Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Dereito matrimonial comparado Código 612G01044
Titulación
Grao en Dereito
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Cuarto Optativa 4.5
Idioma
Castelán
Inglés
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Dereito Privado
Coordinación
Garcimartin Montero, Carmen
Correo electrónico
carmen.garcimartin@udc.es
Profesorado
Concheiro Teijido, Francisco Antonio
Garcimartin Montero, Carmen
Correo electrónico
f.concheiro@udc.es
carmen.garcimartin@udc.es
Web
Descrición xeral Teoría xerais dos sistemas matrimoniais. Sistema matrimonial español. Estudo dos principais sistemas matrimoniais vixentes en Europa e América.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos
Non se modifican os contidos

2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
A metodoloxía de avaliación continua seguirá con sesións a través de Teams

*Metodoloxías docentes que se modifican

3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
Teams: clases os días previstos
Tutorías: cando o soliciten os estudantes

4. Modificacións na avaliación
Non se modifica o sistema de avaliación continua. Únicamente, o profesor podrá solicitar a entrega dos materiais con que os estudantes prepararon as exposicións das clases

*Observacións de avaliación:
Os estudantes que o desexen poderán renunciar a avaliación continua e presentar os traballos que no seu momento se indiquen.
O plaxio total o parcial será avaliado con 0

5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Non hai modificacións, pero se tendrá en conta que os estudantes só poden preparar os seus traballos con materiais dispoñibles online

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Coñecemento das principais institucións xurídicas.
A2 Coñecer a función do Dereito como sistema regulador das relacións sociais.
A3 Percepción do carácter sistemático do ordenamento xurídico.
A4 Percepción do carácter interdisciplinar dos problemas xurídicos.
A6 Comprensión das distintas manifestacións do dereito na súa evolución histórica e na súa realidade actual.
A7 Coñecemento das estruturas xurídico-políticas de ámbito nacional e internacional.
A10 Capacidade de interpretar e analizar críticamente o ordenamento xurídico.
A13 Dominio das novas tecnoloxías aplicadas ao dereito.
B2 Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo
B3 Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
B4 Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado
B5 Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía
B7 Resolver problemas de forma efectiva, valorando a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.
B8 Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo, entendendo, tamén, a importancia da cultura emprendedora.
B9 Traballar de forma autónoma con iniciativa tendo en conta a importancia da aprendizaxe ao longo de toda a vida.
B12 Comunicarse de maneira efectiva nun entorno de traballo, amosando capacidade de expresión tanto oral como escrita en calquera das linguas oficiais da comunidade autónoma, así como nun idioma estranxeiro.
B13 Capacidade para utilizar a rede informática (internet) na obtención de información e na comunicación de datos e, en xeral, capacidade para empregar as ferramentas básicas das TIC necesarias para o exercicio da súa profesión.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Comunicarse eficazmente tanto de forma oral como escrita A4
A13
B12
Coñecer a función do Dereito como sistema regulador das relacións sociais A2
B9
B13
B2
B5
Coñecemento das principais institucións xurídicas A1
Estudio do sistema matrimonial en xeral: Descripción, principais conceptos, competencias para a sea regulación. A6
C3
C4
C7
Estudio do sistema matrimonial dun país extranxeiro utilizando una metodoloxía comparada A1
A3
A7
Capacidade de análise, síntese e interrelación de conceptos A10
B7
B4
Coñecementos básicos de argumentación xurídica B8
B3

Contidos
Temas Subtemas
Tema 1. O matrimonio e os sistemas matrimoniais a. Definición e elementos constitutivos do matrimonio
b. Tendencias actuais
c. Sistemas matrimoniais
Tema 2. Capacidade para contraer matrimonio a. Capacidade física e psíquica
b. Capacidade xurídica
Tema 3. Consentimento a. O consentimento como fonte do vínculo
b. Vicios e defectos do consentemento
Tema 4. Formas e formalidades a. Forma ordinaria e extraordinaria
b. Formalidades previas e posteriores ao casamento
Tema 5. A crise do matrimonio a. Nulidad
b. Disolución
c. Separación

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Aprendizaxe colaborativa A1 A2 A3 A7 A10 15 18 33
Estudo de casos B3 2.5 0 2.5
Presentación oral A4 A13 B9 B13 B2 B4 B5 C3 C4 C7 24 25 49
Traballos tutelados A6 B8 B12 3 8 11
Sesión maxistral B7 7 0 7
Actividades iniciais A1 2 1 3
 
Atención personalizada 7 0 7
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Aprendizaxe colaborativa Preparación e exposición interactiva do tema seguindo as orientaciones do profesor.
Estudo de casos Estudo e resolución dos casos prácticos que se propoñan
Presentación oral Realización duna presentación sobre un tema previamente seleccionado.
Traballos tutelados Traballo de iniciación á investigación, empregando as fontes oportunas e aplicando a metodoloxía comparada.
Sesión maxistral Exposición do profesor de temas que presenten unha especial dificultade
Actividades iniciais Presentación po lo profesor dos contidos da asignatura, plan de traballo e obxectivos.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Estudo de casos
Presentación oral
Aprendizaxe colaborativa
Descrición
A atención persoalizada levarase a cabo mediante tutorías o longo do curso, tanto para orientar ao estudante sobre a metodoloxía a seguir como para resolver as dúbidas que poda ter.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A6 B8 B12 Teráse en conta para a avaliación
-utilización adecuada das fontes
-Metodoloxía
-Redacción e presentación
10
Estudo de casos B3 Será obxecto de avaliación o caso escrito e a exposición oral, segundo o que se determine en cada sesión.
10
Aprendizaxe colaborativa A1 A2 A3 A7 A10 Avaliarase a participación na clase, tanto os temas previamente preparados e expostos na aula como as súas intervencións nas presentacións feitas polos compañeiros, así como o rendemento e interés do estudante o longo do curso. 80
 
Observacións avaliación

Os estudantes que teñan mais de tres ausencias das aulas non poderán ser avaliados polo sistema de avaliación continua, e deberán facer unha proba final, que contará como un 60 %  da nota. O restante 40 % corresponde a un traballo que deberá presentar na data que se indique.

Os estudantes a tempo parcial con dispensa académica de asistencia recoñecida realizarán actividades compensatorias das clases participativas e maxistrales, previo acordo cos profesores. O resto dos métodos de avaliación realizaranse sen adaptación.


Fontes de información
Bibliografía básica Suárez Pertierra, G. (2005). Derecho Matrimonial Comparado. Valencia: Tirant lo Blanch
Motilla, Agustín (2018). La eficacia en España del Derecho de Familia Islámico. Granada: Comares
Martí, Jose Mª (2016). Matrimonio religioso y Derecho español concordado. Granada: Comares
Acuña, Sara (2013). Matrimonio religioso y Unión Europea. Perspectivas comparadas. Granada: Ocre

Os materiais serán principalmente as fontes primarias dos sistemas xurídicos que se estuden nas clases. Tamén deberán utilizarse materiais online, sempre procedentes de páxinas web institucionais o de calidad contrastada.

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Dereito de familia/612G01013

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

A asistencia a clase é obligatoria. Recoméndase asistir a sesión introductoria da asignatura, onde se farán as indicacións pertinentes sobre o desenvolvemento do programa e sobre a avaliación do estudante.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías