Datos Identificativos 2019/20
Asignatura (*) Traballo fin de Grao Código 612G01031
Titulación
Grao en Dereito
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao Anual
Cuarto Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Dereito Privado
Dereito Público
Coordinación
Souto García, Eva María
Correo electrónico
eva.maria.soutog@udc.es
Profesorado
Alvarez Lata, Natalia
Arean Lalin, Manuel
Bello Janeiro, Domingo
Caamaño Anido, Miguel angel
Cachafeiro Garcia, Fernando
Carril Vázquez, Xosé Manuel
Castro Mejuto, Luis Fernando de
Cebreiros alvarez, Eduardo
Cernadas Lázare, Marta
Díaz Teijeiro, Carlos María
Faraldo Cabana, Patricia
Fernandez Carballal, Almudena
Garcia Camiñas, Julio
Garcia Perez, Rafael
Garcimartin Montero, Carmen
Legeren Molina, Antonio
Lopez Suarez, Marcos A.
Martínez-Buján Pérez, Carlos
Munín Sánchez, Lara María
Neira Pena, Ana
Peña Lopez, Fernando
Pereira Saez, Maria Carolina
Quintans Eiras, Maria Rocio
Rodriguez Docampo, Maria Jose
Rodriguez-Arana Muñoz, Jaime Fco.
Ron Latas, Ricardo Pedro
Ruíz García, José Ramón
Soto Díaz, David José
Souto García, Eva María
Vazquez Pena, Manuel Jose
Vergara Lacalle, Oscar
Correo electrónico
natalia.alvarez.lata@udc.es
manuel.arean@udc.es
domingobello@udc.es
m.caamano@udc.es
fernando.garcia@udc.es
xose.manuel.carril.vazquez@udc.es
luis.decastro@udc.es
eduardo.cebreiros@udc.es
marta.cernadas.lazare@udc.es
carlos.diaz.teijeiro@udc.es
patricia.faraldo@udc.es
almudena.fernandez.carballal@udc.es
julio.garcia.caminas@udc.es
rafael.garcia.perez@udc.es
carmen.garcimartin@udc.es
antonio.legeren@udc.es
marcos.lopezs@udc.es
c.martinez-bujan@udc.es
l.munin@udc.es
ana.neira@udc.es
fernando.pena@udc.es
c.pereira.saez@udc.es
rocio.quintans@udc.es
maria.jose.rodriguez.docampo@udc.es
jaime.rodriguez-arana.munoz@udc.es
ricardo.ron@udc.es
j.ruiz@udc.es
david.sdiaz@udc.es
eva.maria.soutog@udc.es
manuel.jose.vazquez.pena@udc.es
oscar.vergara@udc.es
Web
Descrición xeral O TFG supón a realización, por parte de cada estudante e de forma individual, dun caso práctico ou un informe xurídico concreto baixo a supervisión dun ou máis tutores.

Neste traballo deben integrarse e desenvolverse os contidos formativos recibidos, así como as capacidades, competencias e habilidades adquiridas durante o período de docencia do grao.

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Coñecemento das principais institucións xurídicas.
A2 Coñecer a función do Dereito como sistema regulador das relacións sociais.
A3 Percepción do carácter sistemático do ordenamento xurídico.
A4 Percepción do carácter interdisciplinar dos problemas xurídicos.
A5 Coñecemento dos principios e valores constitucionais.
A6 Comprensión das distintas manifestacións do dereito na súa evolución histórica e na súa realidade actual.
A7 Coñecemento das estruturas xurídico-políticas de ámbito nacional e internacional.
A8 Coñecementos básicos de argumentación xurídica.
A9 Capacidade para o manexo de fontes xurídicas (legais, xurisprudenciais e doutrinais).
A10 Capacidade de interpretar e analizar críticamente o ordenamento xurídico.
A11 Capacidade de comprender e de redactar documentos xurídicos.
A12 Manexo da oratoria xurídica. (Capacidade de expresarse apropiadamente en público).
A13 Dominio das novas tecnoloxías aplicadas ao dereito.
A14 Capacidade de elaboración de normas.
A15 Capacidade de negociación e mediación.
B3 Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
B4 Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado
B5 Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía
B7 Resolver problemas de forma efectiva, valorando a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.
B8 Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo, entendendo, tamén, a importancia da cultura emprendedora.
B9 Traballar de forma autónoma con iniciativa tendo en conta a importancia da aprendizaxe ao longo de toda a vida.
B11 Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán e como profesional.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Resolver problemas A1
A5
A6
A7
A11
A13
A14
A15
B7
B11
B3
B4
B5
C3
C7
Pensamento crítico B8
Traballar de forma autónoma B9
Expresión correcta tanto oral como escrita C1
Capacidade de analizar a realidade e solucionar problemas C4
Valorar a importancia da investigación e a innovación no avance socioeconómico e cultural da sociedade C8
Manexo da oratoria xurídica A12
Capacidade de interpretar e analizar críticamente o ordenamento xurídico A10
Capacidade para o manexo de fontes xurídicas A9
Coñecementos básicos de argumentación xurídica A8
Percepción do carácter interdisciplinar dos problemas xurídicos A4
Percepción do carácter sistemático do ordenamento xurídico A3
Coñecer a función do Dereito como sistema regulador das relacións sociais A2

Contidos
Temas Subtemas

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Presentación oral A1 A5 A6 A7 A8 A11 A12 A13 A14 A15 B8 B11 B3 B4 B5 C1 C3 C7 1 6 7
Traballos tutelados A2 A3 A4 A10 B7 B9 C4 C8 0 50 50
Análise de fontes documentais A9 A10 B9 0 75 75
 
Atención personalizada 18 0 18
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Presentación oral O estudantado defenderá os seus TFG pública e presencialmente. No caso de que o/a estudante solicite de forma motivada e acreditada defender o TFG de forma non-presencial, cumprirá que o faga ante a Comisión de Plans de Estudo, delegada do Consello de Goberno, para que a autorice ou non. Isto sempre de se daren as condicións legais, técnicas, administrativas e económicas que o permitiren. A realización, presentación e defensa dos TFG poderán efectuarse en calquera dos idiomas empregados na impartición do grao, de acordo co disposto na memoria de verificación do título.
Cada estudante disporá dun tempo máximo, do que será informado polo tribunal, para a defensa do TFG, en que deberá expoñer os obxectivos, a metodoloxía, o contido e as conclusións do seu traballo. Con posterioridade terá que atender as preguntas, as aclaracións, os comentarios e as suxestións que puideren formularlle os membros do tribunal de avaliación
Traballos tutelados Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes, baixo a tutela do profesor e en escenarios variados (académicos e profesionais). Está referida prioritariamente ao aprendizaxe do “cómo facer as cousas”. Constitúe unha opción baseada na asunción polos estudantes da responsabilidade pola súa propia aprendizaxe.
Este sistema de ensino baséase en dous elementos básicos: a aprendizaxe independente dos estudantes e o seguimento desa aprendizaxe polo profesor-titor.
Análise de fontes documentais O estudante deberá analizar as fontes legais e xurisprudenciais de maneira adecuada para poder resolver o caso ou elaborar adecuadamente o informe plantexado.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Descrición
O TFG será dirixido por un membro do profesorado dos departamentos con docencia a tempo completo no plan de estudos do título de grao.
Tal profesor/a será responsable de:
a) expoñerlle ao estudantado cuxa titoría exerza as características do traballo, e orientalo no seu desenvolvemento;
b) realizar un seguimento da elaboración do TFG e velar polo cumprimento dos obxectivos fixados;
c) autorizar a presentación e defensa do TFG.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Presentación oral A1 A5 A6 A7 A8 A11 A12 A13 A14 A15 B8 B11 B3 B4 B5 C1 C3 C7 O alumno fará unha exposición pública oral ante o tribunal que avalía os traballos fin de grao no que exporá a metodoloxía empregada e a resolución da tarefa proposta 50
Traballos tutelados A2 A3 A4 A10 B7 B9 C4 C8 Calidad del trabajo presentado 50
 
Observacións avaliación
Unha vez realizada la exposición por la o el alumna/o, el tribunal deliberará sobre la calificación que le corresponde. Se aplicarán los criterios de evaluación de la guía docente y lo dispuesto en la memoria de verificación del título. Los criterios se harán públicos antes de las defensas de los TFG. Para la cualificación final se establecerá la media aritmética de las calificaciones asignadas a los TFG por cada uno de los miembros del tribunal. En las últimas convocatorias el Tribunal está aplicando el siguinte criterio respecto a la presentación oral: otorga hasta un 20% a exposición del TFG y otorga hasta un 30% el turno de preguntas y respuestas.
A cualificación outorgarase en función da seguinte escala numérica establecida no Real Decreto 1125/2003[1], de 0 a 10, con expresión dun decimal, a que terá que engadírselle a correspondente cualificación cualitativa:

a) 0-4,9 suspenso

b) 5,0-6,9 aprobado

c) 7,0-8,9 notable

d) 9,0-10 sobresaliente

Poderá acceder á mención de matrícula de honra o estudantado que obtiver unha cualificación igual ou superior a 9,0 puntos, segundo o criterio do tribunal avaliador.

A revisión e/ou reclamación das cualificacións finais dos TFG levaranse a cabo de conformidade co previsto na normativa da UDC.

Fontes de información
Bibliografía básica

O alumnado deberá seleccionar a fontes doctrinais e xurisprudencias mais axeitadas ao suposto elexido para desenvolver do mellor xeito o TFG.

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións
Tratándose do TFG é un requisito indispensable que o alumnado teña superadas todas as materias do Grao en Dereito. A normativa permite que o alumnado poida depositar o TFG con algunha materia non superada, pero a defensa solo poderá realizarse cando o alumno/a teña todas a materias do Grao en Dereito superadas.


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías