Datos Identificativos 2019/20
Asignatura (*) Literatura e Medios de Comunicación Código 613584109
Titulación
Mestrado Universitario en Literatura, Cultura e Diversidade (plan 2016)
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 1º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 3
Idioma
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Letras
Coordinación
Vizcaíno Fernandez, Carlos Caetano
Correo electrónico
carlos.vizcaino@udc.es
Profesorado
Vizcaíno Fernandez, Carlos Caetano
Correo electrónico
carlos.vizcaino@udc.es
Web
Descrición xeral O discurso literario e os medios de comunicación: imprensa, radio, televisión, internet.
Interseccións entre literatura e medios de comunicación.
Xéneros discursivos nos medios de comunicación.
A literatura na sociedade dixital

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Integrar os estudos literarios nun contexto cultural mais extenso que trascenda os límites dunha soa lingua e/ou nación, atendendo á diversidade cultural
A2 Ampliar o concepto de literatura, a través da súa relación coas TICS, os medios de comunicación, o cine, as artes, no marco da diversidade cultural
A3 Ser capaz de realizar aportacións creativas e orixinais no estudo comparatista dos textos literarios, dos productos artísticos e das realidades culturais
A4 Aplicar as técnicas de análise cultural en contextos diversos
A5 Adquirir as habilidades necesarias para analizar e investigar os mecanismos dos procesos de comunicación
A8 Comprender os procesos históricos dos estudos literarios e culturais e os seus cambios de paradigma
A9 Aplicar as técnicas de análise cultural respetando os fundamentos ideolóxicos presentes en contextos diversos
A12 Ser capaz de desenvolver un enfoque orixinal e creativo na investigación avanzada no ámbito dos estudos literarios e culturais
A14 Adquirir a capacidade de xestionar ferramentas e recursos de investigación aplicados no ámbito dos estudos literarios e culturais
B4 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións(TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da vida
B5 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común
B6 Valorar críticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñibles para resolver problemas cos que deben enfrontarse
B7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe
B8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade
B10 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma
C1 Adquirir capacidade de organizar o traballo, planificar e xestionar o tempo e resolver problemas de forma efectiva
C5 Integrar coñecementos de campos de estudos diversos
C6 Aplicar coñecementos e habilidades na resolución de problemas en entornos novos o non familiares en contextos interdisciplinares
C7 Desenvolver habilidades cognitivas avanzadas (capacidade de síntesise, análise e pensamento crítico) relacionadas co desenvolvemento e a creación dun perfil investigador
C9 Desenvolver habilidades de xestión da información para propósitos académicos e de investigación

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecer a tipoloxía de espazos reservados polos medios de comunicación ao campo literario e as relacións do poder mediático coa literatura, con especial atención ás sociedades con concorrencia de sistemas literarios. AM1
AM2
BP3
Coñecer e manexar as ferramentas de recusos de investigación deste campo, así como os principais focos de información e de reflexión teórica relativas aos estudos das relacións entre a literatura e os medios de comunicación e saber integrar as achegas dos principais grupos investigadores do ámbito académico AM2
AM4
AM8
AI3
BP5
CM5
CI1
Concibir e desenvolver un pequeno traballo individual de pesquisa, rigoroso e orixinal, en que se analise de maneira especializada ora as tensións centro-periferias do sistema literario que se producen nos "media", ora os novos modelos repertoriais que se someten a sanción desde os medios de comunicación alternativos. AM3
AM9
AI1
BP1
BP7
CM1
CI3
Traballar en pequenos grupos para seleccionar e comentar exemplos significativos de literatura hipertextual ou da relación das culturas minorizadas do noso contorno coa internet. AM2
AM5
BP1
CM6
Traballar de forma autónoma con iniciativa tendo en conta a importancia da aprendizaxe ao longo de toda a vida. BP2
BP4

Contidos
Temas Subtemas
1. Poder mediático e literatura 1.1. Espazos literarios nos medios de comunicación
1.2. Media e crítica literaria: a canonización nos medios
1.3. Heteronomía mediática do campo literario?
1.4. Os medios de comunicación en sociedades de concorrencia de sistemas literarios
2. Literatura e cibercultura 2.1. As culturas minorizadas e a rede: o caso da literatura
2.2. Materialidades e modelos repertoriais novos: tensións centro-periferias no sistema literario
2.3. Do texto ao hipertexto: estruturas narrativas postmedia
2.4. Transculturación e suprasistema literario: a república mundial das letras
2.5. Ciberliteratura: análise de exemplos

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Eventos científicos e/ou divulgativos A1 B7 B8 C5 0 4 4
Discusión dirixida A4 A9 B4 B5 B6 C7 8 14 22
Seminario A3 A14 A12 B10 C1 C6 C9 2 18 20
Sesión maxistral A5 A8 B7 C5 5 0 5
Lecturas A1 A2 A5 B7 C1 C9 0 22 22
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Eventos científicos e/ou divulgativos Acompañarase, presencialmente ou através de ferramentas de comunicación asíncrona, eventos científicos e divulgativos relacionados cos contidos da materia.
Discusión dirixida As sesións consistirán principalmente na realización de discusións dirixidas polo profesor en que o alumnado deberá participar activamente. Previamente, as/os estudantes deberán preparar as discusións coa lectura dos artigos especializados indicados.
Tamén se realizarán discusións dirixidas asíncronas, através do espazo de traballo colaborativo en liña.
Seminario O alumnado deberá preparar e presentar, en grupo, un punto dos contidos acordado coa orientación do docente. Procúrase o traballo en grupo, a xestión de información especializada e o traballo práctico sobre exemplos concretos.
Sesión maxistral Exposición de contidos teóricos e principais fontes de información por parte do docente.
Lecturas Será preciso realizar nos prazos determinados unha serie de lecturas básicas previas ás sesións, así como as necesarias para a elaboración dos traballos.

Atención personalizada
Metodoloxías
Discusión dirixida
Seminario
Descrición
Através destas metodoloxías avaliarase a evolución individual de cada alumno ou alumna, de maneira que en calquera momento se podan activar mecanismos compensatorios ou de consolidación de coñecementos ou destrezas.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Eventos científicos e/ou divulgativos A1 B7 B8 C5 A asistencia aos eventos programados será avaliada até ao 10% da cualificación final. 10
Discusión dirixida A4 A9 B4 B5 B6 C7 A participación activa e con argumentos madurecidos e criativos nas discusións dirixidas presenciais ou asíncronas representará o 40% da cualificación final. 40
Seminario A3 A14 A12 B10 C1 C6 C9 Avaliarase a capacidade de traballo en grupo, a competencia na procura e xestión de información actualizada, a organización das ideas e a exposición e discusión dos resultados. 50
 
Observacións avaliación

Non será posíbel a superación da materia sen a participación activa nas discusións dirixidas e no seminario. O alumnado que non realizar ambas as actividades recibirán a cualificación de NON PRESENTADA/O.

O alumnado de ensino semipresencial ou con dispensa académica deberá acompañar o curso através das ferramentas de comunicación asíncrona determinadas polo docente nos prazos específicos que se estabelecerán a tal efecto e que o profesor comunicará ao alumnado afectado no inicio do curso.
Na segunda oportunidade (xullo) o alumnado será avaliado cos mesmos criterios e coas mesmas porcentaxes que na oportunidade anterior. No caso de non ter realizado durante o cuadrimestre alguna das actividades avaliábes, abrirase un novo prazo para a súa presentación.

Os traballos académicos presentados polo alumnado da materia poderán ser incorporados á base de datos dunha ferramenta de detección de plaxio e/ou presentación do mesmo exercicio en varias materias. Caso se producir algunha destas circunstancias, o traballo ficará anulado e poderanse activar as medidas recollidas nas Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario da UDC.


Fontes de información
Bibliografía básica Cordal Fustes, X. (2002). "25 puntos sobre a actuación social da literatura galega", en A trabe de ouro 51, 85-94. .
Cochón Otero e Rábade Villar (2004). "A crítica no campo literario. Teorías críticas e identidades emerxentes", en Arturo Casas (coord.) Elementos de crítica literaria, 161-204. Vigo: Xerais
Garcia Diniz, L. A. (2005). "Cibercultura e literatura: hipertexto e as novas arquiteturas textuais", en Alea. Estudos neolatinos vol. 7 no. 2. Rio de Janeiro
Fernández Rodríguez, Carlos Jesús & Riie Heikkilä (2011). "El debate sobre el omnivorismo cultural. Una aproximación a nuevas tendencias en sociología del consumo", Revista Internacional de Sociología 69: 585-606.. DOI:10.3989/ris.2010.04.15
Poster, M. (2004). "La ciberdemocracia: Internet y la esfera pública", en Sánchez-Mesa (ed.) Literatura y cibercultura, 177-197.
Fernández Castillo, C. (2009). "La condición postmedia: nuevas posibilidades narrativas en la era digital", en Martínez Díaz e Navío Castellano (eds.) Literaturas de la (pos)modernidad, 163-178.. Madrid: Editorial Fragua
Martínez-Ezquerro, Aurora & Aitana Martos García (2019). "La lectura en los actuales contextos de Educación Social: claves desde la formación literaria", Journal of Research in Social Pedagogy.
Aarseth, E (2004). "La literatura ergódica", en Sánchez-Mesa (ed.) Literatura y cibercultura, 117-145. Madrid: Arco Libros
Pajares Tosca, S. (1997). "Las posibilidades de la narrativa hipertextual", Espéculo nº 6 .
Sapiro, Gisèle (2007). "Pour une approche sociologique des relations entre littérature et idéologie". Contextes, "L'idéologie en sociologie de la littérature (fev. 2007).
Gullón, G. (2008). "¿Es legítima la crítica literaria?", en Una venus mutilada. La crítica literaria en la España actual, 129-149. . Madrid: Biblioteca Nueva
Rodríguez Reyes, C. (2005). Hipertexto y literatura en Red. El relato digital, los escrilectores y la Cibercultura, Revista TEXTOS de la CiberSociedad, 7 .
Bauman, Zygmunt (2013). La cultura en el mundo de la modernidad líquida. México : Fondo de Cultura Económica
Werner, M. (1994). La place relative du champ littéraire dans les cultures nationales", en Espagne, Michel e Werner, Michael, eds., Philologiques III. Qu'est ce qu'une littérature nationale? Approches pour une théo. Paris: Éditions de la Maison de Sciences de l'Homme
Martel, F. (2014). Smart : Internet(s) : la investigación. Madrid: Taurus
Bibliografía complementaria

Aarseth, E. J. (1997). Cibertext. Perspectives on Ergodic Literature. Baltimore & London: The Johns Hopkins University Press
Abuín González, A. (2006). Escenarios del caos. Entre la hipertextualidad y la performance en la era electrónica. Valencia: Tirant lo Blanch
Aguirre Romero, J. M. (2005). "El fluído literario. Internet y la literatura", en Espéculo. Revista de estudios literarios. Universidad Complutense de Madrid nº. 51 (accesíbel en http://www.ucm.es/info/especulo/numero31/.
Aguirre Romero, J. M. (). “Literatura en Internet: ¿Qué encontramos en la WWW?" (accesíbel en: http://www.ucm.es/info/especulo/numero6/lite_www.htm).
Borràs Castanyer (ed.) (2005). Textualidades electrónicas. Nuevos escenarios para la literatura. Barcelona: Editorial UOC
Casanova, Pascale (2001). La República mundial de las Letras. Barcelona: Anagrama
Figueroa, Antón (2002). "Literaturas minoritarias: autonomía e relacións interliterarias", en Anuario de estudos literarios galegos, 2002, 55-67.
Joyce, M. (1999). Othermindedness. Michigan: The University of Michigan Press
Landow, George P. (2006). Hypertext 3.0 : critical theory and new media in an Era of Globalization. Baltimore : Johns Hopkins University Press
Landow, Georg P. (comp.) (1997). Teoría del hipertexto. Barcelona: Paidós
Mora, Vicente Luís (2009). "Letras sin imprenta. Ciberliteratura, blogs, narrativas cross-media", en Rico Manrique et alii (coord.) Literatura y bellas artes, 315-356.
Moreno, I (2002). Musas y nuevas tecnologías. Barcelona: Paidós
Moreno Hernández, C. (1998). Literatura e hipertexto. De la cultura manuscrita a la cultura electrónica. Madrid: UNED
Pajares Tosca, S. (2004). Literatura digital. El paradigma hipertextual. Cáceres: Universidad de Extremadura
Ródenas, Domingo (eds.) (2003). La crítica literaria en la prensa. Madrid: Marenostrum
Ródenas de Moya, D (2009). "Literatura y periodismo", en Rico, Gracia e Bonet (eds.) Literatura y Bellas Artes, 261-287 . Madrid: Biblioteca Nueva
Sánchez Mesa, D. (comp.) (2004). Literatura y cibercultura. Madrid: Arco Libros
Sánchez Noriega, J. L. (2002). Crítica de la seducción mediática. Comunicación y cultura de masas en la opulencia informativa. Madrid: Editorial Tecnos
Serrano, Pascual (2013). La comunicación jibarizada. Cómo la tecnología ha cambiado nuestras mentes. Barcelona: Ediciones Península.
Sontag, Susan ((1994) / (1996)). Against interpretation / Contra la interpretación. London: Vintage / Madrid: Santillana
Vega, M. J. (ed.) (2003). Literatura hipertextual y teoría literaria. Madrid: Marenostrum
Vilariño Picos, M. T. (2004). "Literatura e novas tecnoloxías", en Casas, A. (coord.) Elementos de crítica literaria, 615-650. Vigo: Xerais
Vilariño Picos e Abuín González (comp.) (2006). Teoría del hipertexto. La literatura en la era electrónica. Madrid: Arco Libros
Vilariño Picos, María Teresa (2011) "Espacio..., ciberespacio... y... literatura...", en Literatura e internet. Nuevos textos, nuevos lectores: 131-146. Málaga: AEDILE.
Vouillamoz, N. (2000). Literatura e hipermedia. Montcada i Reixac: Paidós Ibérica
Yellowlees Douglas, J. (1999). The End of Books Or Books without End? Reading Interactive Narratives. Michigan: University of Michigan Press


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías