Datos Identificativos 2019/20
Asignatura (*) Métodos e recursos de investigación lingüística e a súa aplicación á lingua inglesa Código 613505107
Titulación
Mestrado Universitario en Estudos Ingleses Avanzados e as súas Aplicacións (2019)
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 1º cuadrimestre
Primeiro Optativa 3
Idioma
Inglés
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Letras
Coordinación
Pereira Ares, Noemí
Correo electrónico
noemi.pereira@udc.es
Profesorado
Pereira Ares, Noemí
Correo electrónico
noemi.pereira@udc.es
Web http://www.imaes.eu/?page_id=31
Descrición xeral Introducir aos alumnos na investigación e o estudo da lingua e a lingüística inglesas, axudándolles a desenvolver competencias profesionais útiles para o seu futuro en distintos ámbitos académicos ou de investigación. Os contidos deste curso facilitarán o proceso de realización de traballos académicos e do traballo fin de mestrado.

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 E01 Coñecemento dos principais modelos de investigación lingüística.
A2 E02. Coñecemento dos principais recursos e ferramentas de investigación lingüística.
B11 CX6. Capacidade para adquirir un espírito crítico que leve aos estudantes a considerar a pertinencia das investigacións existentes nas áreas de estudo que conforman os Estudos Ingleses, así como das súas propias.
B12 CX7. Habilidades de consolidación e desenvolvemento da competencia lingüística (nivel C2) no uso falado e escrito da lingua inglesa.
B15 CX10. Capacidade para presentar e defender un traballo de investigación utilizando a terminoloxía e os recursos adecuados e apropiados dentro do campo obxecto de estudo.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Neste curso os estudantes mellorarán as habilidades intelectuais que lles permitirán identificar un tema de investigación e formular hipóteses de traballo. Así mesmo, adquirirán competencias prácticas básicas para a investigación no eido da lingüística e para o manexo eficiente das fontes e recursos de información. AI1
AI2
BI11
BI12
BI15
Os estudantes mellorarán as súas habilidades comunicativas tanto orais coma escritas (manexo da linguaxe académica e da comunicación oral) para a presentación dos resultados da investigación. AI1
AI2
BI11
BI12
BI15
Introducir aos alumnos na investigación e no estudo da lingua e lingüística inglesas, axudándolles a desenvolver competencias profesionais útiles para o seu futuro en diferentes ámbitos académicos ou de investigación. Os contidos deste curso facilitarán o proceso de realización de traballos académicos e do traballo fin de máster. AI1
AI2
BI11
BI12
BI15

Contidos
Temas Subtemas
Manexo da bibliografía e das fontes documentais para a investigación lingüística (revisións bibliográficas, elaboración de recensións, pescudas en bases de datos, catálogos bibliográficos e páxinas web, obras de referencia básicas para o estudo da lingua inglesa como gramáticas e dicionarios, etc.).
Hipóteses e deseño da investigación (tipos de hipóteses, elaboración dunha proposta de investigación, métodos cuantitativos e cualitativos para a investigación lingüística).
Métodos de recompilación de datos lingüísticos e ética da investigación (métodos de investigación lingüística: corpus, introspección, etc.; comportamento ético (consentimento dos informantes, etc.).
Convencións na linguaxe académica (folla de estilo para lingüística; cita de referencias bibliográficas; uso da cursiva, glosas, exemplos, etc.). Malas prácticas académicas (copia, plaxio, autoplaxio, etc.).
O traballo de investigación (resumo, estrutura, publicación, etc.).
Presentación de traballos de investigación (preparación de diferentes modos de presentación da investigación: presentacións orais, pósters, handouts, etc.).

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A1 B15 B11 12 0 12
Seminario A1 B15 12 15 27
Mesa redonda B11 B12 B15 4 12 16
Proba de ensaio B12 2 0 2
Proba mixta A1 B11 B15 2 0 2
Traballos tutelados A1 B15 0 6 6
Foro virtual A1 B11 0 4 4

Atención personalizada 6 0 6

*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral conferencias impartidas polo docente.
Seminario participación dos alumnos mais activamente con preguntas, propostas ou outro tipo de propostas
Mesa redonda Discusión sobre temas xerais da asignatura
Proba de ensaio probas obxetivas de preguntas sobre temas en particular
Proba mixta Tests, preguntas curtas, exercicios breves,
Traballos tutelados Traballo de investigación
Foro virtual opinión sobre temas e asuntos da asignatura, dando tempo para pensar sobor-las preguntas.

Atención personalizada
Metodoloxías
Seminario
Mesa redonda
Proba mixta
Traballos tutelados
Descrición
Recomendacións para o estudo da materia
Os alumnos deberán preparar con antelación os exercicios e as lecturas recomendadas para a posterior discusión na aula. Así mesmo, os estudantes deberán comprobar de forma regular a aula virtual da materia e o seu correo electrónico, medios que se empregarán para o envío de información e para a comunicación de cambios de última hora.

Penalizaranse as malas prácticas académicas (copia, plaxio, autoplaxio, etc.).

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba de ensaio B12 40%: Exercicios (tests, preguntas curtas, exercicios de autocorrección, etc.), algúns deles a través da plataforma virtual. 40
Sesión maxistral A1 B15 B11 Asistencia ás sesións maxistrales, seminarios e mesas redondas con participación e entrega de materiales propostos 10
Traballos tutelados A1 B15 50%: Elaboración dun proxecto de investigación escrito (2000-3000 palabras, exceptuando as referencias bibliográficas). 50

Observacións avaliación

Os alumnos deberán preparar con antelación os exercicios e as lecturas recomendadas para a posterior discusión na aula. Así mesmo, os estudantes deberán comprobar de forma regular a aula virtual da materia e o seu correo electrónico, medios que se empregarán para o envío de información e para a comunicación de cambios de última hora.

Penalizaranse as malas prácticas académicas (copia, plaxio, autoplaxio, etc.).

Tanto o exame teórico e práctico, tales como o traballo e de laboratorio prácticas do grupo debe atender aos requisitos mínimos de corrección lingüística (ortografía e gramática, puntuación, concordancia sintaxe, precisión léxica, ou rexistro formal) propio nivel en linguaxe Inglés é esperado dos alumnos, un nivel C1 dacordo co MCERL. Deficiencias nesta área será penalizado na cualificación.

OPORTUNIDADE DE xullo

Os estudantes que non pasen en xaneiro terán outra oportunidade en xjullo na que haberá un exame final (50%) así como unha actividade (50%). Os estudantes que teñan superado as actividades de avaliación coninua previamente non terán que facela.

Aqueles alumnos que oficialmente teñan sido matriculados a tempo parcial, e teñan concedida unha dispensa académica, como establece a Normativa de permanencia desta universidade, serán avaliados en calquera oportunidade seguindo os mesmos criterios que para a segunda oportunidade de xullo. Os estudantes a tempo parcial que teñan concedida unha "dispensa académica" deben contactar coa profesora ao comezo do cuatrimestre  para facer os axustes precisos nas distintas actividades.

Os traballos escritos poden ser revisados a través da aplicación Turnitin que detecta citas incorrectas,plaxio e outros tipos de fraude. Se isto ocorrer, aplicaranse as normas contrao plaxio (Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dosestudos de grao e mestrado universitario). Turnitin recoñece traballos previamente realizados por outras persoas (ou polo/apropio/a estudante) nesta universidade ou noutras, ademais doutros materiaislocalizados en Internet.

Fontes de información
Bibliografía básica Sebba, Mark (2000). Focusing on language. A student's guide to research planning, data collection, analysis and writing up. Lancaster: Definite Article Publications.
Yáñez-Bouza, Nuria & Rob Drummod (2011). Handbook of study skills. Manchester: Department of Linguistics and English Language.
Gibaldi, Joseph (2008). MLA style manual and guide to scholarly publishing. New York: Modern Language Association of America.
Wray, Alison, Kate Trott & and Aileen Bloomer (1998). Projects in linguistics. A practical guide to researching language. London: Arnold. (Later editions also available.)
Litosseliti, Lia (ed). (2010). Research methods in linguistics. London: Continuum.
Cottrell, Stella (2008). The study skills handbook.. Third edition. Basingstoke: Palgrave Macmillan.

Bibliografía complementaria

Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías