Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Dereito Público Autonómico Código 612G01030
Titulación
Grao en Dereito
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Terceiro Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Dereito Público
Coordinación
Rodríguez Martín-Retortillo, María del Carmen
Correo electrónico
maria.rodriguez.martin-retortillo@udc.es
Profesorado
Caamaño Domínguez, Francisco Manuel
Camara Ruiz, Juan
Jove Villares, Daniel
Rodríguez Martín-Retortillo, María del Carmen
Rodriguez-Arana Muñoz, Jaime Fco.
Ruiperez y Alamillo, Javier
Soto Díaz, David José
Correo electrónico
f.caamano@udc.es
juan.camara@udc.es
d.jove.villares@udc.es
maria.rodriguez.martin-retortillo@udc.es
jaime.rodriguez-arana.munoz@udc.es
javier.ruiperez@udc.es
david.sdiaz@udc.es
Web
Descrición xeral Con esta materia o que se pretende é acadar coñecemento xeral sobre o dereito autonómico que estudará a organización territorial do Estado, as súas bases constitucionais e as vías de acceso á autonomía; a distribución de competencias entre o Estado e as Comunidades Autónomas; a doctrina do Tribunal Constitucional sobre o reparto de competencias.

Por outro lado, se analiza a organización das Comunidades Autónomas: as súas Asambleas Lexislativas e os seus órganos executivos.

Finalmente, se estuda o réximen xurídico dos principais sectores da actividade da competencia autonómica con especial alusión ás leis que regulan o contido propio e específico do dereito derivado do Estatuto de Galicia
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos
- Non se realizarán cambios.

2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
- Seminario
- Sesión maxistral
- Atención personalizada

*Metodoloxías docentes que se modifican
- Non se fará a Proba mixta, xa que realizarase unha proba tipo test por cada parte da asignatura que teña un valor do 40% do total da cualificación final, sendo necesario aprobala para poder superar a asignatura.
- Realizaranse Traballos tutelados por cada parte da asignatura, que permitan a avaliación continua e que teñan un valor do 60% do total da cualificación final.

3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
- Correo electrónico: Diariamente. De uso para facer consultas, solicitar encontros virtuais para resolver dúbidas e facer o seguimento dos traballos tutelados.
- Moodle: Diariamente. Impulsaranse os foros para resolver dúbidas do alumnado.
- Teams: Continuarase coas sesións maxistrais no horario establecido.

4. Modificacións na avaliación
- Realizarase unha proba tipo test por cada parte da asignatura que teña un valor do 40% do total da cualificación final, sendo necesario aprobala para poder superar a asignatura.
- Realizaranse Traballos tutelados por cada parte da asignatura, que permitan a avaliación continua e que teñan un valor do 60% do total da cualificación final.
- A nota final sería o resultado da media das notas acadadas en cada parte.

*Observacións de avaliación:
- En canto á avaliación, haberá os mesmos criterios tanto para a primeira como para a segunda oportunidade.

5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
- Non se realizarán cambios.

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Coñecemento das principais institucións xurídicas.
A3 Percepción do carácter sistemático do ordenamento xurídico.
A4 Percepción do carácter interdisciplinar dos problemas xurídicos.
A8 Coñecementos básicos de argumentación xurídica.
A9 Capacidade para o manexo de fontes xurídicas (legais, xurisprudenciais e doutrinais).
A10 Capacidade de interpretar e analizar críticamente o ordenamento xurídico.
A11 Capacidade de comprender e de redactar documentos xurídicos.
A12 Manexo da oratoria xurídica. (Capacidade de expresarse apropiadamente en público).
B1 Que os estudantes demostrasen posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adóitase atopar a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo
B2 Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo
B4 Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado
B10 Traballar de forma colaborativa.
B12 Comunicarse de maneira efectiva nun entorno de traballo, amosando capacidade de expresión tanto oral como escrita en calquera das linguas oficiais da comunidade autónoma, así como nun idioma estranxeiro.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C5 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecemento das principais institucións xurídicas. A1
A3
A4
A8
A9
A10
A11
A12
B10
B12
B1
B2
B4
C4
C5
C8

Contidos
Temas Subtemas
LECCIÓN 1.- CONSTITUCIÓN, ESTATUTOS DE AUTONOMÍA: CUESTIONS XERAIS E DE DEREITO AUTONÓMICO COMPARADO 1.- A posición da Constitución e os Estatutos de Autonomía na distribución territorial do poder en España. 2.- A evolución do modelo territorial español e as reformas estatutarias. 3.- Normas e institucións básicas do Dereito Público Autonómico en perspectiva comparada.
LECCIÓN 2.- O DEREITO PÚBLICO AUTONÓMICO DE GALICIA: SISTEMA POLÍTICO E PARLAMENTO DE GALICIA 1.- O Estatuto de Autonomía de 1981: posición e estrutura . 2.- División de Poderes no sistema político de Galicia. 3.- Sistema electoral nas eleccións ao Parlamento de Galicia. 4.- O Parlamento de Galicia: composición e organización. 5.- O Parlamento de Galicia: funcións: a) Función lexislativa b) As relaciones Parlamento/ Xunta e a función de control c) Aprobación e control presupuestario.
LECCIÓN 3.- O DEREITO PÚBLICO AUTONÓMICO DE GALICIA: A XUNTA DE GALICIA E A SÚA PRESIDENCIA 1.- A presidencia da Xunta: natureza xurídica e funcións. 2.- O Poder Executivo de Galicia: composición e estrutura. 3.- Funcionamento do Goberno: O Consello da Xunta.
LECCIÓN 4.- O DEREITO PÚBLICO AUTONÓMICO DE GALICIA: INSTITUCIÓNS DE GARANTÍA, CONTROL E ASESORAMENTO 1.- O Valedor do Pobo. 2.- O Consello de Contas. 3.- O Consello Consultivo de Galicia. 4.- O Consello Económico e Social de Galicia. 5.- O Consello da Cultura de Galicia.
LECCIÓN 5.- O PODER XUDICIAL NO ESTATUTO GALEGO 1. O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. 2.- As competencias da Comunidade Autónoma de Galicia en relación coa Administración de Xustiza.
LECCIÓN 6.- A ADMINISTRACIÓN PÚBLICA AUTONÓMICA: ORGANIZACIÓN E FUNCIONAMENTO 1.-A Administración xeral de Galicia: Réxime xurídico e organización. 2.- O sector público de Galicia: réxime xurídico e organización.
LECCIÓN 7.- A ADMINISTRACIÓN LOCAL EN GALICIA 1.- A garantía institucional da Administración local. 2.- As competencias municipais e provinciais. 3.- As relacións entre a Administración local e outras entidades territoriais.
LECCIÓN 8.- O PERSONAL AO SERVIZO DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA 1.- O estatuto básico da función pública. 2.- A lexislación de función púbica de Galicia.
LECCIÓN 9.- ACTUACIÓN SECTORIAL 1.- Seguridade pública. 2.- Transporte e comunicacións. 3.- Agricultura, caza, pesca. 4.- Sanidade. 5.- Servizos sociais. 6.- Educación e investigación. 7.- Turismo, deportes e cultura.- 8.- Ordenación do territorio e do litoral. 9.- Urbanismo e medio ambiente. 10.-Vivenda.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Seminario A1 A3 A4 A8 A9 A10 A11 A12 B10 B12 B1 B2 B4 C4 C5 C8 21 21 42
Proba mixta A1 A3 A4 A8 A10 4 0 4
Sesión maxistral A1 A3 A4 A8 A9 A10 28 56 84
 
Atención personalizada 20 0 20
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Seminario Sesións en grupos reducidos, dirixidas polo profesor da asignatura
Proba mixta Proba de avaliación ao final de cuatrimestre, con preguntas teóricas e prácticas sobre a materia estudiada.
Sesión maxistral Sesións expositivas de materias do programa

Atención personalizada
Metodoloxías
Proba mixta
Sesión maxistral
Seminario
Descrición
OS ESTUDIANTES DISPORÁN DUN HORARIO DE TiTORÍAS PARA RESOLVER CO PROFESOR AS DÚBIDAS QUE PODAN XURDIR NA PREPARACIÓN DAS ACTIVIDADES E A APRENDIZAXE DOS CONTENIDOS.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta A1 A3 A4 A8 A10 A nota que se corresponde a este apartado obterase a partir da valoración dunha proba final que realizarase ó finalizar o cuadrimestre e que versará sobre os contidos da materia.
Esta proba pode ser oral ou escrita.
60
Seminario A1 A3 A4 A8 A9 A10 A11 A12 B10 B12 B1 B2 B4 C4 C5 C8 A nota que se corresponde a este apartado obterase a partir da valoración das diversas actividades dirixidas realizadas polo alumnado ó longo do cuadrimestre (comentarios de sentencias, resolución de casos, exposición de temas, traballos tutelados, etc.). 40
 
Observacións avaliación

A cualificación final de Dereito Público Autonómico obterase a partir da ponderación das notas finais conseguidas en cada unha das tres partes en que se estructura a materia: Dereito Administrativo 45%, Dereito Constitucional 40% e Dereito Procesual 15%. Para que se poida realizar esta ponderación será requisito imprescindible ter obtido unha nota mínima de 5 (en base 10) en todas elas,

A cualificación de cada unha das partes obterase do seguinte xeito:

Dereito Administrativo: proba obxectiva 50%; traballo en equipa 50%

Dereito Constitucional: proba obxectiva 70%; avaliación continua 30%. Este criterio aplicarase cando o/a alumno/a teña obtido unha nota mínima de 5 puntos sobre 10 na proba obxectiva.

Dereito Procesual: proba obxectiva 60%; avaliación continua 40%. Este criterio aplicarase cando o/a alumno/a teña obtido unha nota mínima de 3 puntos sobre 6 na proba obxectiva.


Fontes de información
Bibliografía básica

BIBLIOGRAFÍA DE CONSULTA:

-Comentarios al Estatuto de Autonomía de la Comunidad Autónoma de Galicia. MAP, 1991

-Máiz, Ramón y Portero, José Antonio: As institucións políticas no Estatuto de Autonomía para Galicia, Santiago de Compostela, 1988.

-Portero Molina, José Antonio: Reflexiones sobre un tiempo de reformas estatutarias, A Coruña, 2006.

-Ruipérez Alamillo, Javier:

La Constitución del Estado de las Autonomías:teoría constitucional y práctica política en el federalizing process español, Madrid, 2003

Entre el federalismo y el confederantismo.: dificultades y problemas para la formulación de una Teoría Constitucional del Estado de las Autonomías

La reforma del Estatuto de Autonomía para Galicia, La Coruña, 1995

-Sarmiento Méndez, Xosé Antón: O Estatuto de Galicia: 20 anos de Parlamento e Xustiza Constitucionais, Vigo, 2003

- Rodríguez-Arana Muñoz, J.: Código da Administración Galega, Netbiblo, 2009.

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías