Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Inglés para fins específicos Código 613505102
Titulación
Mestrado Universitario en Estudos Ingleses Avanzados e as súas Aplicacións (2019)
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 1º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 3
Idioma
Inglés
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Letras
Coordinación
Alonso Giraldez, Jose Miguel
Correo electrónico
miguel.giraldez@udc.es
Profesorado
Alonso Giraldez, Jose Miguel
Correo electrónico
miguel.giraldez@udc.es
Web http://www.imaes.eu/?page_id=31
Descrición xeral Inglés para fins específicos. Diferentes tipoloxías en ESP. Investigación e perspectivas aplicadas.
Perspectivas do ESP. Temas históricos, pedagóxicos, sociolóxicos e lingüísticos en ESP.
Facer investigación en ESP. Os métodos cuantitativos e cualitativos na investigación ESP. Toda a información relativa tanto ao programa desta materia, así como ao resto do Máster, pódese atopar na dirección Web arriba sinalada (nesta mesma páxina)
Plan de continxencia 1.Modificacións nos contidos Non se modifican. 2.Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen: foro virtual.
*Metodoloxías docentes que se modifican Sesións presenciais ou 'seminarios' que pasan a ser telemáticas no mesmo horario, agás por necesidade, vía Email, Moodle e Teams. A proba final, no seu caso, tamén será online. 3.Mecanismos de atención personalizada ao alumnado Moodle, Teams e Correo Electrónico. 4.Modificacións na avaliación Avaliación Continua, aínda que podería ter unha breve proba final online en formato no determinado. Podería incluir un traballo de cinco páxinas coa súa presentación online, dependendo das circunstancias, Tarefas de lectura de documentos, Exercicios escritos e actividades propostas, que reemplazan aos obradorios. Observacións de avaliación: Participación avaliada vía Teams e a través de contribucións escritas e discusións vía Moodle ou Teams. 5.Modificacións da bibliografía ou webgrafía Non se modifica. Facilitaranse textos en formato electrónico sempre que sexa posible.

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 E01 Coñecemento dos principais modelos de investigación lingüística.
A5 E05. Coñecemento dos estudos do inglés con fins específicos e as súas aplicaciónns a outras disciplinas.
A8 E08. Coñecemento do papel do inglés nos distintos medios de comunicación.
A14 E14. Coñecer e aplicar técnicas e métodos de análise lingüística cuantitativos
A15 E15. Coñecer entornas laborais e profesionais onde o inglés ocupa un lugar relevante como medio e vehículo de expresión.
B1 CB6. Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, adoito nun contexto de investigación.
B5 CB10. Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun xeito que terá que ser, en grande medida, autodirixido e autónomo.
B7 CX2. Capacidade para aplicar os coñecementos adquiridos na contorna multidisciplinar e multifacética dos Estudos Ingleses
B8 CX3. Capacidade para utilizar de forma eficiente as novas tecnoloxías da información e da comunicación no ámbito dos Estudos Ingleses.
B9 CX4. Capacidade para presentar en público experiencias, ideas ou informes, así como emitir xuízos en función de criterios, de normas externas ou de reflexións persoais para o que será necesario alcanzar un dominio suficiente da linguaxe académica e científica tanto na súa vertente escrita como oral.
B10 CX5. Habilidad para investigar e manexar novos coñecementos e información no contexto dos Estudos Ingleses
B12 CX7. Habilidades de consolidación e desenvolvemento da competencia lingüística (nivel C2) no uso falado e escrito da lingua inglesa.
B14 CX9. Capacidade para realizar traballos de investigación de carácter académico nos distintos ámbitos dos Estudos Ingleses
B15 CX10. Capacidade para presentar e defender un traballo de investigación utilizando a terminoloxía e os recursos adecuados e apropiados dentro do campo obxecto de estudo.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Adquirir coñecementos xerais sobre o ámbito do Inglés para Fins Específicos e un coñecemento máis profundo dunha ou varias das súas subdisciplinas. AI1
AI5
AI8
BI5
BI7
BI8
BI9
BI10
BI14
BI15
Aplicar adecuadamente os coñecementos das variedades específicas do inglés na vida real, e na tradución de textos. AI5
AI8
BI7
BI8
BI14
Investigar cunha metodoloxía axeitada seguindo os coñecementos adquiridos neste campo a través desta materia. AI1
AI5
AI15
BI7
BI9
BI10
BI14
BI15
Familiarizarse cos conceptos e os temas fundamentais e desenvolver competencias básicas para o ensino do ESP AI5
AI15
BI1
BI5
BI7
BI8
BI12
Familiarizarse coas principais ferramentas de investigación (datos, instrumentos analíticos, software relevantes, etc.) e desenvolver a capacidade de utilizalas no ESP, tanto para fins prácticos como de investigación. AI5
AI14
AI15
BI10
BI14
BI15

Contidos
Temas Subtemas
Introdución ao inglés para fins específicos. Cuestións históricas, pedagóxicas, sociolóxicas e lingüísticas.
Modalidades do Inglés para Fines Específicos. Textos. Análisis de textos e documentos de ESP. Traducións e interpretacións. Estudos léxicos.
Aplicacións prácticas do inglés para fins específicos. Documentos de uso común e termos en contexto.
Perspectivas de investigación e vertientes aplicadas. A investigación no ámbito do Inglés para Fins Específicos. Métodos de investigación cuantitativos e cualitativos.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Foro virtual B7 B8 B12 0 10 10
Seminario A8 A14 A15 B1 B5 B10 B14 12 20 32
Presentación oral B9 B15 2 10 12
Proba obxectiva A1 A5 A8 B12 0 20 20
 
Atención personalizada 1 0 1
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Foro virtual Traballo virtual (Moodle) en xeral encomendado ao alumno.
Seminario Proceso do sistema de ensino-aprendizaxe baseado no traballo cooperativo, no traballo en pares, xunto co apoio directo da teoría explicada polo profesor.
Presentación oral Parte do proceso de avaliación da materia. Os alumnos terán que usar o seu coñecemento adquirido e as destrezas da materia para realizar investigacións sobre ESP e presentalas oralmente, de maneira individual, a toda a clase.
Proba obxectiva Exame final.

Atención personalizada
Metodoloxías
Foro virtual
Proba obxectiva
Descrición
Resolución de problemas, consulta de dificultades, práctica. Os alumnos disporán de supervisión telemática durante o curso.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Foro virtual B7 B8 B12 Debate e aportacións no eido virtual entre os alumnos e o profesor ao longo do curso, en lingua inglesa. Moodle Udc Foros. 10
Proba obxectiva A1 A5 A8 B12 Exame final. 50
Seminario A8 A14 A15 B1 B5 B10 B14 Traballos na aula, traballos avaliados e participación asistencia, ensaios potenciais, etc. 20
Presentación oral B9 B15 Traballo de investigación sobre algunha das tipoloxías do ESP para presentar oralmente na clase. Individual. (tentativo) 20
 
Observacións avaliación

A participación dos estudantes no curso será obxecto dunha avaliación continua. A asistencia regular será un requisito indispensable. Os alumnos con dispensa especial polos motivos que se sinalen deben comunicalo previamente ao profesorado. Ao longo do curso organizaranse diversas tarefas relacionadas cos contidos tratados, tales como a análise de mostras de textos, as presentacións diante do resto da clase, no seu caso, ou a redacción de ensaios. Contémplase así mesmo a realización dun pequeno proxecto de investigación, tentativo, como tarefa adicional avaliable. Na avaliación destas actividades teranse en conta, entre outros, os seguintes factores: a capacidade de síntese da información obtida de distintas fontes; a claridade na exposición das ideas; a precisión no uso da terminoloxía e os conceptos específicos; a implicación nos seminarios e as actividades de grupo e cooperativas; o rigor e a orixinalidade na formulación das propostas de investigación; a exhaustividad e profundidade nas análises; e a utilización dun estilo académico adecuado. 

Os mesmos procedementos de avaliación aplicaranse no caso dos estudantes cunha oportunidade adicional ou aqueles que retomen o curso. No caso dos estudantes cunha oportunidade adicional, para o compoñente de avaliación continua, o estudante pode ser requirido para repetir unha selección das actividades realizadas ao longo do curso ou para completar algunhas tarefas adicionais. En canto aos estudantes cunha exención oficial da asistencia a clases, a avaliación continua basearase na súa eventual finalización dos traballos establecidos a través do compoñente virtual do curso. Estes estudantes tamén deben someterse á proba final escrita (se é aplicable) ou, alternativamente, completar unha tarefa equivalente (ou conxunto de tarefas) especificada polos profesores, no seu caso. 

Na proba de xullo, os alumnos entregarán en prazo as actividades adicionais solicitadas polo profesor, antes de se presentaren ou exame escrito ou proba obxectiva. 

Os alumnos que non se presenten á proba escrita en xuño ou en xullo acadarán a cualificación de NON PRESENTADO. 

Aléntase aos estudantes a usar papel reciclado e pór en práctica métodos sustentables.

Sobre os plaxios.

Nesta asignatura podería  empregarse a ferramenta Turnitin na avaliación dos traballos e as actividades. Atendendo ás recomendacións da Xunta de Facultade, engádese o seguinte texto que deberá ser tido en conta polos estudantes: Turnitin é unha aplicación de uso para o profesorado coa finalidade de revisar porcións de texto procedentes doutros textos e sinalar a súa procedencia. Esta ferramenta pode recoñecer traballos previamente presentados nesta ou noutras universidades, incluso do mesmo estudante. Se esta circunstancia acontecese entenderase como contraria á honestidade académica e aplicarase a Normativa académica de evaluaciones, de calificaciones y de reclamaciones na avaliación.



Fontes de información
Bibliografía básica Flowerdew, John and Matthew Peacock (eds.) (2001). (2001) Research perspectives on English for academic purpes. Cambridge: Cambridge University Press.
Ventola, Eija & Anna Mauranen (eds.) (1996). Academic writing: intercultural and textual issues.. Amsterdam: John Benjamins.
Dudley Evans, Tony & Maggie Jo St John (1998). Developments in English for Specific Purposes, A multi-disciplinary Approach.. Cambridge: Cambridge U. P.
Hyland, Ken (2006). English for academic purposes: an advanced resource book. . London: Routledge
Belcher, D. (2009). English for specific purposes in theory and practice. Ann Arbor: University of Michigan Press
Hutchinson, Tom & Alan Waters. (2006). English for Specific Purposes.. Cambridge: Cambridge U.P.,
Swales, John M. & Christine B. Feak. (2000). English in today's research world: a writing guide.. Ann Arbor: University of Michigan Press.
Fortanet, I., Palmer, J. C., Posteguillo, S. (eds.) (2004). Linguistic studies in academic and professional English.. Castelló de la Plana: Publicacions de la Universitat Jaume I.
Ammon, U. (Ed.). (2001). The dominance of English as a language of science. Effects on other languages and language communities. . Berlin: Mouton de Gruyter.
Ventola, Eija; Celia Shalom & Susan Thompson (eds.) (2002). The Language of Conferencing.. Frankfurt am Main; New York: Peter Lang.

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías