Datos Identificativos 2019/20
Asignatura (*) Dereito de Sucesións Código 612G01034
Titulación
Grao en Dereito
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Cuarto Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Dereito Privado
Coordinación
Pérez Álvarez, Miguel Angel
Correo electrónico
miguel.angel.perez.alvarez@udc.es
Profesorado
Blanco Gonzalez, Aurelia
Colina Garea, Rafael
Lopez Suarez, Marcos A.
Pérez Álvarez, Miguel Angel
Correo electrónico
aurelia.blanco@udc.es
rafael.colina@udc.es
marcos.lopezs@udc.es
miguel.angel.perez.alvarez@udc.es
Web
Descrición xeral A través desta materia preténdese que os alumnos adquiran o coñecemento do Dereito de sucesións.

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Coñecemento das principais institucións xurídicas.
A3 Percepción do carácter sistemático do ordenamento xurídico.
A4 Percepción do carácter interdisciplinar dos problemas xurídicos.
A8 Coñecementos básicos de argumentación xurídica.
A9 Capacidade para o manexo de fontes xurídicas (legais, xurisprudenciais e doutrinais).
A10 Capacidade de interpretar e analizar críticamente o ordenamento xurídico.
A11 Capacidade de comprender e de redactar documentos xurídicos.
A12 Manexo da oratoria xurídica. (Capacidade de expresarse apropiadamente en público).
A13 Dominio das novas tecnoloxías aplicadas ao dereito.
B7 Resolver problemas de forma efectiva, valorando a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.
B8 Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo, entendendo, tamén, a importancia da cultura emprendedora.
B9 Traballar de forma autónoma con iniciativa tendo en conta a importancia da aprendizaxe ao longo de toda a vida.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecemento das principais institucións xurídicas. A1
Percepción do carácter sistemático do ordenamento xurídico. A3
Percepción do carácter interdisciplinar dos problemas xurídicos. A4
Coñecementos básicos de argumentación xurídica. A8
Capacidade para o manexo de fontes xurídicas (legais, xurisprudenciais e doutrinais). A9
Capacidade de interpretar e de analizar críticamente o ordenamento xurídico. A10
Capacidade de comprender e de redactar documentos xurídicos. A11
Manexo da oratoria xurídica. A12
Dominio das novas tecnoloxías aplicadas ao Dereito. A13
Resolver problemas de forma efectiva. B7
Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo. B8
Traballar de forma autónoma con iniciativa e de forma colaborativa B9

Contidos
Temas Subtemas
LECCIÓN 1. A SUCESIÓN E O DEREITO DE SUCESIÓNS. 1.- A sucesión "mortis causa" e o Dereito de sucesións. Os principios do Dereito sucesorio. 2.- Herdeiro e legatario. Determinación do tipo de chamamento.
LECCIÓN 2. A HERDANZA. AS FASES DA SUCESIÓN HEREDITARIA. 1.- A herdanza. 2.- As fases da sucesión hereditaria. 3.- En particular, o modo de adquirir a herdanza. 4.- A herdanza xacente. 5.- A adquisición da posesión dos bens hereditarios.
LECCIÓN 3. A CAPACIDADE PARA SUCEDER. 1.- Incapacidades absolutas. 2.- Supervivencia. 3.- A indignidade. 4.- A incapacidade relativa. 5.- Efectos da indignidade e da incapacidade relativa.
LECCIÓN 4. A DELACIÓN. 1.- Concepto, clases e principios informadores da delación. 2.- O dereito de transmisión. 3.- O Dereito de representación. 4.- O dereito de acrecer.
LECCIÓN 5. O TESTAMENTO. 1.- Concepto, natureza e caracteres do testamento. 2.- A capacidade para testar. 3.- Os vicios da vontade en materia testamentaria. 4.- A interpretación do testamento.
LECCIÓN 6. AS CLASES DE TESTAMENTO. 1.- Testamentos comúns e especiais. 2.- O testamento aberto ordinario. 3.- O testamento aberto especial: o testamento en perigo de morte. 4.- O testamento pechado. 5.- O testamento ológrafo.
LECCIÓN 7. AS SUBSTITUCIÓNS. 1.- Concepto e tipos de substitución. 2.- A substitución vulgar. 3.- A substitución pupilar. 4. A substitución exemplar. 5. A substitución fideicomisaria.
LECCIÓN 8. A SUCESIÓN INTESTADA. 1.- Causas e orde de prelación no Código civil. 2.- Os artigos 267 a 269 da Lei de Dereito Civil de Galicia.
LECCIÓN 9. A SUCESIÓN FORZOSA: AS LEXÍTIMAS. 1.- As lexítimas no réxime do Código civil: A] Titulares da lexítima e a mellora. B] Cálculo da lexítima. C] Defensa da lexítima: accións, preterición e desherdamento. 2.- As lexítimas na Lei de Dereito Civil de Galicia: Lexitimarios e contía [arts. 238, 243, 253 e 254 LDCG].
LECCIÓN 10. ACEPTACIÓN E REPUDIACIÓN DA HERDANZA. 1.- Aceptación, repudiación e beneficio de inventario: A] O ius delationis: Contido e presuposto. B] A aceptación e os sistemas de responsabilidade. O beneficio de inventario. C] A "aceptación pura e simple", a "aceptación a beneficio de inventario" e a sucesión universal. 2.- Aceptación e repudiación: Teoría xeral: A] Caracteres comúns. B] Capacidade e lexitimación. C] O prazo para aceptar ou repudiar. A interpelación xudicial e o dereito de deliberar. 3.- A aceptación da herdanza: A] Delimitación. B] Formas de aceptación. 4.- A aceptación e a responsabilidade do herdeiro. 5.- A repudiación da herdanza: A] Concepto e forma. B] Efectos. En particular, o artigo 1.001 do Código civil.
LECCIÓN 11. O BENEFICIO DE INVENTARIO. 1.- Delimitación. Efectos xerais do beneficio de inventario. 2.- Réxime xurídico: A] A facultade de servirse do beneficio de inventario. B] Solicitude e forma. C] O prazo. D] O inventario. E] A Administración da herdanza. F] O pago das cargas hereditarias. G] A rendición de contas. H] O réxime ulterior ao pago. I] A perda do beneficio de inventario.
LECCIÓN 12. A COMUNIDADE HEREDITARIA. 1.- Conceptos xerais. 2.- Réxime xurídico da comunidade hereditaria.
LECCIÓN 13. A PARTICIÓN HEREDITARIA: CONCEPTOS XERAIS, OPERACIÓNS PARTICIONAIS E TIPOS DE PARTICIÓN. 1.- A partición hereditaria: conceptos xerais. 2.- As operacións particionais. 3.- Tipos de partición: A] A partición polo testador. B] A partición por contador-partidor ou comisario. C] A partición por contador-partidor dativo. D] A partición convencional. E] A partición xudicial. 4.- Efectos, invalidez e ineficacia da partición.
LECCIÓN 14. A COLACIÓN. 1.- Concepto e fundamento. 2.- Presupostos subxectivos. 3.- Presupostos obxectivos. 4.- Modo de realizar a colación. 5.- Efectos.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A1 A3 A4 A9 A10 45 21 66
Estudo de casos A1 A3 A4 A8 A9 A10 A11 A12 A13 B7 B8 B9 21 42 63
Proba obxectiva A1 4 0 4
 
Atención personalizada 17 0 17
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Consistirá na exposición dos aspectos fundamentais dos temas que conforman o programa da materia.
Estudo de casos Análise e discusión de supostos prácticos.
Proba obxectiva Exame dos contidos incorporados no programa da materia e supostos prácticos.

Atención personalizada
Metodoloxías
Estudo de casos
Descrición
Para o estudo de casos, ademais das indicacións de carácter xeral, os alumnos recibirán de maneira individualizada ou por grupos de traballo as orientacións que sexan precisas para a correcta elaboración dos seus traballos.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Estudo de casos A1 A3 A4 A8 A9 A10 A11 A12 A13 B7 B8 B9 Os casos prácticos realizados durante o curso terán unha valoración máxima na nota final dun 10%. 30
Proba obxectiva A1 Ao finalizar o cuadrimestre os alumnos deberán examinarse dos contidos incorporados ao programa da materia e das prácticas referentes á mesma.

O resultado desta proba terá unha valoración máxima na nota final dun 90%.
70
 
Observacións avaliación

É requisito necesario aprobar a proba obxectiva (nota de 4.5 ou superior) para que se lle some a nota correspondente ao "Estudo de casos".


Fontes de información
Bibliografía básica PÉREZ ÁLVAREZ/MARTÍNEZ DE AGUIRRE/DE PABLO CONTRERAS/CÁMARA LAPUENTE (2016). CURSO DE DERECHO CIVIL (V). DERECHO DE SUCESIONES. EDISOFER

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Dereito da persoa/612G01007
Dereito de familia/612G01013
Dereito de obrigas e danos/612G01016
Dereito da Contratación/612G01024
Dereitos Reais/612G01027

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías