Datos Identificativos 2023/24
Asignatura (*) Pragmática e análise do discurso en lingua inglesa Código 613505112
Titulación
Mestrado Universitario en Estudos Ingleses Avanzados e as súas Aplicacións (2019)
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 2º cuadrimestre
Primeiro Optativa 3
Idioma
Inglés
Modalidade docente Híbrida
Prerrequisitos
Departamento Letras
Coordinación
Amenedo Costa, Mónica María
Correo electrónico
monica.amenedo@udc.es
Profesorado
Amenedo Costa, Mónica María
Correo electrónico
monica.amenedo@udc.es
Web http://www.imaes.eu/?page_id=31
Descrición xeral Toda la información relativa tanto a esta materia como al resto del Máster la pueden encontrar en la dirección Web arriba señalada.

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 E01 Coñecemento dos principais modelos de investigación lingüística.
A2 E02. Coñecemento dos principais recursos e ferramentas de investigación lingüística.
A4 E04. Coñecemento dos estudos de cognición e procesamento dentro da investigación na lingüística inglesa.
A7 E07. Capacidade para analizar distintos tipos de discursos e xéneros discursivos orais e/ou escritos en lingua inglesa.
B1 CB6. Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, adoito nun contexto de investigación.
B2 CB7 Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
B3 CB8. Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e se enfrontar á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
B4 CB9. Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións, e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan, a públicos especializados e non especializados dun xeito claro e sen ambigüidades.
B5 CB10. Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun xeito que terá que ser, en grande medida, autodirixido e autónomo.
B6 CX1. Capacidade de afondar naqueles conceptos, principios, teorías ou modelos relacionados cos distintos campos dos Estudos Ingleses, así como de coñecer a metodoloxía necesaria para a resolución de problemas propios de devandita área de estudo
B7 CX2. Capacidade para aplicar os coñecementos adquiridos na contorna multidisciplinar e multifacética dos Estudos Ingleses
B8 CX3. Capacidade para utilizar de forma eficiente as novas tecnoloxías da información e da comunicación no ámbito dos Estudos Ingleses.
B9 CX4. Capacidade para presentar en público experiencias, ideas ou informes, así como emitir xuízos en función de criterios, de normas externas ou de reflexións persoais para o que será necesario alcanzar un dominio suficiente da linguaxe académica e científica tanto na súa vertente escrita como oral.
B10 CX5. Habilidad para investigar e manexar novos coñecementos e información no contexto dos Estudos Ingleses
B11 CX6. Capacidade para adquirir un espírito crítico que leve aos estudantes a considerar a pertinencia das investigacións existentes nas áreas de estudo que conforman os Estudos Ingleses, así como das súas propias.
B12 CX7. Habilidades de consolidación e desenvolvemento da competencia lingüística (nivel C2) no uso falado e escrito da lingua inglesa.
B13 CX8. Autonomía progresiva na aprendizaxe, procuras propias de recursos e información, accedendo para iso a fontes bibliográficas e documentais sobre os distintos ámbitos que conforman os Estudos Ingleses.
B14 CX9. Capacidade para realizar traballos de investigación de carácter académico nos distintos ámbitos dos Estudos Ingleses
B15 CX10. Capacidade para presentar e defender un traballo de investigación utilizando a terminoloxía e os recursos adecuados e apropiados dentro do campo obxecto de estudo.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
1. Comprensión dos contidos básicos do AD. 2. Coñecemento das principais aproximacións e aplicacións do AD en inglés. 3. Lectura crítica da literatura recomendada. 4. Aplicación dos contidos básicos expostos no seminario. 5. Habilidade para consultar a literatura e os recursos recomendados e/ou dispoñibles extraendo a información pertinente. 6. Habilidade para reunir, seleccionar e analizar datos en la disciplina. 7. Presentación oral e escrita dun traballo relativo ao AD. AI1
AI2
AI4
AI7
BI1
BI2
BI3
BI4
BI5
BI6
BI7
BI8
BI9
BI10
BI11
BI12
BI13
BI14
BI15

Contidos
Temas Subtemas
1. Introducción á Análise do Discurso

1.1. Contidos básicos
1.2. Panorámica da disciplina
2. Principais aproximacións e aplicacións 2.1. Pragmática, Procesamento da Información e Organización do Discurso
2.2. Análise da Conversa
2.3. Análise Critico do Discurso
2.4. Análise de diferentes tipos de discurso en contextos naturais
2.5. Lectura crítica de material especializado relacionado co campo

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Seminario A1 A2 A4 A7 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B11 B12 B13 B14 B15 14 60 74
 
Atención personalizada 1 0 1
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Seminario Nas 14 horas presenciais cubrirase o temario e se exporán os traballos orais. Nas horas no presenciais, realizaranse as lecturas recomendadas e se preparará o traballo, tomando en consideración as clases presenciais e as titorías con o/coa profesor/a.

Atención personalizada
Metodoloxías
Seminario
Descrición
A asistencia ás sesións na aula é obrigatoria.
Os titorías organizaranse por correo electrónico, así como as consultas por Teams.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Seminario A1 A2 A4 A7 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B11 B12 B13 B14 B15 A cualificación de cada unha das probas de avaliación se realizará segundo a seguinte distribución de porcentaxes:
- Actividades e tarefas relacionadas cos contenidos do curso: 30%
- Traballo supervisado escrito:70%
Presentación oral deste traballo.
100
 
Observacións avaliación

Para superar a materia, a suma das distintas actividades de avaliación (proba práctica, traballo tutelado e presentación oral) deberá ser 5 sobre 10. O alumnado deberá completar polo menos o 50% destas tarefas. Non se admitirán os traballos entregados fora de plazo sen causa debidamente xustificada. O alumnado obterá a cualificación de NP, se non entregou máis do 50% das actividades de avaliación.

Calquera caso de plaxio ou fraude académico significará un suspenso (0) na materia, tal e como aparece recollido no "Regulamento disciplinar do estudantado da UDC":

Cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa a falta e respecto da materia en que se cometese: o/a estudante será cualificado con suspenso (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.

OPORTUNIDADE de XULLO: 

O alumnado que non supere a materia na primeira oportunidade deberá presentarse á oportunidade de xullo, debendo repetir as partes suspensas segundo a seguinte distribución de porcentaxes: traballo tutelado e proba oral (70%), e unha tarefa equivalente á proba práctica (30%).

O alumnado que se presente á convocatoria adiantada de DECEMBRO avaliaranse segundo as normas especificadas para a oportunidade de xullo.

Alumnado con recoñecemento de DISPENSA ACADÉMICA:

Segundo o establecido na "NORMA QUE REGULA O RÉXIME DE DEDICACIÓN AO ESTUDO E A PERMANENCIA E A PROGRESIÓN DOS ESTUDANTES DE GRAO E MÁSTER UNIVERSITARIO NA UNIVERSIDADE DA CORUÑA (aprobada polo Consello Social do 04/05/2017):

1. Deberá poñelo en coñecemento do docente na primeira semana de clase, ou, se isto non fora posible, nun prazo non superior a 7 días desde que lle fora concedido o recoñecemento.
2. Terán que realizar, individualmente, todas as actividades/traballos propostos ao longo do curso e entregalos nas datas establecidas polo docente. Se non se cumpre a entrega na data sinalada, non se admitirán os traballos entregados fora de prazo sen causa debidamente xustificada.
3. A cualificación será a media ponderada das notas das actividades e traballos realizados durante o curso e da nota da proba realizada na data do calendario oficial de exames, debendo obter en cada unha das partes un aprobado (5 sobre 10) para poder superar a materia. No caso de non superar algunha das partes na primeira oportunidade, deberán repetir na segunda oportunidade as partes non aprobadas (actividades/traballos e/ou proba).

Atención á DIVERSIDADE: 

A materia poderá ser adaptada ao estudantado que precise da adopción de medidas encamiñadas ao apoio á diversidade (física, visual, auditiva, cognitiva, de aprendizaxe ou relacionada coa saúde mental). De ser o caso, deberán contactar cos servizos disponíbeis na UDC/no Centro.

Igualdade de XÉNERO:

Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria, nesta materia usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores e de autoras e propiciarase a intervención en clase de alumnos e alumnas. Do mesmo xeito, traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas, así como formentar valores de respecto e igualdade. No caso de detectarse situacións de discriminación por razón de xénero, proporanse accións e medidas para corrixilas.





Fontes de información
Bibliografía básica

Bibliografía básica
Alba-Juez. 2009. Perspectives on Discourse Analysis: Theory and Practice. Newcastle upon Tyne: Cambridge Scholars Publishing.
Brown, G. and G. Yule. 1983. Discourse Analysis. Cambridge: Cambridge University Press.
Cook, G. 1989. Discourse. Cambridge: Cambridge University Press.
Coulthard, M. 1985. An Introduction to Discourse Analysis. London: Longman, 1985 (2nd edition).
Gee, J. P. 1999. An Introduction to Discourse Analysis. London: Routledge.
Georgakopoulou, A. and Goutsos, D. 1997. Discourse Analysis: An Introduction. Edinburgh: Edinburgh University Press.
Grundy, P. 2000. (2nd ed.) Doing Pragmatics. London: Arnold. 105-111.
Johnstone, B. 2008. Introduction to Discourse Analysis. CUP (2nd revised edition).
Liddicoat, A.J. 2007. An Introduction to Conversation Analysis. London: Continuum.
McCarthy, M. 1991. Discourse Analysis for Language Teachers. Cambridge: Cambridge University Press.
Renkema, J. 2004. Introduction to Discourse Studies. Amsterdam/Philadelphia: John Benjamins.
Renkema, J. 2009a. Discourse, of course. An Overview of Research in Discourse Studies. Amsterdam/Philadelphia: John Benjamins.
Rogers, R. 2004. An Introduction to Critical Discourse Analysis in Education. Mahwah, NJ: Lawrence Erlbaum.
Schiffrin, D. 1994. Approaches to Discourse. Oxford: Blackwell.

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías