Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Métodos e recursos de investigación lingüística e a súa aplicación á lingua inglesa Código 613505107
Titulación
Mestrado Universitario en Estudos Ingleses Avanzados e as súas Aplicacións (2019)
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 1º cuadrimestre
Primeiro Optativa 3
Idioma
Inglés
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Letras
Coordinación
Pereira Ares, Noemí
Correo electrónico
noemi.pereira@udc.es
Profesorado
Pereira Ares, Noemí
Correo electrónico
noemi.pereira@udc.es
Web http://www.imaes.eu/?page_id=31
Descrición xeral Introducir ao alumnado na investigación e o estudo da lingua e a lingüística inglesas, axudándolles a desenvolver competencias profesionais útiles para o seu futuro en distintos ámbitos académicos ou de investigación. Os contidos deste curso facilitarán o proceso de realización de traballos académicos e do traballo fin de mestrado.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos
Non se realizarán cambios nos contidos.

2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
Todas, con cambios na canle de comunicación (Correo electrónico, Moodle, Microsoft Teams)

*Metodoloxías docentes que se modifican
Ningunha.

3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
1. Correo electrónico. Diariamente (luns a venres).
2. Moodle. Horario de aulas.
3. Microsoft Teams. Horario de aulas e titorías.

4. Modificacións na avaliación
As porcentaxes orixinais para cada item da avaliación manteranse, coas seguintes modificacións na modalidade de avaliación:
•Traballo Tutelado. O traballo será entregado a través de Moodle e a titorización realizase a través do correo electrónico, Moodle ou Microsoft Teams.
•Presentación Oral. A presentación oral presencial substituirase por unha vídeo gravación que será enviada a través de correo electrónico ou Moodle.
•Seminario. As tarefas de seminario realizaranse a través de Moodle.

*Observacións de avaliación:
Sen observacións.
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía.
Sen cambios

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 E01 Coñecemento dos principais modelos de investigación lingüística.
A2 E02. Coñecemento dos principais recursos e ferramentas de investigación lingüística.
A3 E03. Capacidade de reflexionar sobre os factores que condicionan a aprendizaxe e a adquisición do inglés como lingua estranxeira.
A4 E04. Coñecemento dos estudos de cognición e procesamento dentro da investigación na lingüística inglesa.
B2 CB7 Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
B4 CB9. Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións, e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan, a públicos especializados e non especializados dun xeito claro e sen ambigüidades.
B5 CB10. Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun xeito que terá que ser, en grande medida, autodirixido e autónomo.
B6 CX1. Capacidade de afondar naqueles conceptos, principios, teorías ou modelos relacionados cos distintos campos dos Estudos Ingleses, así como de coñecer a metodoloxía necesaria para a resolución de problemas propios de devandita área de estudo
B7 CX2. Capacidade para aplicar os coñecementos adquiridos na contorna multidisciplinar e multifacética dos Estudos Ingleses
B8 CX3. Capacidade para utilizar de forma eficiente as novas tecnoloxías da información e da comunicación no ámbito dos Estudos Ingleses.
B9 CX4. Capacidade para presentar en público experiencias, ideas ou informes, así como emitir xuízos en función de criterios, de normas externas ou de reflexións persoais para o que será necesario alcanzar un dominio suficiente da linguaxe académica e científica tanto na súa vertente escrita como oral.
B11 CX6. Capacidade para adquirir un espírito crítico que leve aos estudantes a considerar a pertinencia das investigacións existentes nas áreas de estudo que conforman os Estudos Ingleses, así como das súas propias.
B12 CX7. Habilidades de consolidación e desenvolvemento da competencia lingüística (nivel C2) no uso falado e escrito da lingua inglesa.
B14 CX9. Capacidade para realizar traballos de investigación de carácter académico nos distintos ámbitos dos Estudos Ingleses
B15 CX10. Capacidade para presentar e defender un traballo de investigación utilizando a terminoloxía e os recursos adecuados e apropiados dentro do campo obxecto de estudo.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Neste curso os estudantes mellorarán as habilidades intelectuais que lles permitirán identificar un tema de investigación e formular hipóteses de traballo. Así mesmo, adquirirán competencias prácticas básicas para a investigación no eido da lingüística e para o manexo eficiente das fontes e recursos de información. AI1
AI2
AI3
AI4
BI2
BI4
BI5
BI6
BI7
BI8
BI9
BI11
BI12
BI14
BI15
Os estudantes mellorarán as súas habilidades comunicativas tanto orais coma escritas (manexo da linguaxe académica e da comunicación oral) para a presentación dos resultados da investigación. AI1
AI2
BI11
BI12
BI15
Introducir aos alumnos na investigación e no estudo da lingua e lingüística inglesas, axudándolles a desenvolver competencias profesionais útiles para o seu futuro en diferentes ámbitos académicos ou de investigación. Os contidos deste curso facilitarán o proceso de realización de traballos académicos e do traballo fin de máster. AI1
AI2
BI11
BI12
BI15

Contidos
Temas Subtemas
Manexo da bibliografía e das fontes documentais para a investigación lingüística (revisións bibliográficas, elaboración de recensións, pescudas en bases de datos, catálogos bibliográficos e páxinas web, obras de referencia básicas para o estudo da lingua inglesa como gramáticas e dicionarios, etc.).
Hipóteses e deseño da investigación (tipos de hipóteses, elaboración dunha proposta de investigación, métodos cuantitativos e cualitativos para a investigación lingüística).
Métodos de recompilación de datos lingüísticos e ética da investigación (métodos de investigación lingüística: corpus, introspección, etc.; comportamento ético (consentimento dos informantes, etc.).
Convencións na linguaxe académica (folla de estilo para lingüística; cita de referencias bibliográficas; uso da cursiva, glosas, exemplos, etc.). Malas prácticas académicas (copia, plaxio, autoplaxio, etc.).
O traballo de investigación (resumo, estrutura, publicación, etc.).
Presentación de traballos de investigación (preparación de diferentes modos de presentación da investigación: presentacións orais, pósters, handouts, etc.).

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A2 A1 B5 B11 B15 8 8 16
Seminario A1 A2 B11 B15 13 10 23
Traballos tutelados A1 A2 A3 A4 B2 B6 B12 B14 B15 0 20 20
Presentación oral B4 B7 B8 B9 B11 B12 B15 2 4 6
Foro virtual A1 B11 0 4 4
 
Atención personalizada 6 0 6
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición oral coplementada co uso de medios audiovisuais.
Seminario Aulas de carácter práctico nas que se estudan ou analizan en profundidade temas e casos.
Traballos tutelados O alumnado deberá realizar un traballo de investigación. Con esta metodoloxía preténdese promover a aprendizaxe autónoma do estudantado baixo a supervisión do profesorado.
Presentación oral Presentación na aula baseada no traballo tutelado.
Foro virtual Traballo destinado a promover a contorna virtual así como a debater e compartir opinións sobre temas da materia.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Descrición
O alumnado recibirá atención personalizada para a realización do traballo tutelado e presentación oral. É importante que o alumnado informe o profesorado do traballo e avance que realice ao longo do curso.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Seminario A1 A2 B11 B15 Participación nas aulas e realización das tarefas que se propoñan ao longo do curso nas sesións presenciais ou a través de medios virtuais (plataforma virtual). 15
Traballos tutelados A1 A2 A3 A4 B2 B6 B12 B14 B15 Elaboración dun traballo de investigación escrito. 50
Presentación oral B4 B7 B8 B9 B11 B12 B15 Realización dunha presentación oral na aula baseada no traballo de investigación. 35
 
Observacións avaliación

OBSERVACIÓNS XERAIS

Para superar a materia é preciso realizar o traballo equivalente ou superior ao 50% das tarefas de avaliación. De non ser o caso, o/a alumno/a recibirá a cualificación de ‘non presentado’. Así mesmo, o alumnado que non complete o traballo tutelado será cualificado con “non presentado”.

O alumnado deberá preparar con antelación os exercicios e as lecturas recomendadas para a posterior discusión na aula. Así mesmo, o alumnado deberá comprobar de forma regular o curso virtual da materia e o correo electrónico,medios que se empregarán para o envío de información e para a comunicación de cambios de última hora.

Penalizaranse as malas prácticas académicas (copia, plaxio, autoplaxio, etc.). Os traballos escritos poderán ser revisados a través da aplicación Turnitin que detecta citas incorrectas, plaxio e outros tipos de fraude. Se isto ocorre, aplicaranse as normas contra o plaxio. Turnitin recoñece traballos previamente realizados por outras persoas (ou polo/a propio/a estudante) nesta universidade ou noutras, ademais doutros materiais localizados en Internet.

Todas as tarefas que forman parte da avaliación deben adecuarse aos requisitos mínimos de corrección lingüística (ortografía e gramática, puntuación, concordancia, precisión léxica, ou rexistro formal) propia do nivel en lingua inglesa esperado para o alumnado deste mestrado. Deficiencias nesta área serán penalizadas na cualificación.


OPORTUNIDADE DE XULLO

O alumnado que non supere a materia en xaneiro terá outra oportunidade en xullo, seguindo o procedemento que se describe a continuación: 1) un traballo tutelado co mesmo valor porcentual (50%); 2) unha presentación oral, xa sexa en vivo ou enviada a través de vídeo gravación (35%); 3) Tarefas que poidan suplir os exercicios realizados nos seminarios ao longo do curso (15%).


ALUMNADO CON DISPENSA

Aqueles alumnos que oficialmente teñan sido matriculados a tempo parcial, e teñan concedida unha dispensa académica, como establece a Normativa de permanencia desta universidade, serán avaliados en calquera oportunidade seguindo os mesmos criterios que para a segunda oportunidade de xullo. Os estudantes a tempo parcial que teñan concedida unha "dispensa académica" deben contactar co profesorado ao comezo do cuatrimestre para facer os axustes precisos nas distintas actividades.


ATENCIÓN Á DIVERSIDADE
Existe unha oficina (ADI) na universidade especializada en ofrecer atención aos membros da comunidade universitaria con necesidades especiais. O alumnado que o desexe pode poñerse en contacto  coa ADI en http://www.udc.es/cufie/uadi/. Tamén no teléfono 5622 ou na dirección de correo: adi@udc.es. 


Fontes de información
Bibliografía básica Sebba, Mark (2000). Focusing on language. A student's guide to research planning, data collection, analysis and writing up. Lancaster: Definite Article Publications.
Yáñez-Bouza, Nuria & Rob Drummod (2011). Handbook of study skills. Manchester: Department of Linguistics and English Language.
Gibaldi, Joseph (2008). MLA style manual and guide to scholarly publishing. New York: Modern Language Association of America.
Wray, Alison, Kate Trott & and Aileen Bloomer (1998). Projects in linguistics. A practical guide to researching language. London: Arnold. (Later editions also available.)
Litosseliti, Lia (ed). (2010). Research methods in linguistics. London: Continuum.
Cottrell, Stella (2008). The study skills handbook.. Third edition. Basingstoke: Palgrave Macmillan.

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías