Datos Identificativos 2016/17
Asignatura (*) Dereito e biomedicina Código 612G01040
Titulación
Grao en Dereito
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Cuarto Optativa 4.5
Idioma
Galego
Inglés
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Dereito Público Especial
Coordinación
Seoane Rodriguez, Jose Antonio
Correo electrónico
jose.antonio.seoane@udc.es
Profesorado
Seoane Rodriguez, Jose Antonio
Correo electrónico
jose.antonio.seoane@udc.es
Web
Descrición xeral Dereito e biomedicina examina as respostas xurídicas ás cuestións relativas á vida e a saúde, dous valores individuais e sociais moi aprezados
Mediante o estudo das fontes normativas e bibliográficas, a análise de casos, sesións maxistrais e seminarios, os estudantes coñecerán polo miúdo como protexe o Dereito a vida e a saúde e como responde ás novidades biomédicas e biotecnolóxicas, prestando especial atención á perspectiva dos dereitos humanos e ás resolucións dos Tribunais Constitucionais e mais ao Tribunal Europeo de Dereitos Humanos e o Tribunal de Xustiza da Unión Europea.

Competencias do título
Código Competencias do título
A2 Coñecer a función do Dereito como sistema regulador das relacións sociais.
A3 Percepción do carácter sistemático do ordenamento xurídico.
A4 Percepción do carácter interdisciplinar dos problemas xurídicos.
A5 Coñecemento dos principios e valores constitucionais.
A8 Coñecementos básicos de argumentación xurídica.
A9 Capacidade para o manexo de fontes xurídicas (legais, xurisprudenciais e doutrinais).
A10 Capacidade de interpretar e analizar críticamente o ordenamento xurídico.
A15 Capacidade de negociación e mediación.
B2 Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo
B3 Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
B5 Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía
B7 Resolver problemas de forma efectiva, valorando a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.
B8 Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo, entendendo, tamén, a importancia da cultura emprendedora.
B10 Traballar de forma colaborativa.
B11 Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán e como profesional.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Adquirir coñecementos e habilidades para identificar, comprender e avaliar a dimensión xurídica da biomedicina e das profesións sanitarias A3
A4
A5
A8
A9
B8
B11
B3
B5
C1
C4
C6
C7
C8
Adquirir coñecementos e habilidades para interpretar e resolver os problemas xurídicos que prantexan a biomedicina e as profesións sanitarias A2
A3
A4
A5
A8
A9
A10
A15
B7
B8
B11
B2
B3
B5
C1
C4
C6
C7
C8
Adquirir habilidades argumentativas para intervir nos procesos de toma de decisións no ámbito biomédico e asesorar aos profesionais sanitarios A4
A5
A8
A9
A10
A15
B7
B8
B10
B11
B2
B3
B5
C1
C4
C6
C8

Contidos
Temas Subtemas
PARTE I .
Tema 1. Normas 1. A regulación da biomedicina. Bioética. Deontoloxía. Política sanitaria. Biopolítica. Bioeconomía. Biodereito e Dereito biomédico
2. A regulación xurídica da biomedicina. Dereitos humanos. Constitución. Globalización. Regulacións nacionais e internacionais.
3. Xustiza e saúde. O significado xurídico da saúde. O acceso á protección da saúde.
Tema 2. Razóns 1. Feitos. Valores. Deberes. Dereitos.
2. A deliberación bioética. Os comités de ética
3. A argumentación xurídica. Razoamento xurídico e dereitos fundamentais
Tema 3. Suxeitos 1. A relación clínica e a relación de investigación. Do paternalismo á autonomía e os dereitos
2. Usuarios, pacientes e suxeitos de investigación: dereitos, deberes e responsabilidades
3. Profesionais asistenciais e investigadores: dereitos, deberes e responsabilidades
4. Administración. Empresa. Sociedade
Tema 4. As profesións biomédicas 1. Actos clínicos. Actividades de investigación
2. Boa práctica clínica e "lex artis"
3. A responsabilidade das profesións biomédicas. Ética. Deontolóxica. Xurídica.
4. Obxección de conciencia.
Tema 5. As autonomías do paciente 1. Autonomía decisoria. Consentimento informado. Instrucións previas. Decisións de representación
2. Autonomía informativa. Intimidade, confidencialidade e segredo. Os datos biomédicos. A historia clínica
3. Autonomía funcional. Discapacidade, dependencia e autonomía.
4. Os límites da autonomía. Autonomía e saúde pública.
PARTE II .
Tema 6. O comezo da vida 1. O estatuto do embrión
2. Sexualidade e reprodución. Existe un dereito á reprodución?
3. Técnicas de reprodución humana asistida. Existe un dereito á maternidade/paternidade?
4. Intervencións xenéticas
5. Euxenesia e melloramento humano
6. Anticoncepción
7. Aborto. Pode ser o aborto un dereito?
8. Clonación
9. Que hai de malo na discapacidade? Modelos e significado
10. Existe un dereito a non ter nacido?
Tema 7. O final da vida 1. O significado xurídico da morte
2. Os escenarios do final da vida
3. A eutanasia
4. Existe un dereito a morrer?
5. A extracción e o transplante de órganos e tecidos
6. Son o corpo humano e as súas partes unha "res extra commercium"?
Tema 8. Investigación biomédica 1. Existe un deber de investigar?
2. O imperativo de investigación
3. A liberdade de investigación
4. Principios e garantías da investigación biomédica
5. Regulación xurídica da investigación biomédica
6. A investigación con seres humanos
7. A investigación con animais
8. A investigación biotecnolóxica

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Estudo de casos A2 A3 A4 A5 A8 A9 A10 A15 B8 B10 B11 B2 B3 B5 C1 C4 C6 6 12 18
Proba obxectiva A2 A3 A4 A5 A8 A9 A10 B7 B8 B3 C1 1.5 6 7.5
Sesión maxistral A2 A3 A4 A5 A8 A9 A10 B8 C6 C8 12 24 36
Obradoiro A3 A4 A5 A8 A9 A10 A15 B7 B8 B10 B11 B2 B3 B5 C1 C4 C6 C7 C8 4 12 16
Análise de fontes documentais A3 A4 A5 A8 A9 A10 B7 B8 B10 B3 B5 C1 C6 C8 10 20 30
 
Atención personalizada 5 0 5
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Estudo de casos Análise de supostos paradigmáticos que presentan as relacións entre o Dereito e a biomedicina, e que en ocasións prantexan problemas e/ou solucións diferentes ás tradicionais.
O estudante debe aprender a identificar e analizar as cuestións xurídicas implicadas, deliberar sobre elas e chegar a unha conclusión empregando argumentos xurídicos.
O estudo de casos permite desenvolver as habilidades argumentativas e aplicar os coñecementos a situacións concretas.
Se prestará especial atención aos casos analizados nas sentenzas biomédicas/ bioéticas/ bioxurídicas do Tribunal Constitucional español e o Tribunal Europeo de Dereitos Humanos, completándoo con resolucións do Tribunal Supremo español e doutros órganos xurisdicionais internacionais
Proba obxectiva A proba obxectiva ou exame é o método empregado para avaliar a aprendizaxe dos coñecementos teóricos doutrinais (fontes bibliográficas) e normativos (fontes lexislativas e xurisprudenciais)
Sesión maxistral Mediante a exposición oral o profesor procura transmitir a singularidade da linguaxe, os conceptos e o significado das normas xurídicas biomédicas, outorgando preferencia a un enfoque baseado nos dereitos humanos/fundamentais.
Así mesmo, comenta os aspectos máis sobranceiros do temario e das fontes documentais manexadas.
Obradoiro Este método, baixo a tutela do profesor, permite o estudo de temas monográficos con maior profundidade e detalle, combinando varias metodoloxías (análise de fontes documentais, especialmente lexislativas e xurisprudenciais; estudo de casos,...).
O estudante participa dun xeito máis activo, poñendo en práctica os seus coñecementos e as súas habilidades argumentativas, orais e escritas.
Análise de fontes documentais Parte importante da resposta xurídica á biomedicina está contida na lexislación (internacional, comunitaria europea, estatal e autonómica) e xurisprudencia (en especial do Tribunal Constitucional español e o Tribunal Europeo de Dereitos Humanos).
A leitura, comprensión e avaliación crítica destes textos normativos é unha vía importante para o desenvolvemento da materia e para a comprensión histórica e sistemática das relacións entre biomedicina e Dereito.
O carácter básico da análise das fontes documentais, bibliográficas e normativas, se manifesta na súa presenza e influencia no desenvolvemento das restantes metodoloxías.

Atención personalizada
Metodoloxías
Análise de fontes documentais
Obradoiro
Descrición
Guía e asesoramento na selección e análise das fontes bibliográficas e normativas
Guía e asesoramento na selección dos temas dos obradoiros e nos procesos argumentativos e deliberativos sobre os textos normativos e os casos.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Análise de fontes documentais A3 A4 A5 A8 A9 A10 B7 B8 B10 B3 B5 C1 C6 C8 Avaliación da capacidade de selección, interpretación, exposición e análise, escrita e oral, das fontes documentais (bibliográficas e, especialmente, normativas -lexislativas e xurisprudenciais-)
30
Proba obxectiva A2 A3 A4 A5 A8 A9 A10 B7 B8 B3 C1 Avaliación dos coñecementos impartidos nas sesións maxistrais e os extraídos da análise das fontes documentais.
A proba terá preferentemente carácter oral.
40
Obradoiro A3 A4 A5 A8 A9 A10 A15 B7 B8 B10 B11 B2 B3 B5 C1 C4 C6 C7 C8 Avaliación da capacidade de selección, interpretación, exposición e análise dos temas da materia e das fontes bibliográficas e normativas (lexislativas e xurisprudenciais).
Avalición das habilidades argumentativas, especialmente orais, e da participación nas deliberacións nas sesións presenciais.
30
 
Observacións avaliación

Fontes de información
Bibliografía básica Andrés Ollero (2006). Bioderecho: entre la vida y la muerte. Cizur Menor (Navarra): Thomson-Aranzadi
Javier Sánchez-Caro y Fernando Abellán (2006). Derecho del médico en la relación clínica. Granada: Comares
Javier Sánchez-Caro, Fernando Abellán (2003). Derechos y deberes de los pacientes (Ley 41/2002, de 14 de noviembre). Granada: Comares
Carlos María Romeo Casabona (dir.) (2011). Enciclopedia de Bioderecho y Bioética. Granada: Comares; Deusto: Cátedra Interuniversitaria Fundación BBVA-Diputación Foral de Bizkaia de D
André den Exter (ed.) (2010). Human rights and biomedicine. Antwerpen: Maklu
Jonathan Herring (2010). Medical law and ethics. Oxford: OUP
Roberto Andorno (2013). Principles of international biolaw. Bruxelles: Bruylant

Normativa xurídica básica

Constitución española

Constitución europea

Convención dos dereitos das persoas con discapacidade

Código civil

Lei de axuizamento civil

Código penal

Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal

Real Decreto 1720/2007, do 21 de decembro, polo que se aproba o Regulamento de desenvolvemento da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal.

Convenio para a protección dos dereitos humanos e a dignidade do ser humano con respecto ás aplicacións da Bioloxía e a Medicina (Convenio relativo aos dereitos humanos e á Biomedicina) (Consello de Europa, 1997)

Lei 14/1986, do 25 de abril, xeral de sanidade

Lei 41/2002, de 14 de novembro, básica reguladora da autonomía do paciente e de dereitos e obrigas en materia de información e documentación clínica

Lei galega 3/2001, do 28 de maio, reguladora do consentimento informado e a historia clínica dos pacientes

Lei 16/2003, do 28 de maio, de cohesión e calidade do Sistema Nacional de Saúde

Real Decreto-lei 16/2012, do 20 de abril, de medidas urxentes para garantir a sostenibilidade do Sistema Nacional de Saúde e mellorar a calidade e seguridade das súas prestacións

Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galiza

Lei 39/2006, de promoción da autonomía persoal e de atención ás persoas en situación de dependencia.

Lei Orgánica 2/2010, do 3 de marzo, de saúde sexual e reprodutiva e da interrupción voluntaria do embrazo

Lei 14/2006, do 26 de maio, sobre técnicas de reproducción humana asistida

Lei 30/1979, do 27 de outubro, sobre extracción e transplante de órganos

Real Decreto 2070/1999, do 30 de decembro, polo que se regulan as actividades de obtención e utilización clínica de órganos humanos e a coordinación territorial en materia de órganos e tecidos humanos

Lei 29/2006, do 26 de xullo, de garantías e uso racional dos medicamentos e productos sanitarios

Lei 14/2007, do 3 de xullo, de investigación biomédica

Real Decreto 223/2004, do 6 de febrero, polo que se regulan os ensaios clínicos con medicamentos

Real Decreto 1201/2005, do 10 de outubro, sobre protección dos animais utilizados para experimentación e outros fins científicos

Xurisprudencia do Tribunal Constitucional (STC 53/1985, STC 120/1990, STC 116/1999, STC 154/2002, STC 37/2011)

Xurisprudencia do Tribunal Europeo de Dereitos humanos, Tribunal Supremo, Tribunal de Xustiza da Unión Europea e outros órganos xurisdicionais nacionais e internacionais (Reino Unido, EE.UU., Canadá)

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Teoría e práctica da argumentación xurídica/612G01041

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías