Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Dereito internacional dos espazos Código 612G01047
Titulación
Grao en Dereito
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Cuarto Optativa 4.5
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Dereito Público
Coordinación
Sobrino Heredia, Jose Manuel
Correo electrónico
j.sobrino@udc.es
Profesorado
Sobrino Heredia, Jose Manuel
Correo electrónico
j.sobrino@udc.es
Web
Descrición xeral O Dereito internacional dos espazos é unha materia xurídico internacional onde se estuda o ámbito físico-espacial onde se desenvolven as relacións de coexistencia e de cooperación entre os distintos suxeitos internacional, especialmente, Estados e Organizacións internacionais.
Estes espazos son, en primeiro lugar o territorio, soporte físico da soberanía do Estado e delimitado mediante fronteiras. Pero o territorio non é soamente a superficie terrestre, senón tamén a marítima e a aérea, de maneira que se examinan, igualmente, os espazos marítimos (tanto os suxeitos á soberanía do Estado como os que non) e o espazo suprayacente, isto é o espazo aéreo e o ultraterrestre. Ademais, nesta disciplina analízanse outros espazos de singular importancia, como son, os cursos de auga internacionais e os espazos polares. E, finalmente, como todos estes espazos comparten o mesmo medio ambiente, tamén se explica a protección xurídico-internacional do medio ambiente.
O estudo desta materia permitirá ao estudante coñecer mellor unhas institucións xurídico-internacionais que dan lugar a unha práctica moi intensa e cunha proxección profesional, sen dúbida, moi destacada como son o Dereito do mar ou o Dereito aéreo. E, tamén, abordar cuestións cruciais para o futuro da Humanidade, como son o estado ambiental dos mares e dos océanos, o uso da auga doce, o quecemento global, a cuestión do Ártico e a Antártida, ou en fin, a existencia dun Patrimonio Común da Humanidade.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos
- Non se realizarán cambios

2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
- Seminario (computa na avaliación)
- Traballos tutelados (computa na avaliación)
- Proba obxetiva (computa na avaliación só para os alumnos que se acollen ao Modelo de avaliación B)
- Sesión maxistral

*Metodoloxías docentes que se modifican
- Mantense a metodoloxía docente, pero substitúese a docencia presencial por unha docencia virtual, e as actividades prácticas realizaranse, tamén, por medios virtuais.

3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
- Microsoft Outlook
- Moodle
- TEAMS

4. Modificacións na avaliación
- No se realizarán cambios, salvo que en la Modalidad B) el examen consistirá en un cuestionario a través de Moodle.

*Observacións de avaliación:
- Non se realizarán cambios, salvo que na Modalidade B) o exame consistirá nun cuestionario a través de Moodle.

5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
- Non se realizarán cambios.

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Coñecemento das principais institucións xurídicas.
A2 Coñecer a función do Dereito como sistema regulador das relacións sociais.
A3 Percepción do carácter sistemático do ordenamento xurídico.
A4 Percepción do carácter interdisciplinar dos problemas xurídicos.
A6 Comprensión das distintas manifestacións do dereito na súa evolución histórica e na súa realidade actual.
A7 Coñecemento das estruturas xurídico-políticas de ámbito nacional e internacional.
A9 Capacidade para o manexo de fontes xurídicas (legais, xurisprudenciais e doutrinais).
A10 Capacidade de interpretar e analizar críticamente o ordenamento xurídico.
B2 Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo
B3 Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
B4 Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado
B6 Aprender a aprender.
B7 Resolver problemas de forma efectiva, valorando a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.
B8 Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo, entendendo, tamén, a importancia da cultura emprendedora.
B9 Traballar de forma autónoma con iniciativa tendo en conta a importancia da aprendizaxe ao longo de toda a vida.
B10 Traballar de forma colaborativa.
B11 Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán e como profesional.
B13 Capacidade para utilizar a rede informática (internet) na obtención de información e na comunicación de datos e, en xeral, capacidade para empregar as ferramentas básicas das TIC necesarias para o exercicio da súa profesión.
C2 Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecemento das principais institucións xurídicas. A1
Coñecer a función do Dereito como sistema regulador das relacións sociais. A2
Percepción do carácter sistemático do ordenamento xurídico. A3
Percepción do carácter interdisciplinar dos problemas xurídicos. A4
Comprensión das distintas manifestacións do dereito na súa evolución histórica e na súa realidade actual. A6
Coñecemento das estruturas xurídico-políticas de ámbito nacional e internacional. A7
Capacidade para o manexo de fontes xurídicas (legais, xurisprudenciais e doutrinais). A9
A10
B2
Aprender a aprender. B6
B2 Resolver problemas de forma efectiva, valorando a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade. B7
B8
B11
B13
B3
B4
Traballar de forma autónoma con iniciativa tendo en conta a importancia da aprendizaxe ao longo de toda a vida. B9
Traballar de forma colaborativa. B10
Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro. C2
Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida. C3
Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade. C8
C6
C7

Contidos
Temas Subtemas
Lección 1.- O territorio do Estado 1. A competencia territorial do Estado
2. Concepto e natureza do territorio
3. Os modos de adquisición do territorio
4. A delimitación do territorio estatal
5. As modificacións no exercicio da competencia territorial do Estado
Lección 2.- A competencia territorial do Estado sobre certos espazos marítimos 1. A evolución do Dereito do Mar: factores e intereses.
2. Os espazos marítimos suxeitos á soberanía dos Estados.
A) Augas interiores.
B) Mar territorial.
3. Os espazos marítimos suxeitos a certas competencias funcionais dos Estados.
A) A zona contigua.
B) A zona económica exclusiva.
C) A plataforma continental.
Lección 3.- Os espazos marítimos non suxeitos ás competencias dos Estados e certas situacións especiais 1. O alto mar.
2. A zona internacional de fondos mariños e oceánicos.
3. Análise de certas situacións especiais.
A) Os estreitos internacionais.
B) O arquipélago oceánico.
C) Os Estados sen litoral e en situación xeográfica desventajosa.
Lección 4.- Cooperación e conflito nos espazos marítimos 1. A xestión e explotación dos recursos mariños: a pesca.
2. A seguridade e a protección marítima: catástrofes marítimas e pirataría.
3. As Organizacións internacionais e o Dereito do mar: A Política marítima integrada da Unión Europea.
Lección 5.- O espazo aéreo e o espazo ultraterrestre 1. O espazo aéreo: concepto, delimitación e réxime xurídico.
2. O espazo ultraterrestre: concepto, delimitación e réxime xurídico
3. O réxime internacional das comunicacións.
Lección 6.- Cursos de auga internacionais 1. Os cursos de auga internacionais.
A) Réxime da navegación.
B) Usos con fins distintos á navegación.
2. As canles internacionais.
Lección 7.- Os espazos polares 1. O Artico.
2. A Antártida.
Lección 8.- A protección internacional do medio ambiente 1. Evolución histórica.
2. Características do Dereito internacional do medio ambiente.
3. Principios do Dereito internacional do medio ambiente.
3. A protección xurídico-internacional do medio ambiente dos distintos espazos e dos recursos naturais.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Seminario A10 B6 B7 B8 B9 B10 B11 B13 B2 B3 B4 C2 C3 C6 C7 C8 12 20 32
Traballos tutelados B6 B7 B9 B10 C2 C3 C8 4 9 13
Proba obxectiva A1 A2 A3 A4 A6 A7 A9 B7 2 49 51
Sesión maxistral A1 A2 A3 A4 A6 A7 A9 16 0.5 16.5
 
Atención personalizada 0 0 0
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Seminario Traballos en grupo coa finalidade de que o alumnado estude un tema en concreto dunha maneira máis intensiva.
Traballos tutelados Casos prácticos, cuestionarios e preguntas de reflexión sobre determinados contidos da materia, coas orientacións e tutoría do profesor. Poderán consistir nunha aprendizaxe cooperativa e poderán ir acompañados de foros de debate dirixidos.
Proba obxectiva Exame final sobre os contidos da materia, a ser realizado soamente por aqueles alumnos que se acollen ao modelo de avaliación B (ver paso 7: avaliación).
Sesión maxistral Explicación teórica na aula dos contidos fundamentais da materia.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Descrición
A atención personalizada resulta esencial para un mellor rendemento do alumno e unha mellor adquisición das competencias esixidas.
Requírese unha participación activa do alumnado, tanto na aula como nas tutorías para que o profesor poida ter o maior número de elementos á hora de personalizar a docencia.
No seu caso, estableceranse tutorías personalizadas e/ou en grupo para orientar aos alumnos no seguimento das sesións maxistrais, así como no desenvolvemento das diversas actividades da materia.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados B6 B7 B9 B10 C2 C3 C8 Valorarase a correcta execución formal e material das actividades prácticas expostas, prestando atención ao dominio dos contidos, pero tamén aos aspectos reflexivos e expresivos, así como á adquisición das diversas competencias da materia. 70
Proba obxectiva A1 A2 A3 A4 A6 A7 A9 B7 Valorarase o coñecemento e dominio dos contidos non soamente memorístico senón tamén reflexivo, así como a adquisición das diversas competencias da materia. 10
Seminario A10 B6 B7 B8 B9 B10 B11 B13 B2 B3 B4 C2 C3 C6 C7 C8 Valorarase a correcta execución formal e material das actividades prácticas expostas, prestando atención ao dominio dos contidos, pero tamén aos aspectos reflexivos e expresivos, así como á adquisición das diversas competencias da materia. 20
 
Observacións avaliación

En canto ao sistema de avaliación en xeral, establécese un sistema de avaliación continua, que consistirá nunha serie de actividades dirixidas durante todo o cuadrimestre, que serán, fundamentalmente, seminarios e traballos tutelados, para cuxa elaboración ou resolución os alumnos contarán coas correspondentes orientacións e instrucións metodolóxicas, bibliográficas e documentais.

MODELO DE AVALIACIÓN A): Necesariamente, os alumnos deberán realizar as actividades complementarias previstas na programación das actividades da materia. O nivel mínimo esixido para a superación da actividade dirixida será dunha cualificación global de 5 puntos sobre 10. En caso contrario, a materia non se considerará aprobada. Os alumnos poderán beneficiarse das cualificacións obtidas nas actividades dirixidas durante as convocatorias ordinarias e/ou extraordinarias ás que teñan dereito no curso académico correspondente. Así mesmo, para a cualificación global valoraranse positivamente outras actividades que vaian organizando os profesores da materia ao longo do cuadrimestre, como xornadas, congresos ou actividades doutra natureza. Na avaliación global tamén se terán en conta positivamente a asistencia e a activa participación do alumnado nas clases, as tutorías e nas demais actividades da materia. Ademais, aqueles alumnos que desexen obter a cualificación de "Sobresaliente ou Sobresaliente MH" deberán realizar unha proba obxectiva sobre o coñecemento da materia ben de forma escrita ou ben de forma oral.

MODELO DE AVALIACIÓN B): Os alumnos que non poidan seguir o Modelo de avaliación A) deberán realizar un exame final sobre os contidos da materia, cuxa cualificación máxima será de 10 puntos sobre 10. Así mesmo, para a cualificación global valoraranse positivamente outras actividades que vaian organizando os profesores da materia ao longo do cuadrimestre, como xornadas, congresos ou actividades doutra natureza. Na avaliación global tamén se terán en conta positivamente a asistencia e a activa participación do alumnado nas clases, as tutorías e nas demais actividades da materia.


Fontes de información
Bibliografía básica PASTOR RIDRUEJO, J. A. (2015). Curso de Derecho Internacional Público y Organizaciones Internacionales, 15ª ed.. Madrid: Ed. Tecnos
DÍEZ DE VELASCO, M. (2013). Instituciones de Derecho Internacional Público, 18ª ed.. Madrid: Ed. Tecnos
SOBRINO HEREDIA, J. M. (DIR.) (2014). La contribution de la Convention des Nations Unies sur le droit de la mer à la bonne gouvernance des mers et océans. La contribución de la Convención de las Naciones Unidas sobre el derecho del mar a . Napoli: Ed. Scientifica
ANDRÉS SÁENZ DE SANTA MARÍA, P. (2018). Sistema de Derecho Internacional Público, 5ª ed.. Civitas-Thomson Reuters
SOBRINO HEREDIA, J. M. (DIR.) (2011). Sûreté maritime et violence en mer / Maritime Security and Violence at Sea. Bruxelles: Ed. Bruylant
OANTA, G.A. (2019). Textos jurídicos para el estudio de la Política marítima integrada de la Unión Europea. Barcelona: Bosch Editor
SOBRINO HEREDIA, J. M. (2016). Textos para el estudio del Derecho internacional público, Derecho de la Unión Europea y Derecho internacional de los espacios. Valencia: Ed. Tirant lo Blanch
SOBRINO HEREDIA, J.M. (2016). Textos para el estudio del Derecho internacional público,Derecho de la Unión Europea y Derecho internacional de los espacios. Valencia: Ed. Tirant lo Blanch

Bibliografía complementaria

RECURSOS WEB:

ORGANIZACIÓN DE LAS NACIONES UNIDAS (ONU)

www.un.org

DIVISIÓN DE LA ONU SOBRE ASUNTOS OCEÁNICOS Y DEL DERECHO DEL MAR

http://www.un.org/Depts/los/index.htm

CONVENCIÓN DE LAS NACIONES UNIDAS SOBRE EL DERECHO DEL MAR

http://www.un.org/Depts/los/convention_agreements/convention_overview_convention.htm

TRIBUNAL INTERNACIONAL DE DERECHO DEL MAR (TIDM)

http://www.itlos.org/

CONSEJO ÁRCTICO:

http://www.arctic-council.org/index.php/en/

COMITÉ CIENTÍFICO SOBRE LA INVESTIGACIÓN DE LA ANTÁRTIDA (SCAR, EN INGLÉS)

http://www.scar.org/

ORGANIZACIÓN DE LA AVIACIÓN CIVIL INTERNACIONAL (OACI)

http://www.icao.int/Pages/default.aspx


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Dereito Internacional Público/612G01019
Dereito da Unión Europea/612G01021

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario
Traballo fin de Grao/612G01031

Observacións
Máster Universitario en Dereito Dixital e da Intelixencia Artificial (MUDDIA)


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías