Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Dereito Penitenciario Código 612G01039
Titulación
Grao en Dereito
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Cuarto Optativa 4.5
Idioma
Castelán
Galego
Inglés
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Dereito Público
Coordinación
Puente Aba, Luz Maria
Correo electrónico
l.puente@udc.es
Profesorado
Fuentes Loureiro, María Ángeles
Puente Aba, Luz Maria
Correo electrónico
maria.fuentes.loureiro@udc.es
l.puente@udc.es
Web
Descrición xeral A materia de Dereito penitenciario ten como fin o estudo de todas as vicisitudes relativas á execución da pena privativa de liberdade. Coñeceranse as cuestións esenciais do ordenamento xurídico penitenciario (clasificación e tratamento penitenciario, liberdade condicional, recursos, etc.) e a concreta situación penitenciaria no noso Estado.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos
Non haberá.

2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen:
Todas.
*Metodoloxías docentes que se modifican:
As sesións maxistrais e as actividades formativas prácticas pasarán a realizarse por Teams e/ou Moodle.
As probas pasarán a realizarse por Moodle mantendo a súa estrutura (probas, entregas, foros de discusión, etc.) e peso no conxunto da avaliación.

3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
As profesoras da materia estarán dispoñibles polas canles habituais nestes casos: Moodle, Teams e email.

4. Modificacións na avaliación
Non haberá.

*Observacións de avaliación:
Mantense o peso que a proba obxectiva terá no conxunto da cualificación global da materia.

5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Non haberá.

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Coñecemento das principais institucións xurídicas.
A2 Coñecer a función do Dereito como sistema regulador das relacións sociais.
A3 Percepción do carácter sistemático do ordenamento xurídico.
A4 Percepción do carácter interdisciplinar dos problemas xurídicos.
A5 Coñecemento dos principios e valores constitucionais.
A8 Coñecementos básicos de argumentación xurídica.
A9 Capacidade para o manexo de fontes xurídicas (legais, xurisprudenciais e doutrinais).
A11 Capacidade de comprender e de redactar documentos xurídicos.
B2 Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo
B3 Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
B5 Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía
B7 Resolver problemas de forma efectiva, valorando a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.
B8 Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo, entendendo, tamén, a importancia da cultura emprendedora.
B11 Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán e como profesional.
B12 Comunicarse de maneira efectiva nun entorno de traballo, amosando capacidade de expresión tanto oral como escrita en calquera das linguas oficiais da comunidade autónoma, así como nun idioma estranxeiro.
C2 Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecer o ordenamento xurídico penitenciario A1
A2
A3
A4
A5
B8
B12
B2
B3
B5
C2
C6
C7
C8
Ser capaz de realizar escritos e resolver casos de Dereito penitenciario A8
A9
A11
B7
B11
C2
Encarar críticamente a realidade das prisións no noso Estado B11
C2
C4

Contidos
Temas Subtemas
1. Historia e crítica da prisión.
2. A situación penitenciaria en España.
3. Principios e fontes do Dereito penitenciario.
4. A Administración penitenciaria
5. A relación xurídico-penitenciaria.
6. A organización dos establecementos penitenciarios.
7. Tratamento e clasificación penitenciarios.
8. Réxime penitenciario.
9. Réxime disciplinario.
10. Relacións dos internos co mundo exterior.
11. Liberdade condicional, beneficios penitenciarios e recompensas.
12. Sistemas de protección dos dereitos dos internos.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A1 A2 A3 A4 A5 A8 A9 A11 B7 B8 B11 B12 B2 B3 B5 C2 C4 C6 C7 C8 28 2 30
Proba obxectiva A1 A2 A3 A4 A5 A8 A9 A11 B7 B11 C2 C4 4 10 14
Estudo de casos A1 A2 A3 A4 A5 A8 A9 A11 B7 B11 C2 C4 18 10 28
Resumo A1 A2 A3 A4 A5 A8 A9 A11 B7 B8 B11 B12 B2 B3 B5 C2 C4 C7 C8 18 10 28
Discusión dirixida A1 A2 A3 A4 A5 A8 A9 A11 B7 B11 C2 C4 10 0 10
 
Atención personalizada 2.5 0 2.5
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Mediante o sistema de lección maxistral, o docente introducirá ao estudante nos aspectos básicos de cada tema.
Proba obxectiva Planteamento de preguntas acerca dos temas do programa da materia
Estudo de casos A praxe é un dos elementos clave da nosa disciplina. Por iso, a formulación e resolución de casos prácticos en clase será un dos elementos basilares do desenvolvemento da docencia.
Resumo Realización dun traballo (oral ou escrito) sobre un tema específico
Discusión dirixida Os estudantes traballarán en grupo diversos temas, debendo mostrarse activos e colaboradores cos compañeiros do seu grupo

Atención personalizada
Metodoloxías
Discusión dirixida
Sesión maxistral
Proba obxectiva
Estudo de casos
Descrición
A atención personalizada ao estudante non estará vinculada a só unha metodoloxía, senón que será constante. Neste sentido, tanto o contido das clases teóricas, como o estudio persoal do alumno, como calquera das actividades que integran o curso contarán coa posibilidade dunha tutorización por parte do docente, a fin de que o estudante poda formular as súas dúbidas e dificultades e que o docente poda axustar as súas metodoloxías ás especificidades da persoa concreta. A estos efectos, o estudante poderá contar con atención personalizada (sempre, lóxicamente, de un modo organizado) tanto nas horas lectivas como nos horarios de tutorías.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Discusión dirixida A1 A2 A3 A4 A5 A8 A9 A11 B7 B11 C2 C4 Realización de debates 45
Proba obxectiva A1 A2 A3 A4 A5 A8 A9 A11 B7 B11 C2 C4 Realización dunha proba teórica e outra práctica 40
Resumo A1 A2 A3 A4 A5 A8 A9 A11 B7 B8 B11 B12 B2 B3 B5 C2 C4 C7 C8 Realización dun traballo (oral ou escrito) sobre un tema específico 15
 
Observacións avaliación

A avaliación realizarase do seguinte xeito:

-O 60% da nota final virá determinado polas actividades realizadas durante o curso nas clases teóricas e prácticas (posibles traballos, presentacións, debates, resolución de supostos prácticos, etc.).

-O 40% restante virá determinado pola realización dunha proba obxetiva sobre a materia do programa, o día da convocatoria oficial do exame.

No caso de estudantes que teñan soliictado e obtido a dispensa prevista no artigo 7.5 da Normativa sobre o réxime de dedicación ao estudo da UDC, a proba obxectiva constituirá o 100% da avaliación. 


Fontes de información
Bibliografía básica

CERVELLÓ DONDERIS, V., Derecho penitenciario, Tirant lo Blanch 2016.

FERNÁNDEZ ARÉVALO, L. / NISTAL BURÓN, J., Derecho penitenciario, Thomson Reuters Aranzadi 2016.

JUANATEY DORADO, C., Manual de Derecho penitenciario, Iustel 2016.

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Dereito Penal. Parte xeral/612G01010
Dereito Sancionador/612G01020
Dereito Penal. Parte especial/612G01025

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Criminoloxía/612G01038

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías