Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Métodos e recursos de investigación literario-cultural no ámbito anglófono Código 613505114
Titulación
Mestrado Universitario en Estudos Ingleses Avanzados e as súas Aplicacións (2019)
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 1º cuadrimestre
Primeiro Optativa 3
Idioma
Inglés
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Letras
Coordinación
Nuñez Puente, Carolina
Correo electrónico
c.nunez@udc.es
Profesorado
Nuñez Puente, Carolina
Correo electrónico
c.nunez@udc.es
Web http://www.imaes.eu/?page_id=31
Descrición xeral OBXECTIVOS:
Ensinar ao estudiantado os obxectivos e métodos da investigación literaria e cultural na área de humanidades.
Familiarizar ao estudantado cos métodos de procura de información sobre temas de investigación literaria e cultural en inglés.
Informar ao estudantado sobre as tendencias dentro do ámbito académico anglosaxón en relación coa investigación literaria e cultural.
Axudar aos estudantado a distinguir na práctica diferentes actividades de investigación, co fin de preparalos como profesionais do mundo académico no campo literario e cultural en inglés.
Xerar a aprendizaxe autónoma dos/as alumnos/as, pedíndolles que analicen textos, preparen presentacións e debates e escriban resumos, recensións e ensaios, seguindo as instrucións dadas en clase e en titorías.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos: Ningunha a non ser en caso de forza maior, no cal os contidos poderían reducirse e/ou adaptarse.

2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen: Traballos tutelados, presentación oral e seminario.

*Metodoloxías docentes que se modifican: As clases impartiranse a través de audios e/ou vídeos gravados en Moodle e/ou Microsoft Teams. Crearei un foro de debate ou un chat para discutir os temas do curso e un canal para subir os vídeos da presentación oral. Os traballos escritos enviaranse por email e/ou Moodle.

3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado: Email e/ou vídeo-tutoría en Teams.

4. Modificacións na avaliación: Vid. abaixo.

*Observacións de avaliación: O ensaio enviarase por email e os comenratios ás lecturas por Moodle. A presentación oral gravarase en vídeo e subirase á plataforma correspondente (ex. Microsoft Teams).

5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía: Ningunha.

Competencias do título
Código Competencias do título
A9 E09. Coñecemento dos principais modelos e recursos de investigación literaria/cultural no ámbito anglófono
A10 E10. Capacidade de utilizar as técnicas empregadas para a análise de textos artísticos e culturais no ámbito anglófono
A11 E11. Capacidade para identificar e analizar as características máis relevantes da cultura e das institucións do ámbito anglófono a través de diversos tipos de textos pertencentes a diferentes épocas históricas.
B10 CX5. Habilidad para investigar e manexar novos coñecementos e información no contexto dos Estudos Ingleses
B11 CX6. Capacidade para adquirir un espírito crítico que leve aos estudantes a considerar a pertinencia das investigacións existentes nas áreas de estudo que conforman os Estudos Ingleses, así como das súas propias.
B12 CX7. Habilidades de consolidación e desenvolvemento da competencia lingüística (nivel C2) no uso falado e escrito da lingua inglesa.
B13 CX8. Autonomía progresiva na aprendizaxe, procuras propias de recursos e información, accedendo para iso a fontes bibliográficas e documentais sobre os distintos ámbitos que conforman os Estudos Ingleses.
B14 CX9. Capacidade para realizar traballos de investigación de carácter académico nos distintos ámbitos dos Estudos Ingleses
B15 CX10. Capacidade para presentar e defender un traballo de investigación utilizando a terminoloxía e os recursos adecuados e apropiados dentro do campo obxecto de estudo.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
-Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base de ser orixinais nun contexto de investigación -Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos -Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e se enfrontar á complexidade de formular xuízos sobre as responsabilidades sociais e éticas -Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións a públicos especializados e non especializados -Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe autónomo -Capacidade de afondar naqueles conceptos, principios, teorías ou modelos relacionados cos Estudos Ingleses, -Capacidade para aplicar os coñecementos adquiridos na contorna multidisciplinar e multifacética dos Estudos Ingleses BI11
BI12
BI14
-Habilidad para investigar e manexar novos coñecementos e información no contexto dos Estudos Ingleses -Capacidade para adquirir un espírito crítico que leve aos estudantes a considerar a pertinencia das investigacións existentes -Autonomía progresiva na aprendizaxe (ex. procuras propias de recursos de información) -Capacidade para realizar traballos de investigación de carácter académico -Capacidade para presentar e defender un traballo de investigación BI10
BI11
BI13
BI14
BI15
-Coñecemento dos modelos e recursos de investigación literaria/cultural no ámbito anglófono -Capacidade de utilizar as técnicas empregadas para a análise de textos -Capacidade para identificar e analizar as características máis relevantes da cultura e das institucións AI9
AI10
AI11

Contidos
Temas Subtemas
1. Introducción
2. O traballo de investigación (tipos e aspectos)
3. A escritura do traballo
4. Obxectivos, metodoloxía, corpus, argumentación e estructura
5. Traballar con datos e fontes
6. O traballo con outros materiais
7. Requisitos lingüísticos
8. Manuais de estilo
9. Presentación e publicación dun traballo de investigación
10. Cuestións legais
11. Outras aplicacións da investigación literaria e cultural

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Traballos tutelados A9 A10 A11 2 18 20
Presentación oral B10 B11 B12 B13 B14 B15 5 0 5
Seminario B10 B11 B13 B14 B15 10 40 50
 
Atención personalizada 0 0
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Traballos tutelados Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes, baixo a tutela do profesor e en escenarios variados (académicos e profesionais).

Os proxectos supervisados incluirán, entre outros, traballo online.
Presentación oral Intervención inherente aos procesos de ensino-aprendizaxe baseada na exposición verbal a través da que o alumnado expón traballos.

A presentación oral será un dos exercicios prácticos realizados polos/polas estudantes.
Seminario Técnica de traballo en grupo que ten como finalidade o estudo intensivo dun tema ou dunha lectura. Caracterízase pola discusión, a participación, a elaboración de documentos e as conclusións ás que teñen que chegar todos os compoñentes do seminario.

Haberá sesións teóricas e prácticas, como tamén debates de clase.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Descrición
Estou a disposición do estudantado no meu gabinete nas horas de titoría, como tamén a través do teléfono e o correo electrónico.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Presentación oral B10 B11 B12 B13 B14 B15 -Preparación dunha presentación oral 20
Seminario B10 B11 B13 B14 B15 -Participación na clase, durante as sesións presenciais e a través doutros medios (e-mail, fórums de debate, plataforma virtual) 30
Traballos tutelados A9 A10 A11 As actividades poden incluír:
-Resumos críticos e/ou recensións das lecturas obrigatorias.
-Escribir un resumo (obxectivos de investigación, enfoque, método, datos, resultados esperados) xunto coas súas palabras crave.
-Escribir un ensaio de investigación

50
 
Observacións avaliación

-Para aprobar esta materia, hai que sacar polo menos un 5 (sobre 10) EN CADA UNHA das actividades asignadas (i.e. traballos, presentación, etc.) e polo menos un 5 (sobre 10) na NOTA FINAL.

-Dado que o máster
contempla a aprendizaxe tanto presencial como a distancia, os/as estudantes
deben asistir ás sesións na aula de clases, a menos que solicitasen e obtivesen
a exención oficial da devandita asistencia. Neste caso, a avaliación realizarase
da seguinte maneira: participación a través de canles como correo electrónico, foros
de discusión, plataforma virtual, etc. (10%); exame oral ou escrito (20%);
outras formas de traballo escrito (50%); e presentación oral, xa sexa en vivo ou
gravada (20%). Estas normas son extensibles ao alumnado que, por causas debidamente xustificadas, non puidese acceder ao método de avaliación continua especificado arriba.

-Quen
non leve a cabo o traballo tutelado, ou non teña realizado traballo igual ou
superior ao 50% do resto das categorías de avaliación, acadará a cualificación
de Non Presentado.

-Quen non aprobe na primeira oportunidade terá á posibilidade da oportunidade
de xullo, na que cada estudante terá que demostrar ter acadadas as
competencias da materia mediante dous tipos de avaliación: un traballo tutelado
do mesmo valor porcentual e natureza que na primeira oportunidade, máis os exercicios
convidos que poidan suplir o resto das actividades.

-Como di a guía común, as competencias totais a adquirir nesta materia son: CB6, CB7, CB9, 
G01, G02, G04, G05, G06, G08, G09, G10, E09, E10, E11. 

-Todos os traballos deberán ser entregados en tempo e forma para evitar así unha penalización do 25% sobre a nota obtida nos mesmos.

-O profesorado pode usar o servizo de detección do plaxio “Turnitin” para revisar o traballo do estudiantado. O plaxio en calquera actividade significará a cualificación de "cero" na mesma.

-Se a coordinadora considérao conveniente, poderá haber temas de auto-estudo por parte do alumnado (ex. para ampliar coñecementos). Estes materiais, que non serán obxecto de avaliación, serán provistos en Moodle.


Fontes de información
Bibliografía básica

(Bibliografía)

Altick, Richard D., and John Fenstermaker.The Art of Literary Research. W. W. Norton & Co., 1992.

Bourdieu, Pierre, et al. Academic Discourse: Linguistic Misunderstanding and Professional Power. Stanford University Press, 1994.

Canagarajah, A. Suresh. Critical Academic Writing and Multilingual Students. The University of Michigan Press, 2002.

The Chicago Manual of Style. 16th ed., The University of Chicago Press, 2010.

Da Sousa Correa, Delia and W. R. Owens, editors. The Handbook to Literary Research.Routledge, 2009.

Durham, Meenakshi Gigi and Douglas M. Kellner, editors. Media and Cultural Studies: Keyworks. Wiley-Blackwell, 2012.

Henry, D. J. and A. Dorling Kindersley. Writing for Life: Paragraph to Essay. Longman, 2007.

The Hodges Harbrace Handbook. Wadsworth, 2010.

Leitch, Vincent B. et al, editors. The Norton Anthology of Theory and Criticism. 2nd ed., W. W. Norton & Co., 2010.

MLA Handbook for Writers of Research Papers. 8th ed., Modern Language Association, 2016.

Soriano, Ramón. Cómo se escribe una tesis. Guía práctica para estudiantes e investigadores. Berenice, 2008.

Walker, Melissa. Writing Research Papers.A Norton Guide. W. W. Norton & Co., 1996. 

Wisker, Gina. The Postgraduate Research Handbook. 2nd ed., Palgrave Macmillan, 2007.

 

(Webs: URLs)

Modern Language Association: http://www.mla.org/

The Norton Introduction to Literature: http://wwnorton.com/college/english/litweb10/writing/

Purdue Online Writing Lab (OWL): http://owl.english.purdue.edu/

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías