Datos Identificativos 2022/23
Asignatura (*) Métodos e recursos de investigación lingüística e a súa aplicación á lingua inglesa Código 613505107
Titulación
Mestrado Universitario en Estudos Ingleses Avanzados e as súas Aplicacións (2019)
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 1º cuadrimestre
Primeiro Optativa 3
Idioma
Inglés
Modalidade docente Híbrida
Prerrequisitos
Departamento Letras
Coordinación
Montoya Reyes, Ana
Correo electrónico
ana.montoya@col.udc.es
Profesorado
Montoya Reyes, Ana
Correo electrónico
ana.montoya@col.udc.es
Web http://www.imaes.eu/?page_id=31
Descrición xeral Introducir ao alumnado na investigación e o estudo da lingua e a lingüística inglesas, axudándolles a desenvolver competencias profesionais útiles para o seu futuro en distintos ámbitos académicos ou de investigación. Os contidos deste curso facilitarán o proceso de realización de traballos académicos e do traballo fin de mestrado.

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 E01 Coñecemento dos principais modelos de investigación lingüística.
A2 E02. Coñecemento dos principais recursos e ferramentas de investigación lingüística.
A3 E03. Capacidade de reflexionar sobre os factores que condicionan a aprendizaxe e a adquisición do inglés como lingua estranxeira.
A4 E04. Coñecemento dos estudos de cognición e procesamento dentro da investigación na lingüística inglesa.
B1 CB6. Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, adoito nun contexto de investigación.
B2 CB7 Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
B4 CB9. Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións, e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan, a públicos especializados e non especializados dun xeito claro e sen ambigüidades.
B5 CB10. Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun xeito que terá que ser, en grande medida, autodirixido e autónomo.
B6 CX1. Capacidade de afondar naqueles conceptos, principios, teorías ou modelos relacionados cos distintos campos dos Estudos Ingleses, así como de coñecer a metodoloxía necesaria para a resolución de problemas propios de devandita área de estudo
B7 CX2. Capacidade para aplicar os coñecementos adquiridos na contorna multidisciplinar e multifacética dos Estudos Ingleses
B8 CX3. Capacidade para utilizar de forma eficiente as novas tecnoloxías da información e da comunicación no ámbito dos Estudos Ingleses.
B9 CX4. Capacidade para presentar en público experiencias, ideas ou informes, así como emitir xuízos en función de criterios, de normas externas ou de reflexións persoais para o que será necesario alcanzar un dominio suficiente da linguaxe académica e científica tanto na súa vertente escrita como oral.
B10 CX5. Habilidad para investigar e manexar novos coñecementos e información no contexto dos Estudos Ingleses
B11 CX6. Capacidade para adquirir un espírito crítico que leve aos estudantes a considerar a pertinencia das investigacións existentes nas áreas de estudo que conforman os Estudos Ingleses, así como das súas propias.
B12 CX7. Habilidades de consolidación e desenvolvemento da competencia lingüística (nivel C2) no uso falado e escrito da lingua inglesa.
B13 CX8. Autonomía progresiva na aprendizaxe, procuras propias de recursos e información, accedendo para iso a fontes bibliográficas e documentais sobre os distintos ámbitos que conforman os Estudos Ingleses.
B14 CX9. Capacidade para realizar traballos de investigación de carácter académico nos distintos ámbitos dos Estudos Ingleses
B15 CX10. Capacidade para presentar e defender un traballo de investigación utilizando a terminoloxía e os recursos adecuados e apropiados dentro do campo obxecto de estudo.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Introducir ao estudantado na investigación da lingua e lingüística inglesas como actividade profesional, axudándolles a desenvolver competencias profesionais útiles para o seu futuro en diferentes ámbitos académicos e de investigación. AI1
AI2
AI3
AI4
BI1
BI2
BI4
BI5
BI6
BI7
BI8
BI9
BI10
BI11
BI12
BI13
BI14
BI15
Introducir ao estudantado nos principais factores relacionados coa metodoloxía da investigación da lingua e a lingüística inglesas, como a identificación de temas de investigación, a formulación de hipóteses de traballo, a selección de enfoque metodolóxico, o deseño da investigación, o tratamento de datos, os principais problemas metodolóxicos... AI1
AI2
BI1
BI6
BI7
BI10
BI11
BI14
Introducir ao estudantado nos principais aspectos relacionados coa redacción, a presentación, a difusión e a publicación dos resultados de traballos de investigación da lingua e a lingüística inglesas. Os contidos deste curso están directamente relacionados e facilitan o proceso de realización de traballos académicos e do traballo de fin de master. AI1
AI2
BI1
BI4
BI8
BI9
BI12
BI14
BI15
Presentar ao estudantado recursos e ferramentas útiles para a investigación da lingua e a lingüística inglesas, como as fontes de información, bases de datos, ferramentas, catálogos, etc. AI2
BI6
BI8
BI10
BI13

Contidos
Temas Subtemas
1. Manexo da bibliografía e das fontes documentais para a investigación lingüística 1.1 A búsqueda de información: bases de datos, catálogos, páxinas web, obras de referencia básica...
1.2 A xestión da bibliografía: métodos e ferramentas.
2. Metodoloxía e deseño da investigación 2.1 Identificación do tema ou nicho de investigación.
2.2 Formulación de hipóteses
2.3 Enfoque metodolóxico:
2.3.1 Métodos cuantitativos e cualitativos
2.4 Deseño da investigación
2.5 Obtención de datos
2.6 Tratamento dos datos
2.7 Erros e problemas metodolóxicos
3. Aspectos éticos e legais na investigación 3.1 Obtención de consentimentos
3.2 Tratamento de datos persoais
3.3 Propiedade intelectual
3.4 Malas prácticas en investigación e publicación académica
4. O traballo de investigación 4.1 Tipos de traballo de investigación
4.2 Partes no traballo de investigación
4.3 Linguaxe académica e convencións
5. Presentación de traballos de investigación 5.1 Presentacións orais
5.2 Posters
5.3 Material de apoio
6. A publicación de traballos de investigación 6.1 Formatos de publicación: artigos, capítulos de libro e monografías
6.2 Revistas e principais indicadores de calidade
6.3 Editoriais e principais indicadores de calidade
6.4 Preparación e envío de manuscritos
6.5 Revisión e publicación

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A1 A2 B1 B5 B11 B15 5 11 16
Seminario A1 A2 B11 B15 7 10 17
Traballos tutelados A1 A2 A3 A4 B2 B6 B10 B12 B13 B14 B15 0 30 30
Presentación oral B4 B7 B8 B9 B11 B12 B15 0 10 10
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición oral coplementada co uso de medios audiovisuais.
Seminario Aulas de carácter práctico nas que se estudan ou analizan en profundidade temas e casos.
Traballos tutelados O alumnado deberá realizar un traballo de investigación. Con esta metodoloxía preténdese promover a aprendizaxe autónoma do estudantado baixo a supervisión do profesorado.
Presentación oral Preparación da presentación na aula baseada no traballo tutelado.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Descrición
O alumnado recibirá atención personalizada para a realización do traballo tutelado e presentación oral. É importante que o alumnado informe o profesorado do traballo e avance que realice ao longo do curso.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Seminario A1 A2 B11 B15 Realización das tarefas que se propoñan ao longo do curso nas sesións presenciais ou a través de medios virtuais (plataforma virtual). 45
Sesión maxistral A1 A2 B1 B5 B11 B15 Asistencia ás sesións maxistrales, seminarios e mesas redondas con participación e entrega de materiales propostos 15
Traballos tutelados A1 A2 A3 A4 B2 B6 B10 B12 B13 B14 B15 Elaboración dun traballo de investigación escrito e presentación oral na aula. 40
 
Observacións avaliación

OBSERVACIÓNS XERAIS

Para superar a materia é preciso realizar o traballo equivalente ou superior ao 50% das tarefas de avaliación. De non ser o caso, o/a alumno/a recibirá a cualificación de ‘non presentado’. Así mesmo, o alumnado que non complete o traballo tutelado será cualificado con “non presentado”.

O alumnado deberá preparar con antelación os exercicios e as lecturas recomendadas para a posterior discusión na aula. Así mesmo, o alumnado deberá comprobar de forma regular o curso virtual da materia e o correo electrónico, medios que se empregarán para o envío de información e para a comunicación de cambios de última hora.

Penalizaranse as malas prácticas académicas (copia, plaxio, autoplaxio, etc.). Os traballos escritos poderán ser revisados a través da aplicación Turnitin que detecta citas incorrectas, plaxio e outros tipos de fraude. Se isto ocorre, aplicaranse as normas contra o plaxio. Turnitin recoñece traballos previamente realizados por outras persoas (ou polo/a propio/a estudante) nesta universidade ou noutras, ademais doutros materiais localizados en Internet.

Todas as tarefas que forman parte da avaliación deben adecuarse aos requisitos mínimos de corrección lingüística (ortografía e gramática, puntuación, concordancia, precisión léxica, ou rexistro formal) propia do nivel en lingua inglesa esperado para o alumnado deste mestrado. Deficiencias nesta área serán penalizadas na cualificación.


OPORTUNIDADE DE XULLO

O alumnado que non supere a materia en xaneiro terá outra oportunidade en xullo, seguindo o procedemento que se describe a continuación: 1) un traballo tutelado e a súa presentación oral (55%); 2) Tarefas que poidan suplir os exercicios realizados nos seminarios ao longo do curso (45%).


ALUMNADO CON DISPENSA

Aqueles alumnos que oficialmente teñan sido matriculados a tempo parcial, e teñan concedida unha dispensa académica, como establece a Normativa de permanencia desta universidade, serán avaliados en calquera oportunidade seguindo os mesmos criterios que para a segunda oportunidade de xullo. Os estudantes a tempo parcial que teñan concedida unha "dispensa académica" deben contactar co profesorado ao comezo do cuatrimestre para facer os axustes precisos nas distintas actividades.


HONRADEZ ACADÉMICA

Lembrase
ao alumnado que o uso de calquera axuda ou dispositivo no examen final está
totalmente prohibida, e no caso de utilizar calquera soporte no permitido
quedará automáticamente suspenso, independentemente da nota do examen e outras
probas. Calquera falta de honradez académica (plaxio,copiar en exames, etc.)
penalizarase de acordo co establecido no artigo 14 das "Normas de
avaliación, revisión e reclamación dás cualificacións dos estudos de grao e
mestrado universitario”.

ATENCIÓN Á DIVERSIDADE

A materia poderá
ser adaptada ao estudantado que precise da adopción de medidas encamiñadas ao
apoio á diversidade (física, visual, auditiva, cognitiva, de aprendizaxe ou
relacionada coa saúde mental). De ser o caso, deberán contactar cos servizos
disponíbeis na UDC/no Centro: nos prazos oficiais estipulados de maneira
previa a cada cuatrimestre académico, coa Unidade de Atención á Diversidade (https://www.udc.es/cufie/ADI/apoioalumnado/).



Fontes de información
Bibliografía básica Sebba, Mark (2000). Focusing on language. A student's guide to research planning, data collection, analysis and writing up. Lancaster: Definite Article Publications.
Yáñez-Bouza, Nuria & Rob Drummod (2011). Handbook of study skills. Manchester: Department of Linguistics and English Language.
Gibaldi, Joseph (2008). MLA style manual and guide to scholarly publishing. New York: Modern Language Association of America.
Wray, Alison, Kate Trott & and Aileen Bloomer (1998). Projects in linguistics. A practical guide to researching language. London: Arnold. (Later editions also available.)
Krug, Manfred & Julia Schlüter (eds.) (2013). Research methods in language variation and change.. Cambridge: Cambridge University Press
Litosseliti, Lia (ed). (2010). Research methods in linguistics. London: Continuum.
Podesva, Robert J. & Devyani Sharma. (2013). Research methods in linguistics. Cambridge: Cambridge University Press
Sealey, Alison (2010). Researching English language. A resource book for students. London: Routledge
Cottrell, Stella (2008). The study skills handbook.. Third edition. Basingstoke: Palgrave Macmillan.
(). Unified Style Sheet for Linguistics. http://linguistlist.org/pubs/tocs/JournalUnifiedStyleSheet2007.pdf

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías