Datos Identificativos 2019/20
Asignatura (*) Manifestacións artísticas e literarias dos países de fala inglesa Código 613505118
Titulación
Mestrado Universitario en Estudos Ingleses Avanzados e as súas Aplicacións (2019)
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 2º cuadrimestre
Primeiro Optativa 3
Idioma
Inglés
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Filoloxía Inglesa
Letras
Coordinación
Cabarcos Traseira, Maria Jesus
Correo electrónico
maria.jesus.cabarcos@udc.es
Profesorado
Cabarcos Traseira, Maria Jesus
Correo electrónico
maria.jesus.cabarcos@udc.es
Web http://www.imaes.eu/?page_id=31
Descrición xeral Estudo das interaccións entre a literatura en lingua inglesa e outras manifestacións
artísticas no contexto anglófono, como pintura, teatro, televisión, cine, etc. Análise das
diferencias e similitudes temáticas e estéticas; estudo das particularidades, posibilidades e
límites das linguaxes empregadas; exemplos de incorporación de aspectos dunha disciplina
artística noutra diferente, contextualizados no caso dos países de fala inglesa.
A materia fai especial fincapé na aplicabilidade dos contidos en ámbitos profesionais
como a crítica cultural, ou a xestión de contidos culturais, para o que se proporcionará ao alumnado un vocabulario crítico axeitado e se lle ensinará a comentar e a escribir reseñas sobre manifestacións artísticas.

Competencias do título
Código Competencias do título
A10 E10. Capacidade de utilizar as técnicas empregadas para a análise de textos artísticos e culturais no ámbito anglófono
A12 E12. Capacidade para comprender diferentes achegas teóricas e críticas así como a súa aplicación á análise de textos literarios e culturais no ámbito anglófono.
A13 E13. Coñecemento das relacións entre as principais manifestacións artísticas e literarias no ámbito anglófono.
B1 CB6. Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, adoito nun contexto de investigación.
B3 CB8. Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e se enfrontar á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
B4 CB9. Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións, e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan, a públicos especializados e non especializados dun xeito claro e sen ambigüidades.
B5 CB10. Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun xeito que terá que ser, en grande medida, autodirixido e autónomo.
B6 CX1. Capacidade de afondar naqueles conceptos, principios, teorías ou modelos relacionados cos distintos campos dos Estudos Ingleses, así como de coñecer a metodoloxía necesaria para a resolución de problemas propios de devandita área de estudo
B7 CX2. Capacidade para aplicar os coñecementos adquiridos na contorna multidisciplinar e multifacética dos Estudos Ingleses
B8 CX3. Capacidade para utilizar de forma eficiente as novas tecnoloxías da información e da comunicación no ámbito dos Estudos Ingleses.
B9 CX4. Capacidade para presentar en público experiencias, ideas ou informes, así como emitir xuízos en función de criterios, de normas externas ou de reflexións persoais para o que será necesario alcanzar un dominio suficiente da linguaxe académica e científica tanto na súa vertente escrita como oral.
B10 CX5. Habilidad para investigar e manexar novos coñecementos e información no contexto dos Estudos Ingleses
B11 CX6. Capacidade para adquirir un espírito crítico que leve aos estudantes a considerar a pertinencia das investigacións existentes nas áreas de estudo que conforman os Estudos Ingleses, así como das súas propias.
B12 CX7. Habilidades de consolidación e desenvolvemento da competencia lingüística (nivel C2) no uso falado e escrito da lingua inglesa.
B13 CX8. Autonomía progresiva na aprendizaxe, procuras propias de recursos e información, accedendo para iso a fontes bibliográficas e documentais sobre os distintos ámbitos que conforman os Estudos Ingleses.
B14 CX9. Capacidade para realizar traballos de investigación de carácter académico nos distintos ámbitos dos Estudos Ingleses
B15 CX10. Capacidade para presentar e defender un traballo de investigación utilizando a terminoloxía e os recursos adecuados e apropiados dentro do campo obxecto de estudo.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Ser capaz de relacionar a literatura con outros textos artísticos e co contexto social, económico, cultural e político no que foron escritas (as obras literarias) / producidas (as visuais). AI12
AI13
BI5
BI7
BI10
BI12
BI13
BI14
Ser capaz de ler críticamente os textos narrativos, dramáticos e artísticos e de organizar e presentar as leituras dos textos tanto de xeito oral como escrito. AI10
AI12
AI13
BI1
BI3
BI4
BI5
BI6
BI7
BI8
BI9
BI10
BI11
BI12
BI13
BI14
BI15

Contidos
Temas Subtemas
Écfrase: a representación verbal da representación visual. - A (im)posibilidade da écfrase;
- Dende os exemplos clásicos gregos ás reconceptualizacións románticas e ás inspiracións contemporáneas.

Selección de visionados / lecturas dende Homero ata Keats e @s autor@s do s. XXI.
Interrogando a écfrase: quen mira? cal é o obxecto da mirada? - Écfrase e poscolonialismo.
- Écfrase e estudios de xénero.
- Écfrase e ecocrítica.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Obradoiro A13 A12 B4 B6 B9 B11 B12 14 35 49
Prácticas a través de TIC B3 B5 B6 B8 B10 B12 B13 0 7 7
Traballos tutelados A10 A12 A13 B1 B3 B4 B5 B6 B7 B9 B10 B11 B12 B13 B14 B15 0 18 18
 
Atención personalizada 1 0 1
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Obradoiro As horas de clase adicaranse á presentación inicial de contidos e, principalmente, á análise en grupo e ao debate sobre as lecturas e visionados previamente asignados.
Prácticas a través de TIC Cada estudante deberá responsabilizarse de traballar todo o material asignado e disponible na plataforma virtual Moodle e estar preparadx para o debate e discusión en clase.
Traballos tutelados Cada estudante deberá completar un traballo final que poderá consistir nun exercicio de análise crítica ou nunha crítica de campo.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Descrición
A profesora está ao dispor de cada estudante para supervisar o seu traballo durante todo o curso.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A10 A12 A13 B1 B3 B4 B5 B6 B7 B9 B10 B11 B12 B13 B14 B15
Hai dúas opcións diferentes para este proxecto final individual:

1. Escribir unha reseña / crítica sobre o campo / xénero / ferramenta analítica da écfrase.

2. Escribir unha comunicación para un congreso sobre a conexión ekfrástica entre, por exemplo, unha novela e un cadro, ou usando a écfrase como ferramenta para unha lectura crítica dun texto determinado.

En calquera caso, o traballo debería ser de 8 a 10 páxinas, a espazo dobre, con fonte Times New Roman 12 e adherirse ao estilo de citación MLA.

Entregarase na data oficial asignada para o exame final.

50
Obradoiro A13 A12 B4 B6 B9 B11 B12 Teranse en conta a participación activa e as aportacións a cada discusión de clase, debate ou actividade. Polo tanto, a preparación do material asignado antes da clase é esencial.

Tamén se lle pedirá ao alumnado que dirixa na clase a discusión sobre textos literarios e visuais previamente seleccionados, así como que realicen unha presentación sobre artigos críticos. As datas de estas dúas actividades decidirase co alumnado ao arrancar esta materia.
50
 
Observacións avaliación
<div><ul>
  • Aquel(a) estudiante que non leve a cabo o
    traballo tutelado ou non teña realizado traballo igual ou superior ao 50% do
    resto das categorías de avaliación acadará a cualificación de NP (<b>"Non Presentado"</b>).
  • </ul><ul>
  • A <b>oportunidade de avaliación en xullo</b> constará de dous apartados:&nbsp;
  • </ul></div><blockquote><div>1) o traballo tutelado (co mesmo deseño e aplicándose idénticos criterios que na primeira oportunidade) e que computará o 50% da nota;&nbsp;</div><div>2) as actividades sustitutivas do traballo de clase que computarán o 50% restante da nota. Dependendo da parte que teña que "recuperar" cada estudiante, daranse indicacións sobre temas e tipos de actividades. Un/ha estudiante que deba entregar en xullo traballo equivalente a todo este apartado (é dicir, 50% da súa nota) deberá completar un traballo de recensión e unha análise literaria.</div></blockquote><blockquote>Deberanse entregar ambas compoñentes, á máis tardar, antes das 14 horas da data oficial do exame final da materia.&nbsp;</blockquote><div><ul>
  • Dado
    o carácter semi-presencial do título, a asistencia é obrigatoria, salvo
    <b>dispensa </b>solicitada en tempo e forma e concedida pola Comisión Académica
    Universitaria do título, e sempre respetando as normativas de asistencia a
    clase das tres universidades participantes no título, así como os sistemas de
    avaliación que figuran expresamente nas guías docentes das diferentes materias,
    e sen prexuízo das consecuencias que poida ter para a súa avaliación final a
    ausencia a determinadas sesións presenciais.

    Quen teña concedida a dispensa académica, e como establece a Normativa
    de permanencia da universidade, será avaliad@ seguindo os criterios aplicables á
    convocatoria de xullo. &nbsp;
  • </ul><ul>
  • Os alumnos que se presentan á <b>convocatoria adiantada de decembro</b> avaliaranse segundo as normas especificadas para a oportunidade de xullo.
  • </ul><ul>
  • O <b>plaxio </b>en calquera actividade significará a cualificación de "cero" nesta actividade.&nbsp;O profesorado poderá usar o servizo de detección do plaxio “Turnitin” para revisar o traballo do alumnado.
  • </ul><ul>
  • Todos os traballos e actividades deberán ser entregados en tempo e forma para así evitar unha penalización do 25% sobre a nota obtida nos mesmos.
  • </ul></div>

    Fontes de información
    Bibliografía básica

    Fraser, Hilary.&nbsp;Women Writing Art History in the Nineteenth Century: Looking Like a Woman. Cambridge: Cambridge University Press, 2014.

    Giddings, Robert, Keith Selby and Chris Wensley.&nbsp;Screening the Novel: The Theory and Practice of Literary Dramatization. London: MacMillan, 1990.

    Gronlund, Melissa. “A Short History of Ekphrasis and its Demanding Audience,” in Rike Frank (ed.),&nbsp;Sketches of Universal History Compiled from Several Authors by Sarah Pierce, Book Works&nbsp;(2013): 31-38. https://www.academia.edu/34879546/Sketches_of_Universal_History_Compiled_from_Several_Authors_by_Sarah_Pierce&nbsp;

    Heffernan, James A. W. "Ekphrasis and Representation."&nbsp;New Literary History, 22.2 (1991): 297-316.

    Heffernan, James A. W.&nbsp;Museum of Words: The Poetics of Ekphrasis from Homer to Ashbery.&nbsp;Chicago: The University of Chicago Press, 1993.

    Messenger, Cynthia. “'But How Do You Write a Chagall?’: Ekphrasis and the Brazilian Poetry of P.K. Page and Elizabeth Bishop.”&nbsp;Canadian Literature: A Quarterly of Criticism and Review, Vol. 142/143 (Fall/Winter 1994): 102-117.&nbsp;https://canlit.ca/article/but-how-do-you-write-a-chagall/

    Mitchell, W.J.T. "Ekphrasis and the Other."&nbsp;Picture Theory. Chicago: University of Chicago Press, 1994, pp. 151–181. https://romantic-circles.org/editions/shelley/medusa/mitchell.html


    Bibliografía complementaria

    Cahir, Linda Costanzo.&nbsp;Literature into Film: Theory and Practical Approaches. Jefferson, N.C.: McFarland &amp;Co. 2006.

    Cartmell, Deborah &amp; Imelda Whelehan (eds).&nbsp;The Cambridge Companion to Literature on&nbsp;Screen.&nbsp;Cambridge: Cambridge University Press, 2007.

    McFarlane, Brian.&nbsp;Novel to Film: An Introduction to the Theory of Adaptation. Oxford: Clarendon Press, 1996.

    Sanders, Julie.&nbsp;Adaptation and Appropriation.&nbsp;New York: Routledge, 2005.


    Recomendacións
    Materias que se recomenda ter cursado previamente

    Materias que se recomenda cursar simultaneamente

    Materias que continúan o temario

    Observacións


    (*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías