Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Métodos e Técnicas para a Elaboración e Presentación de Traballos de Investigación Código 613584104
Titulación
Mestrado Universitario en Literatura, Cultura e Diversidade (plan 2016)
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 1º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 3
Idioma
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Letras
Coordinación
Eirin García, Leticia
Correo electrónico
leticia.eirin@udc.es
Profesorado
Eirin García, Leticia
Correo electrónico
leticia.eirin@udc.es
Web
Descrición xeral Metodoloxía e técnicas para a elaboración e presentación de traballos científicos, patróns formais para a presentación de traballos por escrito e a súa defensa oral, uso de distintos métodos de referencias bibliográficas e recursos dispoñibles para os/as investigadores/as.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos:
Non hai.

2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen:
Traballos tutelados.

*Metodoloxías docentes que se modifican:
Obradoiro, seminario e presentación oral. O desenvolvemento dos dous primeiros será a través de Moodle e Teams, ben a través de presentacións e lecturas asociadas no primeiro caso, ou ben por medio de sesións síncronas ou asíncronas no caso da plataforma Teams.
A presentación oral do traballo tutelado será realizada a través de Teams.

3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado:
Atención a través do correo electrónico, dos foros creados a tal efecto en Moodle e videotitorización a través de Teams.

4. Modificacións na avaliación:
Mantéñense as actividades e porcentaxes de avaliación, se ben que os comentarios e discusións derivados do Obradoiro e Seminario serán realizados a través de Moodle e/ou Teams, así como tamén a Presentación Oral do Traballo Tutelado, que será previamente entregado por escrito a través de Moodle.

*Observacións de avaliación:
Non hai.

5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía:
Non hai modificacións na bibliografía, aínda que en caso necesario serán fornecidos materiais en formato pdf ou webs específicas para o acompañamento das sesións non presenciais.

Competencias do título
Código Competencias do título
A2 Ampliar o concepto de literatura, a través da súa relación coas TICS, os medios de comunicación, o cine, as artes, no marco da diversidade cultural
A4 Aplicar as técnicas de análise cultural en contextos diversos
A5 Adquirir as habilidades necesarias para analizar e investigar os mecanismos dos procesos de comunicación
A6 Coñecer e valorar a diversidade cultural, con especial atención aos ámbitos hispánico e galego-portugués
A7 Coñecer as principais correntes teóricas que integraron e integran a reflexión sobre a literatura e a cultura, así como os seus antecedentes
A8 Comprender os procesos históricos dos estudos literarios e culturais e os seus cambios de paradigma
A9 Aplicar as técnicas de análise cultural respetando os fundamentos ideolóxicos presentes en contextos diversos
A12 Ser capaz de desenvolver un enfoque orixinal e creativo na investigación avanzada no ámbito dos estudos literarios e culturais
A14 Adquirir a capacidade de xestionar ferramentas e recursos de investigación aplicados no ámbito dos estudos literarios e culturais
B2 Falar ben en público
B3 Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro
B4 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións(TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da vida
B6 Valorar críticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñibles para resolver problemas cos que deben enfrontarse
B7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe
B8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade
B10 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma
B11 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras
B12 Posuír e comprender coñecementos que aporten unha base e oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación
B13 Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en entornos novos ou pouco coñecidos. dentro de contextos mais amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo
B14 Que os estudiantes sexan capaces de integrar coñecementos que aporten unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación
C1 Adquirir capacidade de organizar o traballo, planificar e xestionar o tempo e resolver problemas de forma efectiva
C2 Traballar de maneira interdisciplinar en entornos diversos
C3 Demostrar un compromiso ético coas desigualdades
C5 Integrar coñecementos de campos de estudos diversos
C6 Aplicar coñecementos e habilidades na resolución de problemas en entornos novos o non familiares en contextos interdisciplinares
C7 Desenvolver habilidades cognitivas avanzadas (capacidade de síntesise, análise e pensamento crítico) relacionadas co desenvolvemento e a creación dun perfil investigador
C8 Adquirir a capacidade de concebir e deseñar proxectos de investigación con rigor académico
C9 Desenvolver habilidades de xestión da información para propósitos académicos e de investigación

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Ter capacidade de análise, valorar e exercer o coñecemento desde un punto de vista crítico. AM5
AM6
AM7
AM9
BP3
BP4
BP5
CM3
CM5
Coñecer e aplicar os métodos e as técnicas para a investigación en humanidades. AM2
AM4
AM5
AM6
AM7
AM8
AM9
AI3
BP1
BP5
BP8
BI1
CM1
CM2
CM5
CM6
CI2
CI3
Elaborar textos escritos académicos de diversa tipoloxía. AI1
BP1
BP5
BP7
BI2
CM1
CM5
CI1
Ser capaz de realizar unha presentación oral sobre un asunto literario e/ou cultural concreto. AM5
AM6
BM2
BM3
BP7
BI2
BI3
CI1

Contidos
Temas Subtemas
1. Aspectos introdutorios Nocións preliminares
2. Tipos de traballos de investigación Traballo fin de mestrado, relatorio, tese, artigo, edición crítica, monografía etc.
3. Organización do traballo de investigación - Escolla do tema
- Hipótese(s) previas
- Obxectivos
- Escolla do título
- Metodoloxías
- Corpus
- Conclusións
4. Obtención e clasificación da información - Selección de fontes (documentais, bibliográficas etc.)
- Recursos de información
- Aproximación ás bases de datos
5. Aspectos formais - Estruturación do traballo
- A redacción
- Resumos e palabras chave
- Normas internacionais de citacións bibliográficas
- Citacións e notas (funcións e sistemas)
- Criterios gráficos
- Tipografías
- Índice(s)
6. Presentación dos traballos - Ferramentas para a expresión oral
- Preparación da exposición
- O acto de defensa de traballos de investigación

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Obradoiro A2 A5 A6 A7 A8 A9 B13 B4 B6 B7 B14 B8 B12 B3 C1 C7 C5 C6 C8 10 30 40
Seminario A2 A5 A6 A7 A8 A9 B13 B4 B6 B7 B14 B8 B12 B3 C1 C7 C5 C6 C8 5 10 15
Traballos tutelados A4 A14 A9 A12 B13 B4 B14 B3 B11 C1 C2 C3 C7 C5 C6 C8 C9 0 15 15
Presentación oral B2 B10 B3 1 3 4
 
Atención personalizada 1 0 1
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Obradoiro Nestas sesións o conxunto do alumnado realizará actividades de diferente tipoloxía destinadas á consolidación dos contidos da materia.
Contémplanse, entre outras, a análise de fontes documentais, a resolución de problemas ou o emprego das TIC.
Seminario Nas sesións dedicadas ao seminario desenvolverase o traballo en grupo, centrado principalmente na análise e discusión a partir de lecturas e/ou materiais que serán marcados e facilitados pola profesora.
Traballos tutelados Consistirá na realización dun breve ensaio, cuxo tema e metodoloxía deberá ser previamente acordado coa profesora.
Presentación oral Exposición oral, na aula, do traballo tutelado.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Presentación oral
Descrición
A profesora orientará aos e ás estudantes, ofrecéndolles a axuda necesaria para a realización dos traballos e das presentacións orais, especialmente en cuestións como a escolla do tema, a metodoloxía ou a selección das fontes de información.
A orientación realizarase de forma individualizada e persoalmente, aínda que tamén poderán ser facilitadas inidicacións escritas.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A4 A14 A9 A12 B13 B4 B14 B3 B11 C1 C2 C3 C7 C5 C6 C8 C9 Avaliación do ensaio breve que cada alumno/a realizará, cuxo tema e metodoloxía deberá ser previamente acordado coa profesora. 60
Seminario A2 A5 A6 A7 A8 A9 B13 B4 B6 B7 B14 B8 B12 B3 C1 C7 C5 C6 C8 Traballo en grupo, centrado principalmente na análise e discusión a partir de lecturas e/ou materiais que serán marcados e facilitados pola profesora. O alumnado deberá participar activamente nestas sesións. 5
Presentación oral B2 B10 B3 Avaliación da presentación oral do traballo tutelado. 25
Obradoiro A2 A5 A6 A7 A8 A9 B13 B4 B6 B7 B14 B8 B12 B3 C1 C7 C5 C6 C8 Avaliación das actividades de diferente tipoloxía referidas na metodoloxía. 10
 
Observacións avaliación

Para superar a materia, o alumnado deberá conseguir unha cualificación igual ou superior a 5 puntos sobre 10. 

O alumnado terá que entregar os traballos e actividades solicitados no prazo fixado. 

Todas as actividades e probas deberán cumprir unhas esixencias mínimas de corrección lingüística (ortografía, puntuación, concordancia, ausencia de reiteracións, precisión léxica, rexistro formal etc.); no caso de deficiencias lingüístico-expresivas, estas poderán ser penalizadas na cualificación.

Os traballos presentados polo alumnado poderán ser incorporados ao Turnitin, ferramenta para a detección do plaxio así como de traballos previamente presentados nesta ou noutras universidades, incluso polo/a mesmo/a alumno/a. En caso de que se produza algunha destas circunstancias, poderán ser aplicadas as medidas contempladas nas "Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario da Universidade da Coruña" (artigo 14.4).

As persoas que obtiveren dispensa académica deberán pórse en contacto coa profesora, e terán condicións especiais de avaliación: traballo tutelado (70%), presentación oral (30%).

A cualificación de NON PRESENTADO/A será considerada cando o/a alumno/a non realizar o traballo tutelado e/ou cando tiver entregado un número das actividades contempladas inferior ao 50%.

As persoas que non superaren a materia deberán entregar, na data marcada pola Facultade de Filoloxía para a segunda oportunidade, o traballo tutelado (70%) e realizar unha breve exposición oral do mesmo (30%). Este sistema de avaliación será o aplicado tamén na convocatoria adiantada de decembro.


Fontes de información
Bibliografía básica Alcina Franch, José (1994). Aprender a investigar: métodos y trabajo para la redacción de tesis doctorales (Humanidades y Ciencias Sociales). Madrid: Compañía Literaria
Soriano, Ramón (2008). Cómo se escribe una tesis. Guía práctica para estudiantes e investigadores. Córdoba: Berenice
Eco, Umberto (2001). Cómo se hace una tesis: técnicas y procedimientos de estudio, investigación y escritura. Barcelona: Gedisa
Phillips, Estelle M. & Pugh, Derek S. (2005). La tesis doctoral. Cómo escribirla y defenderla. Un manual para estudiantes y sus directores. Barcelona: Bresca
López Yepes, José et al. (2005). Las tesis doctorales. Producción, evaluación y defensa. Madrid: Fragua
Pantoja Vallejo, Antonio (coord.) (2009). Manual básico para la realización de tesinas, tesis y trabajos de investigación. Madrid: EOS Universitaria
Dias, Maria Olívia (2008). Manual de sugestões para estudantes: estudar e fazer trabalhos académicos com método . Viseu: Psicosoma
Montolío, Estrella (coord.) (2009). Manual práctico de escritura académica. Barcelona: Ariel
Fernandes, António José (2002). Métodos e Regras para Elaboração de Trabalhos Académicos e Científicos. Porto: Porto Editora
Estrela, Edite (coord.) (2009). Saber Escrever uma Tese e Outros Textos. Lisboa: Dom Quixote
Briz, Antonio (coord.) (2008). Saber hablar. Madrid: Aguilar
Sierra Bravo, Restituto (1994). Tesis doctorales y trabajos de investigación científica. Madrid: Paraninfo

Proporcionaranse outros recursos bibliográficos específicos e en liña para os temas tratados nesta materia a través da plataforma Moodle.

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Recursos para a investigación da literatura/613484007

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías