Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Tradicións Literarias e Culturais Código 613584110
Titulación
Mestrado Universitario en Literatura, Cultura e Diversidade (plan 2016)
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 2º cuadrimestre
Primeiro Optativa 3
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Letras
Coordinación
Gonzalez Muñoz, Luis Fernando
Correo electrónico
fernando.gonzalez.munoz@udc.es
Profesorado
Gonzalez Muñoz, Luis Fernando
Correo electrónico
fernando.gonzalez.munoz@udc.es
Web http://coruna.academia.edu/FernandoGonzalez
Descrición xeral A materia 'Tradicións literarias e culturais' pretende levar a cabo un enfoque integrado dos feitos literarios e culturais desde as perspectivas diacrónica e comparatista. O punto de partida é unha reflexión sobre os termos tradición/legado, e as súas relacións cos conceptos de identidade cultural e canon. A continuación distinguiranse, por unha parte, os contidos e códigos formais que integran o patrimonio literario ou cultural herdado en cada momento, e, por outra, as canles mesmas de transmisión e as formas de recepción dese legado.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos
Non se realizarán cambios
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
Lecturas
*Metodoloxías docentes que se modifican:
Sesión maxistral: a exposición de contidos terá lugar mediante videconferencia (Teams) no horario oficial.
Traballos tutelados: a exposición e debate dos traballos tutelados terá lugar mediante videoconferencia (Teams) no horario oficial.
Aprendizaxe colaborativa: os debates previstos para as sesións presenciais terán lugar a través da plataforma Teams.

3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
-Correo electrónico: diario: consulta de dúbidas, avisos para a organización
- Moddle: diario: repositorio de guions e materiais bibliográficos
- Teams: plataforma para a docencia e o debate telemáticos, que se efectuarán no horario oficial.

4. Modificacións na avaliación
Non hai
*Observacións de avaliación:
A presencialidade requerida para as -metodoloxías de Aprendizaxe colaborativa e Sesión maxistral será non física, senon telemática, a través de Teams.
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía: Non hai

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Integrar os estudos literarios nun contexto cultural mais extenso que trascenda os límites dunha soa lingua e/ou nación, atendendo á diversidade cultural
A2 Ampliar o concepto de literatura, a través da súa relación coas TICS, os medios de comunicación, o cine, as artes, no marco da diversidade cultural
A5 Adquirir as habilidades necesarias para analizar e investigar os mecanismos dos procesos de comunicación
A8 Comprender os procesos históricos dos estudos literarios e culturais e os seus cambios de paradigma
A9 Aplicar as técnicas de análise cultural respetando os fundamentos ideolóxicos presentes en contextos diversos
A12 Ser capaz de desenvolver un enfoque orixinal e creativo na investigación avanzada no ámbito dos estudos literarios e culturais
A14 Adquirir a capacidade de xestionar ferramentas e recursos de investigación aplicados no ámbito dos estudos literarios e culturais
B4 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións(TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da vida
B6 Valorar críticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñibles para resolver problemas cos que deben enfrontarse
B7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe
B8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade
B10 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma
C2 Traballar de maneira interdisciplinar en entornos diversos
C3 Demostrar un compromiso ético coas desigualdades
C4 Promover o entendemento intercultural desde a comprensión da diversidade
C5 Integrar coñecementos de campos de estudos diversos
C7 Desenvolver habilidades cognitivas avanzadas (capacidade de síntesise, análise e pensamento crítico) relacionadas co desenvolvemento e a creación dun perfil investigador
C8 Adquirir a capacidade de concebir e deseñar proxectos de investigación con rigor académico
C9 Desenvolver habilidades de xestión da información para propósitos académicos e de investigación

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Integrar o estudo de obras pertencentes á literatura española no plano das diferentes tradicións literarias e culturais europeas AM1
Poñer en relación as producións literarias con outras manifestacións artísticas e intelectuais AM2
AM8
AM9
CM5
Tomar conciencia da continuidade e da diversidade cultural nos eixos sincrónico e diacrónico CM3
CM4
Coñecer e utilizar con efectividade as ferramentas de estudo básicas no ámbito dos estudos literarios e culturais AI3
BP1
BP3
BP4
Adquirir destrezas básicas en materia de comunicación científico-académica e planificación da investigación BP7
CM2
CI1
Explorar campos e liñas de investigación innovadoras no ámbito dos estudos literarios e culturais referidos ao mundo hispánico AM5
AI1
BP5
CI2
CI3

Contidos
Temas Subtemas
1. Cuestións conceptuais: tradición, cultura, literatura 1.1. Literariedade e segmentación da literatura
1.2. O alcance do termo 'cultura'
1.3. Usos do termo 'tradición'
2. Planos da tradición literaria 2.1. Canonización de elementos modélicos
2.2. Canles e procesos de transferencia
2.3. Modalidades de recepción
2.4. Legados literarios e culturais
3. A materia artúrica. Idade Media 4.1. A orixe
4.2. Fases de elaboración literaria
4.3. Transferencia da materia artúrica a outras linguaxes artísticas
4. A materia artúrica: do Romanticismo en adiante 5.1. A materia artúrica na literatura victoriana
3.2. A sátira da literatura neocabaleiresca
5.3 Continuidade da materia artúrica nos séculos xx e xxi
5.4 Transferencias a outras linguaxes artísticas

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Aprendizaxe colaborativa A5 A14 B7 B8 C2 C3 8 16 24
Traballos tutelados A12 B4 B10 C8 C9 0 21 21
Lecturas A1 A2 A8 B6 C4 C7 C5 0 5 5
Sesión maxistral A1 A2 A8 A9 7 15 22
 
Atención personalizada 3 0 3
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Aprendizaxe colaborativa Reservarase unha parte das sesións presenciais para o debate de cuestións concretas relativas aos contidos previamente expostos. Asimesmo, proparase aos estudantes a preparación previa de certos aspectos que serán tratados en sesións posteriores, efectuando, por exemplo, exercicios de reflexión ou de procura de información sobre un tema dado. Estas actividades terán unha dinámica de traballo en equipo.
Traballos tutelados Os/as estudantes organizaranse en parellas para elaboraren e expoñeren públicamente un traballo, coa asistencia do profesor. O tema deste traballo versará sobre algún aspecto concreto da elaboración, transmisión e recepción dun tema ou dunha forma literaria dentro do dominio cultural hispánico.
Lecturas Os/as estudantes realizarán por conta propia unha serie de lecturas, que se referirán ben a aspectos xerais da materia, ben ao tema do traballo tutelado que teñan que elaborar. Unha parte destas lecturas constituirán a base para levar a cabo sesións de debate en aulas presenciais. Outra parte terá carácter complementario e poderá ser realizada durante o período que media entre o fin das aulas presenciais e o prazo establecido para a avaliación.
Sesión maxistral O profesor destinará as sesións maxistrais a expor oralmente os contidos dos temas e subtemas. Empregará ordinariamente instrumentos auxiliares como documentos gráficos ou sonoros, remisión a páxinas web ou guions en formato power-point. A exposición razoada estará aberta ao debate e á solución de dúbidas levantadas polos estudantes. Os contidos principais destas sesións, en forma de resumo, estarán a disposición dos estudantes na plataforma Moddle.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Descrición
Os estudantes contarán coa asistencia do profesor para a programación e supervisión do traballo tutelado. A tal efecto programarase un calendario de titorías específicas que se estenderá ao longo de todo o segundo cuatrimestre do curso.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Aprendizaxe colaborativa A5 A14 B7 B8 C2 C3 Valorarase o grado de participación dos/das estudiantes nos exercicios de debate desenvolvidos nos tramos das sesións presenciais destinados a tal efecto. Especial importancia terá a capacidade de síntese, o grado de competencia na argumentación oral e a habilidade para resolver problemas ou conflitos. 20
Sesión maxistral A1 A2 A8 A9 Valorarase a asistencia e a participación activa dos/das estudantes nas sesións presenciais. 10
Traballos tutelados A12 B4 B10 C8 C9 No traballo individual elaborado por cada estudante valoraranse de forma integrada: a) a correción na expresión escrita e na configuración editorial do documento; b) a claridade e a eficacia na exposición c) o rigor e a profundidade na argumentación; d) a adecuación aos contenidos da materia; e) o carácter innovador dos plantexamentos, métodos empregados e conclusións. 50
Lecturas A1 A2 A8 B6 C4 C7 C5 O/a estudiante dará conta das lecturas obrigatorias a través da elaboración de fichas específicas. 20
 
Observacións avaliación

Os/as estudantes que se matriculen en modalidade non presencial (dispensa académica) serán avaliados en función unicamente das metodoloxías 2: Traballos tutelados (65%) e 3: Lecturas (35%)


Os criterios para a avaliación en segunda oportunidade serán os mesmos que os aplicados á primeira. As cualificacións obtidas naquelas metodoloxías que requiren presencialidade (Aprendizaxe colaborativa e Sesión maxistral) conservaranse da primeira para a segunda oportunidade.

Na convocatoria adiantada de decembro será aplicado o mesmo sistema de avaliación indicado para o alumnado a tempo parcial ou con dispensa académica.

Será considerado NON PRESENTADO/A o/a alumno/a que non presente o traballo titorizado

Fontes de información
Bibliografía básica Reynolds, L.D. - Wilson, N.G. Madrid, Gredos, 1986. (1986). Copistas y Filólogos. Las vías de transmisión de las literaturas griega y latina.. Madrid; Gredos
Bloom, H. (1995). El canon occidental. Barcelona, Anagrama
García Gual, C. (1983). Historia del rey Arturo y de los nobles y errantes caballeros de la Tabla Redonda. Madrid, Alianza
Zarandona, J.M. (2006). La literatura artúrica española, ibérica e iberoamericana contemporánea: neo-medievalismo cultural, literatura comparada y traducción literaria”, Mil Seiscientos Dieciséis, Anuario 2006, vol. XII, pp.. Mil Seiscientos Dieciséis, Anuario, vol. XII, pp. 107-118
Highet, G. (1954). La tradición clásica: influencias griegas y romanas en la literatura occidental.. México, Fondo de Cultura Económica.
Eliot, T.S. (2003). La unidad de la cultura europea notas para la definición de la cultura. Madrid, Encuentro
Curtius, E.R. (1955). Literatura europea y Edad Media latina.. México, Fondo de Cultura Económica.
García Gual, C. (1974). Primeras novelas europeas. Madrid, Itsmo
García Jurado, F. (2016). Teoría de la tradición clásica. Conceptos, historia y métodos. México, UNAM
Cristóbal, V. (2005). Tradición clásica: concepto y bibliografía. Edad de Oro 24, pp. 27-46
García Jurado, F. (2015). Tradición frente a recepción clásica. Historia frente a estética. Receptor frente a lector. Nova Tellus 33/1, 2015, 11-40

Bibliografía complementaria Kallendorf, C.W. (2007). A Companion to the Classical Tradition. Oxford, Blackwell Publishing
Signes Codoñer, J. (2005). Antiquae lectiones. El legado clásico desde la Antigüedad hasta la Revolución Francesa.. Madrid; Cátedra
Faral, E. (1969). La légende arthurienne études et documents. Paris, Honoré Champion
VV.AA (). La légende du roi Arthur. http://expositions.bnf.fr/arthur/index.htm
González Rolán, T. - Saquero, P. - López Fonseca, A. (2002). La Tradición Clásica en España (siglos XIII-XV).. Madrid; Edciones Clásicas
Hernández Miguel, L.A. (2008). La tradición clásica. La transmisión de las literaturas griega y latina antiguas y su recepción en las vernáculas occidentales.. Madrid; Liceus
Lacy, N. (1996). Lacy, Norris, J. The New Arthurian Encyclopedia. Garland
VV.AA (). The Camelot Project. http://d.lib.rochester.edu/camelot/authors
Bolgar, R.R. (1954). The Classical Heritage and its Beneficiaries. Cambridge U.P.


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías