Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Recursos para a Investigación da Literatura Código 613584106
Titulación
Mestrado Universitario en Literatura, Cultura e Diversidade (plan 2016)
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 1º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 3
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Letras
Coordinación
Vallin Blanco, Gema
Correo electrónico
g.vallin@udc.es
Profesorado
Vallin Blanco, Gema
Correo electrónico
g.vallin@udc.es
Web http://guiadocente.udc.es
Descrición xeral Ferramentas e fontes de información impresas e dixitaiss para a investigación dos estudos literarios e culturales, con especial atención ás tecnoloxías da información e da comunicación.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos
Non haberá cambios.

2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
Manteranse todas as metodoloxías, que serán adaptadas a modalidades de docencia telemática, de tipo síncrono (a través de Teams) e asíncrono (a través de Moodle).

*Metodoloxías docentes que se modifican
Ningunha

3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
Mecanismos de atención permanente: correo electrónico para a atención individual, foro xeral en Moodle sobre a organización da materia e foro específico en Moodle sobre as actividades avaliábeis.
Mecanismos de atención dispoñíbeis a petición do alumnado: Vídeo-titorías a través de Teams.

4. Modificacións na avaliación
Manteranse o mesmo sistema de avaliación, de acordo coa adaptación á modalidade non presencial das metodoloxías docentes.

*Observacións de avaliación: Mantéñense as recollidas na guía docente.

5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
A bibliografía de referencia non será modificada, aínda que serán facilitados materiais específicos (en formato PDF ou URL) a través da plataforma Moodle para o acompañamento das sesións non presenciais.

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Integrar os estudos literarios nun contexto cultural mais extenso que trascenda os límites dunha soa lingua e/ou nación, atendendo á diversidade cultural
A2 Ampliar o concepto de literatura, a través da súa relación coas TICS, os medios de comunicación, o cine, as artes, no marco da diversidade cultural
A3 Ser capaz de realizar aportacións creativas e orixinais no estudo comparatista dos textos literarios, dos productos artísticos e das realidades culturais
A4 Aplicar as técnicas de análise cultural en contextos diversos
A5 Adquirir as habilidades necesarias para analizar e investigar os mecanismos dos procesos de comunicación
A6 Coñecer e valorar a diversidade cultural, con especial atención aos ámbitos hispánico e galego-portugués
A7 Coñecer as principais correntes teóricas que integraron e integran a reflexión sobre a literatura e a cultura, así como os seus antecedentes
A8 Comprender os procesos históricos dos estudos literarios e culturais e os seus cambios de paradigma
A10 Analizar e interpretar textos, aplicando diferentes modelos teóricos e xenéricos
A12 Ser capaz de desenvolver un enfoque orixinal e creativo na investigación avanzada no ámbito dos estudos literarios e culturais
A13 Aplicar unha perspectiva comparatista de carácter transnacional e plurilingüístico aos estudos literarios, artísticos e culturais
A14 Adquirir a capacidade de xestionar ferramentas e recursos de investigación aplicados no ámbito dos estudos literarios e culturais
B1 Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades
B3 Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro
B4 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións(TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da vida
B6 Valorar críticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñibles para resolver problemas cos que deben enfrontarse
B7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe
B8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade
B9 Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser, en grande medida, autodirixido ou autónomo
B10 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma
C1 Adquirir capacidade de organizar o traballo, planificar e xestionar o tempo e resolver problemas de forma efectiva
C2 Traballar de maneira interdisciplinar en entornos diversos
C3 Demostrar un compromiso ético coas desigualdades
C4 Promover o entendemento intercultural desde a comprensión da diversidade
C5 Integrar coñecementos de campos de estudos diversos
C6 Aplicar coñecementos e habilidades na resolución de problemas en entornos novos o non familiares en contextos interdisciplinares
C7 Desenvolver habilidades cognitivas avanzadas (capacidade de síntesise, análise e pensamento crítico) relacionadas co desenvolvemento e a creación dun perfil investigador
C8 Adquirir a capacidade de concebir e deseñar proxectos de investigación con rigor académico
C9 Desenvolver habilidades de xestión da información para propósitos académicos e de investigación

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Comprender os procesos históricos dos estudos literarios e culturais e os seus cambios de paradigma. AM1
AM3
AM6
AM8
AI1
BM1
BM3
BP3
BP4
BP5
CM1
CM2
CM4
CM5
CM6
CI1
CI2
Desenvolver un enfoque orixinal e creativo na investigación avanzada no campo dos estudos literarios e culturais AM1
AM3
AM6
AM8
AI1
BM1
BM3
BP3
BP4
BP5
BP7
CM1
CM2
CM3
CM4
CM5
CM6
CI1
CI2
Saber interpretar textos aplicando diferentes modelos de tipo xenérico. AM2
AM3
AM4
AM5
AM7
AP1
BM1
BM3
BP3
BP4
BP5
CM1
CM2
CM3
CM4
CM5
CM6
CI1
CI2
CI3
Coñecer as técnicas do análise cultural tendo en conta os fundamentos ideolóxicos dos diferentes contextos ideolóxicos. AM2
AM3
AM4
AM5
AM7
AI3
BM1
BM3
BP3
BP4
BP5
CM1
CM2
CM3
CM4
CM5
CM6
CI1
CI2
Adquirir un concepto da literatura mediante a súa relación coas TICS e saber aplicar o mesmo a textos diferentes. AM2
AM3
AM4
AM5
AM7
AI2
BM1
BP1
BP3
BP5
BP6
CM1
CM2
CM5
CI2

Contidos
Temas Subtemas
1. Recursos para a investigación literaria 1.1. Nocións básicas.
1.2. As fontes.
1.3. Onde buscar as fontes.
2. Fontes convencionáis 2.1. Fontes xerais: historias da literatura, coleccións textuais, coleccións documentais, monografías, antoloxías, revistas especializadas.
2.2. A bibliografía: a tradicional, a específica, publicacións periódicas.
2.3. Repertorios bibliográficos: por autor, por materia, por lugar de conservación.
2.4. Libros de consulta: enciclopedias, diccionarios, repertorios, anuarios e almanaques.
3. Fontes electrónicas 3.1. As novas tecnoloxías e a investigación literaria
3.2. As bases de datos
3.3. Bibliotecas virtuais
3.4. Catálogos colectivos
3.5. Directorios e portais
3.6. Catálogos de bibliotecas en red
3.7. Revistas electrónicas
4. Outros recursos 4.1. Manuscritos
4.2. Edicións
4.3. Traduccións
4.4. Actas de Congresos
4.5. Homenaxes
4.6. Epistolarios
4.7. Obras misceláneas

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Prácticas a través de TIC A2 A4 A5 A14 A10 B4 B6 B7 B8 B9 B10 C1 C2 C4 C7 C5 C6 C9 2 15 17
Obradoiro A1 A2 A3 A4 A5 A6 A14 A10 A8 A12 B6 B7 B9 B3 C1 C7 C5 C6 C9 2 2 4
Sesión maxistral A13 A1 A2 A3 A5 A7 A10 C3 C7 C8 10 8 18
Análise de fontes documentais A5 A14 B6 B7 B9 C1 1 10 11
Traballos tutelados A2 A4 A10 B1 C7 C5 C6 C9 0 20 20
 
Atención personalizada 5 0 5
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Prácticas a través de TIC Prácticas dirixidas polo profesor que terán en conta as destrezas do alumno na busca de fontes electrónicas para o estudo da literatura.
Obradoiro Realización dunha exposición oral onde se valorará a competencia a capacidade do alumno para expor as súas inquietudes e dúbidas sobre a materia do programa.
Sesión maxistral Explicación por parte do profesor dos contidos do programa, que inclúe a formulación de preguntas por parte dos alumnos.
Análise de fontes documentais Estudo de textos e outras fontes que conduzan ao mellor coñecemento e dominio da materia do programa e a adquirir de forma máis eficaz as destrezas asociadas ao mesmo.
Traballos tutelados Proba de carácter teórico-práctico que avallará os coñecementos e destrezas adquiridos e que terá lugar ao final do curso.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Análise de fontes documentais
Prácticas a través de TIC
Obradoiro
Descrición
Estas metodoloxías comportan un seguimento particularizado do profesor, dentro e fóra da aula, segundo un calendario que se indicará ao principio do curso.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A2 A4 A10 B1 C7 C5 C6 C9 Realización dun traballo sobre o contido da materia. Valorarase a asistencia as titorías correspondentes. Tamén a corrección no contido e na expresión. 60
Prácticas a través de TIC A2 A4 A5 A14 A10 B4 B6 B7 B8 B9 B10 C1 C2 C4 C7 C5 C6 C9 Realización dunha proba práctica sobre os contidos da materia. 20
Obradoiro A1 A2 A3 A4 A5 A6 A14 A10 A8 A12 B6 B7 B9 B3 C1 C7 C5 C6 C9 Valorarase a participación e exposición oral no obradoiro sobre un dos contidos da materia. 20
 
Observacións avaliación

1. OBSERVACIÓNS XERAIS DE AVALIACIÓN

1.1. Para superar a materia, o alumnado deberá conseguir unha cualificación igual ou superior a 5 puntos no conxunto de actividades que compoñen a avaliación.

1.2. O alumnado terá que entregar os traballos e actividades no prazo fixado.

1.3. Todas as actividades deberán cumprir unhas exixencias mínimas de corrección lingüística (ortografía, puntuación, concordancia, ausencia de reiteracións, precisión léxica, rexistro formal...). As deficiencias lingüístico-expositivas serán penalizadas na cualificación.

2. AVALIACIÓN DA SEGUNDA OPORTUNIDADE (XULLO)

Na 2.ª oportunidade o alumnado será avaliado cos mesmos criterios que na oportunidade anterior, aínda que con certa variación sobre as porcentaxes xa que non se poderán ter en conta as actividades de carácter presencial (Obradoiro e participación en eventos científicos). Así, para superar a materia, terá que realizar unha "Proba mixta" para avaliar esa parte (40%) e presentar o "Traballo tutelado" (60%).

3. AVALIACIÓN DA OPORTUNIDADE ADIANTADA DE DECEMBRO 

Nesta oportunidade adiantada cada alumno/a será avaliado/a mediante unha "Proba mixta", que suporá o 100 % da cualificación final.

4. CUALIFICACIÓN DE NON PRESENTADO/A 

Considerarase como NON PRESENTADO/A o/a alumno/a que non entregue o traballo final obrigatorio ou non realice a proba escrita. 

5. ALUMNADO A TEMPO PARCIAL E CON DISPENSA ACADÉMICA

O alumnado matriculado a tempo parcial e con dispensa académica de exención de asistencia concedida deberá pórse en contacto co profesorado da materia no inicio do curso académico para planificar, en cada situación concreta, os axustes necesarios na avaliación no tocante ás actividades presenciais (que serán substituídas por outras non presenciais equivalentes). Así mesmo, aquel alumnado que xustifique a imposibilidade de asistir ás aulas debe tamén contactar co profesorado responsábel.

7. OUTRAS PRECISIÓNS

Todas as actividades ou probas deberán cumprir unhas exixencias mínimas de corrección lingüística (ortografía, puntuación, concordancia sintáctica, ausencia de reiteracións, precisión léxica, rexistro formal…); no caso de deficiencias lingüístico-expresivas, estas poderán ser penalizadas na cualificación. Os traballos presentados polo alumnado poderán ser incorporados ao Turnitin, ferramenta para a detección do plaxio así como de traballos previamente presentados nesta ou noutras universidades, incluso polo mesmo/a alumno/a. En caso de que se produza algunha destas circunstancias, poderán ser aplicadas as medidas contempladas nas Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario da Universidade da Coruña (artigo 14.4).

 


Fontes de información
Bibliografía básica Casas, M., Redondo, G, y Sánchez, S. (2013). Actas del Seminario Internacional sobre Bibliotecas digitales y Bases de datos especializadas en Literaturas Hispánicas (BIDESLITE)i. Madrid: Instituto Universitario Menéndez Pidal-Universidad Complutense de Madrid
Laplana, J. E. (2002). Aproximación al hispanismo en Internet. Boletín de la AIH, 9, pp. 183-191
Foucault, M. (1991). Archéologie du savoir. Paris: Gallimard
Simón Díaz, J. (1980). Bibliografía de la Literatura Española. Madrid: Gredos
Simón Díaz, J. (1950). Bibliografía de la Literatura Hispánica. 16 vols.. Madrid: CSIC
Reynolds, L. D. y Wilson, N. G. (1986). Copistas y filólogos. Madrid: Gredos
García-Carcedo, P. (ed.) (2011). Enseñanza virtual y presencia de las literaturas. Granada: Universidad de Granada
López Poza, S. y Pena Sueiro, N. (2014). Humanidades Digitales: desafíos, logros y perspectivas de futuro. Janus, anexo 1. A Coruña: SIELAE
Caenegem, R. C. van y Ganshof, F. L. (1997). Introduction aux sources de l´histoire medievale. Typologie, histoire de l´erudition medievale, grandes collections, sciences auxiliares, bibliographie. Belgique: Brepols
Agenjo, X y Hernández, F. (2009). La biblioteca virtual: función y planteamiento. Boletín de la ANABAD, 59, pp. 25-105
Goicochea, M. (ed.) (2010). La entrada en la filología hoy: escritura, informática, información. Madrid: Servicio de Publicaciones de la UCM
Rodríguez, J (ed.) (2012). Libros electrónicos y contenidos digitales en la sociedad del conocimiento. Madrid: Pirámide
Romera Castillo, J. et alii (1997). Literatura y multimedia. Madrid: Visor Libros
Dacos, M. y Mounier, P. (2010). L´édition électronique. Paris: Éditions La Découverte
Palau Dulcet, J. (1948-1985). Manual del libro hispano-americano. 28 vols y 4 de índices. Barcelona: Palau

Tamén se entregará aos alumnos unha bibliografía específica para cada un dos temas do programa.

Bibliografía complementaria Cohen, R. (2003). 500 Cantigas d´Amigo. Porto: Campo das Letras
Soriano, L. et alii (1988-2015). Boletín Bibliográfico de la Literatura Hispánica Medieval. AHLM
Bossuart, R. et alii (1964). Dictionnaire des lettres françaises. Le Moyen Age. Paris: Fayard
(). gallica.bnf.fr.
Soriano, L. et alii (2014). Humanitats a la xarxa: món medieval/ Humanities on the Web: the Medieval World. Bern: Peter Lang
(). Lexilogos.com. "Dictionnaire français": "ancien français".
Mölk, U. y Wolfzettel, F. (1972). Répertoire métrique de la poésie lyrique française des origenes à 1350. München: Wilhelm Fink Verlag München


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías