Datos Identificativos 2019/20
Asignatura (*) Dereito Procesual Penal Código 612G01028
Titulación
Grao en Dereito
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Terceiro Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Dereito Público
Coordinación
Camara Ruiz, Juan
Correo electrónico
juan.camara@udc.es
Profesorado
Anguita Juega, Luis
Camara Ruiz, Juan
Neira Pena, Ana
Soto Díaz, David José
Correo electrónico
luis.anguita.juega@udc.es
juan.camara@udc.es
ana.neira@udc.es
david.sdiaz@udc.es
Web
Descrición xeral A docencia que se imparte nesta materia persegue, principalmente, a adquisición polo estudante dun grao axeitado de coñecementos sobre as principais institucións do proceso penal. Concretamente: a) Os principios constitucionais relativos ao Proceso penal; b) A tutela xudicial efectiva; c) A función do Dereito procesual penal como instrumento na aplicación do ius puniendi estatal e na protección dos dereitos do imputado e da víctima; d) O procedemento preliminar; e) O xuízo oral; f) O sistema de recursos; g) Os procesos especiais; h) A execución penal.

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Coñecemento das principais institucións xurídicas.
A2 Coñecer a función do Dereito como sistema regulador das relacións sociais.
A4 Percepción do carácter interdisciplinar dos problemas xurídicos.
A5 Coñecemento dos principios e valores constitucionais.
A7 Coñecemento das estruturas xurídico-políticas de ámbito nacional e internacional.
A8 Coñecementos básicos de argumentación xurídica.
A9 Capacidade para o manexo de fontes xurídicas (legais, xurisprudenciais e doutrinais).
A10 Capacidade de interpretar e analizar críticamente o ordenamento xurídico.
A11 Capacidade de comprender e de redactar documentos xurídicos.
A12 Manexo da oratoria xurídica. (Capacidade de expresarse apropiadamente en público).
A13 Dominio das novas tecnoloxías aplicadas ao dereito.
A14 Capacidade de elaboración de normas.
A15 Capacidade de negociación e mediación.
B2 Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo
B3 Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
B5 Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía
B7 Resolver problemas de forma efectiva, valorando a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.
B8 Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo, entendendo, tamén, a importancia da cultura emprendedora.
B9 Traballar de forma autónoma con iniciativa tendo en conta a importancia da aprendizaxe ao longo de toda a vida.
B10 Traballar de forma colaborativa.
B11 Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán e como profesional.
B12 Comunicarse de maneira efectiva nun entorno de traballo, amosando capacidade de expresión tanto oral como escrita en calquera das linguas oficiais da comunidade autónoma, así como nun idioma estranxeiro.
B13 Capacidade para utilizar a rede informática (internet) na obtención de información e na comunicación de datos e, en xeral, capacidade para empregar as ferramentas básicas das TIC necesarias para o exercicio da súa profesión.
C2 Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecer a función do Dereito como sistema regulador das relacións sociais. Coñecemento dos principios e valores constitucionais. Coñecemento das estruturas xurídico-políticas de ámbito nacional e internacional. A1
A2
A4
A5
A7
A8
B2
B3
B5
C3
C4
C7
Capacidade para o manexo de fontes xurídicas (legais, xurisprudenciais e doutrinais). Capacidade de interpretar e analizar críticamente o ordenamento xurídico. Capacidade de comprender e de redactar documentos xurídicos. Manexo da oratoria xurídica. (Capacidade de expresarse apropiadamente en público). Dominio das novas tecnoloxías aplicadas ao dereito. Capacidade para ler, comprender e redactar textos xurídicos en inglés. Capacidade de elaboración de normas. A9
A10
A11
A12
A13
A14
C2
Resolver problemas de forma efectiva, valorando a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade. Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo, entendendo, tamén, a importancia da cultura emprendedora. Traballar de forma autónoma con iniciativa tendo en conta a importancia da aprendizaxe ao longo de toda a vida. Traballar de forma colaborativa. Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán e como profesional. Comunicarse de maneira efectiva nun entorno de traballo, amosando capacidade de expresión tanto oral como escrita en calquera das linguas oficiais da comunidade autónoma, así como nun idioma estranxeiro. Capacidade para utilizar a rede informática (internet) na obtención de información e na comunicación de datos e, en xeral, capacidade para empregar as ferramentas básicas das TIC necesarias para o exercicio da súa profesión. A15
B7
B8
B9
B10
B11
B12
B13

Contidos
Temas Subtemas
O proceso penal 1ª.- Os sistemas procesuais penais e os principios do proceso penal
2ª.- A Xurisdicción e a competencia
3ª.- As partes no proceso penal
4ª.- O obxecto do proceso penal
5ª.- O procedemento preliminar (sumario e dilixencias previas).
6ª.- Os actos de investigación
7.- As medidas cautelares
8ª.- O xuízo oral e o sobresemento
9ª.- A acusación, a defensa, a conformidade do acusado e a tese de desvinculación
10ª.- A proba
11ª.- A sentencia e a cousa xulgada
12ª.- Os medios de impugnación
13ª.- Outros procedementos: o abreviado, o procedemento para o axuizamento rápido de determinados delictos, o procedemento para o xuizo sobre delictos leves e o procedemento diante do Tribunal do Xurado



Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Discusión dirixida A15 A14 A13 A12 A11 A10 A9 A8 A7 A5 A4 A2 A1 B7 B8 B9 B10 B11 B12 B13 B2 B3 B5 C2 C3 C4 C7 15 0 15
Presentación oral A8 A12 B2 6 18 24
Proba mixta A1 A2 A4 A5 A7 A9 A10 A11 5 68 73
Sesión maxistral A1 A2 A4 A5 A7 A8 21 0 21
Traballos tutelados A11 B7 B2 B3 6 6 12
 
Atención personalizada 5 0 5
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Discusión dirixida A discusión dirixida é una ferramenta que propicia a intervención do alumnado en clase a partir dun tema proposto sobre as materias que se están a impartir e, normalmente, de actualidade. Así mesmo provoca que o alumnado busque solucións de xeito rápida a partir do coñecemento adquirido nas sesions anteriores
Presentación oral A presentación oral é unha técnica tanto para exposición oral dos casos resoltos coma para exposición oral de partes da materia.
Proba mixta Para a evaliación do alumnado ademais do que supón a avaliación continua durante o desenvolvemento do modulo tense en conta o resultado dunha proba mixta que, se ben pode variar dun curso a outro, basicamente está composta de preguntas tipo test, preguntas curtas, algunha pregunta a desenrolar e a resolución de casos prácticos.
Sesión maxistral As clases presenciais desenrólanse a partir dunhas sesións teóricas baseadas na lección maxistral. Despois utilízanse outras técnicas como as discusións dirixidas ou as presentacións orais
Traballos tutelados Coa preparación de traballos polo alumnado pretendese que vaia adquirendo a tecnica da investigación e o aprendizaxe autonomo.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Proba mixta
Presentación oral
Descrición
Normalmente, para a preparación da presentación oral dos traballos de investigación ou dos casos resoltos é aconsellable a participación do profesorado para a supervisión, a resolución de dúbidas, a corrección dos borradores, etc.
Así mesmo en vistas á preparación da proba mixta é moi conveniente a consulta e o asesoramento do profesorado, o cal require unha atención personalizada.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A11 B7 B2 B3 A valoración dos traballos tutelados dependerá da calidade, interese, rigor e corrección dos mesmos 10
Sesión maxistral A1 A2 A4 A5 A7 A8 A valoración da sesión maxistral consistirá na asistencia habitual ás clases presenciais e na participación nos debates dirixidos e na resposta ás cuestións formuladas 5
Proba mixta A1 A2 A4 A5 A7 A9 A10 A11 Tal e como se expuxo no apartado das metodoloxías a proba conxunta pode estar constituída por varios capítulos: preguntas tipo test, curtas, a desenrolar, caso práctico, etc. Dependendo da configuración do exame concreto farase unha ponderación dos resultados de todas as cuestións 65
Presentación oral A8 A12 B2 Para a cualificación da presentación oral valorarase, principalmente, a calidade do traballo presentado ou a do caso resolto. Así mesmo, terase en conta a claridade na exposición e a corrección na argumentación e nas respostas ás cuestións formuladas 10
Discusión dirixida A15 A14 A13 A12 A11 A10 A9 A8 A7 A5 A4 A2 A1 B7 B8 B9 B10 B11 B12 B13 B2 B3 B5 C2 C3 C4 C7 A valoración da discusión dirixida consistirá na asistencia habitual as clases presenciais e na participación dos mesmos 10
 
Observacións avaliación

Para a superación da materia será
requisito imprescindible aprobar a proba mixta. A nota resultante servirá para
facer a media co resto das puntuacións.

Os estudantes a tempo parcial con dispensa
académica recoñecida realizarán actividades compensatorias dos traballos tutelados, previo acordo cos profesores. O resto dos métodos de avaliación
realizaranse sen adaptación.


Fontes de información
Bibliografía básica

Bibliografía básica:

- MONTERO AROCA et. al, Derecho Jurisdiccional III. Proceso Penal, 25ª ed., Tirant Lo Blanch,Valencia, última edición;

- GIMENO SENDRA,Manual de Derecho Procesal Penal,Castillo de Luna, Madrid, Ultima edición.


Bibliografía complementaria

Bibliografía complementaria:

- GIMENO SENDRA, V., Derecho procesal penal, Aranzadi, Navarra, 2ª ed., 2015.

- ASENCIO MELLADO, J. Mª, Derecho Procesal Penal, Tirant lo Blanch, Valencia, 7º Edición, 2015.

- PÉREZ-CRUZ MARTÍN, A-J.,FERREIRO BAAMONDE, X., PIÑOL RODRÍGUEZ, J.R. y SEOANE SPIEGELBERG, J.L.,Derecho Procesal Penal. Thomson Reuters, Madrid, (2ª ed., 2010).

Recursos web:

BIBLIOTECA UDC: http://www.udc.es/biblioteca/

BOE: http://www.boe.es/

DOGA: http://www.xunta.es/dog/

BASE DE DATOS ARANZADI: http://www.westlaw.es/westlaw/ (só pode consultarse a través da UDC)


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Dereito Penal. Parte xeral/612G01010
Constitución e poder xudicial/612G01014
Dereito Penal. Parte especial/612G01025

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías