Identifying Data 2020/21
Subject (*) Literature and Gender (Hispanic Studies) Code 613584111
Study programme
Mestrado Universitario en Literatura, Cultura e Diversidade (plan 2016)
Descriptors Cycle Period Year Type Credits
Official Master's Degree 2nd four-month period
First Optional 3
Language
Spanish
Teaching method Face-to-face
Prerequisites
Department Letras
Coordinador
Tato Garcia, Cleofe
E-mail
cleofe.tato@udc.es
Lecturers
Tato Garcia, Cleofe
E-mail
cleofe.tato@udc.es
Web
General description Estudo avanzado de textos literarios priorizando o xénero como categoría de análise. Achegamento a distintas producions literarias significativas desde esta perspectiva.
Contingency plan 1. Modificacións nos contidos:
Non hai

2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen:
Actividades inicias, Lecturas

*Metodoloxías docentes que se modifican:
O Obradoiro e a Sesión maxistral desenvolveranse ben a través de Moodle (mediante presentacións, lecturas e exercicios), ben a través de Teams. A asistencia a un evento será sustituída por a audición dalgunha conferencia ou o visionado dalgún evento o documental en internet. Proba mixta: no caso de ser imposible a súa realización de maneira presencial, levarase a cabo unha proba síncrona, que o alumnado fará a man en papel e da que subirá unha foto a Moodle para a súa avaliación.

3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado:
Correo electrónico; videochamada, previa solicitude de cita, a través de Teams (terá lugar no horario de titorías).

4. Modificacións na avaliación: mantéñense as actividades e as porcentaxes, , únicamente cambia, de ser preciso, o modo en que se desenvolve a proba mixta e a maneira en que se entrega, aspecto este que afecta tamén á entrega de exercicios do obradoiro, do resumo do evento e do traballo, que se subirán á plataforma Moodle.


5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía:
Non hai modificacións na bibliografía, aínda que, de ser o caso, cómpre proporcionar os elementos básicos de consulta a través de Moodle, se os estudantes non puidesen acceder á Biblioteca

Study programme competencies
Code Study programme competences
A2 Ampliar o concepto de literatura, a través da súa relación coas TICS, os medios de comunicación, o cine, as artes, no marco da diversidade cultural
A3 Ser capaz de realizar aportacións creativas e orixinais no estudo comparatista dos textos literarios, dos productos artísticos e das realidades culturais
A7 Coñecer as principais correntes teóricas que integraron e integran a reflexión sobre a literatura e a cultura, así como os seus antecedentes
A8 Comprender os procesos históricos dos estudos literarios e culturais e os seus cambios de paradigma
A9 Aplicar as técnicas de análise cultural respetando os fundamentos ideolóxicos presentes en contextos diversos
A10 Analizar e interpretar textos, aplicando diferentes modelos teóricos e xenéricos
A12 Ser capaz de desenvolver un enfoque orixinal e creativo na investigación avanzada no ámbito dos estudos literarios e culturais
A14 Adquirir a capacidade de xestionar ferramentas e recursos de investigación aplicados no ámbito dos estudos literarios e culturais
B3 Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro
B4 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións(TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da vida
B5 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común
B6 Valorar críticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñibles para resolver problemas cos que deben enfrontarse
B7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe
B8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade
B10 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma
C1 Adquirir capacidade de organizar o traballo, planificar e xestionar o tempo e resolver problemas de forma efectiva
C2 Traballar de maneira interdisciplinar en entornos diversos
C3 Demostrar un compromiso ético coas desigualdades
C4 Promover o entendemento intercultural desde a comprensión da diversidade
C5 Integrar coñecementos de campos de estudos diversos
C6 Aplicar coñecementos e habilidades na resolución de problemas en entornos novos o non familiares en contextos interdisciplinares
C7 Desenvolver habilidades cognitivas avanzadas (capacidade de síntesise, análise e pensamento crítico) relacionadas co desenvolvemento e a creación dun perfil investigador
C8 Adquirir a capacidade de concebir e deseñar proxectos de investigación con rigor académico

Learning aims
Learning outcomes Study programme competences
Coñecer a categoría de xénero e a súa relevancia no estudo das creacións culturais, artísticas e literarias, tendo en conta o contexto histórico no que se producen e os cambios que a adoción desa perspectiva conlevou. AC2
AC7
AC8
BC3
BJ1
BJ3
BJ4
BJ7
CC2
CC3
CC4
CC5
CC6
Ser capaz de aplicar a perspectiva de xénero a algunhas producións significativas da literatura española atendendo aos distintos aspectos implicados AC3
AJ1
AR1
AR3
BJ1
BJ2
BJ7
CC1
CC5
CC6
CR1
Ser quen de producir textos escritos, debidamente elaborados e ordenados, nos que se apliquen os coñecementos adquiridos, se ofreza unha síntese, se contrapoñan pontos de vista ou teorías..., sempre cunha visión crítica e reflexiva AC3
AC8
AC9
AJ1
AR1
AR3
BC3
BJ2
BJ3
BJ4
BJ5
BJ7
CC1
CC5
CC6
CR1
CR2

Contents
Topic Sub-topic
1. Introdución
A perspectiva de xénero nos estudos culturais. A súa aplicación á análise literaria.
2. A muller na Idade Media A invisibilidade da muller na época. A marxinación das mulleres na sociedade medieval. As mulleres e o seu estatus: reinas, nobles, monxas, mulleres traballadoras, mulleres marxinais... A muller e a cultura.
3.Muller e literatura na Idade Media Textos a favor e en contra das mulleres. Mulleres e voces de muller na literatura medieval. Mulleres lectoras. Mulleres escritoras: revisando o canon.
4. Cancioneiro
Lectoras e consumidoras de poesía. A imaxe da muller nos textos poéticos. A muller como destinataria dos poemas. Os primeiros cancioneiros e as primeiras poetas: mulleres silenciadas e mulleres con voz. Maior Arias, coetánea de Leonor López, e outras escritoras.
5. Prosa Distintos xéneros na prosa medieval. Achegamento a algunhas mulleres prosistas. As "Memorias de Leonor López de Córdoba".

Planning
Methodologies / tests Competencies Ordinary class hours Student’s personal work hours Total hours
Introductory activities B10 0.5 0 0.5
Guest lecture / keynote speech A7 A8 B6 B7 B10 B3 C5 7 6 13
Workshop A2 A3 A10 A9 C2 C7 C6 C8 6.5 5 11.5
Events academic / information B5 B7 B10 C7 C5 0 4 4
Supervised projects A3 A14 A7 A10 A8 A9 A12 B4 B5 B6 B7 B8 B10 B3 C1 C3 C4 C7 C5 C6 C8 0 27 27
Workbook A10 B4 B5 B6 B7 B8 B10 B3 C1 C7 C5 C6 0 10 10
Mixed objective/subjective test A3 A14 A7 A10 A8 A9 A12 B4 B5 B6 B7 B8 B10 C1 C3 C4 C7 C5 C6 C8 1 7 8
 
Personalized attention 1 0 1
 
(*)The information in the planning table is for guidance only and does not take into account the heterogeneity of the students.

Methodologies
Methodologies Description
Introductory activities Análise dos coñecementos previos relacionados coa materia. Actividades para coñecer as competencias, intereses e motivacións do alumnado. Preténdese obter información relevante que permita artellar unha docencia que favoreza a aprendizaxe significativa
Guest lecture / keynote speech Nas sesións expositivas o ritmo da clase recaerá fundamentalmente na profesora, que tratará de familiarizar ao estudante cos contidos abordando de maneira sintética os aspectos e problemas que descoñece; a tal efecto, procurará ofrecer panorámicas xerais de carácter introductorio, que se completarán con bibliografía. Para que o alumnado se implique nestas sesións, buscarase a súa intervención (preguntas-respostas, interpelacións...).
Workshop Combinación de diversas metodoloxías e probas (practicas guiadas, exposicións, discusións dirixidas, exercicios de comentario, manexo de fontes instrumentais, etc.) a través das que o alumnado desenvolve tarefas aplicando os coñecementos adquiridos sobre distintos aspectos do programa, sempre co apoio e supervisión da profesora. Nalgún caso, pode solicitarse que cumplimente algún exercicio ou tarefa na casa para traballalo posteriormente na aula. Unha ou máis desas tarefas poderá(n) ser recollida(s) pola profesora para a avaliación.
Events academic / information De ser posible, asistirán a algunha conferencia ou evento que desenvolva algún aspecto do programa, no marco das actividades dalgún proxecto ou grupo de investigación que se celebren durante o curso 2020-2021. No caso de que a conferencia ou o evento no podan celebrarse, reemplazarase esta actividade por outra semellante (elaboración dun resumo dun texto oral ou escrito, visionado dalgún documental e comentario do mesmo...).
Supervised projects Cada estudante deberá preparar un breve traballo sobre algún aspecto do programa que a profesora lle asignará seguindo as pautas que no seu momento se establezan para a súa presentación. Na primeira fase, o alumno preparará un breve guion que debe discutir coa profesora, ao que despois debe aterse para a súa realización.
Workbook Ademais dalgúns textos literarios de lectura obrigatoria, a profesora proporcionará artigos e estudios que axuden a asimilar ou completar a información das sesións maxistrais; poderá tamén marcarse algunha lectura máis, que o estudante levará a cabo fóra da aula, para participar nas actividades do obradoiro (resumo, esquema, debate, breve presentación dalgún texto ou tema...).
Mixed objective/subjective test Ao final do curso, na data fixada pola Facultade, o alumno realizará unha proba dedicada a verificar a adquisición das competencias da materia, para o cal se lle plantexarán preguntas e exercicios de diverso tipo referidos ao programa, fundamentalmente en relación co traballo tutelado e coas tarefas entregadas, a modo de control da autoría desas materiais. Requeriráse, ademáis, que acade un nivel de expresión acorde co dun posgrao universitario.

Personalized attention
Methodologies
Supervised projects
Workshop
Mixed objective/subjective test
Workbook
Description
O alumno poderá, sempre que sexa preciso, requerir a atención personalizada da profesora, tanto para resolver dúbidas xurdidas na preparación da proba mixta, como nas sesións dedicadas ao obradoiro ou nas lecturas, mais nunca pode suplir as explicacións que non ten seguido por se ausentar da aula inxustificadamente acudindo ás titorías. No que atinxe á realización do traballo, deberá pasar polo gabinete da profesora na primeira fase para presentar o guión, mais despois é recomendable que consulte as dúbidas ou problemas que se lle plantexen no proceso de elaboración.

Assessment
Methodologies Competencies Description Qualification
Supervised projects A3 A14 A7 A10 A8 A9 A12 B4 B5 B6 B7 B8 B10 B3 C1 C3 C4 C7 C5 C6 C8 Os alumnos prepararán un traballo sobre algún aspecto relacionado coa materia que a profesora determine. Valorarase a aportación que o estudante faga, a organización das ideas, a orixinalidade, a fundamentación científica... Tamén serán tidas en conta as cuestions formais (presentación, expresión, sistema de citas, referencias bibliográficas...).

40
Workshop A2 A3 A10 A9 C2 C7 C6 C8 Valorarase a participación nas aulas, así como os exercicios e actividades que o alumno leve a cabo nas distintas sesións, atendendo á súa capacidade crítica e ás súas achegas. 10
Mixed objective/subjective test A3 A14 A7 A10 A8 A9 A12 B4 B5 B6 B7 B8 B10 C1 C3 C4 C7 C5 C6 C8 En cada unha das oportunidades (final de cuadrimestre e xullo), realizarase unha proba mixta na que o alumno demostrará ter acadados os coñecementos e competencias previstas.
Será moi importante tamén que neste exercicio ofreza unha expresión acorde ao nivel dunha titulación de posgrao.
30
Events academic / information B5 B7 B10 C7 C5 Os estudantes asistirán a algún evento ou conferencia das que se celebren no marco dalgún proxecto ou grupo de investigación e farán un resumo completo da mesma; valorarase a comprensión da exposición e que saiban dar conta dela de modo completo e organizado. No caso de que non se poda contar con esta posibilidade, buscarase algunha outra actividade ou tarefa.
20
 
Assessment comments

Para superar a materia, o alumnado deberá conseguir unha cualificación igual ou superior a 5 puntos no conxunto de actividades que compoñen a avaliación. Farase media entre as distintas partes cando cando tanto no traballo tutelado como na proba mixta se acade unha nota mínima de 4 sobre 10. 


Só se aceptará o traballo e as tarefas realizadas cando se entreguen nas datas previstas, en soporte de papel e seguindo as normas que se precisarán en cada caso.

Dase por suposta a asistencia ás aulas, que é obrigatoria. Aquel estudante que conte con dispensa de asistencia recoñecida será avaliado mediante a proba mixta (40%) e o traballo (60%); debe poñerse en contacto coa docente ao inicio do curso para establecer con precisión o mecanismo de seguimento da súa actividade (especialmente para a fixación das datas da entrega do traballo e da realización da proba mixta). O sistema de avaliación será o mesmo para as persoas que participen na convocatoria adiantada de decembro. Os estudantes que non conten con dispensa académica e que, por algunha razón sobrevenida, teñan que perder algunha(s) sesión(s) das presenciasi, deberán comunicalo, ao inicio do curso (ou no momento en que o saiban), á profesora, que estudirá a súa problemática (tentando buscar solucións de cara á avaliación) sempre que ausencia quede debidamente xustificada. 

Considerarase como “non presentado” o alumno que non entregue o traballo tutelado e as tarefas que se lle encarguen ou que non realice proba mixta.


Na 2.ª oportunidade o alumnado será avaliado cos mesmos criterios que na oportunidade anterior, aínda que con certa variación sobre as porcentaxes xa que non se poderán ter en conta as actividades de carácter presencial (Obradoiro). Así, a valoración estará composta polo 60% do traballo e o 40% da "Proba mixta".


A expresión do estudante nas distintas probas, exercicios e actividades levadas a cabo debe ser a que corresponde ao nivel da titulación (non só se tomará en conta, por tanto, a corrección ortográfica e gramatical). No caso de que a expresión dos exercicios e traballos realizados fora da aula non garde relación coa das probas e exercicios que o estudante realiza en clase baixo o control dos profesores, para avaliar a expresión tomaranse como referencia os escritos que aquel elaborou sen axuda externa.

Sources of information
Basic VOZZO MENDIA, Lia (ed.) (1992). Leonor López de Córdoba, "Memorie". Parma, Pratiche
MERIDA JIMÉNEZ, Rafael (2011). Mujer y cultura literaria en las letras ibéricas medievales y del renacimiento temprano. Kassel, Reichenberger
PÉREZ PRIEGO, Miguel Ángel (ed.) (1989). Poesía femenina en los cancioneros. Madrid: Castalia
MARIMÓN-LLORCA, Carmen (1990). Prosistas españolas medievales. Alicante, Caja de Ahorros Provincial
DEYERMOND, Alan (1995). “Las autoras medievales castellanas a la luz de las últimas investigaciones”.
LÓPEZ ESTRADA, Francisco (1984). “Las mujeres escritoras en la Edad Media castellana”.
WHETNALL, Jane (1984). “Lírica femenina in the Early Manuscript Cancioneros”.
LORENZO GRADÍN, Pilar (1997). “Voces de mujer y mujeres con voz en las tradiciones hispánicas medievales”.

Ademáis dos textos sinalados de leitura, a profesora proporcionará unha selección doutros que facilitará aos estudantes.

Complementary

Será proporcionada nas aulas e/ou a través da plataforma Moodle.


Recommendations
Subjects that it is recommended to have taken before

Subjects that are recommended to be taken simultaneously

Subjects that continue the syllabus

Other comments

Dispor dunha competencia lingüística acorde ao nivel universitario dunha titulación de posgrao é requisito; de calquera xeito recoméndase a aqueles estudantes que teñan problemas na expresión (sexan ortográficos, sintácticos ou doutro tipo) que los subsanen.



(*)The teaching guide is the document in which the URV publishes the information about all its courses. It is a public document and cannot be modified. Only in exceptional cases can it be revised by the competent agent or duly revised so that it is in line with current legislation.