Datos Identificativos 2017/18
Asignatura (*) Modelos e teorías lingüísticas e a súa aplicación á lingua inglesa Código 613505007
Titulación
Mestrado Universitario en Estudos Ingleses Avanzados e as súas Aplicacións (2013)
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 1º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 3
Idioma
Inglés
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Letras
Coordinación
Crespo Garcia, Maria Begoña
Correo electrónico
begona.crespo.garcia@udc.es
Profesorado
Crespo Garcia, Maria Begoña
Correo electrónico
begona.crespo.garcia@udc.es
Web http://www.imaes.eu/?page_id=31
Descrición xeral Esta materia ofrece aos alumnos unha visión dos principais modelos lingüísticos e as suas metodoloxías.

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 E01 Coñecemento dos principais modelos de investigación lingüística.
A2 E02. Coñecemento dos principais recursos e ferramentas de investigación lingüística.
B1 CB6. Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, adoito nun contexto de investigación.
B2 CB7 Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
B4 CB9. Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións, e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan, a públicos especializados e non especializados dun xeito claro e sen ambigüidades.
B5 CB10. Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun xeito que terá que ser, en grande medida, autodirixido e autónomo.
B6 CX1. Capacidade de afondar naqueles conceptos, principios, teorías ou modelos relacionados cos distintos campos dos Estudos Ingleses, así como de coñecer a metodoloxía necesaria para a resolución de problemas propios de devandita área de estudo
B7 CX2. Capacidade para aplicar os coñecementos adquiridos na contorna multidisciplinar e multifacética dos Estudos Ingleses
B8 CX3. Capacidade para utilizar de forma eficiente as novas tecnoloxías da información e da comunicación no ámbito dos Estudos Ingleses.
B9 CX4. Capacidade para presentar en público experiencias, ideas ou informes, así como emitir xuízos en función de criterios, de normas externas ou de reflexións persoais para o que será necesario alcanzar un dominio suficiente da linguaxe académica e científica tanto na súa vertente escrita como oral.
B10 CX5. Habilidad para investigar e manexar novos coñecementos e información no contexto dos Estudos Ingleses
B11 CX6. Capacidade para adquirir un espírito crítico que leve aos estudantes a considerar a pertinencia das investigacións existentes nas áreas de estudo que conforman os Estudos Ingleses, así como das súas propias.
B12 CX7. Habilidades de consolidación e desenvolvemento da competencia lingüística (nivel C2) no uso falado e escrito da lingua inglesa.
B13 CX8. Autonomía progresiva na aprendizaxe, procuras propias de recursos e información, accedendo para iso a fontes bibliográficas e documentais sobre os distintos ámbitos que conforman os Estudos Ingleses.
B14 CX9. Capacidade para realizar traballos de investigación de carácter académico nos distintos ámbitos dos Estudos Ingleses
B15 CX10. Capacidade para presentar e defender un traballo de investigación utilizando a terminoloxía e os recursos adecuados e apropiados dentro do campo obxecto de estudo.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
AI1
AI2
BI1
BI2
BI4
BI5
BI6
BI7
BI8
BI9
BI10
BI11
BI12
BI13
BI14
BI15
AI1
AI2

Contidos
Temas Subtemas
1. Introdución
2. Marcos teóricos Formais
3. Marcos teóricos funcionais, cognitivos e de gramática constructivista.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Lecturas A1 A2 0 25 25
Discusión dirixida B2 B6 B9 B11 7 4 11
Actividades iniciais B10 3 3 6
Prácticas a través de TIC B5 B8 B14 0 15 15
Aprendizaxe colaborativa B1 B4 B7 B12 B13 3 2 5
Mapa conceptual B15 1 5 6
 
Atención personalizada 7 0 7
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Lecturas Os estudantes terán que facer as lecturas básicas indicadas que lles permitirám levar a cabo as demáis tarefas.
Discusión dirixida Os estudantes serán confrontados a preguntas de carácter xeral co obxecto de dar pé a unha discusión na aula. Terán que apoiar os seus argumentos nas lecturas feitas e nas explicacións da profesora.
Actividades iniciais A partir das lecturas e as explicacións da profesora os estudantes terán que responder a preguntas breves de carácter oral na aula. As súas intervencións serán consideradas participación na aula.
Prácticas a través de TIC Elaboración de cuestionarios, recensións e outras actividades que serán entregadas a través da plataforma educativa da UDC.
Aprendizaxe colaborativa Elaboración e presentación de aspectos concretos de cada tema que se farán en parellas.
Mapa conceptual Os estudantes irán elaborando un mapa conceptual a través dunha ferramenta informática ao longo do curso. O devandito mapa será entregado en formato PDF ao final.

Atención personalizada
Metodoloxías
Discusión dirixida
Actividades iniciais
Prácticas a través de TIC
Descrición
Todas as actividades que requiran atención personalizada terán un seguimento por parte da profesora tanto no seu gabinete en horas de atención ao estudantado como a través do correo electrónico e da plataforma educativa da UDC.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Mapa conceptual B15 Deseño gráfico dos conceptos máis importantes e a súa vinculación. 20
Discusión dirixida B2 B6 B9 B11 Debates na aula e resposta a preguntas sobre aspectos concretos da materia. 10
Prácticas a través de TIC B5 B8 B14 Trabajos del curso (orales o escritos) 70
 
Observacións avaliación

Participación activa na aula: 10%
Traballos do curso (orales ou escritos): 70%
Mapa conceptual/test:20%


 


OBSERVACIÓNS á AVALIACIÓN




 


Dado o carácter semi-presencial do título, a asistencia é obrigatoria, salvo dispensa solicitada en tempo e forma e concedida pola Comisión Académica Universitaria do título, e sempre respetando as normativas de asistencia a clase das tres universidades participantes no título, así como os sistemas de avaliación que figuran expresamente nas guías docentes das diferentes materias, e sen prexuízo das consecuencias que poida ter para a súa avaliación final a ausencia a determinadas sesións presenciais.


Quen teña concedida a dispensa académica, e como establece a Normativa de permanencia da universidade, será avaliado seguindo os criterios aplicables á oportunidade de xullo.


Quen non leve a cabo o traballo tutelado, ou non teña realizado traballo igual ou superior ao 50% do resto das categorías de avaliación, acadará a cualificación de Non Presentado.


Quen non aprobe na primeira oportunidade terá á posibilidade da oportunidade de xullo, na que cada estudante terá que demostrar ter acadadas as competencias da materia mediante dous tipos de avaliación: un traballo tutelado do mesmo valor porcentual e natureza que na primeira oportunidade, máis os exercicios convidos que poidan suplir o resto das actividades.



 


Fontes de información
Bibliografía básica (). .

Benson, James D., Michael J. Cummings, William S. Greaves, eds. 1988. Linguistics in a Systemic Perspective. Amsterdam: John Benjamins.

Brown, Keith, ed. 2006. The Encyclopedia of Language and Linguistics, 2nd ed. Oxford: Elsevier.

Butler, Christopher S. 2006. "Functionalist theories of language". In Keith Brown, ed. The Encyclopedia of Language and Linguistics, Vol. 4: 696-704.

Cook, Vivian J. & Mark Newson. 2007 [1996]. Chomsky's Universal Grammar. An introduction. Oxford: Wiley-Blackwell.

Croft, William & D. Alan Cruse. 2004. Cognitive Linguistics. Cambridge: Cambridge University Press.

Evans, Vyvyan & Melanie Green. 2006. Cognitive Linguistics. An introduction. Edinburgh: Edinburgh University Press.

Goldberg, Adele E. 1995. Constructions: A construction grammar approach to argument structure. Chicago: University of Chicago Press.

Ibarretxe-Antuñano, Iraide & Javier Valenzuela, eds. 2012. Lingüistica Cognitiva. Barcelona: Anthropos.

Kager, René. 1999. Optimality Theory. Cambridge: Cambridge University Press.

McCarthy, John J. 2002. A Thematic Guide to Optimality Theory. Cambridge: Cambridge University Press.

Langacker, Ronald W. 2008. Cognitive Grammar. A basic introduction. Oxford: Oxford University Press.

Taylor, John R. 2002. Cognitive Grammar. Oxford: Oxford University Press.

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías