Datos Identificativos 2017/18
Asignatura (*) Manifestacións artísticas e literarias dos países de fala inglesa Código 613505018
Titulación
Mestrado Universitario en Estudos Ingleses Avanzados e as súas Aplicacións (2013)
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 2º cuadrimestre
Primeiro Optativa 3
Idioma
Inglés
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Letras
Coordinación
Alonso Giraldez, Jose Miguel
Correo electrónico
miguel.giraldez@udc.es
Profesorado
Alonso Giraldez, Jose Miguel
Correo electrónico
miguel.giraldez@udc.es
Web http://www.imaes.eu/?page_id=31
Descrición xeral Estudo das interaccións entre a literatura en lingua inglesa e outras manifestacións
artísticas no contexto anglófono, como a pintura, teatro, televisión, cine, etc. Análise das
diferencias e similitudes temáticas e estéticas; estudo das particularidades, posibilidades e
límites das linguaxes empregadas; exemplos de incorporación de aspectos dunha disciplina
artística noutra diferente, contextualizados no caso dos países de fala inglesa.
A materia fai especial fincapé na aplicabilidade dos contidos en ámbitos profesionais
como a crítica cultural, ou a xestión de contidos culturais, para o que se proporcionará ao alumnado un vocabulario crítico axeitado e se lle ensinará a comentar e a escribir reseñas sobre manifestacións artísticas.

Competencias do título
Código Competencias do título
A9 E09. Coñecemento dos principais modelos e recursos de investigación literaria/cultural no ámbito anglófono
A10 E10. Capacidade de utilizar as técnicas empregadas para a análise de textos artísticos e culturais no ámbito anglófono
A11 E11. Capacidade para identificar e analizar as características máis relevantes da cultura e das institucións do ámbito anglófono a través de diversos tipos de textos pertencentes a diferentes épocas históricas.
A13 E13. Coñecemento das relacións entre as principais manifestacións artísticas e literarias no ámbito anglófono.
B6 CX1. Capacidade de afondar naqueles conceptos, principios, teorías ou modelos relacionados cos distintos campos dos Estudos Ingleses, así como de coñecer a metodoloxía necesaria para a resolución de problemas propios de devandita área de estudo
B7 CX2. Capacidade para aplicar os coñecementos adquiridos na contorna multidisciplinar e multifacética dos Estudos Ingleses
B9 CX4. Capacidade para presentar en público experiencias, ideas ou informes, así como emitir xuízos en función de criterios, de normas externas ou de reflexións persoais para o que será necesario alcanzar un dominio suficiente da linguaxe académica e científica tanto na súa vertente escrita como oral.
B10 CX5. Habilidad para investigar e manexar novos coñecementos e información no contexto dos Estudos Ingleses
B11 CX6. Capacidade para adquirir un espírito crítico que leve aos estudantes a considerar a pertinencia das investigacións existentes nas áreas de estudo que conforman os Estudos Ingleses, así como das súas propias.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Ser capaz de relacionar a literatura con outros textos artísticos e co contexto social, económico, cultural e político no que foron escritas (as obras literarias)/ producidas (cine, tv, pintura). AI9
AI10
AI11
AI13
BI6
BI7
Ser capaz de ler críticamente os textos narrativos, dramáticos e artísticos e de organizar e presentar as leituras dos textos tanto de xeito oral como escrito. AI9
AI10
AI11
AI13
BI6
BI7
BI9
BI10
BI11

Contidos
Temas Subtemas
Os contidos da materia son susceptibles de modificación dacordo coas necesidades e intereses do alumnado.
Habilitaranse mecanismos e oportunidades para o alumnado expresar as súas preferencias.
Performance. Introdución. - Interpretación visual dos textos.
- Performance.
- Montaxes teatrais.
- Música e literatura.
- O medio natural e a literatura.
Cine e literatura.
- Adaptación cinematográfica de clásicos literarios.
- Apropiacións cinematográficas de Shakespeare.
- A linguaxe cinematográfica e a súa relación co texto literario orixinal.
Televisión e literatura.

- Clásicos da narración televisiva.
- Clásicos da literatura adaptados a series de televisión.
- A narrativa contemporánea das series de televisión.
- 'Crime fiction' e a plasmación en series televisivas.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Obradoiro A9 A13 B9 14 35 49
Prácticas a través de TIC A10 A11 B6 B7 B11 0 7 7
Traballos tutelados A9 A10 A11 A13 B6 B7 B9 B10 B11 0 18 18
 
Atención personalizada 1 0 1
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Obradoiro As horas de clase adicaranse á presentación inicial de contidos e, principalmente, á análise en grupo e ao debate sobre as lecturas e visionados previamente asignados.
Prácticas a través de TIC Cada estudante deberá responsabilizarse de traballar todo o material asignado e disponible na plataforma virtual Moodle e estar preparado, ou preparada, para o debate e a discusión en clase.
Traballos tutelados Cada estudante, ou grupo de estudantes, deberá completar un traballo que poderá consistir nun exercicio de análise crítica ou de creación orixinal de material arredor dalgunha manifestación artística visual e escrita anglófona. O formato decidirase definitivamente unha vez coñecido o alumnado da materia e tras escoitar as súas preferencias.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Descrición
O profesor está ao dispor de cada estudante para supervisar o seu traballo durante todo o curso. O profesor atende aos alumnos dun xeito presencial e telemático.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Obradoiro A9 A13 B9 Valorarase a participación activa e os resultados en todas as discusións, debates e actividades en clase e fóra de clase (recensións, análises literarias, lecturas, preparación de presentación oral, etc). A preparación previa do material é esencial. 20
Prácticas a través de TIC A10 A11 B6 B7 B11 Control das lecturas e dos visionados realizados. 20
Traballos tutelados A9 A10 A11 A13 B6 B7 B9 B10 B11 Cando se defina o tipo de traballo especificaranse tamén os aspectos a avaliar. Por exemplo, para un traballo académico de análise, terase en conta a profundidade da análise, a orixinalidade das ideas, a organización e presentación, así como a corrección do inglés empregado. 60
 
Observacións avaliación
  • Aquel(a) estudiante que non leve a cabo o
    traballo tutelado ou non teña realizado traballo igual ou superior ao 50% do
    resto das categorías de avaliación acadará a cualificación de NP ("Non Presentado").
  • A oportunidade de avaliación en xullo constará de dous apartados: 
1) o traballo tutelado (co mesmo deseño e aplicándose idénticos criterios que na primeira oportunidade) e que computará o 50% da nota; 
2) as actividades sustitutivas do traballo de clase que computarán o 50% restante da nota. Dependendo da parte que teña que "recuperar" cada estudiante, daranse indicacións sobre temas e tipos de actividades. Un/ha estudiante que deba entregar en xullo traballo equivalente a todo este apartado (é dicir, 50% da súa nota) deberá completar un traballo de recensión e unha análise literaria..
Deberanse entregar ambas compoñentes, á máis tardar, antes das 14 horas da data oficial do exame final da materia. 
  • Dado
    o carácter semi-presencial do título, a asistencia é obrigatoria, salvo
    dispensa solicitada en tempo e forma e concedida pola Comisión Académica
    Universitaria do título, e sempre respetando as normativas de asistencia a
    clase das tres universidades participantes no título, así como os sistemas de
    avaliación que figuran expresamente nas guías docentes das diferentes materias,
    e sen prexuízo das consecuencias que poida ter para a súa avaliación final a
    ausencia a determinadas sesións presenciais.

    Quen teña concedida a dispensa académica, e como establece a Normativa
    de permanencia da universidade, será avaliad@ seguindo os criterios aplicables á
    convocatoria de xullo.  
  • Os alumnos que se presentan á convocatoria adiantada de decembro avaliaranse segundo as normas especificadas para a oportunidade de xullo.
  • O plaxio en calquera actividade significará a cualificación de "cero" nesta actividade.
  • Todos os traballos e actividades deberán ser entregados en tempo e forma para así evitar unha penalización do 25% sobre a nota obtida nos mesmos.
  • Recoméndase a utilización de papel reciclado.

Fontes de información
Bibliografía básica

Branigan, Edward. Narrative Comprehension and Film. London & New York: Routledge, 1992.

Cartmell, Deborah and Imelda Whelehan (eds.) Adaptations: from text to screen, screen to text. London: Routledge, 1999.

Cartmell, Deborah & Imelda Whelehan (Eds) The Cambridge Companion to Literature on Screen Cambridge: Cambridge University Press, 2007

Cascajosa Virino, Concepción. El espejo deformado: versiones, secuelas y adaptaciones en Hollywood. Sevilla: U. de Sevilla, 2006.

Cahir, Linda Costanzo. Literature into Film: Theory and Practical Approaches. Jefferson, N.C.: McFarland &Co. 2006.

Giddings, Robert, Keith Selby and Chris Wensley Screening the Novel: The Theory and Practice of Literary Dramatization. London: MacMillan, 1990

Giddings, Robert & Erica Sheen (Eds) The Classic Novel: From Page to Screen Manchester: Manchester University Press, 2000

McFarlane, Brian. Novel to Film: An Introduction to the Theory of Adaptation. Oxford: Clarendon Press, 1996

Morrissette, Bruce. Novel and film. Essays in two genres. Chicago & London: The University of Chicago Press, 1985

Pérez Bowie, José Antonio (ed.) La Adaptación cinematográfica de textos literarios : teoría y práctica Salamanca: Plaza Universitaria Ediciones, 2003

Peña-Ardid, Carmen (1992) Literatura y cine: una aproximación comparativa. Madrid: Cátedra

Sanders, Julie Adaptation and Appropriation New York: Routledge, 2005

Sánchez Noriega, José Luis. De la literatura al cine : teoria y análisis de la adaptación. Barcelona : Paidós, D.L. 2000

Stam, Robert 2005. Literature through film: realism, magic and the art of adaptation. Malden, MA: Blackwell.

—& Alessandra RAENGO (eds., 2005) Literature and film: a guide to the theory and practice of film adaptation Malden, MA: Blackwell Pub

 ——A companion to literature and film Malden, MA: Blackwell Pub.


Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías