Datos Identificativos 2022/23
Asignatura (*) Cognición e Procesos Cognitivos na Lingua Inglesa Código 613505110
Titulación
Mestrado Universitario en Estudos Ingleses Avanzados e as súas Aplicacións (2019)
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 2º cuadrimestre
Primeiro Optativa 3
Idioma
Inglés
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Letras
Coordinación
Alonso Giraldez, Jose Miguel
Correo electrónico
miguel.giraldez@udc.es
Profesorado
Alonso Giraldez, Jose Miguel
Correo electrónico
miguel.giraldez@udc.es
Web http://www.imaes.eu/?page_id=31
Descrición xeral Este curso constitúe unha introdución aos fenómenos da cognición e o procesamiento da linguaxe. O principal obxectivo é investigar como a mente humana (e, en última instancia, o cerebro humano) almacena e usa a linguaxe en liña. O curso busca proporcionar aos estudantes coñecementos básicos sobre a realidade psicolóxica da linguaxe e da forma en que a mente utiliza (ou non) o coñecemento gramatical no uso da linguaxe ordinaria.

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 E01 Coñecemento dos principais modelos de investigación lingüística.
A2 E02. Coñecemento dos principais recursos e ferramentas de investigación lingüística.
A3 E03. Capacidade de reflexionar sobre os factores que condicionan a aprendizaxe e a adquisición do inglés como lingua estranxeira.
A4 E04. Coñecemento dos estudos de cognición e procesamento dentro da investigación na lingüística inglesa.
B7 CX2. Capacidade para aplicar os coñecementos adquiridos na contorna multidisciplinar e multifacética dos Estudos Ingleses
B8 CX3. Capacidade para utilizar de forma eficiente as novas tecnoloxías da información e da comunicación no ámbito dos Estudos Ingleses.
B10 CX5. Habilidad para investigar e manexar novos coñecementos e información no contexto dos Estudos Ingleses

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Este curso é unha introdución á psicolingüística e o procesamento lingüístico. A psicolingüística é a disciplina que estuda como a mente humana (e, en última instancia, o cerebro) almacena e usa a linguaxe en tempo real. Este curso persegue dotar o alumno dun coñecemento básico da realidade psicolóxica da linguaxe humana e do modo en que a mente fai uso (ou non) de información gramatical durante o procesamento lingüístico en tempo real. AI1
AI2
AI3
AI4
BI7
BI8
BI10

Contidos
Temas Subtemas
1. Introdución á psicolingüístia: obxectivos, alcance e métodos.
2. Experiencia ou xenes. Innatismo.
3. A bioloxía da linguaxe. Adquisición.
4. As palabras na mente.
5. Comprensión sintáctica.
6. Produción sintáctica. Lingüistica cognitiva.
7.-A produción semántica. A importancia do significado.
TEORÍAS COGNITIVAS e HISTORIA
TEORÍA LINGÜÍSTICA COGNITIVA- INTRODUCIÓN-
TEORÍAS COGNITIVAS E FUNCIONAIS
TEORÍAS COGNITIVAS E FUNCIONAIS II
A relación entre o coñecemento lingüístico e a cognición.
Produción da linguaxe e do discurso, etapas.
Comprensión (definición, coherencia e cohesión,
avaliación da comprensión).
A teoría cognitiva de Chomsky.
Funcionalismo e experiencialismo.
A función simbólica da linguaxe.
Experiencia lingüística e fundamentos léxicos.
Semántica cognitiva
Categorización, prototipos, esquemas. A representación mental das categorías.
O concepto de 'frame'.
A experiencia encarnada: embodied experience.
Metáfora e metonimia. Blended metaphor.
A construción dos espazos da mente.
Aspectos cognitivos da gramática
Cognición e literatura.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Seminario A1 A2 A3 A4 B7 B8 B10 14 30 44
Proba de ensaio A1 A2 A3 A4 0 30 30
 
Atención personalizada 1 0 1
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Seminario Técnica de traballo en grupo o individual que ten como finalidade o estudo intensivo dun tema. Caracterízase pola discusión, a participación, a elaboración de documentos e as conclusións ás que teñen que chegar todos os compoñentes do seminario.

Clases e seminarios, incluíndo debates, traballo escrito, etc.
Moodle UDC.
Proba de ensaio Proba escrita utilizada para a avaliación da aprendizaxe, cuxo trazo distintivo é a posibilidade de determinar se as respostas dadas son ou non correctas. Constitúe un instrumento de medida, elaborado rigorosamente, que permite avaliar coñecementos, capacidades, destrezas, rendemento, aptitudes, actitudes, intelixencia, etc. É de aplicación tanto para a avaliación diagnóstica, formativa como sumativa.

A Proba obxectiva pode combinar distintos tipos de preguntas: preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación. Tamén se pode construír con un só tipo dalgunha destas preguntas.

Atención personalizada
Metodoloxías
Seminario
Descrición
A asistencia ás sesións na aula é obrigatoria.
Pódese acudir ao despacho do profesor en horas sinaladas, e tamén poden contactar con el profesor calquera dos sete días da semana a través do correo electrónico. É fundamental seguir a asignatura por Moodle UDC. As titorías poden establecerse a través de Teams, nomeadamente para alumnos con dispensa.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Seminario A1 A2 A3 A4 B7 B8 B10 A asistencia é obrigatoria.
Participación activa nas clases que se plantexen como interactivas: ata un 20% da nota final.
20
Proba de ensaio A1 A2 A3 A4 A avaliación (50%) pode consistir en
a) proba(s) escrita(s) ou oral/orais realizada(s) nas aulas, na que se inclúen os contidos teóricos e prácticos do curso, coa presenza de preguntas teóricas e exercicios ou, no seu caso,
b) Nun traballo(s) de curso realizado(s) ou non en clase (podería encargarse un traballo fóra da aula ou a preparación dunha exposición oral)

Destreza na expresión en inglés tanto oral coma escrita, estilo, puntuación, vocabulario e correcta estruturación e presentación das actividades, e outros aspectos: ata un 30%
80
 
Observacións avaliación

Dado o carácter semi-presencial do título, a
asistencia é obrigatoria, salvo dispensa solicitada en tempo e forma e
concedida pola Comisión Académica Universitaria do título, e sempre respetando
as normativas de asistencia a clase das tres universidades participantes no
título, así como os sistemas de avaliación que figuran expresamente nas guías
docentes das diferentes materias, e sen prexuízo das consecuencias que poida
ter para a súa avaliación final a ausencia a determinadas sesións presenciais.

Quen
teña concedida a dispensa académica, e como establece a Normativa de
permanencia da universidade, será avaliado seguindo os criterios aplicables á oportunidade
de xullo.

É necesario acadar polo menos unha nota de 4 puntos nos exames ou traballos para sumar unha nota final. 

Quen
non leve a cabo os traballos encomendados, no seu caso, ou non teña realizado traballo superior ao 50% do resto das categorías de avaliación, acadará a cualificación
de Non Presentado. A non presentación á proba obxectiva acarreará, independentemente do resto das cualificacións obtidas, a cualificación de NON presentado. 

Quen non aprobe na primeira oportunidade terá á posibilidade da oportunidade
de xullo, na que cada estudante terá que demostrar ter acadadas as
competencias da materia mediante dous tipos de avaliación: un ou máis exercicios do mesmo valor porcentual e natureza que na primeira oportunidade o a correspondente proba escrita obxectiva. 

Máis sobre os plaxios: moi importante 

Nesta asignatura podería  empregarse a ferramenta Turnitin na avaliación dos traballos e as actividades. Atendendo ás recomendacións da Xunta de Facultade, engádese o seguinte texto que deberá ser tido en conta polos estudantes: Turnitin é unha aplicación de uso para o profesorado coa finalidade de revisar porcións de texto procedentes doutros textos e sinalar a súa procedencia. Esta ferramenta pode recoñecer traballos previamente presentados nesta ou noutras universidades, incluso do mesmo estudante. Se esta circunstancia acontecese entenderase como contraria á honestidade académica e aplicarase a Normativa académica de evaluaciones, de calificaciones y de reclamaciones na avaliación. "Calquera falta de honradez académica (plaxio, copiar en exames, etc.) penalizarase de acordo co establecido nas 'Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dúas estudos de grao e mestrado universitario" artigo (14)'". 

 


Fontes de información
Bibliografía básica Evans, Vyvyan and Melanie Green (2006). Cognitive linguistics, 1. Edinburgh University Press
Ungerer & Schmid (1996). An Introduction to Cognitive Linguistics. Harlow: Pearson Education

Aitchison, J. 2008. The Articulate Mammal. London: Unwin Hyman.
Aitchison, J. 2001. Language Change: Progress or Decay? Cambridge: C.U.P.
Aitchison, J. 2003. Words in the Mind. Oxford: Blackwell.
Aitchison, J. 1996. The Seeds of Speech. Cambridge: C.U.P .
Altman, G. 1997. The Ascent of Babel. Oxford: O.U.P.
Carroll, D.W. 2008. Psychology of Language. Pacific Grove, California: Brooks/Cole.

Field, John. 2004. Psycholinguistics: a resource book for students. London: Routledge.

Field, John. 2005. Language and the mind. London: Routledge.
Garman, M. 1990. Psycholinguistics. Cambridge: C.U.P .
Jackendoff, R. 1993. Patterns in the Mind. New York: Harvester Wheatsheaf.
Jackendoff, R. 2002. Foundations of language. Oxford: O.U.P.
Pinker, S. 1994. The Language Instinct. London: Penguin.
Steinberg, D. 1993. An Introduction to Psycholinguistics. Harlow, Essex: Longman.

Bibliografía complementaria
Chomsky, N. (1957). Syntactic structures. The Hague: Mouton.
Chomsky, N. (1959). A Review of B. F. Skinner’s Verbal Behavior. Language, 35, 26–58.
Chomsky, N. (1965). Aspects of the theory of syntax. Cambridge, MA: MIT Press.

Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías