Datos Identificativos 2019/20
Asignatura (*) Literatura e Xénero (Ámbito Hispánico) Código 613584111
Titulación
Mestrado Universitario en Literatura, Cultura e Diversidade (plan 2016)
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 2º cuadrimestre
Primeiro Optativa 3
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Letras
Coordinación
Tato Garcia, Cleofe
Correo electrónico
cleofe.tato@udc.es
Profesorado
Tato Garcia, Cleofe
Correo electrónico
cleofe.tato@udc.es
Web
Descrición xeral Estudo avanzado de textos literarios priorizando o xénero como categoría de análise. Achegamento a distintas producions literarias significativas desde esta perspectiva.

Competencias do título
Código Competencias do título
A2 Ampliar o concepto de literatura, a través da súa relación coas TICS, os medios de comunicación, o cine, as artes, no marco da diversidade cultural
A3 Ser capaz de realizar aportacións creativas e orixinais no estudo comparatista dos textos literarios, dos productos artísticos e das realidades culturais
A7 Coñecer as principais correntes teóricas que integraron e integran a reflexión sobre a literatura e a cultura, así como os seus antecedentes
A8 Comprender os procesos históricos dos estudos literarios e culturais e os seus cambios de paradigma
A9 Aplicar as técnicas de análise cultural respetando os fundamentos ideolóxicos presentes en contextos diversos
A10 Analizar e interpretar textos, aplicando diferentes modelos teóricos e xenéricos
A12 Ser capaz de desenvolver un enfoque orixinal e creativo na investigación avanzada no ámbito dos estudos literarios e culturais
A14 Adquirir a capacidade de xestionar ferramentas e recursos de investigación aplicados no ámbito dos estudos literarios e culturais
B3 Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro
B4 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións(TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da vida
B5 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común
B6 Valorar críticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñibles para resolver problemas cos que deben enfrontarse
B7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe
B8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade
B10 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma
C1 Adquirir capacidade de organizar o traballo, planificar e xestionar o tempo e resolver problemas de forma efectiva
C2 Traballar de maneira interdisciplinar en entornos diversos
C3 Demostrar un compromiso ético coas desigualdades
C4 Promover o entendemento intercultural desde a comprensión da diversidade
C5 Integrar coñecementos de campos de estudos diversos
C6 Aplicar coñecementos e habilidades na resolución de problemas en entornos novos o non familiares en contextos interdisciplinares
C7 Desenvolver habilidades cognitivas avanzadas (capacidade de síntesise, análise e pensamento crítico) relacionadas co desenvolvemento e a creación dun perfil investigador
C8 Adquirir a capacidade de concebir e deseñar proxectos de investigación con rigor académico

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecer a categoría de xénero e a súa relevancia no estudo das creacións culturais, artísticas e literarias, tendo en conta o contexto histórico no que se producen e os cambios que a adoción desa perspectiva conlevou. AM2
AM7
AM8
BM3
BP1
BP3
BP4
BP7
CM2
CM3
CM4
CM5
CM6
Ser capaz de aplicar a perspectiva de xénero a algunhas producións significativas da literatura española atendendo aos distintos aspectos implicados AM3
AP1
AI1
AI3
BP1
BP2
BP7
CM1
CM5
CM6
CI1
Ser quen de producir textos escritos, debidamente elaborados e ordenados, nos que se apliquen os coñecementos adquiridos, se ofreza unha síntese, se contrapoñan pontos de vista ou teorías..., sempre cunha visión crítica e reflexiva AM3
AM8
AM9
AP1
AI1
AI3
BM3
BP2
BP3
BP4
BP5
BP7
CM1
CM5
CM6
CI1
CI2

Contidos
Temas Subtemas
Introdución
A perspectiva de xénero nos estudos culturais. A súa aplicación á análise literaria.
A muller na Idade Media A invisibilidade da muller na época. A marxinación das mulleres na sociedade medieval. As mulleres e o seu estatus: reinas, nobles, monxas, mulleres traballadoras, mulleres marxinais... A muller e a cultura.
Muller e literatura na Idade Media
Textos a favor e en contra das mulleres. Mulleres e voces de muller na literatura medieval. Mulleres lectoras. Mulleres escritoras: revisando o canon.
Cancioneiro Lectoras e consumidoras de poesía. A imaxe da muller nos textos poéticos. A muller como destinataria dos poemas. Os primeiros cancioneiros e as primeiras poetas: mulleres silenciadas e mulleres con voz. Maior Arias, coetánea de Leonor López, e outras escritoras.
Prosa Distintos xéneros na prosa medieval. Achegamento a algunhas mulleres prosistas. Estudo das "Memorias de Leonor López de Córdoba".

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Actividades iniciais B10 0.5 0 0.5
Sesión maxistral A8 A7 B6 B7 B10 B3 C5 7 6 13
Obradoiro A2 A3 A10 A9 C2 C7 C6 C8 6.5 5 11.5
Eventos científicos e/ou divulgativos B5 B7 B10 C5 C7 0 4 4
Traballos tutelados A3 A14 A7 A10 A8 A9 A12 B4 B5 B6 B7 B8 B10 B3 C1 C3 C4 C7 C5 C6 C8 0 27 27
Lecturas A10 B4 B5 B6 B7 B8 B10 B3 C1 C7 C5 C6 0 10 10
Proba mixta A3 A14 A7 A10 A8 A9 A12 B4 B5 B6 B7 B8 B10 C1 C3 C4 C7 C5 C6 C8 1 7 8
 
Atención personalizada 1 0 1
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais Proba inicial sobre os coñecementos previos relacionados coa materia, así como intereses, motivación... Preténdese obter información para artellar unha docencia que favoreza a aprendizaxe significativa.
Sesión maxistral Nas sesións expositivas o ritmo da clase recaerá fundamentalmente na profesora, que tratará de familiarizar ao estudante cos contidos abordando de maneira sintética os aspectos e problemas que descoñece; a tal efecto, procurará ofrecer panorámicas xerais de carácter introductorio, que se completarán con bibliografía. Para que o alumnado se implique nestas sesións, buscarase a súa intervención (preguntas-respostas, interpelacións...).
Obradoiro Combinación de diversas metodoloxías e probas (practicas guiadas, exposicións, análise de fontes documentais, discusións dirixidas, exercicios de comentario, de completar, etc.) a través das que o alumnado desenvolve tarefas aplicando os coñecementos adquiridos sobre distintos aspectos do programa, sempre co apoio e supervisión da profesora. Nalgún caso, pode solicitarse que cumplimente algún exercicio ou tarefa na casa para traballalo posteriormente na aula. Unha ou máis desas tarefas poderá(n) ser recollida(s) pola profesora para a avaliación.
Eventos científicos e/ou divulgativos De ser posible, asistirán a algunha conferencia que desenvolva algún aspecto do programa, no marco das actividades dalgún proxecto ou grupo de investigación que se celebren durante o curso 2019-2020.
Traballos tutelados Cada estudante deberá preparar un breve traballo sobre algún aspecto do programa que a profesora lle asignará seguindo as pautas que se establezan para a súa presentación no seu momento. Na primeira fase, o alumno preparará un breve guión que debe discutir coa profesora, ao que debe aterse para a súa realización.
Lecturas Ademais dalgúns textos literarios de lectura obrigatoria, a profesora proporcionará artigos e estudios que axuden a asimilar ou completar a información das sesións maxistrais; poderá tamén marcarse algunha lectura máis, que o estudante levará a cabo fóra da aula, para participar nas actividades do obradoiro (resumo, esquema, debate, breve presentación dalgún texto ou tema...).
Proba mixta Ao final do curso, na data fixada pola Facultade, o alumno realizará unha proba dedicada a verificar a adquisición das competencias da materia, para o cal se lle plantexarán preguntas e exercicios de diverso tipo. Requeriráse, ademáis, que acade un nivel de expresión acorde co dun posgrao universitario.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Obradoiro
Proba mixta
Lecturas
Descrición
O alumno poderá, sempre que sexa preciso, requerir a atención personalizada da profesora, tanto para resolver dúbidas xurdidas na preparación da proba mixta, como nas sesións dedicadas ao obradoiro ou nas lecturas, mais nunca pode suplir as explicacións que non ten seguido por se ausentar da aula inxustificadamente acudindo ás titorías. No que atinxe á realización do traballo, deberá pasar polo gabinete da profesora na primeira fase para presentar o guión, mais despois é recomendable que consulte as dúbidas ou problemas que se lle plantexen no proceso de elaboración.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A3 A14 A7 A10 A8 A9 A12 B4 B5 B6 B7 B8 B10 B3 C1 C3 C4 C7 C5 C6 C8 Os alumnos prepararán un traballo sobre algún aspecto relacionado coa materia que a profesora determine. Valorarase a aportación que o estudante faga, a organización das ideas, a orixinalidade, a fundamentación científica... Tamén serán tidas en conta as cuestions formais (presentación, expresión, sistema de citas, referencias bibliográficas...).

40
Obradoiro A2 A3 A10 A9 C2 C7 C6 C8 Valorarase a participación nas aulas, así como os exercicios e actividades que o alumno leve a cabo nas distintas sesións, atendendo á súa capacidade crítica e ás súas achegas. 10
Proba mixta A3 A14 A7 A10 A8 A9 A12 B4 B5 B6 B7 B8 B10 C1 C3 C4 C7 C5 C6 C8 En cada unha das oportunidades (final de cuadrimestre e xullo), realizarase unha proba mixta na que, a través de preguntas e exercicios varios, o alumno demostrará ter acadados os coñecementos e competencias previstas.
Será moi importante tamén que neste exercicio ofreza unha expresión acorde ao nivel dunha titulación de posgrao.
30
Eventos científicos e/ou divulgativos B5 B7 B10 C5 C7 Os estudantes asistirán a algún evento ou conferencia das que se celebren no marco dalgún proxecto ou grupo de investigación e farán unha recensión completa da mesma; valorarase a comprensión da exposición e que saiban dar conta dela de modo completo e organizado. No caso de que non se poda contar con esta posibilidade, buscarase algunha outra actividade.
20
 
Observacións avaliación

A profesora aceptará únicamente actividades e exercicios realizados e entregados na data que se estableza, en soporte de papel e seguindo as normas que se precisen en cada caso. Non se poderá
aprobar a materia sen ter participado en todas as actividades contempladas na avaliación; ademáis, para chegar ao aprobado, é preciso acadar unha calificación mínima de 4 sobre 10 no traballo tutelado e na proba mixta. Se o estudiante non fai a proba mixta ou non entrega o traballo contará cun "Non Presentado".
Na segunda oportunidade (xullo), aplicarase o mesmo sistema de avaliación; no exame, que se celebrará na data oficial fixada pola Facultade, complementariamente o alumno dará conta, nese mesmo momento, das demáis actividades e exercicios que tiver pendentes.


Dase por suposta a asistencia ás aulas, que é obrigatoria; se algún alumno xustifica debidamente a imposibilidade de acudir ao evento divulgativo ou científico previsto, a profesora deseñará algunha outra proba ou traballo coa que se poda subsanar esa parte da avaliación.
Aquel estudante que conte con dispensa de asistencia recoñecida será avaliado mediante a proba mista (50%) e o traballo tutelado (50%); debe poñerse en contacto coa profesora ao inicio do curso para establecer con precisión o mecanismo de seguimento da súa actividade (especialmente para a fixación das datas da realización das probas). 

A expresión do estudante nas distintas probas, exercicios e actividades levadas a cabo ha ser a que corresponde a unha titulación de posgrao (non só se tomará en conta, xa que logo, a correción
ortográfica e gramatical). No caso de que a expresión dos exercicios e traballos realizados fóra da aula non garden relación coa das probas e exercicios que o estudiante realiza na aula baixo o
control da profesora, para avaliar a expresión tomaranse como referencia os escritos que aquel ten elaborado sen axuda externa.

Fontes de información
Bibliografía básica VOZZO MENDIA, Lia (ed.) (1992). Leonor López de Córdoba, "Memorie". Parma, Pratiche
PÉREZ PRIEGO, Miguel Ángel (ed.) (1989). Poesía femenina en los cancioneros. Madrid: Castalia

Ademais dos textos sinalados, a profesora proporcionará unha seleción doutros que facilitará aos estudantes.

Bibliografía complementaria MARIMÓN-LLORCA, Carmen (1990). Prosistas españolas medievales. Alicante, Caja de Ahorros Provincial
DEYERMOND, Alan (1995). “Las autoras medievales castellanas a la luz de las últimas investigaciones”.
LÓPEZ ESTRADA, Francisco (1984). “Las mujeres escritoras en la Edad Media castellana”.
WHETNALL, Jane (1984). “Lírica femenina in the Early Manuscript Cancioneros”.
LORENZO GRADÍN, Pilar (1997). “Voces de mujer y mujeres con voz en las tradiciones hispánicas medievales”.

Apúntanse algúns títulos, mais engadiráse outra bibliografía no curso das sesións. Como repertorio bibliográfico, pode empregarse Rafael M. Mérida Jiménez,Mujer y cultura literaria en las letras ibéricas medievales y del renacimiento temprano, Kassel, Reichenberger, 2011.


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

Dispor dunha competencia lingüística acorde ao nivel universitario dunha titulación de posgrao é requisito; de calquera xeito recoméndase a aqueles estudantes que teñan problemas na expresión (sexan ortográficos, sintácticos ou doutro tipo) que los subsanen.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías