia
Busto Lago, José Manuel
Sande García, Pablo
E-mail
aurelia.blanco@udc.es
jose.busto.lago@udc.es
p.sande.garcia@udc.es
Web http://http://www.dereito.udc.es/
General description A materia denominada no Plano de estudos que cursan os/as alumnos/as do Grado en Dereito, así como os/as de Doble Grao «Dereito - Administración de Empresas»; que se imparte na UDC ca denominación «Dereitos reais», está integrada, nos seus contidos, polo estudo do que sería a segunda parte do «Dereito Patrimonial», a primeira parte está constituida polo estudo dos dereitos obrigacionais e o Dereito da contratación. O tráfico económico dos bens e dereitos supón a existencia de puntos de partida e de chegada, de modo que, o lado da dinámica económica, coexiste unha situación estática dos bens e dos dereitos con valor patrimonial ou económico. Precisamente o obxecto de atención de esta parte do Dereito Patrimonial está constituído polo estatuto xurídico -estático- dos bens económicos: problemas de titularidad, de extensión e límites dos poderes do propietario, de extensión e límites dos dereitos que atribúen facultades de xestión, de explotación e de utilización daqueles bens a suxeitos distintos do titular dominical. O/A alumno/a ten que ser consciente de que a organización dos dereitos dominicais se presenta como unha solución político-económica dada ás cuestions que suscita a organización e a explotación dos recursos naturais, da organización e explotación da terra, o urbanismo, a protección do patrimonio cultural, o mercado inmobiliario e financiero, etc. Por esta razón as normas básicas desta materia atopanse na CE de 1978: O art. 33 da CE recoñece a propiedade privada, o tempo que precisa que a función social delimita o seu contido. Ademais das liñas primarias do sistema que se atopan no Texto Constitucional, é o Código Civil o corpo normativo esencial nesta materia. En particular, o seu Libro II (arts. 333 y ss) está destinado á regulación dos bens, da propiedade e das súas modificacións, ocupándose o seu Libro III da adquisición e da transmisión da propiedade. Tamén o Libro IV –obxecto fundamental de estudo en Dereito Patrimonial I- ten que ser tomado en consideración, en canto contempla, baixo o aspecto contractual, determinados dereitos de explotación sobre bens alleos (arrendamentos, parcerías,...), así como os dereitos reais de garantía (anticresis, hipoteca e prenda). Pero o CC conten unha pequena parte da regulación das materias que constitúen o obxecto desta materia, en tanto que deben ser tidas en conta numerosas leis especiais: a Lei Hipotecaria e o seu Regulamento, as Leis sobre réxime de solo –estatais e autonómicas-, as leis reguladoras do estatuto xurídico da propiedade rústica, así como as reguladoras dos bens de dominio público -en especial a Lei de Patrimonio das Administracións Públicas- e determinados dereitos reais (v.gr., aproveitamento por turno de bens inmobles de uso turístico, dereito de superficie, hipoteca mobiliaria e prenda sen desprazamento da posesión, etc.).
Atopándonos nunha Facultade de Dereito ubicada na Comunidade Autónoma galega, non podía descoñecerse o estudo do Dereito civil patrimonial propio de Galicia. Tense optado pola súa exposición e estudo no seo de cada institución (comunidades de bens, relacións de veciñanza, servidumes, retractos, ...) e non por un estudo separado ou independente do mismo. A este propósito deben terse en conta dúas Leis fundamentais: a Lei 2/2006, de 14 de xuño, de Dereito Civil de Galicia -en canto ós seus contidos en materia de comunidades de bens, relacións de veciñanza e determinados dereitos reais (servidume de paso, retracto de graciosa e outros dereitos de adquisición preferente de orixe legal)- e a Lei 13/1989, de 10 de outubro, de montes veciñais en man común.

Study programme competencies
Code Study programme competences
A1 Knowledge of the main legal institutions
A2 Knowledge of the role of law as a regulatory system of social relations
A3 Grasping the systematic nature of the legal system
A4 Appreciating the interdisciplinary nature of legal problems
A5 Knowing the constitutional principles and values.
A6 Understanding the different manifestations of law in its historical evolution and in its current reality.
A7 Knowing the national and international legal and political structures.
A8 Basic knowledge of legal argumentation.
A9 Ability to handle legal sources (legal, jurisprudential and doctrinal).
A10 Ability to interpret and critically assess the legal system.
A11 Ability to understand and write legal documents.
A12 Management of legal oratory (ability to express themselves properly in public).
A13 Mastering new technologies applied to law.
A14 Ability to draft legal norms.
A15 Ability to negotiate and mediate.
B2 Ability to know how to apply their knowledge to their work or vocation in a professional way and possess the skills that are usually demonstrated through the elaboration and defense of arguments and the resolution of problems within their area of study.
B3 Ability to gather and interpret relevant data (usually within their area of study) to make judgments that include a reflection on social, scientific or ethical relevant issues.
B4 Ability to transmit information, ideas, problems and solutions to a specialized and non-specialized public.
B6 Learning to learn.
B7 Effective problem solving.
B8 Critical, logical, and creative thinking.
B9 Working autonomously on own initiative with a lifelong learning approach.
B10 Teamwork and collaboration.
B11 Ethical and social responsibility.
B12 Effective workplace communication and oral and written skills in Spanish, Galician and foreign languages.
B13 Computing and ICT skills.
C1 Adequate oral and written expression in the official languages.
C2 Mastering oral and written expression in foreign languages.
C3 Using ICT in working contexts and lifelong learning.
C4 Exercising an open, educated, critical, committed, democratic and supportive citizenship for the sake of the common good.
C6 Critically assess the knowledge, technology and information available to solve the problems they face.

Learning aims
Learning outcomes Study programme competences
Coñecemento da organización dos dereitos dominicais no sistema xurídico español e galego A1
A2
A3
A4
A5
A6
A8
A9
A10
A11
A12
A14
A15
B7
B8
B9
Capacidade para o manexo de fontes xurídicas (legais, xurisprudenciais e doutrinais), relacionadas especialmente co sistema patrimonial A1
A2
A3
A4
A5
A6
A8
A9
A10
A11
A12
B7
B8
B10
Capacidade de interpretar e analizar críticamente os problemas e as solucións que se plantexan no ámbeto dos dereitos reais A1
A2
A3
A4
A5
A6
A8
A9
A10
A11
A12
A13
A15
B7
B8
B9
B10
B11
C1
C2
C4
Capacidade de comprender diferentes documentos xurídicos que atinxen a constitución, dinámica, ou extinción das relacións xurídico-reais A1
A2
A3
A4
A5
A6
A8
A9
A10
A11
A12
A13
A14
A15
B6
B7
B8
B9
B10
B12
B13
Resolver problemas relacionados coa materia de forma efectiva B7
B8
B9
B10
B12
B13
Manexo básico do sistema de funcionamento do Rexistro da Propiedade. A1
A8
A9
B7
B9
Redactar documentos xurídicos: constitución de dereitos reais, minutas de actas notariais; así como a súa tramitación no Rexistro da Propiedade e no Catastro de Bens Inmobles. A7
B11
B2
B3
B4
C3
C4
C6

Contents
Topic Sub-topic
I.- INTRODUCIÓN Ó DEREITO PATRIMONIAL II. TEORÍA XERAL DA RELACIÓN XURÍDICO-REAL:

I.1.- Significado e posición sistemática do Dereito de cousas.
1. Significado e posición sistemática do Dereito de cousas. 2. Caracteres distintivos das relacións xurídico reais. 3. As obrigacións «propter rem».- 4. A figura do «ius ad rem» e a súa posible subsistencia no Dereito español. 5. Clasificación dos dereitos reais. 6. Dereitos reais admitidos na lexislación española. A autonomía privada e os dereitos reais.
I.2.-Os suxeitos na relación xurídico real. 1. Os suxeitos na relación xurídico real: a) A súa determinación; b) A pluralidade de suxeitos; c) O titular do dereito real como titular rexistral. A inscripción rexistral da titularidade de dereitos. Efectos derivados da inscripción rexistral: O principio de lexitimación rexistral e a acción real rexistral.
I.3.-Obxecto e contido da relación xurídico real. 1. Obxecto da relación xurídico real: a) os posibles obxectos da relación xurídico real; b) requisitos; c) a extensión obxectiva da relación xurídico real. 2.- Contido da relación xurídico real: a) Facultades contidas no dereito real. b) As prohibicións de dispor: i) Legais. Especial consideración das V.P.O. ii) Convencionais.- iii) Xudiciais e administrativas c) A lesión do dereito real.
I.4.- As comunidades de bens. Supostos de titularidade plural da propiedade e dos dereitos reais. I.- As comunidades de bens (1): 1. Concepto. 2. Os tipos de comunidade. 3. Comunidade e propiedade «pro diviso». Supostos relevantes de propiedade «pro diviso»- 4. A distinción entre comunidade e sociedade. 5. A natureza xurídica da comunidade de bens. 6. Os principios rectores da comunidade de bens: Comunidades romanas e xermánicas.

II.- A comunidade de bens (2) 1. Estructura. 2. Presupostos. 3. Contido da comunidade de bens: a) uso e disfrute dos bens comúns. b) administración dos bens comúns. c) a posesión das cousas comúns. d) a enaxenación dos bens comúns. e) a conservación dos bens comúns. f) o gravame da cousa común. g) as facultades sobre a cousa obxecto dos dereitos privados. 4. A extinción da comunidade de bens: a) causas. b) a facultade de pedir a división da cousa común e os seus límites. c) Natureza xurídica do acto de división da cousa común. d) os procedementos para levar a cabo a división. e) a intervención dos acreedores e dos cesionarios na división da cousa común. f) os efectos da división da cousa común.

III.- As comunidades especiais do Dereito civil propio de Galicia: 1. A comunidade en materia de aproveitamento das augas.- 2. Os muiños de herdeiros.- 3. As agras e vilares.- 4. A serventía: A) Concepto; B) Natureza xurídica: comunidade xermánica / comunidade de uso («serventía alternativa de agra»); C) Constitución e proba da súa existencia. Presuncións de serventía; D) Extinción.- 5. Os montes veciñais en man común: a) A competencia da CA para lexislar na materia.- b) Concepto e titularidade: A condición de «veciño».- c) A protección dos montes veciñais en man común.- d) A clasificación dos montes veciñais en man común.- e) A organización da comunidade veciñal e a xestión do monte.- f) Os aproveitamentos dos montes veciñais en man común.- 6. Os montes abertais, de voces, de fabeo ou de varas.

IV.- A propiedade de casas por pisos (a propiedade horizontal) 1. Terminoloxía. 2. Concepto e transcendencia. 3. Evolución lexislativa no Ordenamento xurídico español e regulación actual. 4. Natureza xurídica. 5. Elementos comúns, privativos e «procomunais».- 6. Réxime xurídico: a) A constitución do réxime de propiedade horizontal: o título constitutivo; b) dereitos e obrigas de cada propietario con relación o seu piso ou local; c) dereitos e obrigas dos propietarios en relación os elementos comúns do edificio; d) particular consideración do réxime das infraestructuras comúns de telecomunicacións; e) réxime de administración e de representación; f) adopción de acordos pola xunta de propietarios, execución e impugnación; g) a extinción do réxime de propiedade horizontal. 7. As urbanizacións privadas.
I.5.- O nacemento da relación xurídico-real. 1. A adquisición do dominio e a constitución das relacións xurídico reais. 2. A tradición e os acordos traslativos no sistema de adquisición dos dereitos reais: a) tradición e entrega da cousa. b) a vontade de transmitir e de adquirir. c) a entrega como comportamento traslativo. d) as formas históricas e modernas de realizarse a tradición. A traditio ficta: tradición e acordo traslativo. e) a xusta causa da tradición. f) a natureza xurídica da tradición. g) os mecanismos de adquisición derivativa dos dereitos reais.- 3. As adquisicións «a non domino»: a) adquisicións a non domino de bens mobles.- b) adquisicións a non domino de bens inmobles. A fe pública rexistral e a protección do terceiro.- 4. A usucapión: a) Antecedentes históricos e concepto. b) Fundamento. c) Clases de usucapión. d) Requisitos comúns a toda usucapión. e) Requisitos da usucapión ordinaria. f) Efectos da usucapión e a súa extensión. g) A usucapión liberatoria.- h) A renuncia a usucapión gañada. i) A usucapión e o Rexistro da Propiedade: i') A usucapión "secundum tabulas".- i'') A usucapión "contra tabulas". i''') Usucapión liberatoria e Rexistro da Propiedade.
I.6.- A modificación da relación xurídico real. 1. A modificación subxectiva da relación xurídico real. 2. A modificación obxectiva e a teoría da accesión.- 3. Principios rectores do réxime xurídico da accesión: a) Accesión industrial inmobiliaria. O suposto das construccións extralimitadas (doctrina xurisprudencial: presupostos e efectos).- b) Accesión natural inmobiliaria.- c) Accesión mobiliaria.
I.7.- A extinción da relación xurídico real. 1. As causas xerais de extinción da relación xurídico real. 2. Pérdida da cousa. 3. A consolidación. 4. A renuncia: a) a renuncia do dereito real. b) a renuncia do titular do gravamen. c) A renuncia ou abandono do dominio. Natureza, requisitos e efectos. 5. A revogación. 6. Prescripción extintiva e non uso.- 7. A caducidade.- 8. A expropiación forzosa: a) concepto e fundamento. b) natureza xurídica. c) clases. d) réxime xurídico.
II.- A POSESIÓN. I.- A posesión (1). 1. Etimoloxía, esencia e fundamento. 2. Natureza xurídica. 3. Valor funcional. 4. Evolución histórica da posesión. 5. A posesión nos Ordenamentos xurídicos actuais.

II.- A posesión (2). Especies de posesión. 1. Posesión natural e posesión civil. A chamada posesión civilísima. 2. Posesión a título de dono. Inversión do título posesorio. A figura do servidor da posesión. 3. Posesión de boa e de mala fe. 4. A chamada posesión viciosa. Diversos supostos. 5. A concurrencia de posesións: posesión mediata e inmediata.

III.- A posesión (3). Estructura da posesión. 1. O suxeto da posesión. 2. Coposesión. 3. O obxecto da posesión. Posesión e cuasiposesión. Cousas e dereitos susceptibles de posesión.

IV.- A posesión (4). Vida xurídica da posesión 1. Adquisición da posesión: a) actos de adquisición da posesión. b) a capacidade para adquirir a posesión. c) a representación na adquisición da posesión. d) a transmisión «mortis causa» da posesión. 2. Conservación da posesión.- 3. A perda da posesión.

V.- A posesión (5). Contido da situación posesoria. 1. As presuncións posesorias. 2. A defensa da posesión: a) antecedentes históricos. b) presupostos, clases e efectos da defensa sumaria da posesión (defensa «interdictal»). c) a cuestión da subsistencia da acción publiciana. d) a concurrencia contradictoria de posesións. 3. A liquidación do estado posesorio e o réxime de froitos, gastos, melloras e deterioros.- 4. A responsabilidade civil polos danos causados ó poseedor de boa fe.
III.- A PROPIEDADE. I.- A propiedade (1) 1. Concepto e caracteres do dereito de propiedade segundo a doutrina. O concepto legal do dereito de propiedade. 2. Fundamento do dereito de propiedade. 3. Evolución histórica do dereito de propiedade no Dereito positivo español. A función social da propiedade privada na C.E. 4. A desintegración do concepto unitario de propiedade.

II.- A propiedade (2) 1. Os suxeitos da relación xurídica dominical. 2. O obxecto do dominio. 3. O contido do dominio. 4. Exame das accións que o protexen: A. A acción reivindicatoria: a) concepto e requisitos para o seu exercicio. b) efectos. c) casos de irreivindicabilidade ou de reivindicabilidade baixo certas condicións. B. A acción publiciana como acción petitoria. O problema da súa posible subsistencia no Dereito español. C. A acción negatoria: a) Réxime no Dereito civil territorial común. c) A súa regulación na Lei de Dereito Civil de Galicia de 2006. D. A acción de cerramento de fincas. E. A acción meramente declarativa e a cuestión da súa posible existencia no Ordenamento xurídico español. F. As accións preparatorias e cautelares: a) A acción «ad exhibendum» b) A acción de deslinde e marcación. c) As accións sumarias de protección da posesión (remisión).

III.- A adquisición e a perda da propiedade.- 1. Sistemas e modos de adquisición do dominio: remisión. 2. A ocupación: elementos, requisitos e réxime xurídico segundo os distintos tipos de obxectos ocupables. Regulación da caza e da pesca e importancia no seu aspecto civil. 2. O achádego. 3. O tesouro. 4. Causas de extinción da propiedade: remisión.

IV.- Límites e limitacións do dominio 1. Límites e limitacións do dominio: concepto e réxime xurídico. 2. Límites xenéricos da propiedade: a) O abuso do dereito. b) O ius usus inocui. 3. Límites específicos da propiedade: a) límites en interese público. b) límites en interese privado: i) as relacións de veciñanza. ii) a medianería. iii) o cómaro, ribazo ou arró e outras costumes recoñecidas legal (gavia, resío e venela) e xurisprudencialmente no Dereito civil propio de Galicia. c) dereitos reais de adquisición establecidos pola Lei. 4. Limitacións da propiedade: a) as chamadas servidumes administrativas. b) as prohibicións de dispor.

V.- Estatutos xurídicos da propiedade inmobiliaria: A) Dereito urbanístico e propiedade urbana.- 1. Rasgos xerais do estatuto da propiedade urbana.- 2. O planeamento urbanístico.- 3. A clasificación do solo.- 4. A adquisición dos dereitos urbanísticos polo propietario do solo e a obriga de edificar.- B). A propiedade rústica e o Dereito agrario. 1. Rasgos xerais do estatuto da propiedad rústica e particular consideración da función social da propiedade rústica.- 2. O réxime xurídico da propiedade rústica. a) As explotacións agrarias prioritarias. b) A unidades mínimas de cultivo. c) Aproveitamento do solo rústico.- III.6.- As chamadas propiedades especiais:. Idea xeral sobre estas propiedades (propiedade intelectual e propiedade industrial, augas, minas e recursos xeolóxicos).
IV.- OS DEREITOS REAIS EN CONCRETO.

IV.1.- OS DEREITOS REAIS LIMITADOS DE GOCE.
I. O usufructo. 1. Concepto. 2. Natureza. 3. Constitución.- 4. Modificación.- 5. Contido: a) o poder do usufructuario. b) dereitos e obrigas conexos ó usufructo. c) A facultade de dispor atribuida o usufructuario. 6. Obxecto.- 7. Extinción: a) causas. b) liquidación da situación entre propietario e usufructuario.- 8. Os usufructos especiais: a) Cuasiusufructo. b) Usufructo de minas. c) Usufructo de dereitos. d) Usufructo de plantacións. e) Usufructo de rabaño. f) Usufructo de patrimonio. g) Usufructo de accións e de participación sociais. h) Usufructo de fondos de inversión.- II. Os dereitos de uso e de habitación: Concepto e réxime xurídico.

II.- As servidumes. 1. Concepto, estructura, natureza xurídica e caracteres. 2. Clases de servidumes relevantes no C.C.: a) Pola súa natureza: prediales e personais; b) Polo seu contido: positivas e negativas; c) Por razón do seu exercicio: continuas e discontinuas; d) Polas sinais da súa existencia: aparentes e non aparentes; e) Pola súa orixe: legais, forzosas e voluntarias.- 3. Constitución: a) Por negocio xurídico; b) Por usucapión (estudio particular da adquisición da servidume de paso en Galicia); c) Por signo aparente.- 4. Contido e exercicio do dereito de servidume (estudio particular do réxime xurídico da servidume de paso no Dereito propio de Galicia).- 5. As causas de extinción das servidumes.- 6. As chamadas servidumes legais: a) Concepto; b) Os supostos concretos: Servidumes en materia de augas; servidume de paso (particular consideración do seu réxime no Dereito civil de Galicia); medianerías; luces e vistas; distancias e obras intermedias; vías pecuarias; redes aéreas e conduccións superficiais e subterráneas; servidumes en materia de costas.- 7. As servidumes persoais: Tipos e réxime xurídico.

III.- O dereito de superficie. 1. Concepto, precedentes e caracteres. 2. Natureza xurídica. 3. Constitución.- 4. Contido: a) Dereitos e facultades do superficiario. b) Dereitos e facultades do concedente.- 5. Duración e extinción.- 6. Dereitos de sobreedificación e de subedificación.-

IV.- O «dereito real de aproveitamento por quendas» de bens inmobles. 1. A ordenación normativa do fenómeno da chamada «multipropiedade»: A opción do lexislador español: O dereito real e o contrato de arrendamento.- 2.- Elementos definidores do «dereito real de aproveitamemto por turno de bens inmobles»: Suxetos, obxecto, constitución, duración e obrigas das partes.- 3. A constitución do réxime de aproveitamento por turno.- 4. Normas de protección do adquirente: Desestimento e resolución do contrato.
IV.2.- OS DEREITOS REAIS DE GARANTÍA. I.- Dereitos reais de garantía. 1. Concepto. 2. Natureza. 3. Caracteres. 4. Estructura. 5. Contido. 6. Extinción. 7. Diferencias entre prenda, hipoteca e anticrese.

II.- A hipoteca inmobiliaria 1. Concepto. 2. Caracteres. 3. Clases. As hipotecas legais. 4. Contido. 5. Obxecto e obriga asegurada. Extensión obxectiva.- 6. Constitución. As cláusulas inscribibles do contrato de constitución da hipoteca. 7. Modificacións: A) Particular consideración da transmisión do crédito e da hipoteca. B) Cambio de rango.- 8. A hipoteca inmobiliaria inversa.- 9. Extinción.- 10. A realización. A acción real hipotecaria. Procedementos de execución da hipoteca. Particular consideración da execución extraxudicial.-

III. A hipoteca mobiliaria. 1. Concepto. 2. Contido. 3. Obxecto. Extensión da hipoteca 4. Constitución. 5. Modificacións. 6. Extinción.- 7. Realización.-

IV.- A prenda con desprazamento da posesión. 1. Concepto. 2. Contido. 3. Obxecto. 4. Constitución. 5. Extinción. 6. Prendas especiais. a) A prenda irregular. b) A prenda de créditos. c) A prenda de valores mobiliarios anotados. d) A prenda de contas correntes.

V. As garantías reais mobiliarias sen desprazamento da posesión: a prenda sen desprazamento da posesión.- 1. Concepto. 2. Contido. 3. Obxecto. 4. Constitución e extinción.

VI. Anticrese.- 1. Concepto. 2. Contido. 3. Obxecto. 4. Constitución e extinción.
IV.3.- OS DEREITOS REAIS DE ADQUISICIÓN PREFERENTE. I. Doctrina xeral: 1. Concepto e delimitación. 2. Natureza. 3. Fundamento. 4. Formas de constitución. 5. Contenido. 6. Colisión entre dereitos de adquisición. 7. Extinción.-

II. Os dereitos de adquisición legais: a) na enfiteuse. b) na superficie. c) no condominio. d) os dereitos de adquisición en favor dos colindantes. e) os chamados retractos xentilicios. f) o retracto de graciosa. g) os dereitos de adquisición previstos na lexislación especial: i) os dereitos de adquisición prefrente do arrendatario e do aparceiro rústicos. ii) os dereitos de adquisición preferente dos arrendatarios urbáns. iii) Os dereitos de adquisición prefererente na LMEA/1995.- III. Os dereitos de adquisición voluntarios: admisibilidade e réxime xurídico: a) Tanteo e retracto. b) A opción: Concepto, natureza xurídica e exercicio do dereito de opción.

Planning
Methodologies / tests Competencies Ordinary class hours Student’s personal work hours Total hours
Guest lecture / keynote speech A1 A2 A3 A4 A5 A6 A8 A9 A10 15 15 30
Case study A1 A2 A3 A4 A5 A6 A8 A9 A10 A11 A12 A13 A14 A15 B6 B7 B8 B9 B10 B11 B12 B13 C1 C2 C3 C4 C6 20 20 40
Workbook A1 A2 A3 A4 A5 A6 A8 A9 A10 A11 B9 3 3 6
Long answer / essay questions A1 A2 A3 A4 A5 A6 A8 A9 A10 6 9 15
Seminar A1 A2 A3 A4 A5 A6 A8 A9 A10 A12 B6 B8 B10 14 0 14
Directed discussion A1 A2 A3 A4 A5 A6 A7 A8 A9 A10 A12 A15 B6 B7 B8 B10 B2 B3 B4 14 0 14
Problem solving A1 A2 A4 A9 B6 B9 B12 B13 15 15 30
 
Personalized attention 1 0 1
 
(*)The information in the planning table is for guidance only and does not take into account the heterogeneity of the students.

Methodologies
Methodologies Description
Guest lecture / keynote speech - Os/as Profesores/as exporán os contidos fundamentais da materia, permitindo a participación crítica dos/das alumnos/as.
Case study - Os/as Profesores/as proporán casos prácticos que os/as alumnos/as resolverán, ben de forma individual, ben en grupo. As soluións plantexaranse e cuestionaranse ante o conxunto de alumnos e alumnas.
Workbook - Proporase a realización de recensións críticas a monografías ou a artigos doctrinais de investigación en materias propias da materia.
Long answer / essay questions - A proba consistirá no desenvolvemento de tres temas ou subtemas do programa da materia.
Seminar - Ó longo do curso académico proporase a participación en seminarios monográficos sobre modificacións normativas e sobre sentencias e resolucións da DXRN actuais e de relevancia na materia da que se ocupen.
Directed discussion - O/a Profesor/a proporá un tema de actualidade relacionado coas institucións obxecto de estudo para o seu debate, de maneira razoada e argumentada.
Problem solving - Os/as alumnos/as, en grupo ou individualmente, resolverán casos reais plantexados polo/a Profesor/a.

Personalized attention
Methodologies
Case study
Seminar
Workbook
Problem solving
Description
- O Profesor/a atenderá ós/ás alumnos/as de maneira individual ou grupal, resolvendo os problemas e as cuestións suscitadas polas lecturas, casos e problemas plantexados.
- Os horarios de tutorías anunciaranse a través do taboleiro de anuncios e da ferramenta on-line.
- Os alumnos poderán dirixirse por medio de e-mail o Profesor e utilizar o foro do campus virtual 1.9.

Assessment
Methodologies Competencies Description Qualification
Case study A1 A2 A3 A4 A5 A6 A8 A9 A10 A11 A12 A13 A14 A15 B6 B7 B8 B9 B10 B11 B12 B13 C1 C2 C3 C4 C6 - Ó longo do curso académico o/a Profesor/a proporá distintos casos ou supostos prácticos avaliables con cuestións que o/a alumno/a debebrá de contestar ou resolver de forma argumentada e, de ser o caso, sen utilizar materiais de apoio (nin bibliográficos, nin xurisprudenciais, nin normativos).
- A cualificación obtida nas prácticas avaliables realizadas ó longo do curso académico computarase, exclusivamente, nas dúas oportunidades da primeira convocatoria (maio/xuño e xullo de 2019 [xaneiro e xullo do 2019 para o caso dos alumnos el alimnas do Programa de simultaneidade do Grao en Dereito + Grado en ADE]).
39
Seminar A1 A2 A3 A4 A5 A6 A8 A9 A10 A12 B6 B8 B10 Participación activa dos alumnos e alumnas nos seminarios propostos polos Profesores. 1
Long answer / essay questions A1 A2 A3 A4 A5 A6 A8 A9 A10 - A proba de ensaio realizarase en forma escrita e poderá incluir preguntas de desenvolvemento (basadas en epígrafes ou subepígrafes do programa), preguntas que deben resolverse a través dunha argumentación ou razonamento e, no seu caso, un suposto ou caso práctico, con ocasión do cal se formulen cuestións que teñen que resolverse de forma argumentada e fundada en Dereito.
- O/a Profesor/a encargado da docencia de cada grupo precisará o contenido (incluindo a valoración de cada cuestión e, no seu caso, do caso práctico), a forma e a duración desta proba.
60
 
Assessment comments

- A cualificación das probas consistentes no estudo de casos (39% da cualificación global) terase en conta tanto na primeira, coma na segunda oportunidade de cada convocatoria. Faranse dúas probas de avaliación de estudo de casos ao longo do cuadrimestre.

- Os/as alumnos/as matriculados/as a tempo parcial deberán realizar os dous supostos prácticos (ponderados nun 40% sobre a cualificación final) e a proba de evaluación de ensaio (60% da cualificación final).

- Os/as alumnos/as deben ter en conta as especialidades do sistema de avaliación en función do grupo e quenda á que pertenzan e que se teñen descrito no apartado correspondente.


Sources of information
Basic BUSTO LAGO, J. M. (Dir.); ÁLVAREZ LATA, N. y PEÑA LÓPEZ, F. (2015). Curso de Derecho Civil de Galicia. Barcelona. Ed. Atelier
ALBALADEJO, Manuel (2016). Derecho Civil. Vol. III (Derecho de bienes). Madrid. EDISOFER
LACRUZ BERDEJO, J. L. (y otros) (2008). Elementos de Derecho Civil, T. III (Vols. I, II y 3.bis). Madrid. Ed. Dykinson
DÍEZ-PICAZO, Luis (2008). Fundamentos del Derecho Civil Patrimonial. Vol. III (Las relaciones jurídico-reales [...]) . Cizur Menor. Ed. Thomson - Civitas
BERCOVITZ RODRÍGUEZ-CANO, Rodrigo (2017). Manual de Derecho Civil. Derechos reales. Ed. Bercal, S.A.; Madrid
  • O Curso de Derecho civil de Galicia dos Profs. Drs. J.M. Busto Lago, N. Álvarez Lata e F. Peña López é de consulta necesaria para preparar os temas correspondentes a institucións de Dereito civil propio de Galicia (comunidades de bens, relacións de veciñanza, servidume de paso, retracto de graciosa). De ser preciso, facilitaranse materiais adicionais a través da plataforma virtual de apoio o ensino (moodle).
  • Os manuais de Dereito civil territorial común non inclúen o tratamento da regulación das institucións que contan cunha regulación propia no Dereito civil propio de Galicia.
  • Os supostos prácticos facilitaranse os alumnos a través da plataforma virtual (moodle) con anterioridade ao seu estudo e contraste nas aulas de docencia interactiva.
Complementary BUSTO LAGO, J. M.; ÁLVAREZ LATA, N. y PEÑA LÓPEZ, F. (2007). Acciones de protección de la posesión (Régimen jurídico, sustantivo y procesal, de las acciones de protección sumaria de la posesión). Cizur Menor. Ed. Aranzadi
REBOLLEDO VARELA, A. L. (Coord.) (2008). Comentarios a la Ley de Derecho Civil de Galicia. Ley 2/2006, de 14 de junio, de Derecho Civil de Galicia. Cizur Menor. Ed. Aranzadi
DE PABLO CONTRERAS, P. (Coord.); MARTÍNEZ DE AGUIRRE, C y PÉREZ ÁLVAREZ, MIGUEL ÁNGEL (2016). Curso de Derecho Civil. Vol. III (Derechos reales). Madrid. Ed. Edisofer
BUSTO LAGO, J. M. (2013). Las servidumbres y las serventías en el Derecho gallego, Parte 5ª del Tratado de Servidumbres dirigido por Á. REBOLLEDO VARELA (3ª edic.). Cizur Menor. Ed. Aranzadi
DÍEZ-PICAZO, L. y GULLÓN BALLESTEROS, A. (2016). Sistema de Derecho Civil. Vol. III (T.I y II). Madrid. Ed. Tecnos


Recommendations
Subjects that it is recommended to have taken before
Natural and Civil Legal Person Law/612G01007
Obligations and Tort Law/612G01016
Contract Law/612G01024

Subjects that are recommended to be taken simultaneously
Activity and Goods of Public Authorities/612G01017

Subjects that continue the syllabus
Real Estate Law/612G01046

Other comments
  • Para unha adecuada comprensión da materia, resulta imprescindible ter coñecementos esenciais en Dereito Patrimonial I (perspectiva dinámica das relacións xurídicas sobre bens e dereitos de contido patrimonial). 
  • Resultan recomendables lecturas sobre o modelo económico liberal e a evolución do capitalismo como réxime de apropiación e tenencia dos medios de produción. Estes coñecementos e competencias adquirense, en esencia, a través das materias "Dereito de obrigas e de danos" e "Dereito da contratación".
  • Resulta convinte completar o estudio desta materia cursando a materia optativa "Dereito da propiedade inmobiliaria", na que se profundiza especialmente no estatuto xurídico da propiedade urbana e no estudo do Dereito inmobiliario rexistral.


(*)The teaching guide is the document in which the URV publishes the information about all its courses. It is a public document and cannot be modified. Only in exceptional cases can it be revised by the competent agent or duly revised so that it is in line with current legislation.