Datos Identificativos 2018/19
Asignatura (*) Manifestacións artísticas e literarias dos países de fala inglesa Código 613505018
Titulación
Mestrado Universitario en Estudos Ingleses Avanzados e as súas Aplicacións (2013)
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 2º cuadrimestre
Primeiro Optativa 3
Idioma
Inglés
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Filoloxía Inglesa
Letras
Coordinación
Cabarcos Traseira, Maria Jesus
Correo electrónico
maria.jesus.cabarcos@udc.es
Profesorado
Cabarcos Traseira, Maria Jesus
Correo electrónico
maria.jesus.cabarcos@udc.es
Web http://www.imaes.eu/?page_id=31
Descrición xeral Estudo das interaccións entre a literatura en lingua inglesa e outras manifestacións
artísticas no contexto anglófono, como pintura, teatro, televisión, cine, etc. Análise das
diferencias e similitudes temáticas e estéticas; estudo das particularidades, posibilidades e
límites das linguaxes empregadas; exemplos de incorporación de aspectos dunha disciplina
artística noutra diferente, contextualizados no caso dos países de fala inglesa.
A materia fai especial fincapé na aplicabilidade dos contidos en ámbitos profesionais
como a crítica cultural, ou a xestión de contidos culturais, para o que se proporcionará ao alumnado un vocabulario crítico axeitado e se lle ensinará a comentar e a escribir reseñas sobre manifestacións artísticas.

Competencias do título
Código Competencias do título

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Ser capaz de relacionar a literatura con outros textos artísticos e co contexto social, económico, cultural e político no que foron escritas (as obras literarias)/ producidas (cine, tv, pintura). A1
A1
A1
A1
B1
B1
B1
B1
B1
B1
B1
B1
C1
C1
C1
C1
Ser capaz de ler críticamente os textos narrativos, dramáticos e artísticos e de organizar e presentar as leituras dos textos tanto de xeito oral como escrito. A1
A1
A1
A1
A1
A1
A1
B1
B1
B1
B1
B1
B1
B1
B1
C1
C1
C1
C1

Contidos
Temas Subtemas
Os contidos da materia son susceptibles de modificación dacordo coas necesidades e intereses do alumnado.
Habilitaranse mecanismos e oportunidades para o alumnado expresar as súas preferencias.
Pintura e literatura (écfrase). - Écfrasis: dos clásicos gregos á reconceptualización romántica e as manifestacións contemporáneas.
- Estudiaranse e discutiranse varios exemplos poéticos e narrativos.

Visionado/lectura: Frans Claerhout e Zakes Mda.
Cine e literatura.
- Adaptación cinematográfica de clásicos literarios.
- As "Drover's wives" e Ned Kelly na historia, na literatura e nas artes visuais.
TV e literatura.

- Clásicos contemporáneos da narración televisiva.
- As Series.

Visionado / lectura: Sherlock Holmes e / ou The Handmaid's Tale.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Obradoiro A1 A2 A3 A6 A10 A15 B4 B5 B7 B8 B10 C2 C4 14 35 49
Prácticas a través de TIC A6 B1 B2 B3 B6 B7 B8 B9 B10 C3 C2 0 7 7
Traballos tutelados A1 A2 A3 A6 A9 A10 A14 A15 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B10 C2 C3 C7 C8 0 18 18
 
Atención personalizada 1 0 1
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Obradoiro As horas de clase adicaranse á presentación inicial de contidos e, principalmente, á análise en grupo e ao debate sobre as lecturas e visionados previamente asignados.
Prácticas a través de TIC Cada estudante deberá responsabilizarse de traballar todo o material asignado e disponible na plataforma virtual Moodle e estar preparadx para o debate e discusión en clase.
Traballos tutelados Cada estudante deberá completar un traballo que poderá consistir nun exercicio de análise crítica ou de creación orixinal de material arredor dalgunha manifestación artística visual e escrita anglófona. O formato decidirase definitivamente unha vez coñecido o alumnado da materia e tras escoitar as súas preferencias.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Descrición
A profesora está ao dispor de cada estudante para supervisar o seu traballo durante todo o curso.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A1 A2 A3 A6 A9 A10 A14 A15 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B10 C2 C3 C7 C8 Cando se defina o tipo de traballo especificaranse tamén os aspectos a avaliar. Por exemplo, para un traballo académico de análise, terase en conta a profundidade da análise, a orixinalidade das ideas, a organización e presentación, así como a corrección do inglés empregado. 50
Obradoiro A1 A2 A3 A6 A10 A15 B4 B5 B7 B8 B10 C2 C4 Valorarase a participación activa e os resultados en todas as discusións, debates e actividades en clase e fóra de clase (recensións, análises literarias, lecturas, preparación de presentación oral, etc). A preparación previa do material é esencial. 50
 
Observacións avaliación
  • Aquel(a) estudiante que non leve a cabo o
    traballo tutelado ou non teña realizado traballo igual ou superior ao 50% do
    resto das categorías de avaliación acadará a cualificación de NP ("Non Presentado").
  • A oportunidade de avaliación en xullo constará de dous apartados: 
1) o traballo tutelado (co mesmo deseño e aplicándose idénticos criterios que na primeira oportunidade) e que computará o 50% da nota; 
2) as actividades sustitutivas do traballo de clase que computarán o 50% restante da nota. Dependendo da parte que teña que "recuperar" cada estudiante, daranse indicacións sobre temas e tipos de actividades. Un/ha estudiante que deba entregar en xullo traballo equivalente a todo este apartado (é dicir, 50% da súa nota) deberá completar un traballo de recensión e unha análise literaria.
Deberanse entregar ambas compoñentes, á máis tardar, antes das 14 horas da data oficial do exame final da materia. 
  • Dado
    o carácter semi-presencial do título, a asistencia é obrigatoria, salvo
    dispensa solicitada en tempo e forma e concedida pola Comisión Académica
    Universitaria do título, e sempre respetando as normativas de asistencia a
    clase das tres universidades participantes no título, así como os sistemas de
    avaliación que figuran expresamente nas guías docentes das diferentes materias,
    e sen prexuízo das consecuencias que poida ter para a súa avaliación final a
    ausencia a determinadas sesións presenciais.

    Quen teña concedida a dispensa académica, e como establece a Normativa
    de permanencia da universidade, será avaliad@ seguindo os criterios aplicables á
    convocatoria de xullo.  
  • Os alumnos que se presentan á convocatoria adiantada de decembro avaliaranse segundo as normas especificadas para a oportunidade de xullo.
  • O plaxio en calquera actividade significará a cualificación de "cero" nesta actividade. O profesorado poderá usar o servizo de detección do plaxio “Turnitin” para revisar o traballo do alumnado.
  • Todos os traballos e actividades deberán ser entregados en tempo e forma para así evitar unha penalización do 25% sobre a nota obtida nos mesmos.

Fontes de información
Bibliografía básica

Cartmell, Deborah & Imelda Whelehan (eds). The Cambridge Companion to Literature on Screen. Cambridge: Cambridge University Press, 2007.

Cascajosa Virino, Concepción. El espejo deformado: versiones, secuelas y adaptaciones en Hollywood. Sevilla: U. de Sevilla, 2006.

Cahir, Linda Costanzo. Literature into Film: Theory and Practical Approaches. Jefferson, N.C.: McFarland &Co. 2006.

Giddings, Robert, Keith Selby and Chris Wensley. Screening the Novel: The Theory and Practice of Literary Dramatization. London: MacMillan, 1990.

McFarlane, Brian. Novel to Film: An Introduction to the Theory of Adaptation. Oxford: Clarendon Press, 1996.

Sanders, Julie. Adaptation and Appropriation. New York: Routledge, 2005.


Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías