Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Dereito Mercantil: Contratos empresariais. Dereito concursal e dereito marítimo Código 612G01035
Titulación
Grao en Dereito
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Cuarto Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Dereito Privado
Coordinación
Garcia-Pita y Lastres, Jose Luis
Correo electrónico
j.l.garcia-pita@udc.es
Profesorado
Arevano Fuentes, Mª de la Cruz
Cernadas Lázare, Marta
Garcia-Pita y Lastres, Jose Luis
Quintans Eiras, Maria Rocio
Rodríguez-Losada Pérez-Montero, Juan
Correo electrónico
m.arevano@udc.es
marta.cernadas.lazare@udc.es
j.l.garcia-pita@udc.es
rocio.quintans@udc.es
j.rodriguez-losada@udc.es
Web
Descrición xeral Nesta materia estúdanse en primeiro lugar as diversas modalidades de contratos mercantís. A segunda parte dedícase á análise das crises empresariais, tanto preconcursais, como de Dereito concursal. Na terceira parte analízase o Dereito da navegación marítima.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos

Non se modifican os contidos

2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen

- Sesión maxistral.
- Lecturas.
- Estudo de casos.
- Discusión dirixida.
- Proba obxectiva.

*Metodoloxías docentes que se modifican

Eventos científicos e/ou divulgativos: celebraranse en modalidade virtual.

3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado

Correo electrónico: empregarase para facer consultas, solicitar titorías virtuais, resolver dúbidas e demáis cuestións relativas á materia.

Moodle: Tanto en situación de presencialidade como de non presencialidade, esta ferramenta utilizarase para a comunicación co alumnado e facilitarlles o material e as prácticas da materia.

-Teams: Esta ferramenta será utilizada para realizar as titorías de forma virtual e, en caso de non poder realizar a docencia presencial, para impartir as clases da materia.

4. Modificacións na avaliación

Modificacións na avaliación

A proba obxectiva representa o 80% da cualificación e consiste nun exame escrito. Nesta proba é necesario acadar como mínimo 4 puntos para poder engadir a calificación obtida na avaliación continua.
No caso de non poder realizarse o exame de maneira presencial realizarase un exame tipo test a través da plataforma de Moodle. Neste caso a proba contará con 30 preguntas, e cada 3 respostas mal contestadas, réstase unha correcta.

O peso da avaliación continua representa o 20% da cualificación e consiste na realización de diversas actividades (casos prácticos, exposición de trabajos, etc.).

*Observacións de avaliación:

Requisitos para superar a materia:
1. Obter unha puntuación mínima de 4 puntos no exame escrito ou, no seu caso, no exame tipo test.
2. Que a suma da nota obtida na proba escrita ou, no seu caso, no examen tipo test e na avaliación continua sexa de 5 ou máis puntos, sobre 10.

5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía

Ademais dous materiais e bibliografía indicada na Guía docente da materia e en moodle o alumnado terá á súa disposición os recursos en liña da Biblioteca da Universidade.

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Coñecemento das principais institucións xurídicas.
A2 Coñecer a función do Dereito como sistema regulador das relacións sociais.
A3 Percepción do carácter sistemático do ordenamento xurídico.
A4 Percepción do carácter interdisciplinar dos problemas xurídicos.
A5 Coñecemento dos principios e valores constitucionais.
A6 Comprensión das distintas manifestacións do dereito na súa evolución histórica e na súa realidade actual.
A7 Coñecemento das estruturas xurídico-políticas de ámbito nacional e internacional.
A8 Coñecementos básicos de argumentación xurídica.
A9 Capacidade para o manexo de fontes xurídicas (legais, xurisprudenciais e doutrinais).
A10 Capacidade de interpretar e analizar críticamente o ordenamento xurídico.
A11 Capacidade de comprender e de redactar documentos xurídicos.
A13 Dominio das novas tecnoloxías aplicadas ao dereito.
A15 Capacidade de negociación e mediación.
B2 Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo
B3 Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
B4 Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado
B7 Resolver problemas de forma efectiva, valorando a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.
B8 Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo, entendendo, tamén, a importancia da cultura emprendedora.
B13 Capacidade para utilizar a rede informática (internet) na obtención de información e na comunicación de datos e, en xeral, capacidade para empregar as ferramentas básicas das TIC necesarias para o exercicio da súa profesión.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C5 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecer o réxime xurídico e utilización das principais modalidades de contratos mercantís A1
A2
A4
A5
A10
A11
A15
B8
B13
B2
B3
B4
C4
C5
C6
C7
C8
Coñecemento das solucións paraconcursales e concursais en situacións de crises empresariais. A1
A3
A4
A5
A8
A9
A10
A13
A15
C5
C6
Coñecemento do réxime xurídico e a súa aplicación á navegación marítima A1
A2
A3
A4
A6
A7
A9
A10
A15
C5
Manexo de fontes xurídicas (legais, xurisprudenciais e doutrinais) relacionadas co temario da materia A9
Capacidade para a análise e a redacción de documentos xurídicos relacionados co contido da materia A10
A11
Resolución de casos prácticos relacionados co temario A10
A15
B7
Expresarse correctamente de forma oral e escrita C1
Utilización das novas tecnoloxías no asesoramento e na resolución de problemas xurídicos C3

Contidos
Temas Subtemas
Tema 1. Compravendas mercantís - Compravenda mercantil
- Contrato de suministro
- Contrato estimatorio
Tema 2. Contratos de colaboración e distribución - Comisión mercantil
- Contrato de corretaxe
- Contrato de agencia
- Concesión mercantil
- Franquicia
Tema 3. Contratos mercantís de custodia e financiación -Contrato de depósito
- Contrato de almacenaxe
- Emisión de resgardo de depósito
- O préstamo mercantil
Tema 4. Conta corrente e garantías mercantiles - Conta corrente
- Afianzamento mercantil
- Outras garantías
Tema 5. Contratos bancarios e parabancarios -Operacións bancarias pasivas
- Operacións bancarias activas
- Operacións bancarias neutras
- Leasing
- Factoring
Tema 6. Dereito dos Seguros Privados - Contrato de seguro
- Seguros contra danos
- Seguros de Persoas
Tema 7. Mercado de Valores - Ofertas Públicas de Valores (OPV)
- Mercados secundarios. Contratación
- Ofertas Públicas de Adquisición de Accións (OPAS)
Tema 8. Contrato de transporte - Transporte de Persoas
- Transporte de cousas
- Especilidades do transporte ferroviario
- Contratos turísticos
Tema 9. Declaración do concurso - Acordos preconcursais
- Presupostos
Tema 10. Órganos do concurso e efectos - Órganos
- Efectos
Tema 11. Determinación das masas activa e pasiva. Solucións do concurso - Determinación das masas activa e pasiva
- O convenio
- A liquidación
- Calificación do concurso
- Conclusión do concurso
Tema 12. Elementos estruturais do Dereito da navegación - O buque como obxecto patrimonial e instrumento da navegación.
- O naviero e os seus colaboradores.
Tema 13. Contratos naúticos - Arrendamento
- Fletamento
- Transporte
- Practicaxe
- Remolque
- Outros
Tema 14. Avarías e sinistros da navegación. Seguro marítimo - Avaría común
- Abordaxe e naufraxio
- Responsabilidade por vertedura de hidrocarburos

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Lecturas A1 A2 A3 A4 A6 A7 A8 A9 A10 A11 A13 A15 0 10 10
Estudo de casos A1 A2 A3 A4 A6 A7 A8 A9 A10 A11 A13 A15 B7 B8 B13 B2 B3 B4 C1 C3 C4 C5 C6 C7 C8 40 0 40
Discusión dirixida A1 A2 A3 A4 A5 A6 A7 A8 A9 A10 A11 A13 A15 B7 B8 B13 B2 B3 B4 C1 C3 C4 C5 C6 C7 C8 10 0 10
Proba obxectiva A1 A2 A3 A4 A6 A7 A8 A9 A10 A11 2 40 42
Eventos científicos e/ou divulgativos A1 A2 A3 A4 A5 A6 A7 A8 A9 A10 A11 C4 C7 5 0 5
Sesión maxistral A1 A2 A3 A4 A5 A6 A8 A9 A10 A11 A13 A15 B7 B8 B13 B2 B3 B4 C1 C3 C5 C6 C8 28 0 28
 
Atención personalizada 15 0 15
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Lecturas Recomendáranse textos aos alumnos para que realicen unha lectura detida
Estudo de casos As clases prácticas dedicaranse no seu maior parte ao estudo de casos e xurisprudencia
Discusión dirixida Nalgunha clase práctica exporase un problema xurídico e os alumnos tratarán de solucionalo en común.
Proba obxectiva Consistirá nun exame escrito que debe realizarse individualmente polo alumno
Eventos científicos e/ou divulgativos Nalgúns casos organizarase unha Xornada en que algún especialistas impartirá materias relacionadas co temario da materia
Sesión maxistral Cada tema comenzará cunha exposición oral.

Atención personalizada
Metodoloxías
Estudo de casos
Proba obxectiva
Descrición
Os profesores da materia axudarán aos alumnos a resolver as dúbidas referentes á resolución dos casos prácticos.

A atención personalizada tamén se realiza a través da posta a disposición dos profesores da materia nuns horarios determinados para que os alumnos consulten as dúbidas que poidan ter do temario ou do sistema de avaliación

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Estudo de casos A1 A2 A3 A4 A6 A7 A8 A9 A10 A11 A13 A15 B7 B8 B13 B2 B3 B4 C1 C3 C4 C5 C6 C7 C8 Valorarase a asistencia e participación dos estudantes nas clases prácticas, así como a entrega dos traballos e resolución dos casos propostos nas devanditas clases 10
Discusión dirixida A1 A2 A3 A4 A5 A6 A7 A8 A9 A10 A11 A13 A15 B7 B8 B13 B2 B3 B4 C1 C3 C4 C5 C6 C7 C8 Valorásense as intervencións dos alumnos na resolución das cuestións expostas, téndose especialmente en conta os coñecementos e destrezas do alumno. 10
Proba obxectiva A1 A2 A3 A4 A6 A7 A8 A9 A10 A11 A proba consiste nun exame final. Será necesario aprobar esta proba para superar a materia. 80
Eventos científicos e/ou divulgativos A1 A2 A3 A4 A5 A6 A7 A8 A9 A10 A11 C4 C7 Asistencia a posibles eventos que se organicen en el área. 0
 
Observacións avaliación

A nota final dos estudantes determínase do seguinte modo:
un 80% da cualificación corresponderá ao resultado dunha proba
obxectiva teórica ou teórico-práctica; dos 8 puntos que vale esta proba
obxectiva, será necesario acadar como mínimo 4 puntos
para poder engardir a cualificación obtida coas outras actividades
realizadas durante o cuatrimestre. O 20% restante corresponderá ás
diversas actividades realizadas ao longo do curso (casos prácticos,
participación en conferencias e seminarios, exposicions de traballos,
etc.). No caso de non superar a proba da convocatoria de maio-xunio (1ª
oportunidade), na convocatoria de xullo (2ª oportunidade) repetirase
únicamente a proba obxectiva, conservándose a puntuación obtida nas
actividades realizadas ao longo do curso.

Os/as alumnos/as matriculados/as a tempo parcial, que solicitaron e concedéuselles a dispensa, deberán realizar unicamente a proba obxectiva e a súa valoración será

sobre 10 puntos


Fontes de información
Bibliografía básica

MENENDEZ / ROJO (ÚLTIMA EDICIÓN), Lecciones de Derecho Mercantil, t. II, editorial Civitas Thomson Reuters, última edición.

SÁNCHEZ CALERO, Instituciones de Derecho Mercatil, t. II, Aranzadi, última edición.

AAVV, Lecciones de Derecho Empresarial, Tirant lo Blanch, última edición.
Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Dereito da Empresa/612G01011
Dereito Mercantil: Dereito de sociedades e de títulos-valores/612G01022
Dereito da Contratación/612G01024

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías