Datos Identificativos 2017/18
Asignatura (*) Estudos do Libro e Edición Código 613584105
Titulación
Mestrado Universitario en Literatura, Cultura e Diversidade (plan 2016)
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 1º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 3
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Letras
Coordinación
Tato Garcia, Cleofe
Correo electrónico
cleofe.tato@udc.es
Profesorado
Tato Garcia, Cleofe
Correo electrónico
cleofe.tato@udc.es
Web
Descrición xeral Historia do libro: estudo da transmisión textual manuscrita, impresa e dixital. Teoría e práctica de edición de texto: estudo de métodos e fases da edición textual.

Competencias do título
Código Competencias do título
A5 Adquirir as habilidades necesarias para analizar e investigar os mecanismos dos procesos de comunicación
A7 Coñecer as principais correntes teóricas que integraron e integran a reflexión sobre a literatura e a cultura, así como os seus antecedentes
A8 Comprender os procesos históricos dos estudos literarios e culturais e os seus cambios de paradigma
A9 Aplicar as técnicas de análise cultural respetando os fundamentos ideolóxicos presentes en contextos diversos
A14 Adquirir a capacidade de xestionar ferramentas e recursos de investigación aplicados no ámbito dos estudos literarios e culturais
B4 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións(TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da vida
B5 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común
B6 Valorar críticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñibles para resolver problemas cos que deben enfrontarse
B7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe
B10 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma
C1 Adquirir capacidade de organizar o traballo, planificar e xestionar o tempo e resolver problemas de forma efectiva
C2 Traballar de maneira interdisciplinar en entornos diversos
C3 Demostrar un compromiso ético coas desigualdades
C5 Integrar coñecementos de campos de estudos diversos
C6 Aplicar coñecementos e habilidades na resolución de problemas en entornos novos o non familiares en contextos interdisciplinares
C7 Desenvolver habilidades cognitivas avanzadas (capacidade de síntesise, análise e pensamento crítico) relacionadas co desenvolvemento e a creación dun perfil investigador
C8 Adquirir a capacidade de concebir e deseñar proxectos de investigación con rigor académico
C9 Desenvolver habilidades de xestión da información para propósitos académicos e de investigación

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecer a materialidade do libro ao longo da historia e ser quen de ofrecer unha breve descrición bibliográfica AM5
AM7
AM8
AI3
BP1
BP2
BP3
BP4
BP7
CM5
CM6
CI1
Coñecer os principais fundamentos da crítica textual e ser quen de aplicalos nos supostos que se seleccionen para seren estudiados AM5
AM7
BP7
CM1
CM2
CI3
Ser quen de producir textos escritos, debidamente elaborados e ordenados, nos que se apliquen os coñecementos adquiridos, se ofreza unha síntese, se contrapoñan pontos de vista ou teorías..., sempre cunha visión críica e reflexiva. AM5
AM7
AM9
AI3
BP1
BP2
BP3
BP4
BP7
CM1
CM2
CM3
CM5
CM6
CI1
CI2
CI3

Contidos
Temas Subtemas
Tema 1. A materialidade do libro 1.1. A transmisión textual manuscrita e impresa
1.2. Do libro medieval ao libro electrónico
Tema 2. A edición de textos 2.1. Introdución
2.2. Diferentes tipos de edición
2.3. Procesos na edición de textos
2.4. Os complementos (Introdución, aparato crítico, notas, material adicional)
Tema 3. Aplicacións bibliográficas 3.1. A descripción normalizada do manuscrito e o libro antigo

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Actividades iniciais B10 1 0 1
Sesión maxistral A7 A9 B6 B7 B10 C7 C5 C6 6.5 12 18.5
Obradoiro A5 A14 A7 A9 B4 B5 B6 B7 B10 C1 C2 C5 C8 C9 6.5 15 21.5
Eventos científicos e/ou divulgativos A8 A5 B5 B6 B7 B10 C1 C2 C3 C7 C5 C6 C9 0 13 13
Lecturas A7 B5 B6 B10 C1 C2 C7 C5 C9 0 11 11
Proba mixta A7 A8 A9 B10 B5 C1 C3 C7 C5 C6 C8 1 8 9
 
Atención personalizada 1 0 1
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais Proba inicial sobre os coñecementos previos relacionados coa materia, así como intereses, morivación... Preténdese obter información para artellar unha docencia que favoreza a aprendizaxe significativa.
Sesión maxistral Nas sesións expositivas o ritmo da clase recaerá fundamentalmente na profesora, que tratará de familiarizar ao estudante coa crítica textual abordando de maneira sintética os aspectos e problemas que descoñece; a tal efecto, procurará ofrecer panorámicas xerais de carácter introductorio, que se completarán con bibliografía. Para que o alumnado se implique nestas sesións, buscarase a súa intervención (preguntas-respostas, interpelacións...).
Obradoiro Combinación de diversas metodoloxías e probas (practicas guiadas, solución de problemas, estudo de casos, debates, discusións dirixidas, probas de completar, etc.) a través das que o alumnado desenvolve tarefas aplicando os coñecementos adquiridos sobre distintos aspectos do programa, sempre co apoio e supervisión da profesora. Nalgún caso, pode solicitarse que cumplimente algún exercicio ou tarefa na casa para traballalo posteriormente na aula. Unha ou máis desas tarefas poderá(n) ser collidas pola profesora para a avaliación.
Eventos científicos e/ou divulgativos Aproveitaranse os recursos e medios dispoñibles. Así, os alumnos visitarán o Arquivo do Reino de Galicia co obxecto de achegalos de modo directo e práctico á materialidade do libro e ao sistema de catalogación e arquivo. Alén diso, aproveitarase tamén algunha das conferencias sobre edición de textos e crítica textual das que se planifiquen para o curso 2017-2018 no Grupo de Investigación Hispania.
Lecturas Ademais das lecturas que a profesora indique para asimilar ou completar información das sesións maxistrais, poderá marcarse algunha lectura máis, que o estudante levará a cabo fóra da aula, para participar nas actividades do obradoiro (resumo, esquema, debate...).
Proba mixta Ao final do curso, na data fixada pola Facultade, o alumno realizará unha proba dedicada a verificar a adquisición das competencias da materia, para o cal se lle plantexarán preguntas e exercicios de diverso tipo. Se requerirá, ademáis, que alcance un nivel de expresión acorde co dun posgrao universitario.

Atención personalizada
Metodoloxías
Lecturas
Obradoiro
Proba mixta
Descrición
O alumno poderá, sempre que sexa preciso, requerir a atención personalizada da profesora, tanto para resolver dúbidas xurdidas na preparación da proba mixta, como nas sesións dedicadas ao obradoiro ou nas lecturas, mais nunca pode suplir as explicacións que non ten seguido por se ausentar da aula inxustificadamente.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Obradoiro A5 A14 A7 A9 B4 B5 B6 B7 B10 C1 C2 C5 C8 C9
Realizaranse diversos obradoiros na aula e valorarase o traballo e a participación dos estudantes; a tal fin, os materiais elaborados nalgúns deles poderán ser obxecto de avaliación. Nalgún caso, o estudiante terá que ler previamente na casa algún texto ou elaborar algún traballo ou exercicio despois do obradoiro (tempo contemplado nas horas non presenciais).
25
Eventos científicos e/ou divulgativos A8 A5 B5 B6 B7 B10 C1 C2 C3 C7 C5 C6 C9 Está previsto que os estudantes asistan a un evento divulgativo e a outro científico. Programarase unha visita guiada ao Arquivo do Reino de Galicia, onde deberán seguir as explicacións que se lles faciliten co obxectivo de presentar por escrito un texto no que dean conta dos aspectos principais sobre os que se lle ten informado e, especialmente, daqueles que garden relación co tratado nas sesiós maxistrais e nos obradoiros. Como evento científico, en principio, asistirán a unha conferencia ou seminario a cargo dalgún experto que trate sobre algún tema ou asunto relacionado coa materia (será algunha das actividades planificadaas para o curso 2017-2018); igualmente deberán presentar un resumo da expoción no que demostren non só que asistiron ao seminario senon que foron quen de seguilo de maneira comprensiva.


50
Proba mixta A7 A8 A9 B10 B5 C1 C3 C7 C5 C6 C8 En cada unha das oportunidades (final de cuadrimestre e xullo), realizarase unha proba mixta na que, a través de preguntas e exercicios varios, o alumno demostrará que acadou os coñecementos e competencias previstas.
Será moi importante tamén que neste exercicio ofrezca unha expresión correcta.
25
 
Observacións avaliación

Só se aceptarán actividades e exercicios realizados e
entregados na data que se estableza, en soporte de papel e
seguindo as
normas que se precisen en cada caso. Non se poderá
aprobar a materia sen acadar unha calificación mínima en
cada un dos ámbitos contemplados na avaliación; se o estudiante prescinde dalgún dos
instrumentos da avaliación contará cun "Non Presentado". Na segunda oportunidade (xullo),
aplicarase o mesmo sistema de avaliación; no exame, que se celebrará na
data oficial fixada pola Facultade, complementariamente o
alumno dará conta, nese mesmo momento, das demáis actividades e
exercicios que tiver pendentes.

Dase por suposta a
asistencia ás aulas; aquel estudante que conte con dispensa de asistencia recoñecida debe
poñerse en contacto coa profesora ao inicio do curso para establecer o
mecanismo de seguimiento da súa aprendizaxe. Alén diso, se algún
alumno xustifica debidamente a imposibilidade de acudir ao evento
divulgativo ou
científico previstos, a profesora deseñará algunha outra proba ou
traballo coa que se poda subsanar esa parte da evaluación.

A
expresión do
estudante nas distintas probas, exercicios e actividades levadas a
cabo ha ser a que corresponde a unha titulación de posgrao (non só se
tomará en conta, xa que logo, a correción
ortográfica e gramatical). No caso de que a expresión dos
exercicios e traballos realizados fóra da aula non garden relación coa
das probas e exercicios que o estudiante realiza na aula baixo o
control da profesora, para avaliar a expresión tomaranse como
referencia os escritos que aquel ten elaborado sen axuda externa.


Fontes de información
Bibliografía básica (). .
MOLL, Jaime (1994). De la imprenta al lector. Estudios sobre el libro español de los siglos XVI al XVIII. Madrid: Arco Libros
PEDRAZA GRACIA, Manuel José (2003). El libro antiguo. Madrid: Síntesis
DÍAZ, José Simón (1983). El libro español antiguo: análisis de su estructura. Kassel: Reichenberger
LUCÍA MEGÍAS, José Manuel (2012). Elogio del texto digital. Madrid, Fórcola ediciones
BLECUA, Alberto (2012). Estudios de Crítica textual. Madrid, Gredos
ESCOLAR, Hipólito (1984). Historia del libro. Madrid, Fundación Germán Sánchez Ruipérez
FRADEJAS RUEDA, José Manuel (1981). Introducción a la edición de textos medievales castellanos. Madrid: UNED
MILLARES CARLOS, Agustín (1971). Introducción a la historia del libro y de las bibliotecas. México, FUE
PÉREZ PRIEGO, Miguel Ángel (2001). Introducción general a la edición del texto literario. MADRID: UNED
SÁNCHEZ-PRIETO BORJA, Pedro (2011). La edición de textos españoles medievales y clásicos: Criterios de presentación gráfica. San Millán de la Cogolla: Cilengua
BLECUA, Alberto (1983). Manual de crítica textual. Madrid: Castalia
MARTÍNEZ DE SOUSA, José (1987). Pequeña historia del libro. Barcelona: Labor
MOLL, Jaime (1979). Problemas bibliográficos del libro del siglo de Oro . Madrid: RAE
MONTANER FRUTOS, Alberto (1999). Prontuario de bibliografía. Gijón, Trea

Durante o curso proporcionarase máis bibliografía específica con cada tema. Ademáis, a profesora poderá seleccionar diversos textos cos que traballar nos obradoiros.

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Recursos para a Investigación da Literatura/613584106
Métodos e Técnicas para a Elaboración e Presentación de Traballos de Investigación/613584104

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

Entendese que o alumno dispón dunha competencia lingüística acorde ao nivel universitario dunha titulación de posgrao; de calqueira maneira, recoméndase a aqueles estudantes que teñan problemas na expresión (sexan ortográficas, sintácticas ou doutro tipo) que as subsanen.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías